You are on page 1of 3

GONFER INTEGRA S.L.

PROXECTO “CONSTRUÍNDO FUTURO”

QUEN SOMOS:

As promotoras deste proxecto somos Claudia M. González Martínez (licenciada en


Ciencias da Educación e Directora do proxecto) e María González Rodríguez
(Diplomada en Educación Infantil e Monitora de Tempo Libre)

Ambas centramos nestes últimos anos a nosa actividade profesional en ámbitos moi
dispares da educación: atención temperá, atención a persoas con necesidades
educativas específicas, orientación a familias, etc. Ó longo da nosa traxectoria a
calidade na educación converteuse nunha importante preocupación para ambas.

Entendemos que, na actualidade, a educación formal atópase desbordada en gran


medida pola inxente cantidade de información que a nosa sociedade manexa, polas
dificultades inherentes ao sistema que limitan en gran medida o aproximar dita
información a tódol@s alumn@s de forma similar e por unha importante perda de
valores que, en determinados ciclos formativos, desvirtúan toda acción formativa
levada a cabo e os propósitos das mesmas, enténdase por exemplo a violencia nas
aulas .

Por estes motivos desexamos apostar por unha educación non formal de calidade,
que contribúa de forma importante no desenvolvemento persoal e social d@s nen@s,
favorecendo a adquisición de habilidades sociais básicas para a nosa sociedade,
desestimando fórmulas dirixidas ao desenvolvemento de pensamentos e condutas
individualistas, competitivas e afastadas dos centros de interese dos/as nenos/as.
Proporcionar alternativas para o aproveitamento do tempo de lecer, mediante
actividades que permitan o enriquecemento persoal d@s usuari@s, nun ambiente rico
en estímulos e no que se prime a convivencia, a educación en valores, o
desenvolvemento do pensamento creativo, etc.
FUNDAMENTACIÓN PEDAGÓXICA:

“Ensinar non é unha función vital,

porque non ten o fin en si mesma;

a función vital é aprender”.

Aristóteles

O aproveitamento por parte d@ nen@ do seu propio potencial de aprendizaxe, manter


ese interese vital cara o auto-enriquecemento ao longo de toda a vida, coñecer os
seus propios procesos de aprendizaxe, estruturar ambientes e axustar procedementos
ás propias necesidades e intereses, son ideas, dende o noso punto de vista,
inherentes á devandita función vital. A nosa labor sería entón a de proporcionar os
medios, as ferramentas, os ambientes nos que @ nen@ poida descubrirse.

Para poder iniciar a andaina deste proxecto pedagóxico pareceunos importante


establecer unhas liñas metodolóxicas e conceptuais sobre as que fundamentar as
nosas accións formativas. Por unha banda as Teorías constructivistas do coñecemento
humano e as aportacións teóricas de autores da Escola Nova, sobre todo, servíronnos
neste empeño.

Así, por exemplo, María Montessori (1870-1952) defendía que a mente d@s nen@s
posúe unha capacidade marabillosa e única, a capacidade de adquirir coñecementos.
@s nen@s aprenden todo inconscientemente, pasando aos poucos do inconsciente á
consciencia, avanzando na súa formación con absoluta alegría. O saber entra na súa
cabeza polo simple feito de vivir. Nas súas teorías María Montessori fala de períodos
sensibles, aqueles nos cales @s nen@s poden adquirir unha habilidade con moita
facilidade, permitíndolles unha relación e análise do medio que @s rodea
especialmente intenso.

OBXECTIVOS:

Dende esta perspectiva o noso traballo centrarase, de forma interrelacionada, no


individual: facilitar a adquisición de habilidades adaptativas, potenciar a autoestima, a
capacidade de autodirección, o máximo grao de autonomía persoal, o
desenvolvemento de pensamento creativo, exploración de procesos de pensamento
lóxico, promover o recoñecemento do propio individuo. No familiar: facilitar a
implicación da familia en todo o proceso, promover e alentar a súa participación activa,
orientalos para apoiar o seu benestar. Na relación có entorno: lograr unha adecuada
integración social, desenvolvemento de habilidades sociais, desenvolvemento de
estratexias adaptativas, de colaboración e mellora do seu entorno, favorecendo o
acceso futuro a criterios de igualdade de oportunidades.

METODOLOXÍA:

A actividade formativa a desenvolver neste proxecto consistirá nun traballo en


pequenos grupos (estruturados por idades e outras características individuais),
desenvolvendo actividades de moi diverso tipo mediante as cales lograr os obxectivos
propostos con anterioridade.

Algunhas propostas didácticas:

-Emprego do xogo como estratexia para o desenvolvemento dos distintos contidos e


actuacións, para lograr a automatización de novas habilidades e a súa xeneralización
a outros contextos. Educar dunha forma integral implica atender non só aos aspectos
lóxicos e racionais da mente, senón tamén á intuición e á creatividade, á fantasía e ao
irracional. O uso creativo da linguaxe a través da metáfora e o símbolo, desenvolver
no alumnado a capacidade de “p ensar con imaxes“ e promover nel unha actitude
lúdica que, ao mesmo tempo que amplíe as marxes de liberdade na aula, permita
gozar aprendendo con todos os sentidos.

-Estruturar as actividades e procesos traballados durante as mesmas atendendo a


necesidades individuais de cada usuari@.

-Valorar puntos fortes e necesidades educativas d@s usuari@s orientando as súas


accións cara ao desenvolvemento de aprendizaxes significativos.

-Proporcionar espazos de creación libre que permitan observar e valorar distintos


centros de interese nos asistentes e orientar outras actividades ao seu
desenvolvemento.

"Unha viaxe de mil millas comeza cun paso". Lao Tse

You might also like