You are on page 1of 1

X. A.

LPEZ SILVA

odemos manter os nosos principios ticos en


tempo de guerra?
Unha escritora galega
o expresa de xeito moi acado cando
escribe: Por iso nas guerras son ms
difciles as condeas, tanto as efectivas coma as morais; as guerras
deixan en suspenso todo tipo de dereitos e conviccins: a de vivir e sobrevivir, o dereito a non matar, o dereito a xulgar, o dereito a ter moral.
Desta cuestin xorden as diferentes
novelas de xnero policaco ambientadas na Guerra Civil Espaola e na
Segunda Guerra Muncial que teen
como protagonista ao fascinante
aristcrata Martin von Bora. Bora,
descendente lonxano da esposa de
Lutero, pero procedente dunha familia catlica, fillo dun importante
director de orquestra e fillastro dun
xeneral prusiano de talante rexo,
apareceu por primeira vez en Lumen
(2000), da pluma da escritora italoamericana Ben Pastor (1950).
Bora afeccionado desde a sa
adolescencia hpica, ao exrcito, e
s disciplinas humansticas. Cun
personaxe as, lonxanamente baseado no coronel Claus Von Stauffenberg, o militar que tentou o asasinato de Hitler (como a mesma Pastor
ten recoecido), a trama investigadora srvelle escritora para preguntarse, desde diferentes momentos da biografa do protagonista, a
mesma cuestin: Qu facer cando os
principios nos que tes sido educado
e nos que cres se atopan enfrontados
a un rxime ditatorial coma o nacionalsocialista? As primeiras etapas do
personaxe de Martin Bora resposan
ao tema desde a perspectiva do egotismo xuvenil: os seus principios ticos persoais semellan irrefutables, e
a mxima das SS, Mein ehre heisst
Treue, o meu honor a mia lealdade, son dunha inquebrantabilidade fra de dbidas.
A medida que avanza a guerra,
este carcter intacto da inocencia
case inxenua do oficial von Bora, ha
ir mudando a medida que afronta
sucesos e decisins que sabe que han
afectalo dun xeito terrible non s a el
mesmo, senn aos seus seres queridos. El camino a taca (Alianza,
2015), a ltima novela da saga, recentemente publicada en casteln
por Alianza Editorial, sitanos no
punto neurlxico da evolucin per-

soal deste personaxe. Von Bora vese


obrigado a intervir, a regaadentes,
na resolucin dun crime de guerra
na Creta recn ocupada polas forzas
paracaidistas nazis ( Falschimjagger), cando uns prisioneiros britnicos denuncian o asasinato dun estudoso suzo s ordes de Himler que
investigaba na illa as conexin raciais dos cretenses cos presupostos
arios da Ahnenberbe (calquera interesado en todos estes conceptos dispn en casteln da amena e imprescindible obra Diccionario de mitos y
smbolos del nazismo, de Rosa Sala
Rose, publicada por Acantilado).
Qu supn resolver un crime? Reconstrur simplemente os feitos, en
particular os escuros? Iluminar coa
chama da verdade a realidade? Ou
reflexionar sobre o por qu deses feitos, e asumir entn que tal vez a vtima non tan inocente como poda
semellar nin o seu asasino, ou asasinos, tan culpable? En calquera caso,
a investigacin sobre o que nos rodea ten, paradoxalmente, notas do

principio de incertidume desenvolto


por outro alemn, o fsico Werner
Heinsenberg. Ningun sae indemne
dunha investigacin criminal, e menos o encargado de averiguar a suposta verdade. O oficial Martin Bora
ir experimentando isto na sa carne novela tras novela.
Resolver un crime non ten por
qu supoer chegar ata a verdade.
Martin Heidegger tamn expresa
isto mesmo por carta ao seu tocaio e
antigo alumno, nunha frase que pivotar unha e outra vez na novela e
nos pensamentos de Martin Bora: a
conciencia moral manifstase coma
unha chamada preocupacin.
A investigacin do protagonista
convrtese tamn nunha investigacin sobre si mesmo, sobre o que fai
que estea en viaxe en Creta coma un
novo Ulises, o por qu de mercar en
Mosc o Ulises de Joyce, (absolutamente prohibido polos nazis), e sobre todo, que se plantexe cada vez
mis a educacin e eses principios
inculcados sobre o patriotismo e o

deber. De seu resulta moi interesante o que acabamos de comentar e


que explica tamn, por qu, a pesar
do xito de crtica, Pastor non acaba
de conectar co lector espaol medio
de novelas policacas.
E mis enriquecedor, se cabe, o
feito de poder afrontar a lectura de
El camino a taca consultando vez
os Cuadernos Negros (Trotta, 2015),
os diarios que o propio Heidegger
escribiu durante a sa vida. Os catro
tomos correspondentes ao perodo
1931-1938 comezan a ver a luz en
casteln.
S desde unha lectura superficial
podemos entendelos coma unha
xustificacin dos actos de Heidegger
ou unha reflexin sobre a sa obra
metafsica. Lidos con detalle, manifestan a elevada autoconsciencia intelectual de Heidegger e con ela, a
inevitable xustificacin da sa actitude poltica e intelectual. En certo
xeito que algns teen asociado tamn co Ortega y Gasset de La rebelin de las masas, Heidegger viu no
comezo do proceso do Nacionalsocialismo as posibilidades de triunfo
do elitismo intelectual e da educacin filosfica das masas. A
evolucin poltica posterior, tras o
nomeamento de Hitler coma chanceler, e a observacin do desprezo
nazi respecto aos intelectuais e cultura, fixo que Heidegger se refuxiase
nunha torre de marfil intelectual na
que nunca asumiu a posibilidade de
terse equivocado na sa consideracin do rxime hitleriano. Por iso,
novamente, as palabras que inventa
Ben Pastor para o propio Heidegger
coma personaxe poden servirnos
coma gua de lectura para estes imprescindibles diarios. nde se acha
a verdade? Na correspondencia coa
realidade? En asumir a nosa evolucin vital? Ou simplemente, dase o
feito de que Heidegger nestes diarios
que empeza a publicar Trotta, amsase coma un inxenuo respecto ao
mundo social e poltico que o rodea,
e Bora somentes un inxenuo respecto a si mesmo? Vela o plantexamento de Ben Pastor, que fai preciso
chegar ao final desta novela para un
atisbo de resolucin do enigma.
Ou simplemente, en algo inasumible, que obriga a entender a nosa
existencia unhas veces absurda, e
outras lxica? A pregunta Heideggeriana que opn o existir nada,
morte, a nica que atopa resposta,
desde o momento en que abre a propia narracin policaca e obriga a
Martin Bora a enfrontarse aos seus
fantasmas pasados e presentes.
Unha novela altamente recomendable, dunha das mellores sagas policiais, histricas e culturais, que actualmente podemos atopar no
mercado editorial do noso pas. E sobre todo, un verdadeiro disfrute de
lectura.

Diario de Ferrol
DOMINGO,
15 NOVIEMBRE DE 2015

Nordesa

33

viaxeInconstante

Martin Heidegger e Martin Bora.


A verdade en tempos nazis

You might also like