You are on page 1of 3

2, 4, 9 e 11 de novembro

Ás 20:00 h. Pazo de Mugartegui


Con estas Xornadas queremos dar a coñecer o contexto histórico e arqueolóxico do Pazo Arcebispal de
Pontevedra, celebrando así a súa recuperación e musealización a través do Centro de Interpretación das
Torres Arcebispais (CITA). Trátase do primeiro espacio museístico municipal, e formará parte da rede de
centros arqueolóxicos que dependerá do futuro Museo de Historia da Cidade.

Este foi un dos edificios máis importantes da historia de Pontevedra, xa que estamos a falar da fortaleza que
tiña na vila o Arcebispado de Santiago de Compostela, señorío ao que pertencía. Foi unha construción
maxestosa, pazo e fortaleza, o edificio máis alto da vila dende o século XII ata a súa demolición no século XIX.
A súa orixe está vinculada directamente ao nacemento de Pontevedra en época medieval, en relación co
rexurdir do comercio e da vida urbana.

Nas distintas conferencias poderase escoitar a destacados investigadores da historia e arqueoloxía


medievais, que dun xeito divulgativo nos farán comprensibles as circunstancias históricas nas que xorde e se
desenvolve esta fortaleza e a propia Pontevedra durante o medievo. Darannos a coñecer aqueles obxectos
materiais, como as cerámicas, a partires dos que tamén se constrúe esa historia, tanto nos aspectos
simbólicos coma nos máis cotiás; ou os resultados das intervencións arqueolóxicas na avda. de Santa María e
o seu contorno, gracias aos que cada vez sabemos máis da historia de Pontevedra e de Galicia. Finalmente,
veremos como a investigación arqueolóxica permite a reconstrución do que xa non existe a partires dos
vestixios conservados, da documentación e investigación históricas, e da tecnoloxía, a fin de facer accesible
este coñecemento a todos os cidadáns.
INTERVEÑEN

MARTES 2 / NOVEMBRO MARTES 9 / NOVEMBRO


O BURGO E A VILA DE PONTEVEDRA NOS “EN NOSSA CAMERA ET CASA": CULTURA
SÉCULOS XII E XIII MATERIAL E VIDA COTIÁ NOS PAZOS DO SEÑOR
Fernando López Alsina DA TERRA DE SANTIAGO
Universidade de Santiago de Compostela José Suárez Otero
S.A. de Xestión do Plan Xacobeo

XOVES 4 / NOVEMBRO XOVES 11 / NOVEMBRO


PONTEVEDRA NA BAIXA IDADE MEDIA. O CONTEXTO ARQUEOLÓXICO DO PAZO
ESTRUTURA URBANA E VIDA COTIÁ ARCEBISPAL DE PONTEVEDRA
Xosé Armas Castro Fco. Javier Chao Álvarez
Universidade de Santiago de Compostela Tomos Conservación Restauración, S.L.

AS TORRES ARCEBISPAIS: DO VESTIXIO


ARQUEOLÓXICO Á RECONSTRUCIÓN VIRTUAL
Xoán C. Castro Carrera
Unidade Municipal de Arqueoloxía, Concello de Pontevedra
Hora das conferencias 20.00 h.
Máis información no tlf.: 986 90 38 84 ou no e-mail: info@dventos.com
ERA COMUNICACIÓN
Organiza:
Unidade Municipal de Arqueoloxía.
TENENCIA DE ALCALDÍA Tenencia de Alcaldía

You might also like