You are on page 1of 7

TOPONIMIA GALEGA1

un termo grego que significa lugar e ( de onde deriva


*onimia) significa nome. Toponimia , polo tanto, o conxunto dos nomes de lugar,
unha parte da Onomstica como a Antroponimia. O estudo da toponimia moi
interesante xa que nos permite saber que significaba orixinalmente Vigo ou tratar de
comprender por que se chamaba as Ferrol. Os topnimos veen de moi antigo e, non
sendo os nomes das ras das vilas, son a parte mis conservadora do idioma: por iso os
topnimos conservan informacin sobre o noso pasado que doutro xeito xa non
teramos: Cebreiro e Oseira son indicios de que neses lugares houbo respectivamente
asnos bravos/acevos (??) e osos.
A toponimia galega a mis abondosa da Pennsula, quizs pola dispersin da
poboacin e polo minifundio: hai quen afirma que temos mis de tres millns de
topnimos. Aditase dividir a toponimia galega en das grandes etapas: antes de Roma
e despois de Roma, cada unha delas coas sas caractersticas propias.
I. A prerromana :
Menos abundante.
Poucas veces conectada coa lingua actual.
Escura no seu significado.
Cunha raz pouco alterada e fcil de identificar.
Adoitan ser ornimos e hidrnimos.
II. A posromana presenta caractersticas opostas s mencionadas antes.
Dentro de cada unha destas etapas non sempre fcil determinar os distintos
estratos. As na etapa prerromana, canto mis lonxe esteamos de Roma, menos
comprometedora aparece a nomenclatura. Os nomes celtas que aparecen nas inscricins
latinas estn pouco estudados, pero menos se sabe anda de lgures, ambrns e ilirios.
conveniente, como principio de orde e mtodo, agrupalos en series, tanto polas sas
terminacins en obre/ebre (Sillobre, Alcabre), ove (Lestrove), oa/oo (Baroa,
Ledoo), ao/aa (Meao, Moraa); como pola slaba inicial do radical (Lestedo,
Lestido; Silleda, Silleiro, Arnoia, Arnego, etc.)
Despois de Roma o camio ben diferente e son moitas as referencias, xa que o
latn unha lingua ben estudada. As poden formarse grupos que se refiren a formas de
establecemento humano ou tipos de poboacin (Castrelo), fundacins ou edificacins
(Castro, Moimenta), a establecementos industriais (Fornelos, Telleira), topografa ou
configuracin do chan (Insua), constitucin do terreo (Lousada), hidrografa
(Caldas, Fonsagrada, Ribadavia), flora e cultivos (Carballio, Freixeiro, Louredo,
Maceda), fauna e animais domsticos (Leboreiro, Lobeira, Oseira), a vas de
1

Cf. Moralejo Laso, A., Toponimia Gallega y Leonesa. Santiago de Compostela, 1977; Rivas Quintas,
E.,Toponimia de Marn. Santiago de Compostela, 1982; Cabeza Quiles, F., Os nomes de lugar. Vigo,
1992; Ferro, X. et alii, De onte a hoxe. Latn II BUP. Vigo, 1993; Almeida Fernandes, A. de, Toponmia
portuguesa. Arouca, 1999; Navaza Blanco, G., Fitotoponimia galega. A Corua, 2006; Cabeza Quiles,
F., Toponmia de Galicia. Vigo, 2008.

comunicacin (Estrada, Pontevedra, Ponteceso, Portela) , a fundacins relixiosas e


nomes de santos (Capela, Eirexa, Milladoiro, Mosteiro, Santiago), a fundadores ou
propietarios de terras que deron lugar a aldeas e pobos actuais (Marn, Moeche, Moure),
etc. Os topnimos xermnicos son, case na sa totalidade, antropnimos posesores
(Sabars). Os de orixe rabe son escasos e desconectados, unha vez impostos, da sa
orixe.
1. A Corua: probablemente de Clunia. Aparece xa na Idade Media como
Crunia/Curunia. A presenza do artigo pode indicar que ata tempos
recentes fose un nome comn. Hai quen sostn que a orixe latina
colonia.
2. Aciveiro: O ilex aquifolium (esixe unha variante latina con aci- como
primeiro elemento, acicla/acucla) recibe en galego as denominacins de
acevo, acivo, acevro, acivro e outras formas derivadas. En portugus a
denominacin comn azevinho, en casteln acebo. Os derivados
mediante o sufixo ariu poden ter valor colectivo ou representar o nome
da planta. Pode conflu na toponima con zootopnimos derivados de
*eciferu (< equu feru), cf. infra Cebreiro.
3. A Estrada: de (viam) stratam, nome alusivo aos diferentes estratos, ou
niveis con que os soldados romanos construan as vas (cf. ingls street e
alemn strasse).
4. Armenteira: de armentariam e este de armentum grea ou rabao de
gando maior.
5. Astorga: procede do lat. Asturica Augusta, capital da circunscricin
astrica. Posiblemente deba a sa orixe ao acantoamento da Legio X
Gemina.
6. Bembibre: Posturas enfrontadas en canto a este topnimo: por unha banda
os que ven no timo unha procedencia prerromana, Paemeiobris fortaleza
entre ros (o Bronce de Bembibre, Len, fala duns Paemeiobrigensis ex
gente susarrorum), e por outra os que o fan derivar de Bene vivere ben
vivir, expresin latina medieval (cf. o documento de 1179 relativo
parroquia viguesa de Bembribe) que fara referencia bondade do terreo
(cf. infra bonam vallem > Bonaval)
7. Bierzo: Prerromano, de Bergidum ( do cltico berg montaa?), con
ditongacin do e breve tnico, proceso estrao ao galego e prximo ao
astur-leons.
8. Bonaval: de bonam vallem val bo.
9. Braga: Palabra prerromana, era Bracara, convertida despois das guerras
cntabras Bracara Augusta, capital do conventus iuridicus Bracarensis.
10. Caldas/Caldelas: derivan respectivamente de (aquas) calidas e do seu
diminutivo calidellas para referirse a presenza de augas quentes,
termais.
11. Cartagena: do pnico Cart-Hadaschat/Quart Hadast (277 a. C.) Cidade
Nova. Cf. as sas denominacins baixo a dominacin romana Carthago
Nova e a rabe Cartadjanah .
12. Castrelo: diminutivo de castrum castro, cidade alta e fortificada, fronte
ao pl. castra campamento militar.
13. Cebreiro: Non se pode precisar se pertence ao mesmo tema que aciveiro,
acevreiro, acivreiro ou un zootopnimo de *ecifru: o medio ou hbitat

Departamento de Latn -2 -

desta especie equina via coincidir practicamente co desta especie vexetal


cf. G. Navaza, op. cit., s.v.)
14. Celanova: O timo cella, presente na primeira parte do topnimo, tivo en
latn medieval o significado de mosteiro ou dependencia deste,
ademais de seguir conservando o seu significado orixinario de celeiros ou
lugares de almacenamento. Tanto na Cillanueva leonesa como na
Celanova galega existen importantes asentamentos monacais que certifican
a presenza de mosteiros novos na sa poca, cenobios e incluso
primitivas celas de anacoretas.
15. Cimadevila: composto latino-romance cima (< latn cyma cima) de vila,
que fai referencia a situacin do lugar.
16. Chantada: de plantatam plantada.
17. Compostela: un dos topnimos galegos mis discutidos, sobre todo pola
posibilidade de relacionalo co sepulcro do apstolo Santiago. Ata o s. X
non atopamos mencin dun suburbio Compostella, dicir, unha parte da
vila que se chama as e que algns sitan na zona do Franco. Desde o s. XI
o nome estndese a toda a vila:

Carcter popular ten a sa procedencia de campus stellae


campo da estrela.
No sculo XI-XII flase de compositum tellus terra composta
ou fermosa.
No XII afrmase que Compostella, id est bene composita. E
tamn se vincula co nome dunha muller chamada Compostella
presuntamente vinculada prdica do apstolo.
Foi moi aceptada a interpretacin de vilia (-ella) ben feita,
probablemente despois da reconstrucin do s. XI.
O termo compositum tamn fai referencia a enterrado, lugar
onde est enterrado.
Outros autores defenden que se trata dun timo pre-xacobeo, xa
que aparecen mis Compostelas por Galicia (no Bierzo hai
unha Compostilla) e fano derivar dun composto cltico de
comboros cascallos e steel ferro, algo as como cascallal
de minas e ferreras.
De calquera xeito imponse maioritariamente a orixe latina: (vila) ben
feita ou terra amoreada, enterramento?
18. Crdoba: do lat. Cordba, sera esperable, pois, unha forma *Cuerva, coa
perda do breve tono interior. Crdoba , polo tanto, un semicultismo de
intencin probablemente eufemstica. O seu significado mis probable
outeiro cerca do ro.
19. Couto: do latn cautum lugar cercado.
20. Donostia: Vila medieval fundada cara 1180 por Sancho o Sabio, debe a
sa orixe a un mosteiro consagrado a San Sebastin que se atopaba no que
hoxe o barrio de El Antiguo. O nome como tal procede do latn Sanctus
Sebastianus a travs do euskera: Donasa(b)astiai > Donasatia > Donastia
> Donostia (cf. Koldo Mitxelena, Apellidos Vascos. 1953, p. 96)
21. Fens: do plural latino fenales, derivado mediante o sufixo -ale de fenu
"herba segada e seca para alimentar o gando". Presenta na toponima as
variantes Fis, Fes, Fiais e Fens.

Departamento de Latn -3 -

22. Filgueira: derivado do colectivo filicaria mata de fentos e este de filix, icis fento, fieto e incluso felgo(cf. cast. helecho e topnimos como La
Felguera/Helguera).
23. Fisterra: de finis terrae fin da terra. A forma Finisterre non deixa de ser
un neocultismo con pouca evolucin fontica desde o nominativo-xenitivo
do sintagma latino.
24. Fondevila: de fontem e villa, co apcope do te de fonte.
25. Fonsagrada: de fontem sacratam fonte sagrada, con perda de vogal
interior(e, polo tanto, slaba) como en Fonfra, Fonmia e outros como
Monforte e Ponferrada.
26. Fontefra: de fontem frigidam, adoita aparecer s veces co mencionado
apcope da slaba te en Fonfra.
27. Fontoira: de fontem auream (cf. cast. Hontoria) fonte de ouro,
probablemente pola cor da limonita (mineral de xido de ferro hidratado)
no fondo da auga. A. de Almeida Fernandes mantn serias dbidas sobre
esta explicacin etimolxica que parte xa de Leite de Vasconcelos e afirma
que "O nome um simples derivado de "fonte" (+oura <> oira)...", tal e
como reflicten casos como Riboura, Valoura, Montouro e Portouro. (Cf.
op. cit. pp. 309-310). Podemos pensar tamn nunha posible relacin con
Viloira, composto de *Villa- fonte, da mesma raz que o ro Ulla, + auria, do ide. aura auga, como o vello nome de Ourense, Auria (cf.
Bascuas, op. cit, s.v., p. 111). Temos que aceptar neste caso unha
latinizacin posterior do primeiro elemento do composto, *villa > fontem.
28. Foz: do latn vulgar focem e este de faucem gorxa, desembocadura,
fauces. Numerosos topnimos en casteln coa forma Hoz, La Hoz.
29. Frades: de fratres irmns, seguramente no sentido relixioso de
monxes, frades, que atopamos como Freires na sa evolucin
patrimonial (cf. prov. fraire irmn monxe).
30. Labacolla: pode derivar de lava colea lava testculos e estara en
relacin coa tradicin dos peregrinos de se lavaren antes da sa chegada
cidade, que o cdice Calixtino (s. XII) por eufemismo chmalle Lava
mentula. Hai quen suxire unha relacin con Lavaps e Lavapis.
31. Len: de legionem lexin do exrcito, primeiramente a Legio VI
Victrix e mis tarde como asentamento permanente da Legio VII Gemina
Felix.
32. Louredo/Lourido: < lauretum lugar onde hai moito loureiro (cf. cat.
Lloret), co sufixo colectivo edo/-ido, de laurus loureiro.
33. Lugo: < de lucum fraga sagrada. Algns pensan que o topnimo pode
ser prerromano en alusin ao deus cltico Lugus ou tribo dos lougei. Os
romanos denominaron ao lugar Lucus Augusti, na honra de Augusto.
34. Maceda: do latn vulgar matiana ou mattiana maceira e os sufixos
colectivos eta/-etu, voz derivada do nome dun personaxe romano
Matius, difusor desta rbore froiteira, segundo Plinio. O topnimo
Manzaneda unha castelanizacin posterior.
35. Mrida: de Emerta, cidade para colocar os soldados licenciados
(emeriti) despois de diversas campaas en Hispania. A sa evolucin
fontica non deixa de ser un semicultismo, xa que evolucin patrimonial
dara *Mierda.

Departamento de Latn -4 -

36. Milladoiro: de humiliatorium lugar onde axeonllarse para dar grazas a


deus ou de *ad-miliatorium lugar onde os peregrinos botaban unha
pedra, que deu lugar ao milladoiro.
37. Mondoedo: na Idade Media Mindunietum. As etimoloxas que se
propoen non convencen (Moralejo, s.v.).
38. Monforte: deriva de montem fortem, probable refrencia a unha fortificacin
situada sobre un monte. A palabra monte sofre aqu o apcope da sa
slaba -te, igual que Monfero. E Portugal atopamos Monforte da Beira e
Monfortinho (distrito de Castelo Branco).
39. Oleiros: pode referirse nun principio aos labores artesanais e industriais de
oleiros, pero tamn pode significar lugar de enterramentos antigos Ollas
Cinerarias, segundo o P. Sarmiento.
40. Ortigueira: de urticaria lugar onde hai ortigas. Ortiga a forma comn
(<lat. urtica) ao galego, portugus e casteln. Unha forma sinonmica
estruga sen exemplos na toponimia maior de Galicia.
41. Orxal: derivado do latn hordeum cebada. A forma tradicional orxo foi
substituda por cebada, derivada de cibus alimento. A forma co sufixo
-ale equivale aos Urdial, Ordiales e Urdiales doutras reas peninsulares.
Cf. tamn formas como Orxais, Orxs.
42. Oseira: remite a un antigo ursaria, derivado de ursus oso, e fara
referencia a abundancia deste animal no lugar.
43. Ourantes: hidrnimo de orixe prerromana , da raz *awer- co significado
de "mollar, humidecer, flur" (Cf. Pokorny,J., Indogermanisches
Etymologisches Wrterbuch, pp. 78-81). O timo deriva, pois, de
*Awrantis con terminacin ide. en -ntis (cf. Serantes) e co significado de
"(o ro) que humidece, que molla, que fle". a mesma raz da que
proceden os hidrnimos Vara, Varn, Avia, Avin, Auria > Ouro e
Ourense (cf. Bascuas, E., Hidronimia y lxico de origen paleoeuropeo en
Galicia. A Corua 2006, p. 41).
44. Ourense: procedente con seguridade dun adxectivo Auriense que
substituu o nome da antiga Auria, relacionado para uns con explotacins
aurferas en territorio galaico e para outros, mis recentemente, coa raz de
orixe hidronmica mencionada na voz anterior (cf. Bascuas, op. cit. p. 111:
"... Auria, conservado no prximo Oira, augas arriba do Mio, do que
procede tamn o ro Ouro").
45. Outeiro: de altarium. O significado de elevacin do terreo, parte alta
tpica do latn falado no Noroeste peninsular, cf. Vilouta.
46. Padrn: quizais de patronum patrn, pero preferible asocialo a
pedrns ou marcos sinalizadores de divisins territoriais, polo tanto de
petram pedra, e que no caso da vila cerca de Santiago estara
relacionado con tradicins xacobeas e un penedo que exista no ro Sar.
47. Pedrafita: de petram fictam pedra fita ou fincada no chan, vella
tradicin consistente en delimitar antigos territorios ou comunidades con
pedras cravadas. Cf. Pedrafita do Cebreiro que delimita a zona galega da
leonesa. Variante seu Parafita, timo usado como apelido e topnimo.
48. Penalba: de pinnam albam, pena alta/branca?? o segundo elemento
parece estar relacionado coa raz preindoeuropea *alp-/*alb- monte,
altura, mis que co adxectivo albam branca. Cf. infra Vilalba.
Pereira/Pereiro:
de piraria, pirariu, derivados do lat. pira pera. Poden
49.
presentar homofona con derivados de petram, pois nalgn caso son

Departamento de Latn -5 -

variantes alternativas de pedreira, pedreiro < petraria, petrariu,


distingundose tan s pola documentacin antiga, anda que a maiora deles
son fitotopnimos.
50. Poio: de podium altura, montculo. Na Pennsula aparece en cataln
(puig) e antigo aragons (pueyo ou poyo) co significado de outeiro ou
montculo illado.
51. Pombal: de palumbalem lugar onde hai moitas pombas e este de
palumbem pomba.
52. Ponferrada: de pontem ferratam ponte con armazn de ferro.
53. Ponteceso: parece proceder de pontem caesum ponte cortada, rota
(<caedere) coa dificultade de ir acompaado ponte dun adxectivo
masculino, conservando pois o xnero masculino do latn.
54. Pontevedra: de pontem veteram ponte vella, anda que outros propoen
ponte do ro Vedra, nome do ro Lrez en algunhas comarcas.
55. Portomarn: de Portumarini, de portus "porto ou paso fluvial de pouca
profundidade" beira do ro Mio e de Marinus, nome do posudor ou da
persoa que estara ao cargo. Cf. a vila de Marn.
56. Ribadavia/Ribadulla/Rivadumia: derivan de ripam beira. Son
topnimos que indican lugar que est beira do ro Avia, Ulla e Umia,
respectivamente. Tanto Avia (cf. Avin) como Umia parecen derivar de
palabras prerromanas do campo lxico de ro, humidade, chuvia.
57. Ribeira: de ripariam costa do mar fronte a O Ribeiro beira do ro.
58. Salamanca: de Salmantca e este de Helmantica nome relacionado co
deus celta Helman , cidade fundada polos vaceos no s. IV a. C.
59. Santiago: de (ecclesiam) sancti Iacobi igrexa de San Xacobe. Cf. as
grafas Sant-Iago e San Tiago (port.)
60. Sanxenxo: de sanctum Ginesium, calco do nome grego .
61. Seixo: de saxum rocha, pedra, s veces con palatalizacin inicial Xeixo.
62. Sobrado: de (aedificium) superatum edificio que sobresae. O sobrado
o nome do piso alto dunha casa galega.
63. Tarragona: do nome romano tardo Tarracona, que procede do lat. clsico
Tarraco; de orixe prerromana, a raz *ter refregar, atravesar e o sufixo
ona que non perde o n- intervoclico. En relacin etimolxica con
Taragoa, con base pois hidronmica.
64. Touro: Hai posturas enfrontadas sobre a orixe deste topnimo: mentres uns
defenden a sa relacin con taurum touro, outros ven nel unha base
oronmica *tauro-, moi difundida desde Asia Menor ata o Atlntico e
frecuente en Galicia e Portugal, co significado de lugar elevado e
rochoso, acantilado.... Cf. a cidade de Toro en Zamora.
65. Triacastela: neutro plural latino tres castros.
66. Veiga: en casteln vega son topnimos de orixe non latina, para uns
prerromana e para outros vasca. De baika (i)bai ro , no sentido de
terreo sempre hmido, situado beira dos ros.
67. Vic/Vich/Vigo: derivados de vicum aldea, grupo de casas beira dun
camio.
68. Vilaboa: de villam bonam a boa vila
69. Vilach: de villam planam, con perda do n - intervoclico.
70. Vilagarca: de villam explotacin agropecuaria ou casa de recreo e
Garca, o nome do posudor na sa forma romance coa preposicin de
elptica.

Departamento de Latn -6 -

71. Vilalba: de villam albam. A primeira vista parece significar vila branca,
mais a raz *alb-/*alp- semella indoeuropea co significado de altura (cf.
Monte Alba). Sera, pois, unha vila situada nunha altura (cf. os Montes
Alpes).
72. Vilame/Vilamen: de villam medianam, casal ou lugar situado a media
altura do monte. Aparece tamn Me. O mesmo significado, referido a un
vilar, ten o topnimo Vilar do Medio.
73. Xestoso/Xestosa: abundancial en oso/-osa, de ginestosum/genestosam,
lugar onde abonda a ginesta xesta.
74. Xunqueira: abundancial derivado de juncariam e este de juncum
xunxo.
75. Zaragoza: de Caesaraugustam, onde o ditongo au evole a a como en
(mensis) Augusti (agosto) ou en Vallem Augusti (Val dAosta).

Departamento de Latn -7 -

You might also like