You are on page 1of 1

Un climograma, ou climodiagrama, é un gráfico no que se representan as temperaturas

e as precipitacións dun lugar ao longo dun ano. Podemos elaborar e comentar un climograma
seguindo os seguintes pasos:

ELABORACIÓN:
Fago un eixo vertical no que vou representar as
temperaturas (TºC), un eixo horizontal onde vou
representar os meses do ano (doce espazos co
nome do mes no centro do espazo) e outro eixo
vertical onde vou representar as precipitacións
(Pmm).
Sinalo en cada eixo o que vou representar coas
súas unidades (graos centígrados e milímetros).

Miro a temperatura máxima que debo representar


e a mínima, e o mesmo fago coas precipitacións
para elixir as escalas adecuadas, tendo en conta
que o valor das precipitacións debe ser o dobre
do da temperatura á mesma altura, é dicir se poño
nas temperaturas 5, nas precipitacións poño 10
(metade de escala).
Comezo a representar con puntos as temperaturas
no centro de cada mes. Cando termino, un os
puntos a man cunha liña vermella.
Represento as precipitacións cunha barra azul en
cada mes.
Sinalo se existe estación seca, é dicir cando a
curva de temperaturas está por encima da barra
de precipitacións.
Estamos utilizando o índice de Gaussen que
indica que hai estación seca cando o dobre das
temperaturas é maior ou igual ás precipitacións
nun mes, por iso nos eixos pomos o dobre valor
ás precipitacións que, en realidade, é a metade en
escala.
COMENTARIO:
Analizo as temperaturas: máxima, mínima,
oscilación ou amplitude térmica anual e
temperatura media anual. Sinalo en que zona
climática está.
Analizo as precipitacións: precipitacións totais,
características, máximas, mínimas e se hai
estación seca.
Coas características das temperaturas e as
precipitacións sinalo o tipo de clima e fago
un comentario.
Localizo xeograficamente o tipo de clima.
Sinalo os principais factores xeográficos e
atmosféricos que inflúen sobre este tipo de clima.
DATOS
Os datos necesarios pódelos atopar en www.inm.es, pulsando en “O Tempo”, logo en
“Información climatolóxica” e, para rematar, en “Valores climatolóxicos normais”, elixindo a
estación meteorolóxica máis próxima aos lugares elixidos.

You might also like