You are on page 1of 1

EXEMPLO ACTIVIDADE 2: NEGOCIO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA

CARACTERÍSTICA PRINCIPAIS:
A agricultura ecolóxica é un sistema de producción agraria, que consiste en
conseguir alimentos de máxima calidade, respectando o medio ambiente e
conservando a fertilidade do solo.
A diferencia deste negocio con respecto a outros de agricultura tradicional,
non está tanto no tipo de produtos que imos ofrecer aos nosos clientes (por
exemplo froitas e hortalizas), senón na forma de obtelos, posto que nos
cultivos non se utilizarán productos químicos e intentarase protexer o medio
ambiente.

As empresas dedicadas a esta actividade poden desenvolver a súa actividade


en dous planos distintos ou en ambos ao mesmo tempo:
• Productoras que son as que se dedican a obtención das materias primas
• Elaboradoras: transforman e preparan as materias primas para a súa
posterior comercialización

VANTAXES E DESVANTAXES (ver o apartado situación actual e previsións para o


futuro)

VANTAXES:

• A principal vantaxe deste negocio é a maior calidade dos seus produtos.


A xente cada vez está máis preocupada pola súa saúde e a boa
alimentación.
• Preocupación polo medio ambiente
• É un mercado en crecemento
• Hai apoios e subvencións para este tipo de cultivos respectuosos co
medio ambiente

DESVENTAXES:

• Falta de información sobre os produtos ecolóxicos por parte dos


consumidores
• Prezos máis elevados
• Os consumidores teñen máis hábito de consumir produtos de agricultura
convencional

You might also like