You are on page 1of 4

Procedemento para a tramitación das Titulacións de Máster e

dos Programas de Doutoramento da USC.

A Comisión de Titulacións e Programas de Estudo do Claustro


Universitario, de conformidade co determinado no Real Decreto
1393/2007 de “Ordenación de las Enseñanzas Universitarias
Oficiales”, no documento “Liñas Xerais para a implantación dos
estudos de grao e posgrao” aprobado polo pleno do Consello Galego
de Universidades na súa reunión do 5 de novembro de 2007, así como
na Programación Plurianual da USC, acordou, na súa reunión de data
14 de maio de 2008, aprobar a seguinte proposta de procedemento
para que rexa o proceso de presentación das propostas de titulacións
de máster e de programas de doutoramento e de elaboración das
correspondentes memorias de planos de estudo, para a súa
aprobación por esta universidade e remisión ao Consello de
Universidades co fin de iniciar o proceso de Verificación e Rexistro no
RUCT e implantación, no seu caso. O Consello de Goberno da USC,
tras a toma de consideración de dita proposta na súa reunión de data
30 de maio de 2008, acordou aprobar dito procedemento. Este
procedemento será o que segue:
1. Propostas de titulacións de máster oficial e de programas
de doutoramento.
1.1. Calquera proposta de máster oficial ou de programa de
doutoramento pode ser formulada a iniciativa do Equipo de
Goberno. Tamén poden formularse a iniciativa de centros,
departamentos ou institutos de investigación, que son quen
poden figurar como responsables de másteres e de programas
de doutoramento nesta universidade, tal e como se contempla
nas “Liñas Xerais da USC para a elaboración das novas
titulacións oficiais reguladas polo RD 1393/2007”. No caso de
propostas ex novo tamén poderán formularse a iniciativa dun
colectivo de docentes da USC.
1.2. As propostas de máster oficial e de programas de
doutoramento serán dirixidas ao/a vicerreitor/a da USC con
competencias en Oferta Docente.
1.3. No caso dun máster oficial ou dun programa de doutoramento
ex novo a proposta deberá incluír os seguintes elementos: (i)
Denominación; (ii) Necesidade, Interese e Obxectivos do
máster oficial ou do programa de doutoramento; (iii) Docentes
implicados na iniciativa; (iv) Áreas de coñecemento que
poderían participar na oferta docente; (v) Comisión de
Redacción; (vi) Centro, departamento ou instituto que podería
aparecer como responsable.
1.4. Nos casos dunha proposta de novo programa de doutoramento
e dunha proposta de máster oficial exclusivamente de
investigación que se presenten, xa sexa como transformación
de programas de doutoramento existentes no 2007-2008 xa
como propostas ex novo, as mesmas se canalizarán a través do
CPTF (ou centro encargado dos estudos de doutoramento).
1.5.No caso de calquera outra proposta de máster, a mesma se
canalizará a través do SXOPRA.
1.6. O Consello de Goberno, a proposta do/a vicerreitor/a da USC
con competencias en Oferta Docente, establecerá o calendario
para presentación de propostas de memoria de másteres
oficiais e de programas de doutoramento. O/A vicerreitor/a con
competencias en Oferta Docente deberá poñer en
coñecemento da Comisión de Titulacións dito calendario e as
modificacións que sobre o mesmo autorice.
1.7.De calquera proposta de máster oficial ou de programa de
doutoramento da que sexa aprobada a correspondente
memoria polo Consello de Goberno, este órgano deberá fixar
con esa decisión qué centro, departamento ou instituto de
investigación aparecerá como responsable.
2. Comisión de Redacción.
2.1. O centro, departamento ou instituto de investigación que
presente unha proposta de máster oficial ou de programa de
doutoramento, e figure como responsable desa proposta, será
quen propoña a Comisión de Redacción da proposta de
memoria e quen será o presidente de dita Comisión. No caso
dunha proposta a desenvolver por varios centros,
departamentos ou institutos garantirase que na Comisión de
Redacción haxa cando menos un representante por cada un
dos centros, departamentos ou institutos implicados. No caso
dunha proposta presentada polo Equipo de Goberno ou unha
proposta ex novo presentada por un colectivo de docentes,
segundo o caso, o primeiro ou os segundos proporán unha
Comisión de Redacción.
2.2. Cando se trate dun máster de investigación que proporcione o
período de formación a un único programa de doutoramento a
Comisión de Redacción será a mesma para o máster e para o
programa de doutoramento.
2.3.En todos os casos a Comisión de Redacción contará co apoio
técnico do/a Responsable de Xestión de Centros e
Departamentos.
2.4. En todos os casos a Comisión de Redacción deberá ser
autorizada polo/a vicerreitor/a con competencias en Oferta
Docente. Contra esta decisión poderase recorrer ante o
Consello de Goberno.
2.5. En todos estes casos a Comisión de Redacción poderá contar
coa colaboración dunha (ou varias) Comisión(s) Asesora(s)
Externa(s) autorizada(s) polo/a vicerreitor/a con competencias
en Oferta Docente.
3. Exposición pública do borrador de proxecto de memoria.
O centro, departamento ou instituto de investigación que propoña
un máster oficial ou un programa de doutoramento, e figure como
responsable desa proposta enviará a vicerreitoría con
competencias en oferta docente o borrador de proxecto de máster
oficial ou de programa de doutoramento. En todos os casos a
vicerreitoría con competencias en Oferta Docente encargarase (a
través da unidade ou servizo que determine) da exposición pública
do borrador de proxecto de máster oficial ou de programa de
doutoramento a todos os membros da USC. O prazo de alegacións
ante o responsable do correspondente centro, departamento,
instituto de investigación ou ante a vicerreitoría correspondente
será de 10 días naturais.
4. Elaboración dun proxecto de memoria de plano de estudos.
A Comisión de Redacción elaborará un proxecto de memoria de
plano de estudos, consonte ao previsto no RD 1393/2007, tras a
análise das alegacións recibidas con motivo da exposición pública
do borrador de proxecto de plano de estudos.
5. Pronunciamentos e informes acerca do proxecto de
memoria de plano de estudos.
5.1. O órgano de goberno colexiado do centro, departamento ou
instituto que presente a proposta, e figure como responsable,
do máster ou do programa de doutoramento deberá
pronunciarse respecto do proxecto de memoria. Cando se trate
dunha proposta na que participen varios centros,
departamentos ou institutos, cada un destes deberá
pronunciarse respecto do proxecto de memoria. Dito(s)
pronunciamento(s), xunto co proxecto de memoria, se
remitirá(n) ao/á vicerreitor/a con competencias en Oferta
Docente no prazo límite establecido polo Consello de Goberno.
Dito(s) pronunciamento(s) deberá(n) incorporar os votos
particulares realizados e explicitados no(s) órgano(s)
colexiado(s), así como as alegacións presentadas ao borrador
de proxecto de plano de estudos.
5.2. No caso de que sexa unha proposta presentada por un
colectivo de docentes da USC a Comisión de Redacción remitirá
o proxecto de memoria ao/á ao/á vicerreitor/a con
competencias en Oferta Docente no prazo previsto polo
Consello de Goberno. O proxecto deberá ir acompañado das
alegacións presentadas ao borrador de proxecto de plano de
estudos.
5.3.O/A vicerreitor/a con competencias en Oferta Docente
asegurará os procesos para o examen da documentación polo
SXOPRA, cando sexa preciso, e polas comisións que deben
informar ao Consello de Goberno.
5.4. A Comisión de Doutoramento formulará un informe preliminar
respecto de cada un dos proxectos de memorias de programas
de doutoramento e dos de másteres oficiais exclusivamente de
investigación.
5.5. A Comisión para Estudos de Máster Oficial formulará un
informe preliminar respecto de cada un dos proxectos de
memorias de másteres oficiais que non sexan exclusivamente
de investigación.
5.6. Os informes aos que se fai referencia nos anteriores puntos 5.4
e 5.5 serán elevados á Comisión de Titulacións, para que esta
a súa vez formule o seu pronunciamento respecto de cada
proxecto e os correspondentes informes. Asimesmo, a Comisión
de Organización Docente establecerá un informe acerca da
capacidade docente dos departamentos implicados. Ditos
informes serán remitidos ao/á Reitor/a antes de que transcorra
un mes respecto da data na que foi recibido o proxecto de
memoria, cos votos particulares e alegacións de existir, polo/a
presidente/a de cada unha das respectivas Comisións, para a
súa toma de consideración no Consello de Goberno e no
Consello Social..
A Comisión de Titulacións para elaborar o seu informe poderá
solicitar aclaracións da Comisión de Redacción, pedir un
informe técnico do SXOPRA, convocar a quen estime necesario
e solicitar o apoio de avaliadores externos a través da ACSUG.
A Comisión de Titulacións poderá formular suxestións de
mellora do proxecto de memoria para que a Comisión de
Redacción as incorpore antes de que o Consello de Goberno se
pronuncie sobre o proxecto de memoria. En todo caso ditas
suxestións de mellora formarán parte do informe da Comisión
de Titulacións.
6. Aprobación na USC da memoria de plano de estudos dunha
titulación de máster ou dun programa de doutoramento.
6.1. O Consello de Goberno da USC se pronunciará respecto do
proxecto de memoria e, no seu caso, aprobará a memoria de
plano de estudos, coas modificacións que estime oportunas,
para a súa tramitación ante a Consellería de Educación e, se
procede, ante o Consello de Universidades.
6.2.O Consello Social da USC se pronunciará respecto da memoria
aprobada polo Consello de Goberno para, se procede, a súa
posterior tramitación.
7. Tramitación da memoria de plano de estudos dunha
titulación de máster ou dun programa de doutoramento.
7.1. A memoria de plano de estudos dunha titulación de máster
oficial ou dun programa de doutoramento será presentada ante
a Consellería de Educación da Xunta de Galicia para a
autorización da súa tramitación.
7.2. Aprobada a tramitación dunha titulación de máster oficial ou
dun programa de doutoramento pola Consellería de Educación,
a memoria remitirase ao Consello de Universidades para a súa
verificación, publicación no BOE e rexistro no RUCT da
titulación correspondente.
7.3. A implantación dunha titulación de máster oficial ou dun
programa de doutoramento será solicitada á Consellería de
Educación da Xunta de Galicia.

You might also like