You are on page 1of 2

PROHIBIDO FIXAR CARTEIS

Gráfico das visitas rexistradas no blog denunciado

A recentemente publicada demanda de Cores Tourís, Rosa Oubiña,


Domínguez e Aragunde está a provocar unha reacción importantísima
na rede e na sociedade, e non falo só de Cambados. Durante a fin de
semana os xornais comarcais fixeronse eco da denuncia, e publicaron
artigos relacionados coas webs críticas da zona.

Onte a nova saltou aos medios galegos, trala publicación na


portada de Vieiros da demanda e noutras páxinas importantes como
Chuza!. Pero é que hoxe este debate se abriu xa a todo o Estado coa
publicación no País electrónico dunha reseña extraída da Voz de
Galicia.

O libro de visitas está que arde, e o Señor X xa fixo públicas as


súas impresión acerca do tema. Algo que se agardaba con
impaciencia, e máis despois de que hoxe algún medio deixara
entrever que a demanda pasara factura ao autor de
camba2.blogspot.com, xa que aínda non voltara a actualizar.

Á espera de recibir máis novas da denuncia, o debate está aberto.


Hai delicto do publicado nos blogs denunciados? Eu coido que non, xa
que se se criminaliza esta actividade, entón debería ocorrer o mesmo
con revistas húmorísticas españolas, con caricaturistas, con
programas de televisión, e , sinceramente, todos sabemos separar o
que é o campo do humor co campo do serio e da política. Todos?
Non, algúns empéñanse seguido en cargar contra aqueles que
disinten, con aqueles que pensan algo diferente, porque no seu
réxime non cabe a diferencia e a pluralidade.

Cambados.tk vai estar onde sempre estivo: coa verdade, coa


independencia e co activismo democrático, polo que no posíbel
sumaremos forzas con todo aquel que estea disposto a denunciar o
que xa está a ser visto en todo o Estado como unha prohibición do
dereito á libre expresión.

You might also like