You are on page 1of 3

VOCABULARIO UNIDADE 5 e 6

- Explotación extensiva: explotación agraria baseada en baixos


rendementos sobre altas extensións de terreo, xeralmente con
poucas unidades de man de obra.
- Parcela: extensión de terra que está baixo a mesma linde, rodeada
por edificios, terras ou auga.
- Minifundio: pequeña propiedade ou explotación agrícola, que expresa
un reparto moi fragmentado do terrazgo.
- Latifundio: propiedade agraria de grandes dimensións que en España
domina no centro e sur peninsular por diversas causas históricas, e
que se acostuma a explotar de forma extensiva.
- Regadío: denomínanse así aquelas terras que posúen a condición de
poderse regar por auga que non procede directamente das
precipitacións.
- Monocultivo: sistema de cultivo onde é exclusivo ou moi predominante
un só cultivo nunca explotación agraria ou en todas as explotacións
dunha rexión, dada a súa rendibilidade ou esecial adaptación ás
condicións ambientais.
- Campos pechados: paisaxe agraria onde as explotacións ou as
parcelas aparecen delimitados por peches de diversas características
(lousas, pedras, setos…) asociado ao individualismo. Denomínase
tamén bocage.
- Agricultura a tempo parcial: actividade agrícola que supón un
complemento económico dunha actividade principal no propio sector
primario (pesca), no secundario ou no terciario, ou ben unha mera
ocupación de ocio na periferia das cidades.
- Cultivo forraxeiro: cultivo adicado á produción de plantas
forraxeiras, destinado á alimentación gandeira.
- Estabulación gandeira: sistema de explotación gandeira que consiste
en manter a cabaña total ou parcialmente instalada nun establo, onde
se procede á súa manutención e explotación.
- Acuicultura: conxunto de actividades referidas á cría e coidado de
plantas e animais acuáticos (peixes, moluscos, crustáceos, algas…)
cunha finalidade productiva e recolección controlada.
- Pesca de baixura: actividade pesqueira que se realiza entre o litoral
e as 50 ou 60 millas dentro das augas xurisdiccionais, con
embarcacións de pequena tonelaxe.
- Pesca de altura: actividade pesqueira que se realiza a considerable
distancia do litoral, fóra das augas xurisdiccionais do país en
cuestión, con embarcacións frigoríficas de gran tonelaxe.
- Marisqueo: actividade de recolección de moluscos bivalvos nos bancos
naturais da proximidade da costa, aproveitando a sucesión das
mareas.
- Cota Láctea: límite imposto á produción leiteira dun país, en este
caso España, pola Unión Europea, para adaptarse ás directrices
xerais da PAC.
- Política Agraria Común (PAC): normas directivas de cohesión e
coordinación das políticas e actividades agropecuarias entre países
membros da Unión Europea.
- Augas xurisdiccionais: augas mariñas sobre as que un estado exerce
a súa soberanía e das que a súa extensión é considerada parte
integrante do seu territorio.
- Fontes de enerxía: recursos naturais dos que procede a forza motriz para
a realización dalgún traballo. As máis importantes e utilizadas actualmente
son os hidrocarburos (petróleo e gas natural).
- Materias primas: producto básico que se emprega nun proceso de
transformación industrial. Factor de localización industrial que foi
perdendo importancia co tempo.
- Enerxía térmica: enerxía liberada en forma de calor mediante a
combustión dalgún combustible fósil (petróleo, gas natural ou carbón), ou
obtida directamente da natureza (xeotérmica).
- Enerxía nuclear: enerxía que se obten ao aproveitar as reaccións nucleares
(sobre todo fisión) de certos elementos químicos, sobre todo uranio, pero
tamén plutonio, torio,…
- Enerxías alternativas: aquelas que se obteñen de fontes naturais
aparentemente inesgotables, xa sexa pola inmensa cantidade de enerxía que
conteñen (solar, maremotriz…), e outras porque son capaces de regenerarse
de forma natural (biomasa…).
- Industrialización: proceso polo cal un teritorio evoluciona dunha economía
baseada na agricultura a outra fundamentada no desenrolo industrial.
- Reconversión industrial: proceso polo que o tecido industrial dun territorio
se adapta a novas condicións técnicas, políticas e sociais.
- Agroindustria: conxunto de talleres ou fábricas nas cales se desenrolan
procesos de carácter artesanal ou industrial destinados á transformación
de productos provintes de calquera actividade agrícola ou gandeira.
- Industria básica: industria que realiza a primeira transformación de
materias primas, en productos semielaborados que pola súa vez serán
transformados noutras industrias.
- Industria de bens de consumo: actividades adicadas á transformación de
recursos non elaborados ou semielaborados, en productos aptos para
consumo.
- Parque tecnolóxico: instrumento creado para o desenvolvemento económico
dunha determinada área, consistente nun conxunto de instalacións
destinadas a dotar de infraestructura a iniciativas empresariais viables.
- Polígono industrial: espazo planificado e acondicionado para uso industrial
do solo, por iniciativa pública e privada, co fin de fomentar o
desenvolvemento industrial de certas zonas deprimidas ou descongestionar
certas áreas industriais.
- I+D: Investigación e desenrolo. Actividades de longo recorrido orientadas
ao futuro en tecnoloxía ou ciencia copiando a investigación científica, non
vinculándose tanto á búsqueda de beneficios.
- Economía somerxida: actividade económica ilegal non suxeita a control
fiscal que se aproveita de situacións de altos índices de desemprego e
busca non pagar impostos, cotas á seguridade social, e o pago de salarios
baixos.
- PIB (Producto Interior Bruto): concepto económico que reflexa o valor
total da produción de bens e servizos dun estado nun periodo de tempo
(xeralmente 1 ano).
- Pequena e mediana empresa (PEME): tipo de empresa cun reducido
número de traballadores (xeralmente entre 50 e 120 empregados), cunha
facturación escasa, pero a pesar disto, é unha gran xeneradora de emprego.
- Globalización: proceso fundamentalmente económico que consiste na
crecente integración das distintas economías nacionais nun único mercado
capitalista mundial.
- Transnacional: empresa que opera en varios estados a través de filiales
que poden ser xurídicamente independentes.

You might also like