You are on page 1of 3

Estimados país/nais do IES Fraga do Eume: Pontedeume 3-6-2010

Mandámosvos unhas liñas para facervos partícipes do acontecido na Asemblea que celebramos
o pasado martes día 1 de xuño no centro escolar. Destacamos a escasa participación dos
pais/nais, pero agradecemos enormemente a presenza e ton colaborador dos/as alí presentes.

Comezamos tratando os seguintes temas:

1.-Coméntase o caso da desaparición dalgúns libros nas aulas. Nun caso concreto, dito libro
apareceu posteriormente, pero os pai/nais comentan que non terían porque ser eles quen o
pagasen, pois desapareceu durante a xornada escolar, dentro do centro. Preguntámonos ¿ de
quén é a responsabilidade?

2.-Proponse sacar para o seguinte Consello Escolar, o tema das “actitudes de certos
profesores na aula”, e “as medidas que toma o centro” fronte a este tema. Faremos un
escrito para metelo por rexistro no centro.

3.-Falamos de propor ó centro que chegue a un acordo referente á promoción do alumnado de 2º


de Bacharelato cunha materia pendente (mes de xuño e setembro), similar aos acordos tomados
en outros centros, tanto de Galicia coma do resto do Estado (incluso a nivel universitario).

Os prexuízos para estes alumnos/as poden condicionar de xeito negativo o seu futuro, tanto
como non poder estudar o que queren porque en setembro xa non queden prazas. Acordamos
tamén achegar este tema á xuntanza do xoves co Sr. Inspector.

4.-Tratamos o Plan de Convivencia, explícase en que consiste. Falamos do mal funcionamento do


observatorio de convivencia durante estes anos, do tipo de cuestionarios que utilizou o centro,
os que proporía a Anpa (pois enfocamos as preguntas doutro xeito). Das presas a última hora
sen unha participación real nin das familias nin do alumnado, do que estivemos estudando e das
propostas que queremos facer, da entrevista co equipo directivo respecto a este asunto. O
equipo directivo aínda que aumentaron o prazo de presentacións de propostas ata o día 15 de
xuño segue a parecernos insuficiente. Acordamos neste punto tamén falar deste tema co Sr.
Inspector.

5.-Queremos que se cree un procedemento de rexistro no que os titores formalicen as queixas


do seu alumnado e que haxa uns mecanismos de resposta . Este procedemento fomentaría a
participación responsable do alumnado, e o centro coñecería cales son os problemas ou
conflitos que están a sufrir o alumnado.

6.-Tamén falamos da pouca accesibilidade de algúns profesores na secundaria respecto aos pais-
nais. Non é fácil acceder as veces a outros profesores que non sexan os titores do alumno-a.

7.- Pais e nais observan a dificultade que as veces teñen para poder ver exames dos seus
fillos.Piden maior facilidade para ver exames.

8.-Os pais non entendemos porque en educación física non se avisa a principio de curso dos
materiais que van a ser necesarios (patines, accesorios) pois non todas as familias poden
dispoñer, dos cartos suficientes para poder compralos no momento en que se van a utilizar, xa
que require unha importante inversión.
9.-Recordamos que está próximo o Festival Fin de Curso, onde esperamos a asistencia do
maior nº de pais/nais posíbeis , e así poder disfrutar das actuacións do grupo de Teatro, do grupo
de Canto e dun Dj, que actuará como fin de festa, na celebración da graduación do alumnado de
4º de ESO. Agardamos a presenza de todos-as.

10.-Falamos da boísima aceptación das mesas de Ping-Pong, cedidas polo Concello de


Pontedeume ata final do curso. Agradecemos publicamente este préstamo.

11.-Co tema do plurilingüismo, ninguén quere significar nada, coméntase que para o ano que
ven, queren poñer as materias de: matemáticas, física e química , e tecnoloxía en castelán, as
demais en galego.

12.-O tema do aparcadoiro, non ten fácil solución. Damos por feito de que o van a utilizar aínda
que no Consello Escolar non saíu aprobado. Temos o apoio do Inspector, mentres a Consellería
prefire que sexa o Concello quen se entenda co Instituto .

13.-Finalmente, destacamos os resultados de 2º de Bacharelato en lingua castelá. É unha media


moi baixa de aprobados e con notas sen ser excesivamente altas. Reiteramos que 2º de
bacharelato é un curso delicado, no que se xogan moitos futuros, de moitos rapaces, mellor ca
nós o di Santos Guerra, un especialista en avaliación:

P.D.: Nos gustaría terminar a modo de reflexión y conclusión con las siguientes palabras de Santos
Guerra referidas a la evaluación.

“Las pautas de evaluación han cambiado a lo largo del curso de la historia, así como las de
aprendizaje. Las exigencias actuales apuestan por un proceso de enseñanza/aprendizaje que abogue
por el desarrollo de las personas en la medida que aprender no es copiar o reproducir la realidad.
Construir, de todos modos, no significa inventar. La evaluación efectiva estará focalizada en la
construcción del conocimiento, estimulando una práctica reflexiva y una multiplicidad representativa
de la realidad, así como evitando la simplificación de los problemas. La evaluación, en base a los
criterios expuestos y esbozados, debe ayudar al acto de aprender, verificando si el estudiante
adquiere o no los procedimientos intelectuales necesarios para la resolución de problemas. En ese
sentido, los instrumentos de evaluación deberán ser capaces de captar el potencial y esfuerzo
continuo de los estudiantes, enfocado hacia el estudio y sus métodos cognitivos. El modo de
adquisición de habilidades necesarias para enfrentar con éxito el futuro profesional radicará en la no
exclusión de los alumnos, a pesar de que vivamos en una sociedad tendente al individualismo y
basada en sistemas de competición.”

Ata aquí chegamos e esperamos haber transmitido as dúbidas, respostas e anhelos,


de tódolos pais/nais integrantes deste centro. VÉMONOS PRONTO E : “ UN SAÚDO
DAS COMPOÑENTES DA ANPA: AS FRAGAS

You might also like