You are on page 1of 11

Departamento de Economía

ECONOMÍA
Programación

IES A Xunqueira II
1º de Bacharelato.
Curso 2010/11

Introducción.
A omnipresencia do económico na sociedade na que vivimos, incidindo directamente tanto nas decisións
individuais como colectivas, fai que sexa necesario achegarse á economía para coñece-las súas claves
básicas, e así poder entende-la realidade na que nos desenvolvemos.
Ó longo dos tempos, as formas de organizar e levar adiante "o económico" foron variando, pasando duns
modos de producción a outros, segundo as necesidades concretas de cada contexto social. O estudio
desta materia debe permitirlles a alumnos e alumnas acceder, dun xeito simple, a unha visión dos cambios
que co desenvolvemento das sociedades se foron dando; debe permitirlles, tamén, acceder ós diferentes
enfoques do estudio da economía: desde o modelo neoclásico e liberal á interpretacións máis sociais ou
mesmo achegadas á ecoloxía, permitindo distingui-los intereses e valores que detrás de cada un se
atopan.
Para comprende-los cambios sociais que se produciron na relación económica entre home e a natureza
necesítase vincula-lo estudio desta materia a outras ciencias como a historia, a bioloxía, a antropoloxía, a
socioloxía, a ecoloxía, etc. Trátase de estudia-la evolución do económico en consonancia con outros
campos do coñecemento científico, á vista dos problemas que presentan as sociedades industriais de
hoxe, dándolle un enfoque multidisciplinar.
A situación actual de pobreza e desigualdade nun contexto de deterioración ambiental global introduce a
necesidade de resaltar no estudio desta materia a configuración de valores, salientando aquelas
actitudes encamiñadas a desenvolve-la solidariedade entre as persoas e os pobos, a preeminencia de
relacións non competitivas entre as persoas e a crítica ante as inxustizas sociais que favorecen e
potencian as desigualdades.
A poboación, os recursos, a producción e a distribución da riqueza na súa dimensión local e global; a
inflación, o desemprego e o desenvolvemento económico son aspectos que se deben considerar e deben
ser explicados tendo en conta o contexto no que se producen, con vistas a entende-la economía como
unha ciencia social en continua evolución.
Á hora de selecciona-los contidos débese ter en conta que se trata dun curso de iniciación, polo que debe
prevalece-la comprensión, interpretación e descrición dos fenómenos económicos, máis que a súa
explicación técnica, para a que precisarían ferramentas mais complexas que desviarían a atención do
obxectivo principal da materia: recoñecer cómo a sociedade xera os recursos necesarios para satisface-las
necesidades das persoas que a forman.
Os contidos procedimentais deben ter unha especial presencia, xa que o estudio, a observación e a
realización de pequenas investigacións e resolución de problemas deben se-la ponte para chegar a
contidos conceptuais máis abstractos.
Outro especto de importancia é o relativo a contidos de carácter transversal como a igualdade de
oportunidades, e entre sexos, a educación para a paz o coidado do medio ambiente, ... todos eles
desenvolvidos no decurso da materia, mesmo algún deles con referencia a aspectos de orde cláramente
económica: igualdade de sexos no eido laboral, coidado do medio ambiente e externalidades,
responsabilidade social da empresa, actitudes e valores baseados na cooperación e a solidaridade, ...

Obxectivos.
Coñecer e utiliza-los conceptos económicos básicos. Elaborar e formular xuízos e criterios
persoais acerca de problemas económicos de actualidade. Comunica-las súas opinións a
outros de forma razoada, argumentar con precisión e rigor e acepta-la discrepancia e os
puntos de vista distintos como vía de entendemento e enriquecemento persoal.
Coñece-lo funcionamento do sistema económico, identificando as diferentes magnitudes
que se utilizan para segui-la súa evolución. Identificar e comprende-lo papel dos axentes
económicos como protagonistas da actividade económica.
Obter unha visión sintética do funcionamento económico a nivel mundial, manifestando
interese por coñece-los grandes problemas económicos actuais como as desigualdades
económicas mundiais, a fame e o subdesenvolvemento, os problemas demográficos e de
Departamento de Economía

sobreexplotación dos recursos, e a relación entre a producción e o consumo coa


degradación ambiental; analizándoos con sentido crítico e solidario.
Interpreta-las mensaxes, datos e informacións que aparecen nos medios de comunicación,
sobre problemas económicos actuais. Relaciona-los feitos económicos significativos cas
conceptos e métodos utilizados pola economía, así como relacionalos co contexto social,
cultural e político no que ocorren. Trasladar esta reflexión á situación cotiá e analiza-las
medidas correctoras que se propoñen.
Identificar e coñecer o ciclo da actividade económica, distinguindo os diferentes sistemas
económicos e formándose un xuízo persoal sobre as bondades e defectos de cada un
deles.
Identifica-los mecanismos e valores da economía de mercado coñecendo o seu
funcionamento, así como os seus límites e fallos, formulando un xuízo crítico do sistema.
Ser quen de resolver problemas relacionados coas diferentes formas de organización do
mercado.
Coñecer e comprende-los trazos característicos da situación e perspectivas da economía
galega e española, analizando a súa situación no contexto económico internacional e as
fontes estatísticas dispoñibles para o seu estudo.
Coñecer e comprender o funcionamento do sistema financeiro, do papel do diñeiro na
sociedade e os principais instrumentos utilizados na vida cotiá das persoas en relación ós
asuntos financeiros e monetarios.
Analizar e valorar criticamente as repercusións do crecemento económico sobre o
ambiente e a calidade de vida das persoas.

Contidos.
I. A actividade económica e os sistemas económicos.
Conceptos.
-Concepto e método na economía.
-Conflicto entre recursos escasos e necesidades ilimitadas. Clasificacións de necesidades e bens
económicos, así como dos instrumentos utilizados para medi-lo seu nivel de satisfacción.
-O custo de oportunidade e a fronteira de posibilidades de producción.
-O contido económico das relacións sociais. As relacións de producción e os sistemas económicos: trazos
diferenciais: sistema capitalista, socialista e mixto.
-Os factores de producción: terra, traballo e capital.
-Axentes económicos: empresas e empresarios, economías domésticas, sector público e sector exterior.
Interrelacións entre os diferentes axentes. O fluxo da renda entre as economías domésticas, as empresas
e o Estado.
-Actividade económica e poboación: distribución, crecemento e estructura. Taxas de actividade, ocupación
e paro. Evolución da poboación.
-Consideración económica do ambiente. Consumo de materias primas e enerxía. Actuacións económicas
agresivas coa natureza e medidas correctoras.

Procedementos.
1. Identificar as actividades productivas e os procesos de traballo do entorno.
2. Analizar e clasificar as necesidades e o seu grado de satisfacción.
3. Diferenciar os diferentes sistemas económicos proporcionando exemplos sobre as súas
características.
4. Realizar gráficas e exercicios arredor do custo de oportunidade e a fronteira de posibilidades de
producción.
5. Analizar e comentar textos de diversa procedencia arredor dos asuntos desta unidade.
6. Calcular taxas de ocupación actividade, etc. relacionadas coa poboación.

Actitudes.
a. Darse de conta que a economía somos todos
b. Valorar a acción do home sobre o medio ambiente, identificando os recursos naturais
como un input nos procesos productivos.
c. Sensibilizarse ante as desigualdades económicas no mundo.
d. Valorar o positivo e o negativo dos diferentes sistemas económicos.
e. Valorar a evolución do sistema económico no que vivimos e nos desenvolvemos.
Departamento de Economía

II. Producción e interdependencia económica.


Conceptos.
-O proceso de producción: os seus elementos. As unidades de consumo e producción. Fluxos de bens e
servicios que teñen lugar na economía, representación e interdependencia.
-División técnica do traballo, productividade e interdependencia. A empresa como instrumento de
coordinación da producción.
-Análise dos sectores económicos da economía galega e española. Datos sectoriais da economía galega e
española: comparación con outras zonas. Puntos fortes e débiles da economía galega na súa
contextualización dentro dunha economía global.
-Poboación: taxas de actividade, desemprego. Evolución da poboación.

Procedementos.
1. Identificar as actividades productivas e os procesos de traballo do entorno.
2. Analizar e comentar datos estatísticos arredor dos aspectos do tema estudiados.
3. Comentar textos de diferente procedencia arredor dos aspectos analizados.
4. Propoñer solucións perante os problemas presentados.
5. Resolver problemas e cuestións de carácter práctico relacionadas coa producción e coa estructura
económica de Galicia e de España.
6. Construír gráficos arredor a evolución da poboación en Galicia e en España. Explicar as
estatísticas de poboación.

Actitudes.
a. Valorar a importancia da distribución sectorial do traballo como representativa da
estructura social.
b. Dar unha opinión razoada sobre a evolución e importancia dos factores tecnolóxicos na
empresa e na sociedade.
c. Actitude non sexista diante do papel da muller no mercado de traballo e na sociedade en
xeral.

III. Intercambio e mercado.


Conceptos.
-A formación do excedente e o intercambio. O mercado e a asignación de recursos. Os fallos do mercado.
-A oferta e a demanda de bens. O equilibrio do mercado e a fixación dos prezos. Expresión gráfica do
equilibrio da empresa no mercado de competencia perfecta. A elasticidade.
-Funcionamento dos diferentes tipos de mercado. Efectos que se producen no prezo e nas cantidades de
equilibrio no contorno de cada un deles.
-A competencia perfecta e imperfecta. Tipos de mercado que operan na realidade e comparación cos
estudiados a nivel teórico.

Procedementos.
1. Identificar a interrelación entre consumidores e productores.
2. analizar o funcionamento dunha economía a partir do funcionamento dos mercados nela.
3. Diferenciar os diferentes tipos de mercado na realidade e identificar as características dos modelos
estudiados no mercado real.
4. Construír táboas e gráficas arredor dos conceptos de demanda, oferta e equilibrio.
5. Resolver exercicios coas solucións que o mercado da a problemas de producción e asignación.

Actitudes.
a. Tomar conciencia do noso papel no sistema económico como consumidores, cos nosos
dereitos e obrigas.
b. Valorar o papel das empresas como oferentes de bens e das motivacións dos empresarios
para desenvolver o seu traballo.
c. Recoñecer a importancia do mercado como asignados eficiente de recursos.
d. Valorar aquelas áreas nas que o mercado non proporciona solucións eficientes e tratar de
artellar solucións para elo.

IV. Macroeconomía. As magnitudes nacionais e indicadores dunha economía.


Departamento de Economía

Conceptos.
-Macroeconomía. Riqueza nacional e individual. O producto nacional e as principais magnitudes
relacionadas. Cálculo e relacións entre variables macroeconómicas, do producto interior á renda
dispoñible.
-As fontes de información.
-A distribución da renda. Comparación entre distintos sistemas e niveis de desenvolvemento.
-Os medidores de riqueza. Cálculo e interpretación de indicadores económicos básicos e análise
cuantitativa e cualitativa.
-Desenvolvemento e crecemento.
-A interdependencia da actividade económica. A producción e as relacións intersectoriais.

Procedementos.
1. Analizar os mecanismos de distribución da renda nos sistemas económicos.
2. Analizar datos estatísticos, cadros, táboas relacionados cos principais datos macroeconómicos do
país.
3. Comparar datos de diferentes países tirando deles as oportunas conclusións.
4. Comparar os diferentes niveis de renda das persoas.
5. Comentar textos de diversa natureza relacionados cos contidos do tema.
6. Relacionar os diferentes indicadores co nivel de crecemento económico ou, se é o caso, de crise.

Actitudes.
a. Valorar as diferencias na distribución da renda.
b. Ser conscientes da orixe nos diferentes niveis de renda.
c. Amosar unha actitude crítica respecto da desigualdade na distribución da renda.
d. Valorar a inclusión de indicadores medioambientais na elaboración das contas
macroeconómicas.

V. A toma de decisións e a intervención do Estado na economía.


Conceptos.
-O papel do sector público na economía: principias funcións alternativas e obxectivos perseguidos coa
intervención. O paradigma clásico e intervencionista.
-Os orzamentos: os ingresos e os gastos públicos, principais fontes de ingreso e principais destinos do
gasto. A política fiscal.
-As grandes opcións de política económica ante problemas estructurais: desemprego, déficit público e
degradación ambiental.

Procedementos.
1. Clasificar os diferentes tipos de ingresos e gastos públicos.
2. Manexar información e datos arredor da importancia do estado na economía, así como facer unha
valoración dos mesmos.
3. Diferenciar os diferentes tipos de impostos proporcionando exemplos.
4. Interpretar informacións periodísticas acerca de cuestións como os presupostos xerais do estado,
as empresas públicas, a intervención do estado na economía e outras.
5. Recoñecer os instrumentos de intervención do estado na economía.
6. Analizar e discutir aqueles asuntos máis controvertidos sobre a intervención do estado na
economía.
7. Ler e comentar textos arredor dos contidos do tema.

Actitudes.
a. Valorar o positivo e o negativo da intervención do estado na economía.
b. Valorar a equidade dos diferentes tipos de impostos.
c. Valorar as diferentes funcións do estado nunha economía moderna.

VI. Aspectos financeiros da economía.


Conceptos.
-O diñeiro: funcións e clases. Proceso de creación do diñeiro.
-A oferta monetaria, compoñentes e cálculo.
-Valor do diñeiro, indicadores da súa variación. Estudio e interpretación de índices de prezos.
-A inflación, identificación das distintas teorías explicativas e consecuencias sobre os axentes económicos.
Departamento de Economía

-O sistema financeiro. A política monetaria.


-As opcións de política económica ante problemas como a inflación, o investimento, o desemprego.

Procedementos.
1. Analizar o funcionamento do sistema financeiro nunha economía.
2. Recoñecer en feitos concretos as partes do proceso de creación de diñeiro.
3. Identificar as medidas de política monetaria.
4. Utilizar datos e estatísticas para analizar os diferentes contidos do tema, así como proporcionar
unha explicación axeitada das mesmas.
5. Identificar as repercusións da inflación.
6. Analizar as informacións de prensa respecto dos mercados de valores, a política monetaria e
outros asuntos relacionados co mundo financeiro.

Actitudes.
a. Amosar interese por coñecer os aspectos financeiros da economía.
b. Ser conscientes da importancia do sistema financeiro para a economía e para as nosas
vidas.
c. Valorar a importancia da evolución de indicadores financeiros básicos para as nosas vidas:
MIBOR, por exemplo.

VII. Economía internacional.


Conceptos.
-As relacións económicas internacionais. O comercio internacional. Interpretación e análise dos datos
esenciais da balanza de pagamentos. Fluxos monetarios que a economía galega e española manteñen co
exterior.
-O sistema monetario internacional. Os tipos de cambio e o comercio internacional.
-As relacións económicas nun espacio global. A globalización dos mercados de bens e financeiros. O
crecemento económico internacional nas diferentes áreas económicas.
-Acordos e tendencias actuais de cooperación e integración económica: áreas rexionais de integración
económica. A Unión Europea.
-O problema do subdesenvolvemento. A fame e a pobreza. O círculo vicioso da pobreza.

Procedementos.
1. Analizar as avantaxes do comercio internacional a especialización.
2. Interpretar e analizar os datos básicos dunha Balanza de Pagamentos.
3. Confeccionar, a partir dos datos axeitados, unha Balanza de Pagamentos.
4. Identificar as trabas ó libre comercio, as causas e os efectos.
5. Analizar o fenómeno da globalización desde un punto de vista económico.
6. Identificar os principais organismos do comercio internacional.
7. Comprender o funcionamento dos tipos de cambio aplicándoo a exercicios prácticos.
8. Ler e interpretar datos estatísticos de comercio internacional.
9. Valorar as desigualdades norte sur e as posibles solucións.
10. Comentar textos de diferente natureza arredor dos contidos do tema.

Actitudes.
a. Tomar conciencia sobre as necesidades dos países subdesenvolvidos.
b. Valorar a existencia dunha moeda única europea e os efectos beneficiosos e prexudiciais
que elo conleva.
c. Valorar a cooperación económica internacional como xeito de favorecer o crecemento dos
países.
d. Valorar os intercambio internacionais de capitais segundo o seu destino e uso.
e. Tomar conciencia dos graves problemas económicos de parte do mundo e das posibles
solucións.

A estructuración destes contidos farase en unidades homoxéneas, hasta un total de quince diferentes. A
explicación e traballo a realizar sobre os contidos de cada unha destas unidades abranguerá dúas
semanas de media, restando tempo abondo para actividades complementarias ou para compensar
posibles retrasos e imprevistos que poidan xurdir ó longo do curso.
Departamento de Economía

Distribución en temas.
Bloque I: A actividade económica e os sistemas económicos.
Tema 1: A Economía e o séu ámbito.
- Concepto e método na economía.
- Conflicto entre recursos escasos e necesidades ilimitadas. Clasificacións de necesidades e bens
económicos, así como dos instrumentos utilizados para medi-lo seu nivel de satisfacción.
- O contido económico das relacións sociais. As relacións de producción e os sistemas económicos:
trazos diferenciais. Formas históricas de propiedade e de relacion entre as persoas segundo a súa
posición no proceso productivo.
Tema 2: Os factores de producción e Axentes Económicos.
- Actividade económica e poboación: distribución, crecemento e estructura. Taxas de actividade,
ocupación e paro.
- Consideración económica do ambiente. Consumo de materias primas e enerxía. Actuacións
económicas agresivas coa natureza e medidas correctoras.

Bloque II: Producción e interdependencia económica.


Tema 3: A Poboación.
- Poboación e territorio.
- Densidade de poboación.
- Poboación e recursos.
- Movementos naturais da poboación: natalidade e mortalidade, taxas.
- A explosión e a transición demográficas.
- Movementos migratorios
- Estructura socioeconómica da poboación.
Tema 4: A Producción.
- O proceso de producción: os seus elementos. As unidades de consumo e producción. Fluxos de
bens e servicios que teñen lugar na economía, representación e interdependencia.
- Os axentes económicos. O fluxo da renda entre as economías domésticas, as empresas e o
Estado.
- División técnica do traballo, productividade e interdependencia. A empresa como instrumento de
coordinación da producción.

Bloque III: Intercambio e mercado.


Tema 5: O Mercado
- A formación do excedente e o intercambio. O mercado e a asignación de recursos.
- A oferta e a demanda de bens. O equilibrio do mercado e a fixación dos prezos. Expresión gráfica
do equilibrio da empresa no mercado de competencia perfecta. A elasticidade.
Tema 6: Tipos de Mercado: Monopolio e Competencia Perfecta.
- Funcionamento dos diferentes tipos de mercado. Efectos que se producen no prezo e nas
cantidades de equilibrio no contorno de cada un deles.
- A competencia perfecta e imperfecta. Tipos de mercado que operan na realidade e comparación
cos estudiados a nivel teórico.
Tema 7: Fallos de Mercado.
- Externalidades.
- Bens públicos.
- Posicións de dominio.
- Información imperfecta.
- Eficiencia e equidade.

Bloque IV: Macroeconomía. As magnitudes nacionais e indicadores dunha economía.


Tema 8: Magnitudes Macroeconómicas.
- Macroeconomía. Riqueza nacional e individual. O producto nacional e as principais magnitudes
relacionadas. Cálculo e relacións entre variables macroeconómicas, do producto interior á renda
dispoñible.
- As fontes de información.
- Os medidores de riqueza. Cálculo e interpretación de indicadores económicos básicos e análise
cuantitativa e cualitativa.
Departamento de Economía

-
Tema 9: Funcionamento macroeconómico da economía.
- Oferta e demanda agregadas
- O equilibrio macroeconómico.
- Alteracións do equilibrio macroeconómico.
- A distribución da renda. Comparación entre distintos sistemas e niveis de desenvolvemento.
- Desenvolvemento e crecemento.
- A interdependencia da actividade económica. A producción e as relacións intersectoriais.

Bloque V: A toma de decisións e a intervención do Estado na economía.

Tema 10: A intervención do Estado na economía.


- O papel do sector público na economía: principias funcións alternativas e obxectivos perseguidos
coa intervención. O paradigma clásico e intervencionista.
- Os orzamentos: os ingresos e os gastos públicos, principais fontes de ingreso e principais destinos
do gasto. A política fiscal.
- As grandes opcións de política económica ante problemas estructurais: desemprego, déficit
público e degradación ambiental.

Bloque VI: Aspectos financeiros da economía.


Tema 11: Diñeiro e Sistema Financeiro.
- O diñeiro: funcións e clases. Proceso de creación do diñeiro.
- A oferta monetaria, compoñentes e cálculo.
- Valor do diñeiro, indicadores da súa variación. Estudio e interpretación de índices de prezos.
- A inflación, identificación das distintas teorías explicativas e consecuencias sobre os axentes
económicos.
- O sistema financeiro. A política monetaria.
- As opcións de política económica ante problemas como a inflación, o investimento, o desemprego.
- O sistema financeiro galego.

Bloque VII: Economía internacional.


Tema 12: Comercio Internacional
- As relacións económicas internacionais. O comercio internacional.
- O sistema monetario internacional. Os tipos de cambio e o comercio internacional.
Tema 13: A Balanza de Pagamentos.
- Interpretación e análise dos datos esenciais da balanza de pagamentos. Fluxos monetarios que a
economía galega e española manteñen co exterior.
Tema 14: Desenvolvemento e subdesenvolvemento.
- Desenvolvemento e subdesenvolvemento.
- Os indicadores da riqueza e do desenrolo.
- Desenrolo sustentable.
- Globalización. As relacións económicas nun espacio global. A globalización dos mercados de bens
e financeiros. O crecemento económico internacional nas diferentes áreas económicas.
- A pobreza e a fame no mundo.
- Problemas económicos actuais.
Tema 15: A UE e outras institucións económicas.
- Acordos e tendencias actuais de cooperación e integración económica: áreas rexionais de
integración económica. A Unión Europea.
- Principais institucións e as súas competencias na Unión Europea.
- Outras institucións económicas: BM, FMI, OMC, etc.

Actitudes, valores e normas.


-Curiosidade por comprende-los distintos enfoques que se poidan dar no estudio das ciencias sociais.
-Interese polo correcto uso dos termos e dos conceptos económicos á hora de formular opinións sobre
fenómenos ou problemas de actualidade. Ser capaz de transmitir información con rigor empregando a
Departamento de Economía

terminoloxía e os conceptos aprendidos.


-Curiosidade por comprende-las informacións económicas dos medios de comunicación.
-Análise comparativa e valoración crítica das informacións que aparecen nos diferentes medios de
comunicación social sobre un mesmo feito, diferenciando entre datos, opinións e prediccións.
-Desenvolver unha actitude crítica fronte ás inxustizas sociais e ás desigualdades económicas existentes
no mundo.
-Manter unha actitude crítica ante as consecuencias da publicidade, as técnicas abusivas de consumo e os
seus efectos sobre a calidade de vida das persoas.
-Desenvolver unha actitude de comprensión e interese na solución de problemas nas nosas economías,
coas repercusións que estes teñen na sociedade.
-Valoración do ambiente como un sistema no que repercuten as actividades económicas; valoración, así
mesmo, das consecuencias que os mecanismos económicos impoñen ás persoas e ás sociedades.
-Interese por formar opinións propias sobre cuestións polémicas de actualidade.
-Predisposición favorable ó traballo en equipo, sendo capaces de abordar de forma autónoma o estudio
dos problemas do seu contorno e de realizar investigacións de carácter económico-social.

Criterios de avaliación, contidos mínimos e cualificación.


* Utiliza-los conceptos económicos básicos. Ler, interpretar e elaborar representacións gráficas e cadros
estatísticos sobre cuestións de actualidade relativas a indicadores de tipo económico.
* Identifica-los problemas económicos básicos dunha sociedade e razoa-la forma de resolvelos nos
principais sistemas económicos, así como as súas vantaxes e inconvenientes.
* Sinala-las relacións existentes entre división técnica do traballo, productividade e interdependencia
económica. Analiza-lo funcionamento dos distintos instrumentos de coordinación da producción, así como
os seus desaxustes.
* A partir dos datos sectoriais da economía galega, comproba-la adquisición dun coñecemento global sobre
a estructura productiva no país, comparándoo con outras zonas e indicando solucións ós problemas
detectados. Ser quen de redactar de forma razoada informes ou traballos sobre os diferentes sectores
económicos facendo uso das ferramentas económicas.
* Analizar e valorar exemplos concretos de actuacións económicas que xeren deterioración ambiental e/ou
explotación abusiva dos recursos naturais, tendo en conta as consecuencias.
* Identifica-las características que definen os distintos modelos teóricos de mercado e explica-las
variacións nos prezos dos bens e servicios a partir de cambios en distintas variables como renda, gustos,
prezos doutros bens, etc., contrastando e explicando as desviacións que se producen na realidade con
respecto ós modelos teóricos. Ser quen de calcular equilibrios de mercado referidos a situacións de
competencia perfecta e monopolio, comparando os resultados e analizándoos.
* Diferenciar entre as principais magnitudes macroeconómicas (PIB, PNB, Renda nacional, Renda per
cápita, Renda monetaria e real, Renda dispoñible, tanto nas súas medidas brutas como netas, a prezos de
mercado ou a custo de factores) e analiza-las relacións existentes entre elas, valorando os inconvenientes
que presentan como indicadores da calidade de vida. Calcular as diferentes macromagnitudes. Explica-la
xeración do excedente económico, a súa distribución e a incidencia nas políticas redistributivas.
* Explicar e ilustrar con exemplos significativos as finalidades e funcións do Estado nos sistemas de
economía de mercado, e identifica-los principias instrumentos que utiliza, valorando as vantaxes e
inconvenientes do seu papel na actividade económica. Interpretación dos orzamentos do Estado,
comunidade autónoma ou concello, identificando as principias fontes de ingreso e destinos do gasto.
Identificación en casos concretos de medidas de política fiscal ante problemas de actualidade.
* Describi-lo proceso de creación do diñeiro, os cambios no seu valor e a forma na que estes se miden, e
identifica-las distintas teorías explicativas sobre as causas da inflación e seus efectos sobre o conxunto da
economía.
* Identifica-los compoñentes da oferta monetaria, así como o seu cálculo a partir de datos concretos.
* Identificar e valora-las consecuencias das diferentes políticas económicas que se levan a cabo nos
campos da inflación, desemprego, tipos de xuro, orzamentos, etc.
* Análise comparativa e valoración crítica das informacións que aparecen nos diferentes medios de
comunicación social sobre un mesmo feito, diferenciando entre datos, opinións e prediccións.
* Explica-las causas e valora-la importancia das relacións económicas internacionais, identificando as
diferentes formas que estas poden tomar. Identifica-la estructura básica da balanza de pagamentos.
Analiza-las consecuencias da globalización e do intercambio desigual entre países desenvolvidos e
subdesenvolvidos. Analiza-las repercusións que unha variación nos tipos de cambio dunha moeda ten
sobre o comercio internacional.
* Identificación das vantaxes e desvantaxes competitivas coas que se atopa Galicia nun mercado
mundial. Valoración do espacio económico e monetario europeo como unha forma de amplia-los campos
de presencia e actuación para consumidores e empresas.
* Análise e interpretación de datos, estatísticas, informes, etc. sobre cuestións de economía internacional.
Departamento de Economía

Elaboración de gráficas e cadros sobre aspectos estudiados.


* Poñer exemplos significativos sobre as materias de estudio explicando a adaptación dos mesmos ó que
se explica.
* Amosar unha actitude de interese e curiosidade acerca das materias de estudio, así como gardar unha
compostura axeitada no desenvolvemento das clases para permitir o máximo aproveitamento propio e dos
demais alumnos.
A avaliación valorará o anteriormente exposto mediante o recurso ós seguintes instrumentos:
a) Exames: constarán tanto de preguntas de resposta corta como longa, de problemas para resolver,
de táboas e estatísticas para interpretar e de textos de diversa natureza para comentar, segundo o
tema a examinar. Valorarase especialmente a claridade e redacción correcta das respostas, co uso
dos conceptos teóricos explicados e de exemplos clarificadores. Así mesmo será valorado de
especial xeito que o alumno interrelacione datos dos diferentes temas que se vaian explicando e
incluso doutras materias. A nota media dos exames realizados constitúe o 75% da nota de
avaliación.
b) Traballos: sempre curtos e sobre aspectos concretos. Valorarase o uso dos recursos documentais
axeitados así como a capacidade de síntese e o poder explicatorio ofrecido. A redacción neste tipo
de traballos será de vital importancia. A súa valoración cara a nota de avaliación será do 15%
c) Debates, resolución de exercicios, intervencións variadas e asistencia ás clases, así como a
actitude amosada nelas. Todo elo durante o desenvolvemento normal das clases. Valorarase a
iniciativa e a corrección nas respostas e solucións aportadas. Estes aspectos se concretarán nun
10% do valor da nota de avaliación.
d) Para a nota final se estará á media das tres avaliacións de que consta o curso. Considerarase
superado o curso si esa media e de 5 ou superior nota. Para realizar a devandita media deberanse
ter tódalas avaliacións avaliadas cunha nota mínima de 4. Con carácter excepcional se fará un
exame final de recuperación para aqueles alumnos que non superasen algunha ou algunhas das
avaliacións. En ningún caso este exame será avaliado con máis dun 7.
e) A asistencia ás clases é obrigatoria polo que aqueles alumnos que acumulen faltas de asistencia
por riba do 10% das sesións non poderán ser avaliados máis que co recurso ós exames e probas
obxectivas. Mesmo poderían perder o dereito a avaliación continua e ser avaliados mediante un
exame final.No caso de faltas reiteradas de asistencia (máis de oito faltas por trimestre, sexan
xustificadas ou non) se podería rebaixar a nota de avaliación a razón de 0,25 puntos por cada falta
de asistencia.
f) Opcionalmente, o profesor decidirá si se utiliza un sistema de fichas para avaliar ós alumnos.
Neste sistema se entrega a cada alumno cadansúa ficha con actividades, problemas e cuestións
de diversa natureza relacionadas cos temas a desenvolver ó longo do curso. Esta ficha deberá ser
traballada polo alumno de forma individual, a non ser que se comunique expresamente o contrario.
O profesor corrixirá os diferentes elementos que compoñen a citada ficha e outorgará a puntuación
correspondente. Cada avaliación se farán un total de cinco fichas polo que a cualificación obtida
será a media das mesmas. Para a cualificación global do curso se utilizará a media das avaliacións
xa que se podería dar o caso de que só se recorrese a este sistema nalgunha das avaliacións e
non en todas.

Recuperación.
Ver apartado d) do epígrafe anterior.

Temporalización.
O número de temas en que se estructura o curso é de 15. Cada un deles ten unha carga similar ós outros
polo que se lle adicará aproximadamente o mesmo tempo. Cada avaliación serán obxecto de estudio cinco
temas, sendo así que na primeira avaliación se estudiarán os temas 1 a 5, os temas 6 a 10 na segunda e
os temas 11 a 15 na terceira. Está previsto que cada tema ocupe entre dúas e tres semanas de tempo,
repartidos os días entre as pertinentes explicacións teóricas e a realización de exercicios, cuestións e
outras actividades.

Pendentes.
A avaliación dos alumnos con esta asignatura pendente de superar se fará mediante dúas probas escritas.
A primeira delas a mediados do mes de xaneiro e a segunda a finais do mes de abril. A elección do alumno
dáselle a oportunidade de elixir entre examinarse de toda a materia, ou da metade dela, en cada unha das
datas. Neste último caso deberá superar ambos exames para poder aprobar a materia e a nota obtida será
Departamento de Economía

a media de ambos exames. En calquera caso deberá informar ao profesor da opción que escolla con
antelación suficiente (a lo menos 15 días) para que este prepare o tipo de proba máis axeitado.
O tipo de exame que se fará constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica terá varias
preguntas de resposta curta e unha pregunta alo menos para desenvolver con certa extensión. A parte
práctica constará dalgún dos problemas-tipo relativos a aqueles temas que sexan susceptibles de contelos.
Tamén se podería incluír algunha nova de prensa ou algún texto para que o alumno o comente. A
valoración indicativa e non vinculante de cada unha das partes será de 1/5 para a pregunta de
desenvolvemento longo ou o comentario de texto, 2/5 para as preguntas curtas de teoría e 2/5 para os
problemas prácticos.
Ademais, para aqueles alumnos que así o desexen e llo manifesten ó profesor coa antelación suficiente
(antes do 15 de outubro), se poderán facer diferentes actividades de recuperación divididas en dous
períodos: un dende o inicio do curso ate febreiro (comprenderá os temas 1 a 7) e outro dende febreiro ate
fin de curso (temas 8 a 15). Estas actividades consistirán na preparación de diferentes traballos arredor
dos temas correspondentes encamiñadas a que o alumno traballe cos conceptos de cada un deles. Estes
traballos contarán un 50% da nota final que se lles outorgue ós alumnos. O outro 50% corresponderá ós
exames referidos. Si algún alumno non manifesta o desexo de optar por esta modalidade de actividades de
recuperación, a nota dependerá exclusivamente dos exames antes referidos.

Metodoloxía e materiais didácticos.


Se tratará ó longo do curso de conectar os contidos da materia coa realidade cotiá ó través de materiais
como a prensa, revistas (económicas e xeralistas) e cantos outros medios de comunicacións reflexen
novas de carácter económico. É intención deste profesor adoptar unha perspectiva práctica para que o
alumno se enfronte á materia, fomentando o traballo autónomo, a reflexión e a redacción de pequenos
traballos de investigación. Sen embargo, a experiencia pon de manifesto que non sempre é posible realizar
esas actividades ou, polo menos, co grado necesario de implicación do alumnado. Nese caso, o recurso é
recorrer ó material teórico impreso e ós exercicios con maior asiduidade.
Tentaranse de utilizar con profusión as informacións de carácter periodístico diario para levar os problemas
e noticias de actualidade ás aulas. Outros instrumentos axeitados son os constituídos polas fontes de
información estatística (diversas publicacións do INE, do IGE, do Banco de España, e outras institucións).
Revistas de economía e libros de consulta tamén serán de utilidade.
Non se marca ningún libro de texto en particular, inda que calquera dos ofertados polas diversas editoriais
trata os diferentes conceptos desta programación. A comezos do curso se entregará ós alumnos un
material teórico elaborado polo profesor da asignatura e que constitúe a base teórica sobre a que se
desenvolverá a mesma. Os exames versarán sobre este material teórico e sobre os exercicios e prácticas
desenvolvidas nas clases.

Actividades Complementarias e Extraescolares.


Especial consideración merecen as actividades complementarias e extraescolares como saídas
educativas, asistencia a exposicións, participación en concursos, visita de empresas e institucións, ...
Todas elas serán valoradas a comezos de curso e se indicará ós alumnos a posibilidade de realización
destas actividades, que serán informadas á dirección do centro e ós propios alumnos segundo se teña
coñecemento das que se poidan realizar.
Outro aspecto importante é o Proxecto Lector de Centro. Nesta materia, cunha grande conexión coa
realidade será imprescindible que os alumnos manexen información escrita recollida en libros, xornais,
revistas e outras publicacións. De particular interese para a nosa materia é o tema Educación para o
Consumo, sinalado no propio Proxecto do centro como una referencia a tratar.

Atención á Diversidade.
No tocante á atención á diversidade se tratará de que os alumnos que amosen especiais dificultades
para seguir o ritmo normal das clases poidan facer algún tipo de reforzo, preferentemente a través de
traballo suplementario na súa casa, xa que ven sendo moi difícil prestar atención individualizada na aula.
Para estes casos sería de especial interés contar co apoio do Departamento de Orientación de cara a
establecer os mellores métodos para tratar esta cuestión.
Departamento de Economía

ECONOMÍA
1º BACHARELATO
A omnipresencia do económico na sociedade na que vivimos, incidindo directamente tanto nas decisións individuais como colectivas,
fai que sexa necesario achegarse á economía para coñece-las súas claves básicas, e así poder entende-la realidade na que nos
desenvolvemos.
Ó longo dos tempos, as formas de organizar e levar adiante "o económico" foron variando, pasando duns modos de producción a
outros, segundo as necesidades concretas de cada contexto social. O estudio desta materia debe permitirlles a alumnos e alumnas
acceder, dun xeito simple, a unha visión dos cambios que co desenvolvemento das sociedades se foron dando; debe permitirlles,
tamén, acceder ós diferentes enfoques do estudio da economía: desde o modelo neoclásico e liberal á interpretacións máis sociais ou
mesmo achegadas á ecoloxía, permitindo distingui-los intereses e valores que detrás de cada un se atopan. Dende un enfoque
multidisciplinar.
A situación actual de pobreza e desigualdade nun contexto de deterioración ambiental global introduce a necesidade de resaltar no
estudio desta materia a configuración de valores, salientando aquelas actitudes encamiñadas a desenvolve-la solidariedade entre
as persoas e os pobos, a preeminencia de relacións non competitivas entre as persoas e a crítica ante as inxustizas sociais que
favorecen e potencian as desigualdades.

Criterios de avaliación e contidos mínimos.


* Utiliza-los conceptos económicos básicos. Ler, interpretar e elaborar representacións gráficas e cadros estatísticos sobre cuestións
de actualidade relativas a indicadores de tipo económico.
* Identifica-los problemas económicos básicos dunha sociedade e razoa-la forma de resolvelos nos principais sistemas económicos,
así como as súas vantaxes e inconvenientes.
* Sinala-las relacións existentes entre división técnica do traballo, productividade e interdependencia económica. Analiza-lo
funcionamento dos distintos instrumentos de coordinación da producción, así como os seus desaxustes.
* A partir dos datos sectoriais da economía galega, comproba-la adquisición dun coñecemento global sobre a estructura productiva no
país, comparándoo con outras zonas e indicando solucións ós problemas detectados. Ser quen de redactar de forma razoada
informes ou traballos sobre os diferentes sectores económicos facendo uso das ferramentas económicas.
* Analizar e valorar exemplos concretos de actuacións económicas que xeren deterioración ambiental e/ou explotación abusiva dos
recursos naturais, tendo en conta as consecuencias.
* Identifica-las características que definen os distintos modelos teóricos de mercado e explica-las variacións nos prezos dos bens e
servicios a partir de cambios en distintas variables como renda, gustos, prezos doutros bens, etc., contrastando e explicando as
desviacións que se producen na realidade con respecto ós modelos teóricos. Ser quen de calcular equilibrios de mercado referidos a
situacións de competencia perfecta e monopolio, comparando os resultados e analizándoos.
* Diferenciar entre as principais magnitudes macroeconómicas (PIB, PNB, Renda nacional, Renda per cápita, Renda monetaria e real,
Renda dispoñible, tanto nas súas medidas brutas como netas, a prezos de mercado ou a custo de factores) e analiza-las relacións
existentes entre elas, valorando os inconvenientes que presentan como indicadores da calidade de vida. Calcular as diferentes
macromagnitudes. Explica-la xeración do excedente económico, a súa distribución e a incidencia nas políticas redistributivas.
* Explicar e ilustrar con exemplos significativos as finalidades e funcións do Estado nos sistemas de economía de mercado, e
identifica-los principias instrumentos que utiliza, valorando as vantaxes e inconvenientes do seu papel na actividade económica.
Interpretación dos orzamentos do Estado, comunidade autónoma ou concello, identificando as principias fontes de ingreso e destinos
do gasto. Identificación en casos concretos de medidas de política fiscal ante problemas de actualidade.
* Describi-lo proceso de creación do diñeiro, os cambios no seu valor e a forma na que estes se miden, e identifica-las distintas
teorías explicativas sobre as causas da inflación e seus efectos sobre o conxunto da economía.
* Identifica-los compoñentes da oferta monetaria, así como o seu cálculo a partir de datos concretos.
* Identificar e valora-las consecuencias das diferentes políticas económicas que se levan a cabo nos campos da inflación,
desemprego, tipos de xuro, orzamentos, etc.
* Análise comparativa e valoración crítica das informacións que aparecen nos diferentes medios de comunicación social sobre un
mesmo feito, diferenciando entre datos, opinións e prediccións.
* Explica-las causas e valora-la importancia das relacións económicas internacionais, identificando as diferentes formas que estas
poden tomar. Identifica-la estructura básica da balanza de pagamentos.
Analiza-las consecuencias da globalización e do intercambio desigual entre países desenvolvidos e subdesenvolvidos. Analiza-las
repercusións que unha variación nos tipos de cambio dunha moeda ten sobre o comercio internacional.
* Identificación das vantaxes e desvantaxes competitivas coas que se atopa Galicia nun mercado
mundial. Valoración do espacio económico e monetario europeo como unha forma de amplia-los campos de presencia e actuación
para consumidores e empresas.
* Análise e interpretación de datos, estatísticas, informes, etc. sobre cuestións de economía internacional. Elaboración de gráficas e
cadros sobre aspectos estudiados.
* Poñer exemplos significativos sobre as materias de estudio explicando a adaptación dos mesmos ó que se explica.
* Amosar unha actitude de interese e curiosidade acerca das materias de estudio, así como gardar unha compostura axeitada no
desenvolvemento das clases para permitir o máximo aproveitamento propio e dos demais alumnos.
A avaliación valorará o anteriormente exposto mediante o recurso ós seguintes instrumentos:
• Exames: A nota media dos exames realizados constitúe o 75% da nota de avaliación.
• Traballos: A súa valoración cara a nota de avaliación será do 15%
• Debates, resolución de exercicios, intervencións variadas e asistencia ás clases, así como a actitude amosada nelas. Estes
aspectos se concretarán nun 10% do valor da nota de avaliación.
• Para a nota final se estará á media das tres avaliacións de que consta o curso. Considerarase superado o curso si esa
media e de 5 ou superior nota. Para realizar a devandita media deberanse ter tódalas avaliacións avaliadas cunha nota
mínima de 4. Con carácter excepcional se fará un exame final de recuperación para aqueles alumnos que non superasen
algunha ou algunhas das avaliacións. En ningún caso este exame será avaliado con máis dun 7.
• A asistencia ás clases é obrigatoria polo que aqueles alumnos que acumulen faltas de asistencia por riba do 10% das
sesións non poderán ser avaliados máis que co recurso ós exames e probas obxectivas. Mesmo poderían perder o dereito
a avaliación continua e ser avaliados mediante un exame final.

You might also like