You are on page 1of 2

INFORMACIÓN AOS

MEDIOS
A XUNTA LÉMBRALLE AO CONCELLO DA CORUÑA QUE A NOVA LEI
DE COMERCIO CONTA CO RESPALDO DE TODO O SECTOR
COMERCIAL GALEGO

 A nova normativa mellora o desenvolvemento do sector,


especialmente do pequeno comercio, incorporando as alegacións dos
comerciantes
 É preciso lembrar que dende hai 20 anos non se afrontaba unha
nova regulamentación acorde coas necesidades actuais do noso
comercio
 O anterior Goberno bipartito foi o que autorizou a implantación das
grandes superficies comerciais na Coruña e a única achega que fixo
relacionada co pequeno comercio foi tratar de impoñer a utilización
do galego nos rótulos dos establecementos
 Ademais, a Xunta recorda que, ata o de agora, é o Concello da
Coruña o que ten a facultade de aprobar ou non a apertura de
grandes superficies comerciais
 O Goberno autonómico anima ao Concello a dar resposta ás
demandas do pequeno comercio mellorando as infraestruturas e a
accesibilidade

A Coruña, 9 de novembro de 2010.- A Xunta de Galicia, en resposta ás


críticas do Goberno municipal coruñés, lémbralle ao Concello que a nova Lei de
Comercio de Galicia, que se aprobará este mesmo ano, conta co respaldo de todo
o sector comercial galego.

Na nova normativa, feita dende o diálogo, se teñen incorporado as alegacións


feitas polo sector. O obxectivo non é outro que configurar un texto que acade a
mellora e o desenvolvemento do sector comercial galego, especialmente do
pequeno comercio. A nova lei apoiará o traballo dos comerciantes galegos e
coidará unha actividade, como é a do pequeno comercio, xeradora de emprego.

É preciso lembrar que o texto responde á necesidade de modernizar un marco


legal que, transcorridos máis de 20 anos dende a aprobación da última Lei de
Comercio de Galicia, precisaba afrontar unha nova regulamentación acorde coas
necesidades actuais do noso comercio.

O anterior Goberno bipartito foi o que autorizou a implantación das grandes


superficies comerciais na Coruña e a única achega que fixo relacionada co
pequeno comercio foi tratar de impoñer a utilización do idioma galego nos rótulos
dos establecementos. Agora, no novo articulado, recóllese a liberdade absoluta
no uso do idioma, ademais da posta en marcha de Mesas Locais de Comercio
como órganos de participación do sector no ámbito local.

Gabinete de Comunicación da Delegación Territorial da Xunta na Coruña


Edificio Administrativo Monelos
Praza de Luis Seone, s/n. 15071 A Coruña
Tel.: 881.881.069 – 616 35 67 26
Correo-e: prensa.delegacion.coruna@xunta.es
INFORMACIÓN AOS
MEDIOS
Ademais, a Xunta recorda que, ata o de agora, é o Concello da Coruña o que ten
a facultade de aprobar ou non a apertura de grandes superficies comerciais. De
feito, a nova normativa respecta a autonomía local e establece a necesidade de
autorización autonómica no ocaso de incidencia supramunicipal para aqueles
establecementos cunha superficie superior aos 2.500 metros cadrados.
Compatibilízase así a liberdade de apertura cun axeitado ordenamento do
territorio.

O Goberno autonómico anima ao Concello coruñés a prestar atención ás


demandas do pequeno comercio, mellorando as infraestruturas da cidade e a
accesibilidade dos cidadáns aos establecementos.

GABINETE COMUNICACIÓN DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA NA CORUÑA

Gabinete de Comunicación da Delegación Territorial da Xunta na Coruña


Edificio Administrativo Monelos
Praza de Luis Seone, s/n. 15071 A Coruña
Tel.: 881.881.069 – 616 35 67 26
Correo-e: prensa.delegacion.coruna@xunta.es

You might also like