You are on page 1of 8

MATERIAL AUDIOVISUAL

PROXECTOTERRA

IDENTIDADE TERRITORIAL

identidade territorial
LOCUCIN DO VDEO
GUIN:
JUAN LUIS DALDA ESCUDERO
mIGUEL cASTELO aGRA

Marco xeogrfico
Galicia forma parte da Iberia Hmida, un dominio xeogrfico caracterizado pola temperanza do clima, pola frecuente
presenza da choiva e a abundancia de vexetacin.
Aln disto, a orientacin occidental dominante no noso
pas presenta diferenzas salientables entre as terras
interiores e as fachadas costeiras.
Ocano e relevo xeran en Galicia un variado mosaico de
microclimas. A influencia da corrente do Golfo proporciona un
clima suave e benigno que se vai facendo progresivamente
mis duro no interior at dar paso ao dominio da neve nas
altas serras que cortan o Pas galego polo sur e polo oriente.
A serra un dos elementos dominantes do territorio galego.
A dicotoma val-montaa estrutura a Galicia central xunto
coas terras de aplanamento, que se abren paso entre as
estribacins orientais e occidentais, para chegar costa
atlntica, onde as agras coruesas presentan unha modelada paisaxe de campos abertos.
Polo sur, as cuncas fluviais do Mio e o Sil conforman unha
paisaxe laboriosa e minuciosamente construda pola man do
home ao longo do tempo, urxido pola necesidade de xerar
novas terras de labor. Mentres que polo norte, os campos
da ampla chaira lucense anteceden s terras marins.
Dende as Ras Altas do Golfo rtabro, a paisaxe atlntica
galega prolngase cara ao sur a travs de Portugal at o
Douro, nun conxunto unitario de ras e vales transversais,
onde, canto mis meridional, mis nidia resulta a transicin
cara a variantes climticas progresivamente mis suaves.
Na Galicia Atlntica, como no Norte de Portugal, a influencia do clima ocenico moito mis profunda que no
Cantbrico; os vales fluviais son moi extensos, e as altitudes por baixo dos trescentos metros penetran en ocasins
mis de cen quilmetros no interior, modelando unha
paisaxe de encostas suaves, favorable proliferacin e
diseminacin dos asentamentos humanos.
3

MATERIAL AUDIOVISUAL

PROXECTOTERRA

A etapa castrexa
Se ben a intervencin humana sobre o territorio se producu con anterioridade, foi na etapa castrexa cando a
man do home deixou as pegadas mis salientables e con
maior continuidade no tempo.
A civilizacin castrexa constituu a primeira forma estable
de ocupacin do territorio, fenmeno comn ao noroeste
peninsular. A presenza hoxe de testemuos diversos deixa
constancia da continuidade histrica deste fenmeno.
O reparto espacial destes asentamentos non era en absoluto arbitrario e caprichoso. Foron os condicionamentos
fsicos do territorio os que determinaron en boa medida
a sa ubicacin.
En Galicia abondan mis na zona das Ras Baixas, arredor
do Golfo rtabro e nos principias vales fluviais, e escasean
nas serras orientais e centrais, onde as condicins fsicas
son mis adversas.
A implantacin dos castros nos outeiros e encostas, combinando funcins defensivas e de habitacin, explcase
na sa dupla consideracin de hbitat fortificado e asentamento agrcola.
O hbitat castrexo deixou unha importante pegada de
formas aterrazadas e arredondadas, circulares ou ovais,
promovidas por unha axeitada adaptacin ao medio natural.

A presenza romana
A creacin de cidades e o establecemento dunha importante
rede de calzadas foi a principal contribucin da civilizacin
romana ao proceso constitutivo da identidade territorial de
Galicia. A orixe destes novos asentamentos responde a
novas funcins, tanto comerciais e administrativas, como
coloniais e defensivas.
A presenza romana caracterizouse tamn por ter respectado tanto as formas herdadas, os castros, como as denominacins toponmicas. As mesmo a pervivencia e
continuidade histrica das realizacins romanas poen
de manifesto a bondade e coherencia das mesmas.
As principais novidades da Gallaecia romana foron as
cidades e as villae, novas explotacins agrarias de fondo
de val, que contriburon ao paulatino abandono dos castros.
Se ben as pesquisas efectuadas at hoxe non permiten afirmar unha xeneralizacin destes asentamentos, anda e doado
atopar restos arqueolxicos romanos en boa parte de Galicia.

A Idade Media
Os cambios que se obraron na Idade Media foron tan importantes como duradeiros, at o punto de que posible
afirmar que o aspecto comn que adoptou o territorio na
etapa medieval non resultou moi desemellante do que
presentaba Galicia a mediados do sculo XX.
4

IDENTIDADE TERRITORIAL

MATERIAL AUDIOVISUAL

PROXECTOTERRA

IDENTIDADE TERRITORIAL

Foi coa implantacin dun pobo brbaro, os suevos, cando as


terras do noroeste peninsular obtiveron unha unidade poltica
diferenciada, sendo neste perodo cando se xeneralizou o
cristianismo entre a poboacin. Este feito habera de traer
consigo a aparicin dunha nova institucin que articulara a
vida das pequenas comunidades campesias: a parroquia.
En orixe relixiosa, a parroquia converteuse no centro
da vida rural. As actividades econmicas e o mundo de
relacins sociais xiraron arredor desta nova institucin.
A parroquia foi dende aquela e at os nosos das, un claro
referente da estruturacin territorial galega e portuguesa,
onde se lle denomina freguesa.
A orografa e o clima influron dun xeito determinante na
distribucin das parroquias. A disposicin e asentamento
dos ncleos parroquiais foi mis frecuente e denso nas
bacas e vales fluviais, onde as terras son mis produtivas,
que nas serras, nas que as dificultades climticas e de
relevo son sempre maiores.
O nmero de parroquias mantvose con escasas variacins
desde a Idade Media at a poca actual, e a sa distribucin
no territorio foi moi semellante da etapa castrexa.
Sen carcter administrativo nin personalidade xurdica, a
parroquia constituuse como unha unidade social, cultural
e xeogrfica perfectamente delimitada e xeralmente composta por varias aldeas, unidade menor que a partir da Idade
Media se converte no elemento esencial da paisaxe galega.
Rede fundamental de poboamento, a aldea non s o
ncleo construdo ou o conglomerado habitacional. Ademais
do entramado de edificacins, a aldea constitena tamn
a malla de camios, as agras de labor e os prados e montes.
A aldea , xa que logo, a clula bsica de explotacin do
espazo agrario, enxertada na parroquia.
O incremento poboacional que se deu a partir do sculo
XI promoveu a creacin de novas entidades de distinto
rango, tamao e importancia. Nacen as as vilas novas, os
vilares, os lugares e as graas, novos asentamentos que
van tecendo unha xerarqua que se mantn no decurso do
tempo e da que anda hoxe doado encontrar exemplos.
A este feito non allea a presenza dos mosteiros. Cunha
notable implantacin na Galicia da poca, os cenobios foron
os verdadeiros impulsores do proceso de colonizacin de
novas terras.
A creacin de Santiago de Compostela, coa conseguinte
aparicin do fenmeno das peregrinacins, e o renacer
urbano producido nos sculos do Baixo Medievo, constituron
feitos cruciais no desenvolvemento do proceso da identidade
territorial. Renaceu o comercio e a sa presenza orixinou a
creacin de novas cidades e vilas, algunhas delas costeiras.
E, mis al do establecemento dunha nova rede viaria ou
da creacin de pequenos burgos, a presenza do Camio
de Santiago provocou a aparicin de novas formas de
asentamento.
5

MATERIAL AUDIOVISUAL

PROXECTOTERRA

En moitos casos, estes asentamentos adoptaron unha fasqua lonxitudinal, dispondose ao longo do vial, co obxectivo de cumpriren coa nova funcin asistencial aos peregrinos.

Os tempos modernos
No inicio dos tempos modernos, malia a cativeza poboacional das cidades galegas, a importancia demogrfica do
Reino de Galicia no conxunto do Estado era notable.
No sculo dezaseis as cidades experimentaron importantes cambios. De entre todas foron Pontevedra e Santiago
as que se constituron como as vilas mis populosas.
As modificacins que nestes sculos se experimentaron
no mbito do transporte e da economa trouxeron como
consecuencia o progresivo reforzamento do peso demogrfico do litoral fronte ao do interior.
A partir do S. XVII, a penetracin costeira do millo,
procedente de Amrica, constituu a razn mis poderosa
dos cambios demogrficos.
A adopcin deste cultivo, logo reforzado co da pataca,
modificou, as mesmo, as densidades de poboacin e a
configuracin da paisaxe agrcola, sendo perceptibles tres
reas claramente diferenciadas:
- A zona costeira do Sudoeste, que adoptou o millo
de xeito intensivo complementndoo coa gandera e
coa presenza de reas vitivincolas.
- O litoral de Fisterra a Ribadeo, a Galicia das agras e
das paisaxes abertas, cunha menor presenza do millo
e unha significativa riqueza agropecuaria, onde se
mantiveron en maior medida as prcticas colectivas.
- E a chamada Galicia interior, de condicins climticas
mis duras, cunha agricultura extensiva na que domina
o centeo e a presenza de incultos e prados,e as bis barras de monocultivo vitivincola como as ribeiras do
Mio, o Sil e o Avia ou o Val de Monterrei.

O sculo XX
A ruptura do equilibrio entre poboacin e recursos, que
comezou a se patentizar xa no sculo XVIII, desembocou
na aparicin do fenmeno migratorio, que supuxo a sada
de mis dun milln douscentos cincuenta mil galegos entre
1860 e 1970, coa conseguinte perda de peso demogrfico
de Galicia no conxunto do Estado.
Con posterioridade, as cidades comezaron a reforzar o
seu peso poboacional e econmico no marco territorial
galego, proceso que caracterizou ao sculo XX como o
perodo da definitiva urbanizacin do pas.
Foi neste mesmo sculo cando as sete cidades multiplicaron por seis a sa poboacin, namentres que Galicia
aumentou en vez e media.
6

IDENTIDADE TERRITORIAL

MATERIAL AUDIOVISUAL

PROXECTOTERRA

IDENTIDADE TERRITORIAL

Coa chegada dos anos sesenta, Galicia padece de


novo os efectos intensos da dispora, a partir de agora
encamiada a Europa.
O desenvolvemento territorial no que est inmersa Galicia
dende aquela vn marcado polo reforzamento do peso das
cidades e da industria, a modernizacin dos servizos e a
crise da sociedade agraria tradicional, que provoca cambios
no uso da terra e importantes movementos de poboacin.

O estado das autonomas


Coa chegada da democracia, o reforzamento do poder
municipal e a creacin das institucins de autogoberno,
os poderes centrais ceden parte da sa capacidade de
decisin. Como resultado deste proceso, a responsabilidade do ordenamento territorial e urbanstico pasa a
residir, no fundamental, en Galicia.
Esta etapa recente supuxo, asimesmo, a construcin de
novas infraestruturas e a dotacin de importantes equipamentos culturais, educativos e sanitarios nas nosas vilas
e cidades, actuacins financiadas por orzamentos locais
e autonmicos e a contribucin de fondos europeos.
Non obstante, os resultados no tocante ao urbanismo e
conservacin e ordenacin da nosa paisaxe e territorio
distan de ser satisfactorios.
A ocupacin indiscriminada de paisaxes agrarias e costeiras,
a excesiva densificacin de cidades e vilas, o abandono,
destrucin e falta de proteccin dos ncleos histricos e o
caos urbano, son os principais motivos de preocupacin.
A estas prcticas non son alleos os problemas derivados
do crecemento incontrolado e dos fluxos de poboacin que
se estn a producir. Non de estraar que a conxestin do
trfico ou a mala calidade do transporte pblico se tean
convertido en motivos de fonda preocupacin cidad.
Anda as, nos ltimos anos son perceptibles no noso
pas exemplos de boa xestin municipal, respaldada pola
cidadana, que demostran que na Galicia de hoxe pode
existir potencial de creacin sen destrucin.
Propostas e actuacins coma as de Allariz e Santiago,
que acadaron recoecemento internacional como boas
prcticas urbanas, poen de manifesto que o respecto
a identidade non incompatible coas formas contemporneas de arquitectura e urbanismo.
Pero estes resultados s son posibles se existe unha visin
planificada e de conxunto, unha valoracin do construdo
e unha decidida concepcin do valor dos espazos pblicos
e do patrimonio cultural na construcin da cidade de hoxe,
un espazo que non pode ser entendido s como un mero
amoreamento de construcins destinadas a dar solucins
ao problema da vivenda.
As as cousas, vn sendo urxente a superacin de
limitadoras concepcins localistas, que ao fragmentar e
7

MATERIAL AUDIOVISUAL

PROXECTOTERRA

parcelar un territorio plenamente interrelacionado, non dan


verdadeiras solucins aos problemas dos cidadns.

A eurorrexin Galicia - Norte de Portugal


Por outra banda, non se debe ignorar que o desenvolvemento das cidades est a artellar espacialmente o
conxunto do pas e o mecanismo que funciona como
motor de crecemento econmico.
Convn, as mesmo, prestar a debida atencin
consolidacin dun sistema de cidades e rexins urbanas
que percorre a dorsal atlntica dende Ferrol a Vigo e
Tui, alongndose de xeito semellante at Porto, aln do
Mio.
Este espazo xeogrfico, cultural e econmico constite a
Eurorrexin formada por Galicia e o Norte de Portugal.
Cunha poboacin superior a seis millns de habitantes,
similar de Catalua, esta Eurorrexin conta cun sistema
policntrico de grande dinamismo, nucleado por diferentes
cidades arrodeadas de periferias difusas, que dotan a todo
o conxunto dunha grande continuidade espacial.
No espazo xeogrfico portugus desta Eurorrexin,
pdense identificar tamn algns dos elementos da
identidade territorial galega, anteriormente subliados:
- Morfoloxa atlntica;
- Estratos sucesivos de poboamento castrexo, romano
e medieval;
- Presenza dominante das pequenas aldeas, freguesas
e parroquias;
- Cativeza das cidades;
- E carcter serodio da urbanizacin.
No Noroeste peninsular ningunha cidade, nin sequera
Porto, se pode postular coma a nica grande metrpole.
Hoxe en da, a idea da xestin coordenada da rede
de cidades da rea vaise conformando como unha
clara alternativa de futuro. Todas elas, conxuntamente,
constituiran a grande metrpole do Noroeste.
Ante esta nova realidade, acadar un anovador ordenamento
do territorio precisar, tamn, doutros esforzos:
- Saber valorar os pequenos ncleos existentes pondoos en relacin cos grandes.
- Procurar a axeitada integracin das periferias difusas,
antes rurais, nas cidades compactas.
- E intentar captar as pegadas da nosa identidade territorial
procurando reinterpretalas dun xeito modernizador.

Todos eles son exemplos da inescusable tarefa que


temos por diante para sentar as bases dunha necesaria
racionalizacin do noso xeito de ocupar o territorio.

IDENTIDADE TERRITORIAL

You might also like