You are on page 1of 2

TEXTO DE FREDERICK

1. Rodeando o prado onde as vacas pacían e os cabalos trotaban, había un vello muro de
pedra.
2. Nese memo muro, preto da corte e da adega, tiña a súa casa unha paroleira familia de ratos
do campo.
3. Pero os granxeiros marcharan, deixando a corte abandonada e a adega baleira.
4. E cando o inverno se achegaba, os ratiños comezaron a xuntar millo e noces e trigo e palla.
5. Traballaban todos noite e día. Todos menos un, Frederick.
6. “E tí, por que non traballas, Frederick?”, preguntánanlle os demais.
7. “ Eu traballo”, respondíalles Frederick. Apaño raios de sol para os fríos días de inverno”
8 E cando vían a Frederick alí sentado, ollando para o prado, dicíanlle
“ E agora, Frederick?!!
9. El simplemente respondía: “ Recollo cores para os días de inverno”
10. E unha vez viron a Frederick que parecía estar medio adurmiñado. “ Estás soñando,
Frederick”, reprocháronlle.
11. Pero Frederick contestoulles: “ Non, estou xuntando palabras”.
12. 0 inverno é longo e podemos quedar sen cousas que contar.
13. Chegaron os días de inverno, e cando caeu a primeira nevarada, os cinco ratos metéronase
no seu acocho entre as pedras,
14. Ao principio había comida abondo, e os ratos contaban historias de raposos estúpidos e
gatos parvos.
15. Eran unha familia feliz.
16, Pero pouco a pouco foran comendo case todas as noces, acabaran coa palla e o millo era
só un recordo.
17. Ía frío e xan lles prestaba falar.
18. Entón lembraron o que Frederick lles dixera sobre os raios do sol, as cores e as palabras.
19. “Que hai de canto recollíiches, Frederick”? preguntáronlle.
20. “ Pechade os ollos”, dixo Frederick mentres gabeaba a un penedo.
21. “ Vouvos enviar agora os raios de sol”, os catro ratiños foron sentindo oa súa calor.
22. Sería a voz de Frederick? Era maxia?
23. “ E que hai das cores, Frederick?
24. “Pechade de volta os ollos”, dixo Frederick, e cando lles falou das azuis pervincas...,
25. das papoulas vermellas nos trigais amarelos, e do verde das follas dos arbustos,
26. viron tan claramente as cores coma se as tivesen pintadas nas súas cabezas.
27. “ E as palabras, Frederick”’
28, Frederick aclarou a voz, agardou un momento e, coma se falase desde un estrado, dixo:
29, Quen espalla as folerpas?
30. Quen derrete a neve?
31. Quen estraga o tempo? Quen o fai alegre?
32. Quen fai na primavera agromar o trevo?
33. Quen apaga o día? Quen acende a lúa no firmamento?
34. Catro ratiños campeiros con dentes de marfil?
35. Catro ratiños campeiros coma ti e coma min.
36. Un é Primavera, que verte perfumes.
37. Logo ratoVerán que abraza con lume.
38. Outono vén despois con noces e trigo.
39. Inverno é o último... con peiños fríos.
40. Catro estacións, que sorte temos!
41. Nin unha máis nin unha menos.
42. Cando Frederick rematou, todos aplaudiron.
43. “ Pero Frederick- dixeronlle-, tí es un poeta!”
44. Frederick acorouse, fixo unha reverencia e dixo timidamente: “ Xa o sei”.

You might also like