You are on page 1of 13

ESTATUTOS

“ASOCIACIÓN DE GRUPOS DE
DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA”
(AGRUDER)

Artigo 1.- Denominación.

1.- Baixo a denominación “ASOCIACIÓN DE GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL


DE GALICIA”, constitúese unha asociación, como entidade sen ánimo de lucro. Esta asociación
rexerase polos devanditos Estatutos, pola Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do
dereito de asociacións e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa
aplicable.
2.- O réxime da Asociación está constituido polos presentes Estatutos e os acordos válidamente
adoptados pola súa Asemblea Xeral e órganos directivos, dentro da esfeira da súa respectiva
competencia. No non previsto estarase ao establecido na Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo,
reguladora do dereito de Asociación e as Disposicións complementarias.

Artigo 2.- Domicilio.

A Asociación fixará o seu enderezo social na Rúa San Marcos, s/n (antigo Edificio Cámara Agraria
1ª planta) 15318 Abegondo – A Coruña, contemplándose a posibilidade de creación de novas sedes,
sempre por acordo dos órganos de goberno da entidade, que tamén terán facultades para poder
cambiar o domicilio da sede principal, así como o resto das mesmas.

Artigo 3.- Ámbito.

O ámbito de actuación da presente entidade será a Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4.- Finalidade.

A Asociación ten os seguintes fins:

1
1. Favorecer o desenvolvemento rural dos territorios, coordinando as accións dos Grupos
de Desenvolvemento Rural, facilitando o intercambio de información e experiencias
entre distintas zonas e axentes do rural, fomentando a introdución das novas tecnoloxías
e promovendo a integración en redes.
2. Potenciación do sector agrario e dos produtos do mar, así como a promoción e mellora
das condicións de comercialización e calidade dos produtos agrarios ou agroalimentarios
galegos.
3. Potenciación do turismo ligado ó medio rural.
4. Potenciación e apoio ás pequenas empresas, artesanía e servizos locais, fomentando
especialmente a participación de xóvenes e mulleres en todos os ámbitos: político,
social, laboral, cultural e económico.
5. Concienciar á poboación sobre a necesidade de protexer, conservar e poñer en valor de
xeito sostible o medio ambiente e tomar parte activa nelo, mediante actividades orixinais
e innovadoras. Especialmente comprometerse coa defensa da natureza e a investigación
e educación ambiental, participando activamente na posta en marcha e seguimento das
Axendas 21 Locais.
6. Difundir a metodoloxía LEADER como ferramenta de desenvolvemento territorial,
especialmente nos países en vías de desenvolvemento.

Para a consecución distes obxectivos poderán emprenderse as seguintes actividades:

a) Desenvolvemento de iniciativas para intentar frear o éxodo rural, así como para fomentar o
emprego e a posta en valor de xeito sostible dos recursos do medio.
b) Cantas actividades poidan resultar necesarias ou consecuentes cos obxectivos sociais.

Os beneficios obtidos pola Asociación, derivados do exercicio de actividades económicas, incluidas


nas prestación de servizos, deberán destinarse, exclusivamente ao cumprimento dos seus fíns.

Artigo 5.- Composición.

A Asociación estará integrada por un número ilimitado de socios, que deberán ser necesariamente
Grupos de Desenvolvemento Rural o similar.

2
Poderán ser socios todos aqueles Grupos legalmente constituídos que teñan o seu ámbito de
actuación, total ou parcialmente en Galicia, e que tendo plena capacidade de obrar demostren un
interese claro nos fíns da Asociación.
As actividades desenvoltas pola Asociación, irán dirixidas a calqueira posible beneficiario que
reúna as condicións e caracteres esixidos pola índole dos seus propios fins, reúnan ou non a
condición de socio.

Artigo 6.- Adhesión de socios.

1.-Dentro da Asociación existirán as seguintes clases de socios:

a.- Socios fundadores, que serán os que participen na constitución da Asociación.

b.- Socios de número, que serán os que ingresen despois da constitución da Asociación.

c.- Socios de honra, que serán os que polo seu prestixio, por ter contribuído de modo relevante á
dignificación e desenvolvemento da Asociación, ou por ser necesarios para un mellor e máis
eficiente funcionamento da Asociación, se fagan acredores de tal distinción. Poderán ser tamén
persoeiros de especial relevancia e interese para acadar os obxectivos estatutarios. O nomeamento
dos socios de honra corresponderá á Asemblea Xeral. Estes socios de honra poderán ser persoas
físicas.

2.- Os GRUPOS xa constituídos e interesados en formar parte da ASOCIACIÓN deberán dirixir un


escrito asinado á presidencia da mesma, na que se manifeste a intención de pertencer á entidade,
expoñendo os motivos e comprometéndose á defensa dos intereses que a Asociación representa e
que se fixan nos presentes Estatutos. Ademais deberán presentar unha Memoria de actividades do
último ano, a acreditación da representación que ostente o peticionario e os Estatutos da súa
Asociación. Esta solicitude deberá estar avalada como mínimo por tres socios á hora de formalizar
dita solicitude de admisión.
A presidencia dará traslado da solicitude á Asemblea Xeral quen deberá aprobar ou denegar a
petición na súa seguinte reunión.
Trala aceptación da solicitude de admisión, non se adquirirá a condición de socio mentres non se
satisfaga a cota de entrada, que establecerá a Asemblea Xeral.

3
Artigo 7.- Perda da condición de socio.

1.- A condición de socio perderase polos seguintes motivos:


a) Por vontade propia, para o que precisarase comunicalo por escrito á presidencia, que o
elevará á Asemblea.
b) Por disolución da entidade de carácter asociativo.
c) Por sanción imposta pola Asemblea como consecuencia do incumprimento das
obrigacións inherentes á condición de socio. O acordo de expulsión notificarase por
escrito.
2.- A baixa por calquera motivo da Asociación non exime ó asociado de cumprir as obrigacións
e compromisos de calquera natureza que tiveran pendentes.

Artigo 8.- Dereitos dos asociados.

Os asociados terán os seguintes dereitos:


a) Elixir e ser elixidos para formar parte da Xunta Directiva ou dos posibles órganos creados
no seno da entidade.
b) Dereito de voz e voto na Asemblea Xeral.
c) Coñecer as actividades e solicitar e recibir información sobre calquera aspecto relacionado
coa Asociación.
d) Esixir que a sociedade axuste o seu comportamento á lexislación.
e) Todos aqueles que poidan deducirse da normativa.

Artigo 9.- Deberes dos asociados.

Os asociados deberán cumprir coas seguintes obrigas:


a) Satisfacer a cota correspondente tanto de entrada, como a periódica de mantemento.
b) Acatar os Estatutos e acordos válidos da Xunta Directiva.
c) Asistir á Asemblea Xeral e acatar os acordos validamente adoptados.
d) Fomentar todos aqueles obxectivos e ideais que promove a entidade.
e) Cumprir todos os demais deberes que resulten das normas legais e estatutos, así como dos
acordos validamente adoptados.

4
Artigo 10.- Órganos rectores.
A Asociación terá como órganos rectores:
a) A Asemblea Xeral
b) A Xunta Directiva
c) Outros órganos executivos.

Artigo 11.- A Asemblea Xeral.

Determinase como órgano principal de administración e xestión da Asociación a Asemblea Xeral,


que estará integrada por tódolos asociados. Todos eles poderán intervir directamente e ser elixidos
sen excepción.
A Asemblea Xeral poderá reunirse con caracter ordinario ou extraordinario.

Serán competencia da Asemblea Xeral Ordinaria:


a) Elección da Xunta Directiva.
b) Expulsión de asociados.
c) Nomeamento de socios de honra.
d) Coñecer e aprobar se procede, a Memoria Anual de actividades realizadas e aquelas a
realizar.
e) Aprobar, se procede, as contas do exercicio anterior.
f) Aprobar o presuposto do exercicio seguinte.
g) Acordar a solicitude de Declaración de Utilidade Pública.
h) Aprobar as cotas de ingreso e periódicas dos socios, así como a forma de facelas efectivas.
i) Resolver sobre cantas cuestións afecten á boa marcha da entidade e que sexan sometidas a
súa consideración pola Xunta Directiva, o que se poidan propor co carácter de rogo ou
pregunta por calquera dos asociados.

Serán competencia da Asemblea Xeral Extraordinaria:


a) Aprobar e modificar os Estatutos que rexen a entidade.
b) Disolución da Asociación.
c) Aprobar e modificar o Regulamento de Réxime Interno, caso de existir éste.
d) Separación de membros e nomeamento da Xunta Directiva.
e) Acordo para constituir unha Federación de Asociacións ou integrarse en ela.

5
Para os acordos adoptados sobre as competencias da Asemblea Xeral Ordinaria necesitarase a
maioría simple dos presentes. Para os acordos que sobre as competencias da Asemblea Xeral
Extraordinaria será necesaria a maioría do 51% dos membros con dereito ó voto da Asemblea.

A Asemblea Xeral Ordinaria terá lugar unha vez ó ano, e será notificada cunha antelación mínima
de quince días. Comunicarase a todos os socios individualmente, achegando coa notificación a Orde
do día e a documentación correspondente dos asuntos a tratar.

A Asemblea Xeral Extraordinaria deberá convocarse do mesmo xeito ca Ordinaria, pero ésta
celebrarase por solicitude de polo menos un trinta por cento dos socios, ou previo acordo da Xunta
Directiva cunha antelación mínima de oito días, e non se poderán tratar outros temas que aqueles
para os que expresamente foi convocada.

De cada reunión levantarase a Acta correspondente, que será asinada polo Secretario e o Presidente.

A Asemblea Xeral, tanto de carácter Ordinario como Extraordinario, quedará validamente


constituída en primeira convocatoria cando concorran nela a maioría dos socios. En segunda
convocatoria, transcorridos trinta minutos dende a hora da primeira, será suficiente a concorrencia
dun cuarto dos socios. En calquera dos casos deberán estar presentes o Presidente e o Secretario.

Os acordos adoptados conforme a este artigo obrigará a todos os socios, incluso ós non asistentes.

Os acordos adoptados polas Asembleas Xerais acreditaranse mediante certificación expedidas polo
Secretario co Visto e Prace do Presidente.

Artigo 12.- Xunta Directiva.

A Xunta Directiva é o órgano administrativo con facultades xestoras, executivas e de


representación. Formarán parte da Xunta Directiva representantes das entidades asociadas, segundo
estableza a Asemblea Xeral.

Na reunión de constitución da Xunta Directiva os seus membros elixirán entre eles ao Presidente,
Vicepresidente, Secretario e Tesoureiro e o resto serán vocais. O seu mandato terá unha duración

6
de dous anos, renovándose por mitades anualmente, podendo ser relexidos os seus membros ao
rematar o mandato.

Todos os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuítos, e non poderán percibir
retribucións con cargo a fondos e subvencións públicas, e só poderán formar parte dela os
asociados.

Contarán cos medios persoais e materiais adecuados e coa organización idónea para garantir o
cumprimento dos fins estatutarios.

A Xunta Directiva reunirase cantas veces o determine a Presidencia, ou a iniciativa ou petición de


dous tercios dos seus membros.

As reunións da Xunta Directiva serán convocadas por escrito, con indicación do Orde do día. As
Ordinarias cunha antelación de corenta e oito horas, e as Extraordinarias en calquera momento e
polo procedemento máis axeitado.

O quórum de constitución, na primeira convocatoria será a metade máis un dos seus membros, e na
segunda convocatoria calquera que sexa o número de asistentes. Para que seus acordos sexan
válidos deberán ser tomados por maioría simple de votos. En ambos casos será precisa a presenza
da Presidencia e Secretario ou dos seus substitutos delegados.

No caso de empate a presidencia terá o voto de calidade.

Das sesións levantará Acta o Secretario, co visto e prace da presidencia.

As funcións da Xunta Directiva extenderánse con carácter xeral a todos os actos propios das
finalidades da asociación, sempre que non requiran segundo estes estatutos, autorización expresa da
Asemblea Xeral.

Serán facultades particulares da Xunta Directiva as seguintes:

a) Executar os acordos da Asemblea Xeral e as accións de goberno da entidade.

7
b) Presentar anualmente á Asemblea Xeral: a Memoria social, Informe económico-financieiro
anual e Conta xeral de ingresos e gastos explicativa da marcha da entidade durante o
exercicio, así como o Orzamento anual de gastos e ingresos, Memoria e planificación de
actividades da mesma para o exercicio seguinte.
c) Resolver as dúbidas que se susciten sobre a interpretación das normas estatutarias,
regulamentos e normativas internas e suplir as súas posibles omisións, sen prexuízo de
someter as súas decisións á Asemblea Xeral que se celebre.
d) Organizar e distribuir os traballos e responsabilidades entre os asociados.
e) Levar a cabo a administración da entidade.
f) Propoñer á Asemblea Xeral a fixación das cotas de ingreso e periódicas así como a súa
forma de pago.
g) Admitir ou suspender ós membros da Asociación.
h) Propoñer o nomeamento de Socios de honra, que nunca terán dereito ó voto.
i) Cumprir e facer cumprir as normas estatutarias, as de carácter regulamentario, no seu caso, e
aqueles acordos que adopte a Asemblea Xeral.
j) Aprobar os expedientes de contratación.
k) Será responsable de todo o concerninte ó persoal contratado pola Asociación.
l) Inspeccionar a contabilidade e preocuparse de que os servizos funcionen con normalidade.
m) Realizar as xestións necesarias ante os Organismos Públicos, entidades e outras persoas,
para conseguir subvencións e outras axudas.
n) Abrir contas correntes e libretas de aforros en calquera establecemento de crédito aforro e
dispoñer dos fondos que destos depósitos para o cumprimento dos obxectivos estatutarios.
o) Calquera outra facultade que non esté atribuida dunha maneira específica á Asemblea Xeral
ou que se delegue expresamente na Xunta Directiva.

A Xunta Directiva poderá delegar funcións nun ou máis delegados, que terán as facultades que se
expresen no seu nomeamento.

As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta
Directiva serán cubertas provisionalmente entre ditos membros hasta a elección definitiva pola
Asemblea Xeral Ordinaria.

8
1.- Presidencia.

A Presidencia asume a representación legal da asociación a tódolos efectos e da Xunta Directiva,


tanto en xuízo como fora del, con voto de calidade no caso de empate. Terá como funcións:

a) Direción e representación legal da Asociación.


b) Dirixir, ordenar e arbitrar os debates da Xunta Directiva e da Asemblea Xeral, así como
convocar as reunións, presidilas e fixar a orde do día.
c) Ordenar os gastos e pagos da entidade, asinando xunto coa Tesourería.
d) Autorizar coa súa sinatura os escritos e comunicacións necesarios para o funcionamento da
asociación, así como visar os documentos autorizados polo Secretario, especialmente se
teñen o carácter de certificacións.
e) Asumir e realizar tantas encomendas como lle sexan encargadas por acordo da Xunta
Directiva ou da Asemblea Xeral.
f) Visar as Actas da reunión e vixiar a execución dos acordos adoitados.
g) Todas aquelas funcións que lle sexan atribuídas no Regulamento de Réxime Interno.
h) Subscribir contratos a nome da Asociación, outorgar poderes a terceiros, interpoñer
reclamacións ante a vía gobernativa e ante a xurisdicción ordinaria e as especiais, aceptar
donativos, legados e herdanzas, exercitar accións e opoñer excepcións.
i) Coordinar tódalas actividades que constitúan o obxecto da Asociación.

Á Presidencia será sustituida, no caso de ausencia ou enfermidade, pola Vicepresidencia ou o


asistente de máis idade.

2.- Vicepresidencia.

Terá como funcións sustituir á Presidencia no caso de ausencia ou enfermidade e/ou asistilo no
exercicio das súas funcións. Asemesmo realizará as funcións que ésta lle delegue.

3.- Vocais.

Os vocais terán as obrigas propias do seu cargo como membros da Xunta Directiva, así como as
que nazan das delegacións ou comisións de traballo que a propia Xunta encomende. Os vocais

9
desempeñarán as funcións xenéricas do seu cargo, sen prexuízo de aquelas outras que por acordo da
Xunta Directiva lles sexan asignadas.

Artigo 13.- Secretaría.

Á Secretaría corresponderanlle as seguintes funcións:

a) Actuar exercendo como tal en tódalas reunións.


b) Custodiar os Libros de Actas e documentación da Asociación, excepto os Libros de
Contabilidade, selos e o ficheiro da Asociación.
c) Dirixir, organizar e coordinar o desenvolvemento das actividades administrativas da
entidade.
d) Redactar e anotar nos libros correspondentes as Actas das reunións da Xunta Directiva e da
Asemblea Xeral, así como expedir certificacións dos mesmos co visto e prace do Presidente.
e) Levar a correspondencia ordinaria e exercer, no seu caso, a xefatura do cadro de persoal da
entidade.
f) Levar o Rexistro e o Ficheiro.
g) Executar os acordos estatutariamente adoptados, baixo a supervisión do Presidente.
h) Redactar a Memoria anual da Asociación.
i) Todas aquelas que lle sexan atribuídas no Regulamento de Réxime Interno ou pola Xunta
Directiva.

Artigo 14.- Tesourería.

Son funcións encomendadas á Tesourería:

a) Recadar os dereitos e pagar as obrigas.


b) Distribuír no tempo as dispoñibilidades dinerarias para a puntual satisfacción das obrigas.
c) Responder dos avais contraídos pola Asociación.
d) Realizar as demais que se deriven ou relacionen coas anteriormente numeradas.
e) O manexo e custodia dos fondos, valores e efectos da Asociación, de conformidade co
establecido polas disposicións legais vixentes.
f) A realización de cantos cobros e pagos corresponda ós fondos e valores da Entidade, de
conformidade co establecido polas disposicións legais vixentes.

10
g) A organización e custodia dos fondos, valores e efectos de conformidade coas directrices
sinaladas pola Presidencia.
h) Executar, conforme as directrices marcadas pola Asociación, as consignacións en Bancos,
Caixa Xeral de Depósitos e establecementos semellantes, autorizando xunto co ordenador de
pagos dos cheques e demais ordes de pago que se xiren contra as contas abertas pola
Asociación.
i) A formación dos planes e programas de Tesourería, distribuíndo no tempo as
dispoñibilidades dinerarias da Entidade para a puntual satisfacción das súas obrigas,
atendendo as prioridades legalmente establecidas, conforme ás directrices marcadas pola
Asociación.

Artigo 15.- Réxime económico.

A Asociación non dispón de patrimonio fundacional.

A Asociación terá patrimonio propio, que estará constituído polos ingresos provintes de:

a) Aportacións económicas dos socios.


b) Donacións ou subvencións.
c) Resultados económicos que se poidan producir polas actividades organizadas pola entidade,
co fin de recadar fondos.
d) Das rendas do Patrimonio.
e) Outros ingresos calquera permitidos pola lexislación vixente.

As cotas ordinarias e extraordinarias se establecerán pola Asemblea Xeral, a proposta da Xunta


Directiva, e non son reintegrables en caso algún.

Para a admisión de novos socios, poderá ser fixada pola Asemblea Xeral, como aportación inicial,
no reintegrable, unha cota de admisión.

A Asociación disporá dunha relación actualizada dos seus asociados, levará unha contabilidade que
permita obter a imaxe fiel do patrimonio, do resultado e da súa situación financeira, así como das
actividades realizadas, efectuará un inventario dos seus bens e recollerá nun Libro as Actas das

11
reunións da Xunta Directiva e da Asemblea Xeral. A contabilidade se levará conforme ás normas
específicas que lles resulte de aplicación.

O exercicio asociativo e económico será anual e o seu peche terá lugar o 31 de decembro de cada
ano.

Artigo 16.- Disolución da Asociación.

A Asociación constitúese por tempo indefinido e se poderá disolver, no seu caso, nos supostos
seguintes:

a) Por sentencia xudicial.


b) Por acordo da Asemblea Xeral, convocada ó efecto, precisando unha maioría de votos dos
2/3 dos asociados.
c) Por carecer de recursos económicos para cubrir os gastos máis elementais.
d) Polas demais causas que poida determinar a Lei.

No caso de disolución a Asemblea Xeral elixirá entre seus membros a tres deles, para constituír a
correspondente Comisión Liquidadora, ostentando o de maior idade a Presidencia da mesma.

A Comisión Liquidadora se fará cargo do patrimonio existente, e satisfará as débedas e realizará os


créditos da entidade.

De existir un saldo positivo en dita liquidación, éste será entregado a calquera entidade legalmente
constituída que se dedique a idénticos ou análogos fins que a Asociación.

12
DISPOSICIÓN ADICIONAL

Os presentes Estatutos entran en vigor inmediatamente despois da aprobación e cumprimento das


disposicións legais aplicables.

En todo canto non esté previsto nos presentes Estatutos aplicarasé a Lei Orgánica 1/2002, de 22 de
marzo, reguladora do Dereito de Asociación, e as disposicións complementarias.

-------------------------------------------------

Pontevedra, 04 de abril de 2008

A Secretaría VºBº Presidencia


(selo da asociación)

13

You might also like