You are on page 1of 16

O CALENDARIO MEDIEVAL DA IGREXA DE SANTA MARA DO AZOUGUE: UN ACHEGAMENTO...

O calendario medieval
da igrexa de Santa Mara do Azougue:
un achegamento s sas imaxes
ALFREDO ERIAS MARTNEZ*
Imaxes do autor

Sumario
Presntanse aqu todos e cada un dos meses do ano que aparecen no calendario agrcola dun capitel
da igrexa de Santa Mara do Azougue, de Betanzos, representados mediante debuxo arqueolxico
e tamn con cromatismo hipottico, obxecto de definilos ben e lembrar que estiveron pintados.
Abstract
Shown here is each and every one of the months of the year which appear in the agrarian calendar
found on the capital of the church of St. Maria of Azougue, in Betanzos, represented by means
of archaeological drawings, with hypothetical colouring, in order to define them well, and to
remind us that they were painted.

o Anuario Brigantino 1993, Manuel A. Castieiras (facndose eco dunha nova


de Carmen Manso Porto) publicou o traballo titulado, El desfile de los meses de
Santa Mara do Azougue, no que estudia o menoloxio de finais do s. XIV existente
en tres capiteis entregos dun pilar do bside sul desta igrexa: doce figuras, unha detrs de
outra, empezando en xullo para que xaneiro quedase aproximadamente do no centro. Cada
unha realiza funcins agrcolas especficas do mes que representa, supoendo outras
tantas metforas do paso do tempo, do eterno retorno ou do renacer da vida. Descubertas,
pois, e publicadas, o presente traballo nace da frustracin de non poder ver ben esas
imaxes nas fotografas do Anuario. E non que estean mal tomadas: ocorre que a fotografa
como tcnica unha axuda, pero, por unha banda, d informacin demais e mesmo confunde
(setembro non ten un racimo de uvas como cre o autor, senn un obxecto para cortalos na man
dereita e un cesto para botalos na man esquerda), mentres, pola outra, escurece lias e detalles
que nos aportaran a precisin que buscamos. Por eso necesario o debuxo arqueolxico no
que se selecciona aquelo que nos achegue realidade orixinal, desbotando desconches do
tempo e maltratos da piqueta. Quedan al restos do cal de base e mesmo das cores que o
cubran. E queda tamn testemua da brutalidade empregada na limpeza desas cores.
Aprtanse aqu doce debuxos a prumia e tinta china negra, ademais dunha proposta
cromtica libre que s pretende lembrar que esas figuras estiveron no pasado cheas de cor
e de vida, cousa que algn da, por que non?, poderan recuperar. A tosquedade que
hoxe vemos, sen dbida estara moi matizada coas cores e detalles que o pintor engadira
s figuras esculpidas, algo que s veces se esquece neste tipo de estudios.

*Alfredo Erias Martnez director do Anuario Brigantino, do Arquivo e Biblioteca Municipais


de Betanzos e do Museo das Marias.
Anuario Brigantino 2004, n 27

415

ALFREDO ERIAS MARTNEZ

Nun ambiente agrcola como o de Betanzos e fronte Azougue (de zoco, mercado)
este calendario, adaptado nosa realidade (colleita e sembra mis tardos), era un medio
didctico, pero tamn unha maneira de tranquilizar xente, pretender explicar, mediante
un organigrama cclico, que despois da morte da natureza via a sa resurreccin: unha
metfora para a propia vida humn, que convia Cristianismo. Na Idade Media, intentos
semellantes deron lugar, por derivacin directa da antigidade romana, a tres programas
iconogrficos: 1) zodaco, 2) meses e 3) estacins. Non hai un estudio especfico para os
signos do zodaco en Betanzos, pero a figura de Saxitario (un centauro lanzando frechas
cun arco) atpase tanto na igrexa de San Francisco como na de Santiago. En canto s
estacins, a Primavera adoita ser unha imaxe con flores, ramos ou representa a poda; o
Vern aparece ligado sega e malla dos cereais (as o vemos, con aire clsico e figura
feminina, con espigas de trigo nunha man e unha serrana -fo dentado- na outra, nun
capitel do bside norte de Santa Mara do Azougue), pero tamn pode representarse cun
mallo; o Outono o tempo do vio, da matanza e da sementeira, e o Inverno, do banquete
seorial e do fro.
En fin, o mundo clsico sigue moi presente, pero adaptado mentalidade medieval.
Bibliografa:

Erias

Castieiras Gonzlez, Manuel Antonio, 1994, El desfile de los meses de Santa Mara do Azougue.
Anuario Brigantino 1993, n16, p. 177-196.
Guilln, Jos, 1985, VRBS ROMA: vida y costumbres de los romanos. Salamanca, Ed. Sgueme, v. III.
Prez Higuera, Teresa, 1997, Calendarios medievales: La representacin del tiempo en otros tiempos.
Madrid, Ediciones Encuentro.

O deus Xano, de das caras, do Principio e do Fin, o Creador para os romanos, Xaneiro,
preside, curiosamente, os actos litrxicos catlicos desde o centro da bveda (smbolo do ceo)
da igrexa betanceira de Santa Mara do Azougue, onde se identifica co Sol.
Anuario Brigantino 2004, n 27

416

Erias

O CALENDARIO MEDIEVAL DA IGREXA DE SANTA MARA DO AZOUGUE: UN ACHEGAMENTO...

Anuario Brigantino 2004, n 27

417

Erias

ALFREDO ERIAS MARTNEZ

Anuario Brigantino 2004, n 27

418

O CALENDARIO MEDIEVAL DA IGREXA DE SANTA MARA DO AZOUGUE: UN ACHEGAMENTO...

XANEIRO, O FIN E O PRINCIPIO


De orixe prehistrico, Ianus era o deus mis antigo dos romanos, diuum deus (deus
dos deuses), o deus creador, o principio de tdalas cousas. Preside os inicios e os pasos
e simboliza o pasaxe que ten en lia recta sada e entrada. Xano a entrada no espacio e
no tempo. O seu templo en Roma tia das portas enfrontadas. Consagrbaselle o primeiro
mes do ano, Ianuarius (xaneiro), e o primeiro da de cada mes.
Nos calendarios medievais aparece fundamentalmente como: 1) Ianus inter portas (en
alusin s portas do seu templo, que abra ou pechaba), 2) Ianus claviger (con chaves por
ser porteiro), 3) Xano mesa (como neste caso), 4) Xano quentndose lume (que pasara
a representar logo febreiro), 5) Xano con espada (o seu templo abrase de par en par en
tempos de guerra e pechbase nos curtos espacios de paz, aprisionando guerra dentro).
Resulta curioso que unha imaxe do deus Xano (cabeza con das caras rodeada por
raios solares e seis figuras) sexa o centro (deus) da bveda (ceo) do bside desta igrexa.
Anuario Brigantino 2004, n 27

419

ALFREDO ERIAS MARTNEZ

FEBREIRO FRIOLEIRO
Un vello con moito fro era unha figura
que representaba en Roma Inverno.
Difundiuse moito a partir de calendarios
como o Crongrafo de 354
onde apareca como xaneiro. A
fogueira foi engadida en poca
carolinxia (Calendario de
Viena do 837 e Calendario
de Saint Mesmin, ca.
1000), pasando a
representar mes de
febreiro.

Anuario Brigantino 2004, n 27

420

O CALENDARIO MEDIEVAL DA IGREXA DE SANTA MARA DO AZOUGUE: UN ACHEGAMENTO...

MARZO PODADOR
A poda da vide inicia os traballos agrcolas do ano. O cultivo ancestral da via aparece
testemuado por Estrabn cando di que o vio escasea (non que falta) nos pobos do
norte da Pennsula. Pero ademais a arqueoloxa dinos que hai no noso contexto xeogrfico
restos de nforas vinarias romanas.
Con maior precisin sbese que se expandiu nos vales abrigados e nas zonas costeiras
de Galicia desde os sculos XII e XIII, debido colonizacin monstica e nacemento das
vilas. precisamente ese o momento no que a xente de Betanzos o Vello se traslada a esta
Vila de Untia (no ano 1219) para formar desde aquela a vila e despois cidade de Betanzos.
As vias non s cubren grandes extensins de terreo, senon que o vio substituiu
definitivamente sidra altomedieval. Mesmo as casas campesias aproveitan tdolos
espacios posibles, na eira e no curral, para cultivar baceis.
Anuario Brigantino 2004, n 27

421

ALFREDO ERIAS MARTNEZ

ABRIL FLORIDUS
Un home leva un ramo collido polas das mans. A imaxe de Abril e, por extensin, da
Primavera, ten das orixes antigas: 1) como Doncela da Primavera desde o s. XII,
evolucionada a partir da Flora romana (tnica longa, guirnaldas de rosas e, sobre todo,
ramos de flores nas mans levantadas), e 2) como Prncipe da Primavera, orixinado en
Robigus, xenio ou espritu da vexetacin (leva manoxos de herba ou ramas nas mans), que
ten a festa o 25 de abril (Robigalia) con procesins florais polos campos para propiciar
boas colleitas. En Betanzos a festa dos Maios tia por protagonista unha nena adornada
de flores (a maneira dunha estatua da deusa Flora) e vestida de branco, baixo unha gran
guirnalda levada por outras nenas, tamn de branco. Sen embargo, a figura que aqu
vemos, popularizada desde poca carolinxia, , segundo me parece evidente, a de Robigus
ou Prncipe da Primavera.
Anuario Brigantino 2004, n 27

422

O CALENDARIO MEDIEVAL DA IGREXA DE SANTA MARA DO AZOUGUE: UN ACHEGAMENTO...

MAIO CETREIRO
o mes da guerra e da caza, utilizada sta tamn como entrenamento dos exrcitos. A
cetrera, na que eran mestres os pobos islmicos, pxoa de moda en Europa o emperador
Federico II (1194-1250), quen, despois da sa Cruzada, escribiu o marabilloso libro en seis
tomos, De arte venandi cum avibus, do que somente quedan copias: a influencia deste
texto e, sobre todo, das sas miniaturas, foi moi grande, convertndose a cetrera nunha
actividade de gran prestixio. Precisamente, esta obra foi determinante no cambio da
iconografa do mes de maio, que pasa no s. XII de guerreiro con escudo a falcoeiro.
En Betanzos, nunha obra de Fernn Prez de Andrade, como esta igrexa, a caza non
poda faltar, pero o gran templo peninsular da caza medieval est beira, na igrexa de San
Francisco, co sepulcro deste cabaleiro, cos relevos do bside e con diversos elementos en
paredes e capiteis (nalgn deles reptese similar motivo, como parte de outro calendario
do que existen ademais os meses de xullo, agosto, outubro...).
Anuario Brigantino 2004, n 27

423

ALFREDO ERIAS MARTNEZ

XUO FRUTEIRO
Temos aqu un persoeiro que presenta na man dereita un ramo con froita e no regazo,
aguantado coa man esquerda, leva mis. A imaxe clsica de Xuo a dun home que recolle
da cerdeira cereixas facndoas caer cun pao ou que as leva nun cesto, como o IUNIUS
CUM CERESIS do Pazo do Dux de Venecia de que nos fala Castieiras. Precisamente
neste caso o tamao enorme das cereixas poderanos confundir se non fora pola inscricin.
As pois, qudanos a dbida de se a froita aqu representada son cereixas hipertrofiadas
polo escultor con fins didcticos ou se se trata de outra cousa. Lembraremos que unha
das romaras mis antigas das Marias, de sabor verdadeiramente pagn, a de San Paio
de Vilacoba -Abegondo- chamada das cereixas (o 1 domingo de xullo). unha festa da
colleita, ligada a outras do solsticio do vern (21 de xuo) cando se fan as lumeiradas de
San Xon (noite do 23), cun santuario de orixe prehistrico en San Xon de Medela...
Anuario Brigantino 2004, n 27

424

O CALENDARIO MEDIEVAL DA IGREXA DE SANTA MARA DO AZOUGUE: UN ACHEGAMENTO...

XULLO SEGADOR
unha das imaxes do vern e representa a sega dos cereais: a tarefa agrcola mis
salientable desta estacin, xunto coa malla posterior. Secularmente, campesios galegos
non s segaban na sa terra senn que an facelo en gran nmero a Castela.
Probablemente este segador leva na man non un foucio, que este sera para a herba
verde, senn unha serrana (fo dentado), tal como se representa inequivocamente este
mes e o anterior no calendario do Panten Real da Colexiata de San Isidoro de Len (ca.
1130), no Calendario Astronmico e Martiroloxio de Suabia (ca. 1180), aqu como agosto,
ou no Libro de Horas do Duque de Bedford (ca. 1425)...
tempo de colleita, de abundancia e de festa. Por estes meses centrais do ano as
forzas telricas semellan propicias, a vida xenerosa e o futuro optimista. Pero hai que facer
o traballo que corresponde, porque virn tempos peores e o campesio sbeo ben.
Anuario Brigantino 2004, n 27

425

ALFREDO ERIAS MARTNEZ

AGOSTO MALLADOR
tamn outra representacin do vern. A malla facase golpeando varias persoas, a
ritmo, con mallos sobre o cereal segado, extendido na eira (trigo, centeo, avea...). En
Galicia pervive o mallo ata ben entrado o s. XX cando aparecen as mquinas de mallar. No
Museo das Marias e en calquer outro etnogrfico de Europa poden verse doadamente
mallos idnticos s medievais.
Nas nosas aldeas, cada casa tia un forno onde coca o pan e Betanzos foi secularmente
a cidade das panadeiras, suministrando tamn pan Corua. Anda no 1840 haba na
cidade 126 panadeiras, das que s quedarn 12 no 1935.
Os medeiros nas leiras, o transporte con carros de bois, nas eiras as medas (varias e
grandes nas casas ricas), a malla comunal logo (tdolos vecios mallando en tdalas
casas), o pan e o vio nos descansos: son imaxes dun mundo perdido que anda lembramos.
Anuario Brigantino 2004, n 27

426

O CALENDARIO MEDIEVAL DA IGREXA DE SANTA MARA DO AZOUGUE: UN ACHEGAMENTO...

SETEMBRO VENDIMADOR
O vio tivo desde a Idade Media un papel moi importante na economa das xentes de
Betanzos e das Marias. Por eso era defendido mediante un proteccionismo a ultranza.
De feito, a primeira ordenanza que coecemos (de 1490) prohibe vender e beber vio de
fra na cidade.
Entraba o vio intramuros desde o primeiro da da vendima (fixado polo Concello) ata
o de San Martn. Oficiais do Concello controlaban esta entrada en cada unha das portas
da muralla. E nas Ordenanzas de 1591, retomadas das de 1490, persguese s ladrns de
cepas e uvas e establcense as normas para a venda do vino atabernado, ademais de
prohibir nas bodegas e tabernas o xogo de naipes, por apartar s campesios do traballo.
A importancia econmica do vio era tal que se exportaba no s. XVI a Asturias e Pas
Vasco. Hoxe vive unha recuperacin.
Anuario Brigantino 2004, n 27

427

ALFREDO ERIAS MARTNEZ

OUTUBRO PORQUEIRO
Representacin tamn do Outono. Antes da matanza o porqueiro ten que engordar s
porcos. Para eso, condceos monte, onde se ceban con landras de carballos (en Galicia)
ou encinas (na Meseta e mis al), que el mesmo tira das rbores. un traballo semellante
sementeira, posto que del se espera a colleita en forma de porcos gordos que
proporcionen grasa e carne para o longo perodo de choivas e de fro que vn por diante.
Unha imaxe de porcos comendo nunha fraga de carballos e de dous porqueiros subidos
s rbores, acanendolles as ramas para que solten os froitos, tmola nos capiteis da
Claustra Nova (s. XIII) da catedral de Ourense.
En calquer caso, o porco no bosque un tema bastante comn nos capiteis das nosas
igrexas romnicas e gticas, tanto s como formando parte dunha escena de caza. Porque
o porco, tanto o bravo como o domstico (ste, sobre todo), fundamental para a vida dos
campesios.
Anuario Brigantino 2004, n 27

428

O CALENDARIO MEDIEVAL DA IGREXA DE SANTA MARA DO AZOUGUE: UN ACHEGAMENTO...

NOVEMBRO MATARIFE
O occidente europeo foi definido como a cultura do porco (ou cocho), por ser este
a base da alimentacin dos pobos que o habitaron desde tempos inmemoriais. Por eso, a
matanza conservou elementos de rituais relixiosos. Lembremos que en tdolos mitos dos
antigos deuses irlandeses, os Tuatha D Danann, a festa da inmortalidade, presidida
por Mananann Mac Lir, contaba como manxar esencial os porcos de Mananann, que
producan a inmortalidade a quen os coma. En Galicia, a matanza e a rexoada (neste mes
de San Martio) que asisten vecios e familiares, demostran as bases relixiosas deste
acontecemento festivo, que se contina no Nadal, cando a cachola do porco o prato por
excelencia. En Essex e Oxford a finais do s. XIX, o principal prato de Nadal era tamn a cachola
do porco, que se adornaba con ramas de acibro e se lle cantaban vilancicos.
Anuario Brigantino 2004, n 27

429

ALFREDO ERIAS MARTNEZ

DECEMBRO SEMENTADOR
A imaxe da sementeira e, por conseguinte, do sementador, aparece en boa parte dos
calendarios agrcolas antigos e medievais, se ben, en ocasins (case sempre fra da
Pennsula), separndose a accin de arar a terra, da de sementala.
Por outra parte, o sementador aparece identificado con meses diferentes segundo o
clima do territorio onde foi creado ou, mellor, recreado o calendario. As, por exemplo,
representa setembro no Calendario de Viena do 837 e no de Suabia do 1180; outubro no
Calendario de Fulda de arredor do 975, etc. O noso clima templado permite retrasar a
sementeira dos cereais con respecto centro e Norte de Europa, e por eso esta imaxe
resultara comprensible para unha cidade coma Betanzos, chea de campesios, dentro e
fra das murallas, ata ben entrado o sculo XX.
Anuario Brigantino 2004, n 27

430

You might also like