You are on page 1of 2

OBRA: O sol do verán

AUTOR: Carlos Casares


EDITORIAL: Galaxia

Carlos Casares, autor deste libro, naceu en Ourense no ano 1941 e faleceu en
Vigo polo ano 2002. Escritor, docente, político e periodista foi un home
polifacético; cultivou xéneros como a narrativa e a poesía principalmente. É autor
doutros libros tamén coñecidos como Os martos daquel verán (1987) ou Deus
sentado nun sillón azul (1996) polo cal acadou o "Premio de la crítica de narrativa
gallega" xunto con este outro, O sol do verán (2002).
Toda a obra establecese arredor dunha morte, a de Carlos, un dos protagonistas.
Os protagonistas, a parte de Carlos, son: Helena, que é a narradora, Arturo, o seu
home, e os pais de Helena xunto cos de Carlos.
Arredor da trama principal, unha morte, a partir da cal se estrutura a obra,
existen outros temas secundarios como o amor prohibido; a gran relixiosidade da
época (anos 1940-50); os matrimonios pactados , ....
N'O sol do verán preséntasenos un narrador, maioritariamente en 1ª persoa (fala
a propia Helena do que aconteceu), aínda que tamén se combina con 3ªs persoas
para presentarnos acontecementos vividos por outros persoaxes, protagonista e ten
un carácter predominantemente subxectivo. Un motivo salientable na obra é a
alternancia de estilo directo e indirecto para relatar o que dixeron outros persoaxes
no pasado.
A lingua que se empregou é un galego sinxelo e fácil de entender que mostra un
manacial de sentimentos e sensacións que fan que o lector senta o que está a le.
En canto ao tempo hai que distinguir entre o tempo da historia, cheo de
constantes analepses, unhas dentro doutras, para dar sentido á morte de Carlos; e o
tempo do discurso, en 1ª persoa.
O espazo divídese en dous lugares principais: a casa de Beiro, na que se relatan
case todos os acontecementos do pasado, e a estrada que conduce á casa de Beiro,
dende a cal os recordos da protagonista e narradora, Helena, fan unha ida ao
pasado. Tamén existen lugares secundarios como é a casa dos pais de Helena ou o
hotel Fisterra.
Polo contexto histórico que rodea aos persoaxes poderían ser todos de carácter
real; incluso aparecen referenzas a Franco, xeneral instaurado no poder en España
por aqueles anos, ou o mismísimo Fidel Castro, guerrilleiro á fronte do páis
cubano. Esto apórtalle unha maior verosimilitude á obra.
A estrutura da historia, complexa polas constantes analepses e prolepses (aínda
que moi escasas nesta última) que se presentan; é de tipo circular, xa que comeza
do mesmo xeito ca remata. Poideríase subdividir en tres partes diferentes: o
presente, coa morte de Carlos e a dor de Helena por non saber o por qué desta; as
idas ao pasado a raíz da última noite que pasaron Carlos e Helena xuntos que
tratan de explicar todos os temas que eles trataron e que á súa vez son a pista para
saber a causa da súa morte; e por último, a volta ao presente no cal Helena lle
sigue dando voltas á misteriosa morte.
Atópanse tamén agunha que outra descripción – etopeas- que nos revela e dá a
coñecer como son os persoaxes.
Baixo todas estas características encérrase un libro moi especial no que se parte
dun monton de ideas desestruturadas que se van recompoñendo conforme avanza a
historia ata dar forma a << un enrolo amoroso>>.

María Andrea Moar Ares – 1º bac. E

You might also like