You are on page 1of 1

A condución da auga atravesa os concellos de Fornelos de

Montes, Soutomaior, Pazos de Borbén e Redondela antes de chegar a Vigo.


En Redondela percorre un total de 23 km, polas parroquias de Chapela,
Trasmaño, Cedeira, Negros, Cabeiro, Vilar de Infesta, Saxamonde, Quintela
e Reboreda.

Este roteiro ten un gran valor ecolóxico e natural e o seu percorrido


amósanos infinidade de paisaxes: desde as terras de cultivo e núcleos
poboados, ata zonas de bosque con distinta composición (piñeirais,
carballeiras, eucaliptais e bosque ripícola asociado aos regatos);
ROTEIRO DE REDONDELA

O Camiño da auga de Redondela correspóndese cun camiño


accesorio á canle que transportaba auga desde o Encoro de Eiras
(Concello de Fornelos de montes) para abastecer a cidade de Vigo.

ROTEIRO DE REDONDELA

resulta ademais un mirador excepcional da ría de Vigo, desde o


cal se obteñen unhas vistas privilexiadas da Enseada de San Szimón (Rede
Natura, 2001), da Península do Morrazo, das Illas Cíes, dos concellos de
Pazos de Borbén e Soutomaior...

Por ser un camiño asociado a unha tubaria de tan longo percorrido


ten unha característica que o fai único: carece de pendentes, polo que pode
ser empregado por persoas con mobilidade reducida.

Trátase dunha senda verde na que se realizaron plantacións de


distintas especies autóctonas arbóreas e arbustivas, sinalizadas e dotadas
de paneis interpretativos, con áreas de descanso e fontes en todo o seu
percorrido, co fin de facilitar o seu goce.

You might also like