Programas Sectoriais

You might also like

You are on page 1of 1

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de reunir a 230 docentes nas

Xornadas sobre Programas de Aprendizaxe Permanente (PAP), unha iniciativa nacida ao


abeiro do Parlamento Europeo e o Consello de Europa.

A Consellería estivo representada na clausura das xornadas polo director xeral de


Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira, quen explicou
o valor do PAP ao contribuír á creación dunha sociedade do coñecemento avanzada,
máis e mellores posibilidades de emprego e maior cohesión social; co fin de facilitar o
intercambio, a cooperación e a mobilidade entre os sistemas de educación e de
formación dos países europeos participantes no programa, de xeito que se converta
nunha referencia de calidade no mundo.

Así mesmo, o director xeral de Educación lembrou que “os obxectivos do PAP enlazan
coas liñas prioritarias de traballo da Consellería”, polo que a Administración educativa
difunde e promove as súas accións dentro do Plan anual de formación do profesorado, a
través das xornadas que hoxe se clausuraron.

Programas sectoriais
Neste encontro os participantes realizaron unha análise das diferentes accións dos
programas sectoriais que compoñen o PAP, nomeadamente os programas Comenius,
Erasmus, Leonardo, Grundtvig, Programa transversal e ETwinning, dirixidos ao
alumnado e profesorado de todos os niveis educativos.

Deste xeito, e a través dos diferentes relatorios, os asistentes puideron coñecer os


diferentes obxectivos perseguidos por estas accións entre os que destacan a mellora da
motivación do alumnado, e o fomento da mobilidade de profesores e alumnos entre os
países europeos, co fin de difundir os resultados e boas prácticas entre os centros dos
países participantes no proxecto.

Así meso fíxose referencia á contribución que o PAP fai á mellora das competencias
profesionais do alumnado e os docentes, favorecendo a inserción laboral, aumentando a
transparencia e compatibilidade entre os estudos de educación superior en toda Europa
– por exemplo a través dos créditos ECTS- , e coa promoción da aprendizaxe ao longo da
vida, ferramenta fundamental para as sociedades do coñecemento avanzadas

You might also like