You are on page 1of 7

A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL E AS SÚAS CONSECUENCIAS

INTRODUCIÓN
A Segunda Guerra Mundial foi o conflito máis brutal e devastador do s.XX.
Trátase ademais dunha guerra total xa que a sociedade civil foi a súa vítima
principal. É ademais unha guerra ideolóxica entre fascismo e democracia e
socialismo. Puxo a economía, a ciencia e a tecnoloxía ao servizo das necesidades
bélicas.
O seu desencadeante foi o expansionismo nazi, desenvolvido grazas á
inestabilidade e rancor derivados do Tratado de Versalles pero impulsado tamén pola
crise de 1929 e a incapacidade das democracias europeas para frealo.

1.-CAUSAS DO CONFLITO
Cómpre diferenciar ente as causas inmediatas e as causas remotas. As
primerias fan referencia fundamentalmente á política de forza desenvolvida polos
Estados autoritarios dende comezos da década de 1930:
a)En Asia, Xapón eríxese como gran potencia desenvolvendo unha política
expansionista a costa de China. Para dar saída á crise económica, Xapón opta
por crear un “espazo vital” propio dominando Asia Oriental. Alí podería
extraer materias primas e colocar exportacións ao tempo que esta política
expansionista impulsaría a economía ao fomentar o desenvolvemento da
industria armamentística. En 1931 ocupa a península de Manchuria e en 1937
inicia a invasión de China. Tras a invasión de Manchuria abandona a
Sociedade de Nacións.
b)En África, Italia ocupa Etiopía (1935) para ampliar o seu imperio colonial.
Abandona a Sociedade de Nacións.
c)En Europa:
1.-Alemaña inicia unha política de expansión territorial para crear un
grande imperio coas terras habitadas polos pobos xermánicos.
-Abandona a Sociedade de Nacións.
-1935 anexiona o Sarre.
-1935 inicia o rearmamento de Alemaña (servizo militar obrigatorio e
creación dunha forza aérea).
-1936 remilitariza Renania.

1
-1938 ocupa Austria e o territorio dos Sudetes en Checoslovaquia.
–1939 Checoslovaquia acaba desaparecendo como Estado
independente (protectorado alemán).
2.-Italia invade Albania en 1939.
3.-Alemaña e Italia interveñen na Guerra Civil española facilitando
armamento e soldados.
Mais as causas profundas da II G.M. hai que buscalas na orde internacional
xurdida tras a Gran Guerra:
a)Desexo de vinganza, derivado do Tratado de Versalles (1919). Os termos de
paz, lonxe de crear un clima de reconciliación, foron considerados humillantes
e fomentaron o resentimento. A paz en realidade é ficticia.
b)Crise de 1929: os seus efectos negativos favoreceron o xurdimento dos
fascismos, pois a súa defensa do expansionismo militar e da autarquía
implicaba o desenvolvemento da economía nacional.

2.-ALIANZAS E ESTALIDO DA GUERRA


Ante a política agresiva dos réximes autoritarios, as democracias empeñáronse
en se manteren á marxe e en preocuparse dos seus problemas internos. A debilidade
das democracias e o fracaso da Sociedade de Nacións para frear o expansionismo
fascista estimulou o seu belicismo, sobre todo o alemán. En 1938 celebrouse a
Conferencia de Múnic para frear as aspiracións alemás, sen éxito.
A política expansionista dos fascistas apoiouse nunha serie de tratados
internacionais de apoio mutuo.
-Eixe Roma-Berlin: tratado asinado por Alemaña e Italia en 1936 e renovado
no 1939 co nome de Pacto de Aceiro.
-Pacto Anticomintern (1936): Alemaña e Xapón contra Rusia, que tiña
aspiracións en China. Recoñécese a ocupación xaponesa de Manchuria. En
1937 únense a este pacto Italia, a ditadura húngara e a España Franquista
-Pacto Xermano-Soviético de non agresión (1939): Alemaña-Rusia.
Consistiu en asegurar a neutralidade rusa en caso de se producir un coflito
occidental a cambio de repartirse Polonia e recoñecer o control da URSS sobre
Finlandia, Estonia, Letonia e Lituania.
-Alianza Francia, Gran Bretaña, Polonia (1939): comprometíanse a ir á
guerra en caso de que as aspiracións alemáns afectasen a Polonia.

2
Unha vez asegurada a neutralidade da URSS, Hitler reclama a cidade de
Danzig, en Polonia, habitada por alemáns. Ademais manifesta a súa intención de
construír unha autoestrada e un ferrocarril a través do corredor polaco para unir
Alemaña Occidental con Prusia Oriental. A negativa do goberno polaco foi a excusa
de Hitler para iniciar a invasión de Polonia o 1 de setembro de 1939. Daquela, os
aliados, Francia e Gran Bretaña, decláranlle a guerra a Alemaña.

3.-FASES DA GUERRA (1939-1945)


1.-Guerra lóstrego:
-Novo tipo de ofensiva bélica baseada na sorpresa e na rapidez de
movementos.
-Combinaba a acción das divisións acoirazadas coa aviación.
-Perseguía a destrución do inimigo e a devastación das súas infraestruturas.
-Setembro de 1939: ocupación de Polonia (dividida entre Alemaña e Rusia
segundo o acordo xermano-soviético).
-1940: conquista de Dinamarca, Noruega, Holanda e Bélxica (ocupadas en 48
horas) e Francia (a ocupación dividiu o país en dúas zonas: a do Norte, baixo
dominio directo de Alemaña, e a do Sur, un Estado monicreque
colaboracionista con Alemaña –Francia de Vichy-).
A ocupación nazi tiña como finalidade o sometemento dos territorios europeos en
benefico de Alemaña: a industria reordenouse en función dos intereses alemáns,
fixéronse requisas forzosas de produtos de primeira necesidade, obrigouse a
traballadores a desprazarse a Alemaña. Estendeuse o terror e a represión sobre a
poboación sometida e, moi especialmente, sobre os resistentes (organizouse unha
Resistencia clandestina).

2.-Batalla de Inglaterra
No verán de 1940 só Gran Bretaña constituía un perigo para Alemaña. Hitler
decidiu levar a cabo a batalla de Inglaterra, que prevía o bombardeo do país e a súa
posterior ocupación por mar. Iniciáronse brutais bombardeos sobre obxectivos
militares e poboación civil ata que a aviación británica conseguiu repeler o ataque. A
nova estratexia alemá foi decretar o bloqueo marítimo de Gran Bretaña (Batalla do
Atlántico), mais os británicos resistiron grazas á axuda dos EE.UU.

3
Ao mesmo tempo, en África, o Afrikakorps (tropas alemás en África)
conquistou o norte de África (1940), mentres que no Mediterráneo dende Albania
Mussolini inicia a invasión de Grecia e Iugoslavia, que caen baixo dominio fascista en
1941.

3.-Operación Barbarroxa e batalla de Leningrado


En xuño de 1941 iníciase a campaña de Rusia co obxectivo de destruír o
réxime bolxevique (comunista), obter alimentos, minerias e petróleo. O ataque foi
rápido e tivo tres frontes: Leningrado ao Norte, Moscova no centro e Ucraína no Sur.
A resistencia soviética foi heróica. Leningrado resistiu tres anos e acabou coa derrota
alemá. Foi a primeira e marcou o declive dos nazis no continente europeo.

4.-A guerra no Pacífico


En decembro de 1941, sen previa declaración de guerra, a aviación nipona
ataca a base aérea estadounidense de Pearl Harbour e inicia a ofensiva contra
Filipinas, Sangai e Tailandia. Estes feitos abriron á guerra á Asia Oriental. A guerra
no Pacífico tivo como protagonistas a mariña e a aviación xaponesa e estadounidense.

5.-Triunfo Aliado e fin da guerra


No verán de 1942 a situación da guerra virou en favor dos aliados:
-No Pacífico, EE.UU. frean as aspiracións xaponesas (batalla de Midway).
-En África, os británicos frean aos alemáns (batalla de El-Alamein).
-En Rusia, os soviéticos vencen aos alemáns (batalla de Estalingrado).
A partir deste momento os aliados inician a ofensiva mentres que o Eixe
adopta unha estratexia defensiva.
-Inícianse bombardeos masivos sobre cidades alemás.
-Éxitos da Resistencia antifascista nos territorios ocupados (Albania,
Iugoslavia)
-Desembarco aliado en Sicilia para levar a cabo a campaña de Italia.
-Avance do exército roxo soviético dende o Leste: liberan Romanía, Bulgaria,
Hungría, Polonia, Austria, Checoslovaquia...
-Desembarco angloamericano en Normandía (6 xuño de 1944) permite a
entrada en Europa de numerosos soldados e vehículos que avanzan dende o
Oeste.

4
Hitler acabou suicidándose o 30 de abril e a principios de maio Alemaña asina
a rendición incondicional do III Reich.
En Asia os xaponeses continuaban combatendo e o avance estadounidense era
lento pola resistencia nipona (kamikazes suicidas). A rendición xaponesa non se
albiscaba de forma inmediata e daquela, o novo presidente de EE.UU. (Truman)
decidiu utilizar unha nova arma: a bomba atómica sobre Hiroshima e Nagasaki (6 e 9
de agosto de 1945). O 2 de setembro Xapón capitula. A guerra rematara.

4.-AS CONSECUENCIAS DA GUERRA


a)Dende o punto de vista demográfico:
-Máis de 50 millóns de mortos, dos cales a metade corresponderon á URSS,
seguida de Alemaña e Polonia. A maioría das vítimas eran civís (bombardeos
da retagarda, represalias sobre a poboación, xenocidio de determinados
colectivos, fame...).
-35 millóns de feridos e 3 millóns de desaparecidos.
-Elevado número de vítimas indirectas, aínda por determinar, tras 1945 por
mor da desnutrición, as feridas e as irradiacións.
-Desprazadmentos de poboación na inmediata posguerra vinculados á
liberación de prisioneiros e de traballadores forzosos que voltaban aos seus
países de orixe (30 millóns de europeos aproximadamente).

b)Dende o punto de vista económico:


-Importantes destrucións materiais nos países escenario de guerra: cidades,
vilas, vías de comunicación, instalacións industriais... Pillaxe, práctica da terra
queimada que reduciu a capacidade produtiva do campo.
-Importante crecemento da riqueza dos países que non foron escenario bélico:
Canadá, Australia, EE.UU., converténdose en subministradores.

c)Dende o punto de vista moral:


-Trauma sobre o conxunto da poboación por:
-Coñecemento dos campos de concentración e da política de terror
nazi.
-Consecuencias da bomba atómica.
-Barbarie das accións bélicas (masacres soviéticos en Polonia).

5
-Os vencedores impulsaron a creación dun tribunal internacional que xulgase
os crimes contra a humanidade cometidos durante o réxime nazi. O xuízo de
Núremberg sentou no banco dos acusados a 21 dirixentes nazis, 19 dos cales non
admitiron ningunha responsabilidade nin amosaron arrepentimento. Este tribunal
sentou precedente para que no futuro non quedasen impunes os actos criminais
cometidos por xefes de Estados, altos cargos militares ou dirixentes do goberno.

5.-A ORGANIZACIÓN DA PAZ


A organización da paz foi tratada nunha serie de conferencias polos Aliados
(EE.UU., Gran Bretaña e URSS). Salientan as seguintes:
1.-Conferencia de Ialta (febreiro de 1945, aínda non rematara a guerra):
-Decídese a desnazificación de Alemaña e a súa división en catro partes, ao
igual que a cidade de Berlín (Francia entra no reparto).
-Creación dunha comisión de reparacións que avaliase os pagamentos de
Alemaña ás súas vítimas.
-Celebración de eleccións democráticas nos países liberados.
2.-Conferencia de Postdam (xullo-agosto 1945):
-Devolución de todos os territorios europeos anexionados por Alemaña.
-Desmantelamento da industria militar.
-Proceso de castigo dos líderes nazis (xuízo de Núremberg).
-Unidade de Alemaña baixo tutela dos Aliados.
-División de Berlín en catro zonas cun goberno interaliado.
-Establecemento das novas fronteiras de Polonia.
Nesta conferencia púxose de manifesto o enfrontamento entre Stalin e Truman
(comunismo e capitalismo), acusándose mutuamente de querer aproveitar a paz para
aumentar a súa influencia en Europa.
3.-Conferencia de París (1946):
-Elaboración de tratados de paz cos aliados dos nazis: Italia, Romanía,
Bugaria, Hungría e Finlandia.

Alemaña nunca asinou un tratado de paz, senón que foi reanudando


progresivamente as súas relacións cos aliados.

6
6.-CREACIÓN DA ONU
A necesidade de crear un organismo que substituíse á desprestixiada
Sociedade de Nacións formulouse entre os aliados xa no anos 1941, pero non foi até a
Conferencia de San Francisco (1945) cando se aprobou a Carta da Organización das
Nacións Unidas. Adheríronse 46 Estados fundacionais.
Os seus principios son:
-Manter a paz e a seguridade internacionais.
-Rexeitamento da forza.
-Cooperación económica entre países.
-Non inxerencia nos asuntos internos de cada nación.
-O dereito dos pobos a dispoñeren de si mesmos (dereito de
autodeterminación).

Organízase nas seguintes institucións:


-Asemblea Xeral, da que forman parte e teñen voto todos os Estados
membros. Emite recomendacións.
-Consello de Seguridade, integrado por varios Estados, 5 permanentes e con
dereito de veto (EE.UU., Francia, Gran Bretaña, URSS e China) e o resto
elixidos pola Asemblea. Ten a capacidade de transformar as recomendacións
da Asemblea en decisións.
-Secretario Xeral, escollido pola Asemblea a proposta do Consello de
Seguridade por un período de cinco anos.
-Consello Económico e Social, coordina comisións encargadas de problemas
específicos (Dereitos Humanos, UNICEF, ACNUR)
-Tribunal de Xustiza Internacional na Haia.

You might also like