You are on page 1of 4

GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA CORUÑA


ÁREA DE INDUSTRIA E ENERXÍA
C/ Duran Loriga, 9-5º
15701 – A CORUÑA

Mª Teresa García Guillán con DNI nº 78780289E, domiciliada en Mirandela, 119,


15940 A Pobra do Caramiñal. Concelleira do Grupo Municipal Socialista (PSdeG-
PSOE), no concello de A Pobra do Caramiñal, e en representación do mesmo, a este
órgano me dirixo e como mellor proceda en dereito.

EXPÓN:

Mediante anuncio da Área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia


polo que se somete a información pública o Estudio de Impacto Ambiental, a solicitude
de autorización administrativa, de aprobación do proxecto de execución e de
recoñecemento, en concreto, de utilidade pública do proxecto “Gasoducto de Transporte
Básico a Comarca do Barbanza” e as súas instalacións auxiliares. A este anuncio
poderase interpoñer alegacións ó mesmo, sendo remitido ós Concellos afectados.

En dito anuncio di que se somete a información pública o Estudio de Impacto


Ambiental, estudio que nós non encontramos no proxecto que o Concello da Pobra do
Caramiñal nos facilitou. Ca mesma documentación observamos que non aparece o
orzamento previsto para os bens afectados polas expropiacións.

En definitiva, bótase a faltar a concreción do proxecto polo que decidimos


presentar alegacións ó mesmo.

ALEGACIÓNS

1.- O valor do territorio.

Con data 8 de xaneiro de 2009, e por consenso de tódolos grupos políticos


municipais: PP, BNG e PSdeG-PSOE, naquel entón, acordamos apoiar ó proxecto do
Gasoducto da Comarca do Barbanza e realizar alegacións ao mesmo, as cales, polo seu
contido, son válidas na actualidade.
Se dicía que “ estamos concienciados da necesidade e adianto que tal
subministro ocasionaría para a zona do Barbanza, pero o mesmo debe realizarse
ocasionando o mínimo dano posible ós administrados. Observase como ó adentrarse no
concello de A Pobra do Caramiñal se producen picos de separación do trazado do
proxecto do gasoducto da liña que segue a discorrer da Autovía e se adentra en fincas”.
Existen núcleos rurais afectados como a Tomada, o Freixo e Batán donde ao non
utilizar a canalización do gasoducto os camiños de servicio da Autovía do Barbanza
invaden as propiedades dos particulares.

Este impacto sobre a poboación ten efectos de caracter directo e inducido sobre a
estructura territorial, alterando espectactivas urbanísticas entre os afectados pola
expropiación.

2.- O proxecto e o medio ambiente.

O proxecto sometido a exposición pública non conta co Estudio de Impacto


Ambiental, tal e como corresponde a este tipo de solicitude de autorización
administrativa.

É un principio constante en tódolos programas de acción da Comunidade


Europea en materia de medio ambiente a consecución do obxectivo de evitar nos
orixines as perturbacións e contaminantes que podan derivarse do exercicio de certas
actividades, máis que combater os efectos negativos que producen; para elo é necesario
ter en conta a priori as incidencias que podan derivarse dos procesos técnicos de
planificación e de decisión, de tal maneira que non se execute ningunha actividade que
conleve incidencias notables, sen que previamente se realizara un estudio avaliador das
mesmas.

No ordenamento interno español, a Constitución, no art.. 45, impón ós poderes


públicos a defensa do medio ambiente, e no seu art.. 9 esixe así mesmo que faciliten e
posibiliten a participación de tódolos cidadáns na vida económica, cultural e social; este
dobre mandato constitucional implica, na liña exposta pola Comunidade, que en materia
de medio ambiente, hase de prever como mellor defensa e os sistemas de prevención
serán elaborados sobre a base dunha ampla participación.

As avaliacións de impacto ambiental constitúen unha técnica xeneralizada en


tódolos países industrializados, recomendada de forma especial polos Organismos
internacionais e singularmente polo PNUMA, OCDE e CEE, que reiteradamente, a
través dos programas de acción, as recoñeceron como o instrumento máis adecuado para
a preservación dos recursos naturais e a defensa do medio ambiente.

Según menciona o art.. 149.1.23 da CE, o Estado ten competencia exclusiva para
dictar “lexislación básica” en materia ambiental. Tal lexislación básica debe ser
respectada por tódalas Administracións Públicas, e concretamente, polas
Administracións das Comunidades Autónomas e polas Administracións Locais.

O Estado dictou un Regulamento que contempla o Real Decreto Lexislativo


1302/1986 de 28 de xuño, de Avaliación de Impacto Ambiental (BOE nº 155, de
30/06/86) se contemplan as instalacións de gasificación.

En consecuencia. Tendo presentes os principios comunitarios xunto ó espírito


recollido na Constitución; en cumprimento do ordenado na mesma, é necesario realizar
un Estudio de impacto ambiental de todo o Proxecto, pois a Avaliación de Impacto
Ambiental, lonxe de ser un freo ó desenrolo e ó progreso, supón e garantiza unha visión
máis completa e integrada das actuacións sobre o medio en que vivimos, unha maior
creatividade e inxenio, unha maior responsabilidade social nos proxectos, a motivación
para investigar en novas solucións tecnolóxicas e, en definitiva, unha maior reflexión
nos procesos de planificación e de toma de decisións.

Pola cantidade de zona previsiblemente afectada debe realizarse un inventario de


flora e fauna e zonas de interese ecolóxico. Non existe unha sola mención a estes temas.

3.- Descrición do proxecto e as accións.

O proxecto afecta a unha gran extensión de terreo, tanto durante a realización


como posteriormente. Non haberá soamente unha gran remoción do chan (incluso
pérdida de terra vexetal), senón unha ocupación de instalacións auxiliares (durante a
obra), así como a afección sobre ladeiras, regos, conduccións, ríos, etc.. Poden demoler
e executar calquera tipo de obra.
Non se explica a localización do proxecto, accións susceptibles de producir
impactos, materiais a utilizar (serán necesarios aportes de terra), recursos naturais, tipos,
cantidades e composición de contaminantes xerados e emitidos, así como a forma de
tratalos.

No estudio non se teñen en conta tódalas fases do proxecto, limitándose a


solicitude de autorización para a construcción de forma directa, sen analizar as
consecuencias da obra e posta en funcionamento da actividade e faltando as
correspondentes a elaboración e redacción do proxecto e abandono da actividade.

4.- Orzamento para as expropiacións.

É obvio que os particulares afectados e que aparecen na relación concreta e


individualizada de bens e dereitos afectados pola servidume de paso, coñezan o valor do
seu predio. É de xustiza dar a coñecer o orzamento dedicado para as expropiacións, o
proxecto fai referencia ás persoas afectadas, a superficie en m2 e os datos catastrais das
parcelas pero non consta ningunha partida económica ca que se expropiarán os seus
bens.

5.- Conclusións.

Os Socialistas da Pobra, estamos de acordo cun desenrolo ordenado e ca


implantación do gas natural na comarca do Barbanza, pero sen esquecernos que vai a
afectar a unha gran extensión de territorio co cal debemos ser extremadamente
coidadosos.

Lonxe de poñer freo ó desenrolo e ó progreso intentamos aportar unha visión


máis completa e integrada da actuación proxectada, así como garantir unha maior
reflexión nos procesos de planificación e de toma de decisións.

É fundamental identificar e valorar os impactos que a actividade proxectada


puidera ocasionar ou inducir, e que se describan as medidas correctoras oportunas e se
estableza o conseguinte programa de vixilancia. Non deben desprezarse diversos
aspectos, senón ser rigorosos e non facer valoracións que non podan xustificarse. Para
poder coñecer os impactos é necesario coñecer a súa orixe e determinar sobre qué factor
ou factores do medio actúan..

Por todo isto,

SOLICITO:

Que por presentado este escrito, o admita, e por formuladas as ALEGACIÓNS que
constan no seu corpo, previos os trámites que ordena a Lei, se dicte resolución. pola
que se modifique o trazado proposto no proxecto do Gasoducto de Transporte Básico a
Comarca do Barbanza, nas zonas onde non discorre en paralelo a Autovía do Barbanza.

Pobra do Caramiñal, a 12 de maio de 2010

Asdo..- Mª Teresa García Guillán

You might also like