You are on page 1of 3

AS TEXTURAS

Chamamos texturas as cualidades das superficies das cousas que podemos


percibir coa vista ou co tacto. As podemos clasificar do seguinte xeito:

SEGUNDO A SUA ELABORACIÓN:


• Naturais: se existen na natureza e non están feitas polo home. Por exemplo,
a corteza dunha árbore, a pel da froita, a superficie dunha rocha, a superficie
dun pétalo dunha rosa, etc.
• Artificiais: se están feitas polo home. Por exemplo, o tecido da roupa, o
papel, o cristal, o tixolo, etc.

SEGUNDO O SEU ASPECTO:


• Visuais: se non teñen rugosidade e percíbense so coa vista, ainda que nos
recorden características que teñen que ver co tacto, como a fotografía da
superficie dunha rocha.
• Táctiles: se teñen relieve e pódense percibir coa vista e co tacto, producindo
os cambios de luz variacións na sua apariencia. Por exemplo, a superficie dun
tellado.

PRÁCTICA Nº : AS TEXTURAS. O FROTADO


Recolle texturas de superficies rugosas naturais e artificiais mediante a técnica do
frotado1. Debes empregar o lapis grafito, os lapis de cores ou as ceras. Cando teñas
unha cantidade suficiente de mostras realiza unha colaxe2, podendo rasgar os
papeis coas mans, e combinando as cores e as diferentes texturas e formas dos
papeis, atopando a maior expresividade posible.
Mellor debes encher toda a superficie da lámina sen deixar ocos, podendo
superpoñer parcialmente uns trozos de papel sobre os outros.

1
A técnica do frotado consiste en colocar sobre unha superficie calquera un papel e frotar sobre el cun
instrumento de debuxo axeitado.
2
A técnica da colaxe fundaméntase en empregar distintos anacos de diversos materiais que combinados
compoñen unha imaxe.
PRÁCTICA Nº : AS TEXTURAS VISUAIS
Dividir a lámina en seis cadriláteros de 105x93mm. Realizar sobre eles unha serie
de texturas visuais empregando signos gráficos3. Debedes texturizar a superficie
enchéndoa uniformemente seguindo traxectorias horizontais, verticais ou oblicuas.
Trátase de crear efectos expresivos distintos: ben polo tipo de instrumental
empregado ou ben polo cambio de presión da man sobre o papel.
Nos dous últimos recadros reproduce mediante liñas unhas texturas
parecidas aos exemplos coas letras K e L.

Os materiais: lapis brando de grafito, lapis de cor negra, cera negra ou rotulador
negro.

De seguido tedes uns exemplos (fixaros no degradado conseguido no exemplo S).

3
Signo gráfico: na linguaxe plástica o signo é un punto, unha liña, un trazo do lapis sobre o papel, do pincel
sobre o lenzo, do dedo sobre a arxila; noutras palabras, a pegada feita para expresar ou representar algo.
Poderíamos definilo como o trazo ou figura moi simple feito con calquer instrumento sobre unha superficie.
Cando o empregamos de xeito repetitivo creamos as texturas visuais.
PRÁCTICA Nº : TEXTURIZACIÓN DUN DEBUXO ESQUEMÁTICO

Dividir a lámina en seis cadriláteros de 105x93mm. Reproducir co lapis en cada un


deles a mesma imaxe sen a mínima variación, polo cal esta imaxe deberá ser moi
sinxela. De seguido, aplicarédeslle textura unicamente á figura (imaxe debuxada),
deixando sen texturizar o fondo, que quedará plano. Tanto na figura como no fondo
podedes empregar as cores que dexesedes. O material máis axeitado serán os
rotuladores ainda que podedes empregar lapis de cores. De seguido, tedes un
exemplo.

You might also like