You are on page 1of 10

COÑECEMOS O ÁLBUM ILUSTRADO

C.E.I.P. Frian - Teis


QUE É UN ÁLBUM?

Un conxunto de follas encadernadas, xeralmente con


pastas duras, destinado a coleccionar fotografías, selos,
autógrafos, etc.
QUE É UN ÁLBUM ILUSTRADO?

Unha obra na que a ilustración é esencial e predominante.


O texto pode estar ausente ou presente ó 50%.
Hai álbumes cun texto moi moderno, ou coas
palabras máis antigas do mundo, ou coas máis novas.
Incluso hai álbumes sen palabras que dicen moito.
Porque un álbum é un libro que hai que velo para
sabelo.
Hai álbumes con ilustracións moi chicas, ou moi longas;
moi clásicas, ou moi modernas.
Hai álbumes coas técnicas máis antigas do mundo, ou coas
máis novas.
Incluso hai álbumes con ilustracións que poden ir dunha
páxina a outra, ou saltar, ou soar, ou estirarse ou
encollerse ó seu antollo.
Porque non pode haber un álbum sen ilustracións... aínda
que haxa que lelas na súa debida orde, xa que están
ordeadas como as palabras dun texto.
Todos os álbumes son libros,
pero non todos os libros son álbumes.
ELIXE O TEU ÁLBUM FAVORITO
Lé e vota o teu favorito en:

You might also like