You are on page 1of 2

IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH

TEMA 9

TEMA 9
VOCABULARIO

ÁREA DE INFLUENZA.- Extensión territorial sobre a que unha cidade exerce influencia,
ó se-lo subministrador de certos bens e servizos. Unha área concreta pode estar sometida á
influencia de máis duna cidade.
ÁREA METROPOLITANA.- Territorio superior ó de unha gran cidade. Normalmente
inclúe diversos municipios que comparten os servizos públicos.
ÁREA PERIURBANA: Área rural situada na periferia dunha cidade, onde teñen lugar
profundas transformacións dos aspectos demográficos, económicos e sociais por efecto da
expansión de aquela, transformando tamén os seus usos rurais tradicionais.
ARRABALDE.- Aforas, periferia. Espazo que está arredor duna poboación. Suburbios.
CASCO ANTIGO (CIDADE AHISTÓRICA).- Parte urbanizada da cidade desde a súa
orixe ata a época industrial do S. XIX.
CBD (CENTRAL BUSINESS DISTRICT).- Sector dunha cidade onde o comercio ó por
menor de bens e servizos e a presenza de actividades administrativas e financieiras son as
dominantes. Soe corresponderse co centro da cidade.
CIDADE DORMITORIO.- Tipo de aglomeración urbana (cidade satélite) no que
predomina a función residencial e na que viven persoas que se desprazan a traballar a
unha cidade de rango superior. A actividade económica que se desenvolve é escasa.
CIDADE XARDÍN.- Aglomeración urbana (cidade satélite) dependente dunha de rango
superior caracterizada por amosar unha gran cantidade de espazos verdes, tódalas
edificacións teñen o seu xardín, unha baixa densidade de poboación e unha tipoloxía
construtiva de baixa altura.
CONURBACIÓN: Crecemento paralelo de dúas ou máis cidades ata fundirse nunha única
aglomeración urbana.
ENSANCHE: Expansión planificada das cidades a partir do derrubo das murallas a finais
do XIX, adoptando xeralmente o plano en cuadrícula, debido ao crecemento da poboación
urbana e á demanda de vivenda pola burguesía.
ENSANCHE: Sistema de planeamento español ideado a finais do século XIX para
solucionar a demanda de solo urbano pola burguesía nas grandes cidades.
FUNCIÓN URBANA: Conxunto de actividades que levan a cabo os habitantes dunha
cidade. As funcións urbanas clasifícanse pola súa proxección: actividades dirixidas a
subministrar bens e servizos á poboación exterior, e actividades que o fan ós seus
residentes (básicas e non básicas).
METRÓPOLE.- Cidade moi importante pola súa grande poboación e extensión. A súa
poboación supera os 250.000 habitantes.
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANA (PXOU).- Proxecto de ordenación
integral do territorio dun ou varios municipios. O principal obxectivo é clasifica-lo solo
(urbano, urbanizable, programado, urbanizable non programable e non urbanizable).
Inclúe a financiación e un período de vixencia.
PLANO ORTOGONAL: Plano urbano no que as rúas se cruzan de forma perpendicular
cun aspecto de damero ou taboleiro de xadrez, e aparece en todos os períodos da historia,
ligado normalmente a actuacións planificadas.
PLANO RADIOCONCÉNTRICO: Plano urbano formado por rúas que parten do centro a
modo de radios e outras que forman círculos concéntricos que as cortan
perpendicularmente. Típico da Idade Media.

Profesora: Rosa María Cid Galante 1


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 9

PLANO URBANO. Representación gráfica da paisaxe urbana. O seu estudio vai máis alá
da descrición formal da organización do espazo, sendo o reflexo dunha determinada
evolución histórica, polo que fai referencia ó pasado.
REDE URBANA: Conxunto xerarquizado de centros urbanos que asegura os servizos a
unha rexión, e está dominado por unha cidade máis importante, a metrópole rexional.
SOLO RURAL.- O pertencente ou relativo ó campo (agricultura, silvicultura, gandería,
pesca, caza).
SOLO URBANIZABLE: Terreos declarados como tal polo Plano Xeral de Ordenación
Urbana dun municipio, onde se poderá construír no futuro; pode ser programado e non
programado. (2 veces)
SOLO URBANO.- Cualificación do solo definida polo Plan Xeral Municipal de
Ordenación como calquera terreo que teña acceso rodado, abastecemento e evacuación de
augas, así como sumidoiros e subministración de enerxía eléctrica, ou que se encontre
comprendido en zonas consolidadas pola edificación polo menos nas súas 2/3 partes da
superficie.
URBANIZACIÓN.- Termo que relaciona o número de habitantes que viven nunha cidade
co total da poboación dun territorio. Proceso de progresiva concentración nas cidades da
poboación, das actividades económicas e das innovacións máis destacadas.
VIVENDA SOCIAL: Casas construídas por iniciativa pública, destinadas ós estratos máis
desfavorecidos da sociedade, que en ocasións serven para facer desaparecer o chabolismo.
XERARQUÍA URBANA.- Fálase de xerarquía urbana cando as cidades dunha rexión ou
dun país están organizadas segundo o seu tamaño e funcións, e relaciónanse no espazo
formando unha rede urbana xerarquizada na que se sitúa á cabeza a cidade de maior
categoría.

Profesora: Rosa María Cid Galante 2

You might also like