You are on page 1of 5

Grao en Educación Social Proposta do Comité

Quintín Álvarez Núñez


Facultade de Ciencias da Educación
Belén Caballo Villar
Universidade de Santiago de Compostela
José Antonio Caride Gómez
María Jose Méndez Lois

Perfil formativo e profesional do título de Grado en Educación Social


O título de Grado en Educación Social, impartido pola Universidade de Santiago de
Compostela, debe capacitar aos seus estudantes para o desenvolvemento profesional
autónomo dos coñecementos científicos e dos principios de acción necesarios para a
comprensión, interpretación, análise e intervención educativa en distintos contextos
institucionais e sociais, contribuíndo á formación integral das persoas e á mellora da súa
calidade de vida.

Neste sentido, proporciona as destrezas, actitudes e habilidades básicas que se precisan para o
deseño, xestión, intervención e avaliación dos recursos, plans, programas e proxectos de
natureza socioeducativa que afectan a vida cotiá das persoas, individual e colectivamente, con
especial énfase en procesos ou realidades xeradores dalgún tipo de dependencia, risco ou
dificultade social. Asumindo a necesidade de promover e desenvolver prácticas educativas
que se estendan ao longo de todo o ciclo vital, en diferentes espazos e tempos sociais, o seu
labor profesional concretarase en tarefas e funcións que favorezan a incorporación, inclusión e
a participación das persoas nas dinámicas sociais, como suxeitos activos dos cambios que
nelas se produzan, ou que deban producirse, ampliando a súa sociabilidade e capacidade de
circulación social.

Sendo un profesional da educación, que comparte principios éticos e deontolóxicos con outros
profesionais educativos e sociais, deberá dar resposta ás necesidades e demandas da cidadanía
en ámbitos ou problemáticas que afecten á convivencia e ó benestar das persoas,
fundamentalmente con intervencións educativas e sociais de alcance institucional e
sociocomunitario.

A tal fin, o título de Grao en Educación Social debe posibilitar a adquisición dunha formación
inicial básica que permita desempeñar a actividade profesional de “educador ou educadora
social” en ámbitos ou cometidos relativos á:

- Educación en contextos familiares e en procesos de desenvolvemento comunitario.


- Educación para a mediación, a inclusión social e a diversidade.
- Educación do Lecer, a Animación e a Xestión Sociocultural
- Acción socioeducativa en Infancia e Xuventude.
- Acción socioeducativa con persoas adultas e maiores.
- Educación para a Cidadanía e a cultura da sostenibilidade.
Obxectivos xerais:
Consonte ao perfil académico e profesional definido, a formación dun educador ou dunha
educadora social deberá garantir, cando menos, o logro dos seguintes obxectivos:

1. Coñecer os fundamentos conceptuais, teóricos, metodolóxicos e técnicos da


Educación Social, como unha práctica educativa e social diferenciada en relación aos
suxeitos que participan das súas iniciativas e aos contextos sociais nos que se
desenvolven.

2. Coñecer o marco socio-político, cultural e institucional no que insire a Educación


Social as súas prácticas, tomando en consideración os valores cívicos e os dereitos
humanos, con especial atención á equidade, xustiza, liberdade, paz e á participación
social, como principios inspiradores das políticas educativas e sociais.

3. Ter capacidade para buscar, obter, procesar e interpretar información (oral, impresa,
audiovisual, dixital e multimedia) referidas aos cometidos profesionais dos
educadores e educadoras sociais, así como aos contextos sociais nos que se insire o
seu labor, para emitir xuízos fundamentados sobre problemas ou realidades de
natureza socioeducativa.

4. Ser capaces de elaborar, sistematizar e transmitir información relevante sobre as


persoas e colectivos cos que traballan, tanto desde unha perspectiva diagnóstica das
súas problemáticas específicas como das alternativas de acción-intervención
educativa que se propoñan.

5. Poder afrontar o deseño, desenvolvemento e avaliación de procesos educativos (plans,


programas, proxectos ou actividades) que tomen como referencia a Educación Social,
nos distintos ámbitos da intervención socioeducativa nas que se concreta o seu
desempeño profesional, individualmente e/ou en colaboración con outros profesionais
educativos e sociais.

6. Estar capacitado para facer uso de estratexias, metodoloxías e técnicas que posibiliten
unha intervención educativa diferenciada en función dos suxeitos, grupos e/ou
colectivos aos que remiten o seu labor profesional os/as educadores/as sociais, en
contextos institucionais e comunitarios nos que se desenvolve a vida cotiá das
persoas, dende a infancia ata a vellez e atendendo a distintas circunstancias sociais.

7. Coñecer as características que definen a profesión de educador/a social, tomando en


consideración o seu código deontolóxico, así como os valores e principios que a
singularizan no conxunto das profesións educativas e sociais.

8. Ter capacidade para tomar decisións relativas ao seu desenvolvemento persoal,


académico e profesional, poñendo en valor capacidades e recursos que favorezan a
súa formación e aprendizaxe autónoma no ámbito específico da Educación Social e
das Ciencias da Educación, en xeral.
Competencias:
Co propósito de acadar os obxectivos formulados no título, e de acordo co establecido no Real
decreto 1393/2007, de 29 de outubro, os graduados deberán posuír e acreditar as seguintes
competencias xerais:

1. Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se


sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar
criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de
intervención da Educación Social.
2. Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas,
educativas e culturais nas que se desenvolve o labor profesional dos
educadores sociais, tanto en termos diagnósticos coma prospectivos.
3. Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a
planificación e avaliación das súas intervencións educativas, atendendo ás
circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se insire, en
relación aos suxeitos cos que traballa e ás dinámicas sociais das que participan.
4. Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes
contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e
colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización,
coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
5. Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais,
metodolóxicos, técnicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa
profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes,
utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas,
etc.
6. Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e
da práctica profesional, con pleno respecto aos principios deontolóxicos aos
que se remite a Educación Social, tendo como soporte os valores cívicos e os
dereitos humanos.

No seu conxunto estas competencias, ademais dos coñecementos, destrezas e habilidades que
presupoñen, deberán permitir que os graduados en Educación Social desenvolvan distintas
competencias transversais ao seu quefacer profesional, e que se resumen en ter capacidade
para:

 Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos


lingüísticos, materiais e tecnolóxicos.
 Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en
equipo e na colaboración con outros profesionais.
 Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese
respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
 Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
 Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto do seu
desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
Estas competencias xerais se concretan nas seguintes competencias específicas:

a) O titulado ou titulada de Grao en Educación Social deberá demostrar coñecementos e


capacidades que lle permitan:
 Comprender os referentes teórico-conceptuais, históricos, comparados,
metodolóxicos e pedagóxicos da Educación Social e das prácticas que nela se
promoven.
 Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e
culturais, así como os ámbitos da acción educativas nas que os educadores
sociais desenvolven o seu labor profesional.
 Diagnosticar e valorar as circunstancias persoais, institucionais e sociais que
constitúen ao ser humano como protagonista da educación e da súas prácticas
profesionais, dende a infancia ata a vellez.
 Seleccionar e facer uso de métodos e técnicas orientadas ao coñecemento das
realidades educativas e sociais, emitindo xuízos razoados sobre as
informacións obtidas e a súa utilidade para o desenvolvemento da súa práctica
profesional.
 Proxectar a súa formación teórica e metodolóxica en iniciativas e prácticas
educativas que dean resposta a necesidades e demandas sociais, en diferentes
contextos e realidades, por si mesmo e/ou en colaboración con outros axentes
da sociedade.
 Identificar académica e profesionalmente aos educadores sociais como
profesionais da educación, con funcións e tarefas diferenciadas respecto
doutros profesionais da educación e da acción-intervención social.

b) O titulado ou titulada de Grao en Educación Social deberá demostrar coñecementos,


destrezas e habilidades que lle permitan:
 Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de
intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
 Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a
participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou
dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía.
 Facer uso de estratexias, procedementos, técnicas, métodos, etc. que posibiliten
unha intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados por
distintas problemáticas ou circunstancias sociais.
 Elaborar, xestionar e/ou utilizar medios e recursos socioeducativos que
posibiliten un adecuado desenvolvemento do seu labor profesional e das
institucións ou entidades nas que se leve a cabo.
 Realizar e facer uso de informes técnicos, de investigación e avaliación sobre
accións, procesos e resultados socioeducativos.
 Valorar e axustar a súa práctica profesional ás esixencias e compromisos
deontolóxicos da Educación Social.
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
(proposta do Comité, 3-6-08)

1º curso
1º cuadrimestre 2º cuadrimestre
A realidade educativa, social e cultural As persoas e o dereito á educación

• Socioloxía da educación (6) • Política e lexislación socioeducativa (6)


• Antropoloxía da educación (6) • Psicoloxía evolutiva (6)
• Historia social da educación (6) • Teoría da educación (6)
• Psicoloxía social da educación (6) • Economía da educación (6)
• Metodoloxía de investigación en Ciencias Sociais e da • Educación para a cidadanía e os dereitos humanos (6)
Educación (6)
2º curso
1º cuadrimestre 2º cuadrimestre
A profesión, ámbitos e axentes As institucións e os recursos da Educación Social

• Pedagoxía Social (6) • Familias e comunidades na Educación Social (6)


• Formación e profesionalización en Educación Social (6) • Servizos educativos e culturais na Educación Social (6)
• Contextos, ámbitos e axentes da acción socioeducativa (6) • Servizos sociais e iniciativa social (6)
• Análise e diagnóstico das realidades socioeducativas (6) • Recursos tecnolóxicos na Educación Social (6)
• Documentación e información educativa (6) • Practicum (6)
3º curso
1º cuadrimestre 2º cuadrimestre
Deseño e desenvolvemento de programas e metodoloxías Deseño e desenvolvemento de programas e metodoloxías
socioeducativas socioeducativas

• Planificación e deseño da acción socioeducativa (6) • Organización e xestión de programas (6)


• Métodos e técnicas de investigación na acción • A avaliación na Educación Social (6)
socioeducativa (6) • Practicum (12)
• Dinámica e técnicas de educación en grupo (6)

Mención: Inclusión social e educativa


• Educación e mediación nos procesos de inclusión social (6 Mención: Inclusión social e educativa
• Acción socioeducativa con minorías e colectivos • Acción educativa nas discapacidades (6)
vulnerables (6)

Mención: Acción cultural e desenvolvemento comunitario Mención: Acción cultural e desenvolvemento comunitario
• A Educación Social nas políticas culturais (6) • Animación e xestión cultural (6)
• A Educación Social nos procesos de desenvolvemento
comunitario (6)
4º curso
1º cuadrimestre 2º cuadrimestre
Deseño e desenvolvemento de programas e metodoloxías Innovación e desenvolvemento socioeducativo
socioeducativas
• Investigación, desenvolvemento e innovación en
• Practicum (18) Educación Social (6)
• Os profesionais da Educación Social nos procesos de
innovación e cambio (6)

Mención: Inclusión social e educativa Mención: Inclusión social e educativa


• Acción socioeducativa con infancia e xuventude (6) • Acción socioeducativa nas dependencias (6)
• Acción socioeducativa con persoas adultas e maiores (6)

Mención: Acción cultural e desenvolvemento comunitario Mención: Acción cultural e desenvolvemento comunitario
• Educación e desenvolvemento comunitario en contextos • Educación ambiental e cultura da sostenibilidade (6)
rurais e urbanos (6)
• Educación do lecer e desenvolvemento comunitario (6)

• Proxecto de fin de grao (12)

You might also like