You are on page 1of 12

Cuestionario Donas de si

O 57,35% do alumnado enquisado son rapaces e o 42,65% son rapazas de 3º ESO, 4º ESO e 1º
de Bacharelato.

A maioría do alumnado ten algún ídolo. O 15% dos rapaces e o 20% das rapazas non o ten.

A maioría dos rapaces teñen ídolos masculinos. Mentres que as rapazas teñen na súa maioría
máis dun ídolo e de ambos sexos.
A maioría dos ídolos dos rapaces están relacionados co deporte, e no caso das rapazas están
relacionados coa música.

Observamos que non se aprecian diferencias significativas entre rapaces e rapazas, a maioría
xogaban ao Lego.
Non hai relación entre xogar ao Lego e o xénero dos irmáns dos enquisados.

A maioría dos rapaces non xogaban as bonecas, e a maioría das rapazas si xogaban.
Chama a atención que a probabilidade de que un rapaz con irmá xogue as bonecas é inferior a
dos casos restantes.

Chama a atención de que a probabilidade de que unha alumna que teña irmán xogue as
bonecas é superior á dos casos restantes.

A maioría do alumnado coñece a algunha compositora musical.


Podemos ver na gráfica que a maioría do alumnado contestou que Rosalía de Castro foi a
primeira escritora que coñeceu. Non se separou por xéneros porque daban resultados
similares. Observase que algúns alumnos e alumnas nomean escritoras que se trataron no
proxecto Donas de si.

Podemos ver na gráfica que a maioría do alumnado contestou que Marie Curie foi a primeira
científica que coñeceu. Non se separou por xéneros porque daban resultados similares.
observase que algúns alumnos e alumnas nomean científicas que se trataron no proxecto
Donas de si.

Pregunta de control:
Para comprobar que o alumnado non contesta ao azar e medita as respostas, fixemos a
mesma pregunta dúas veces formuladas dun xeito lixeiramente diferente.

Como podemos observar embaixo, coinciden as respostas para todo o alumnado agás para
dous rapaces e unha rapaza.
Algunha vez deixaches de facer
algo porque era considerado do
outro sexo? Etiquetas de columna
Etiquetas de fila Non Si Branco Total xeral
Home 68 10 78
Muller 47 10 57
(En branco) 1 1
Total xeral 116 20 136

Deixaches de facer algo porque


pensaches que socialmente se
considera de homes ou de
mulleres ? Etiquetas de columna
Etiquetas de fila Non Si Branco Total xeral
Home 70 8 78
Muller 48 8 56
(En branco) 1 1
Total xeral 119 16 135

Eliminamos os datos de esas tres persoas que variaron as respostas nas preguntas e obtemos:

Un 11,76% dos rapaces e un 14,89% das rapazas di que si deixaron de facer algo por pensar
que socialmente se considera de homes ou de mulleres.
A maioría do alumnado non sabe ou non coñece directoras de cine.

A moda estatística é que no grupo de amizades haxa máis persoas do mesmo sexo.
Destacamos que case un 50% do alumnado, tanto mulleres coma homes, acude á súa nai para
que lle cosa o botón. Un 33% das alumnas e o 14% dos alumnos son autónomos nesta tarefa.

Hai unha porcentaxe maior de rapazas que algunha vez coseu un botón ca de rapaces. Pero en
ambos casos se supera o 50%.
Hai unha porcentaxe maior de rapaces que algunha vez cambiaron unha lámpada ca de
rapazas. Pero en ambos casos se supera o 50%.

A maioría dos alumnos e alumnas pedirían axuda tanto a amigos coma amigas.
Case todo o alumnado cociñou algunha vez.

Case todos opinan que arranxar un aparato electrónico é cousa de ambos. Cabe destacar que
un 10% dos rapaces e só un 1,75% das rapazas pensan que é cousa de homes.
Observamos que moi pouco alumnado acudiría só a súa nai se non acende o televisor. Mentres
que para coser un botón acudirían máis, como se ve nunha gráfica anterior.

Hai un 21,79% de alumnos e 15,79% de alumnas que pensan que hai profesións só para
mulleres ou só para homes.
Agás cortar o céspede, no resto das tarefas a súa realización por parte só do home, a
porcentaxe é moi pequena.

o 50% do alumnado coñece algún home que se dedique exclusivamente a ser amo de casa.

A maioría do alumnado considera enxeñería, transportista, enfermería, coidar anciáns, coidar


nenos, mecánico, electricista, policía, corpo de bombeiros, maxisterio, informática e política,
como profesións que poden realizar tanto homes coma mulleres.

Pero hai unha pequena porcentaxe do alumnado que considera de homes: enxeñería,
transportista, mecánica, electricista, policía, corpo de bombeiros, informática ou política.

E unha pequena porcentaxe que considera de mulleres: enfermería, coidado de anciáns


coidado de nenos, maxisterio e política.

Conclusión xeral
A pesar de que aínda queda unha porcentaxe de alumnado que ten certos prexuízos de xénero
relativos a tarefas domésticas e profesións, a maioría pensa que tanto homes como mulleres
son aptos para realizar tarefas que tradicionalmente foron consideradas como masculinas ou
femininas.

En canto a visibilización da muller en contornas tradicionalmente masculinas, dicir que o


proxecto Donas de si fixo que o alumnado coñecera as achegas de moitas mulleres que non
saen nos libros de texto ou non se traballan tanto nos currículos educativos.

Nótese que, por exemplo, no caso do cine, que non se traballou durante este proxecto, o
alumado segue sen coñecer figuras relevantes dentro da dirección.

You might also like