You are on page 1of 1

OTERO PEDRAYO, GERGICAS DO PAN GALEGO, 94-128

Madrugaron os montes envolveitos


en nboas vaporosas. Longas somas
tenderon sobor deidos e camios
a fadal desespranza das carballas.
Xa nos antigos bosques e na entrana
soia e calada da gadreira ermaura
o decrebar doutono, mainamentes,
vai trocando en matices fuxidos
as fortes coores do vern brilante.
Unha leda orballeira nas camposas
fixo nacer floridas fantasas
dun sotil recender. Voltouse cinza
a estralante legra das escascas
i-espido de colleitas fica o eido
canso e podente maxinando ensonos.
Os sendeiros mallados dos herbales
rexistran os pisares garanduscos
das mocias que apaan tanto trebo
i-as fontelas agardan polo trono
desfechador dos hmidos segredos
de limpos manantiais. Das seros,
calmos, lumiosos, do findar dOutubro,
coma frontes bicadas polas azas
de graves pensamentos. Badelando
os vellos bronces das igrexas enchen
de lembranzas de mortos a campa.
Semella qo Infinito atal lonxano
i-encoberto en mil formas gasalleiras
perante o vrn, descobre pasenio
seus veos trascendentes pr que os homes
meditan ao medrar das longas teebras
no engdego do amor desincarnado,
na chamada da Morte, fiel amante.

You might also like