You are on page 1of 2

TAREFA Nº 7

Investigación de aula sobre a educación ó longo do século XX,


incidindo na diferenza existente entre mozos e mozas.

A investigación que propoñeremos ós alumnos terá como obxectivo


fundamental o de establecer as diferenzas fundamentais que existe
entre a educación nas diferentes etapas do século XX en Galicia e
hoxe. Tamén se fará unha análise das diferenzas en canto á
educación segundo o sexo dos alumnos e establecer unha diagnose
social que explique o rol do home e da muller ó longo do século XX.

O nivel ó que se lle propoñerá a investigación será o de 4º da ESO. E


importante salientar que neste nivel académico os rapaces xa son
quen de reflexionar sobre os cambios sociais que tiveron lugar ó
longo do século XX no contexto da educación galega. Ademais disto,
coido que é unha idade na que se pode facer un traballo
minimamente serio e rigoroso, xa que en etapas anteriores sería
moito mais difícil aplicar o método científico e facelo entendible.

Situaremos esta actividade no 3º trimestre do curso de historia de 4º


da E.S.O., mais concretamente nas unidades didácticas
correspondentes á II Républica, A Guerra Civil española e o
franquismo. Polo tanto podemos deducir que ocuparía todo o
trimestre e pola súa complexidade sería a única actividade a entregar
polo alumnado.

A investigación basearase no método da confección de enquisas e


despois se fará unha análise dos datos obtidos a través de fontes
bibliográficas e censais. Se farán unha serie de estatísticas para
poder reflectir mellor a análise e plasmarase os datos absolutos e
relativos en gráficas para unha mellor e mais rápida compresión dos
datos.

A investigación mediante enquisas estenderase a suxeitos de varios


grupos de idade e sexo para que podan explicar as diferentes
realidades da educación segundo a época do século XX que lle tocara
vivir a cada enquisado en idade escolar e a súa realidade social.

Se fará unha reflexión sobre o rol que tivo a educación no futuro dos
nenos e nenas nas diferentes épocas e o seu papel na sociedade.

Cabe salientar que a investigación contará con varias partes ben


diferenciadas e que darán unha serie de datos que terán que ser
clasificados e cuantificados.

• Faremos unha división do século XX EN 4 épocas diferentes


-Antes de 1936 (a escola da república )
-Entre 1936 e 1956 (a escola da guerra civil e a posguerra)
-A partir de 1956 ata 1975(a escola do desenvolvemento
económico)
-A partir de 1975 (a escola da transición)
• As diferenzas entre a escola pública e privada en cada unha das
épocas anteriores e si existía unha distinción sexista nesa
elección ou especialización das escolas por sexos
• O tipo de material escolar e se existía algunha diferenza entre
os cativos e as cativas
• Diferenzas entre a educación dos homes e as mulleres (que
carreiras universitarias estudaban os rapaces e rapazas) ou se
tiñan actividades complementarias diferentes entre nenos e
nenas.

You might also like