You are on page 1of 3

Web 2.

0: Un novo enfoque para Internet

Web 2.0 refírese á transición percibida en Internet desde as webs tradicionais


a aplicacións web destinadas a usuarios. Os propulsores desta interpretación
esperan que os servizos da Web 2.0 substitúan ás aplicacións de escritorio en
moitos usos.

Son redes sociais de intercambio de coñecemento entre profesores,


alumnos, familias, membros de unha comunidade, municipio, etc.

Os propulsores da aproximación á Web 2.0 cren que o uso da web está


orientado á interacción e á creación de redes sociais, que poden servir contido
capaz de explotar os efectos das redes con ou sen crear webs interactivas e
visuais. É dicir, os sitios Web 2.0 actúan máis como puntos de encontro, ou
webs dependentes de usuarios, que como webs tradicionais.

Co Web 2.0 inténtase construír aplicacións liviás, sinxelas e específicas ás que


se poida acceder desde un navegador. Deste xeito preténdese dar ferramentas
útiles aos usuarios para poder traballar en internet desde calquera sitio,
engloba tecnoloxías como RSS (Sindicación e agregación de datos) e AJAX
(Técnica de desenvolvemento web para crear aplicacións interactivas) e
aplicacións como:
http://del.icio.us/
http://maps.google.com/
http://flickr.com/
http://es.wikipedia.org/wiki/Portada

http://www.podcastellano.com/

http://www.blogger.com/start

http://www.netvibes.com/

http://spaces.msn.com/?mkt=es-es

Podcast

O podcasting consiste en crear arquivos de son e permite subscribirse e usar


un programa que o descargue para que o usuario o escoite no momento que
queira, nun reprodutor portátil ou no propio ordenador.

O termo podcasting xorde como o acrónimo das palabras inglesas: public on


demand e cast. E é que esta é a idea xeral do podcast: unha emisión pública
descargada baixo demanda. Trátase de arquivos de audio que se poden
escoitar con calquera reprodutor compatible cos distintos formatos existentes:
mp3, ogg, etc.

Un podcast aseméllase a unha subscrición a unha revista falada na que

Chema Aguilera, 23/01/11


recibimos os programas a través de Internet. Unha vantaxe do podcast é a
posibilidade de escoitar en lugares sen cobertura.

Un weblog ou bitácora

Un weblog, tamén coñecido como blog ou bitácora, é un sitio web


periodicamente actualizado que recompila cronoloxicamente textos ou artigos
dun ou varios autores onde o máis recente aparece primeiro, cun uso ou
temática en particular, sempre conservando o autor a liberdade de deixar
publicado o que crea pertinente. Existen weblogs de tipo persoal, xornalístico,
empresariais ou corporativos, tecnolóxicos, educativos, etc. Deles xa temos
falado no apartado referente a internet como contorno de expresión. Aquí só
indicaremos algúns datos xerais referidos á xestión e mantemento destes
sitios.

Existen variadas ferramentas de mantemento de bitácoras que permiten,


moitas delas gratuitamente, sen necesidade de elevados coñecementos
técnicos, administrar todo o weblog, coordinar, borrar ou reescribir os artigos,
moderar os comentarios dos lectores, etc., dunha forma case tan sinxela como
administrar o correo electrónico. Actualmente o seu modo de uso simplificouse
a tal punto que case calquera usuario é capaz de crear e administrar un blog.

As ferramentas de mantemento de weblogs clasifícanse, principalmente, en


dous tipos:
 aquelas que ofrecen unha solución completa de aloxamento, gratuíta (como
Blogger), e
 aquelas solucións consistentes en software que, ao ser instalado nun Sitio
web, permiten crear, editar e administrar un blog directamente no servidor
que aloxa o sitio (como é o caso de WordPress). Este software é unha
variante das ferramentas chamadas Sistemas de Xestión de Contido
(CMS), e moitos son gratuítos.

Facer interfaces intuitivos e sistemas claros de interacción.


Ata agora, ao chegar a unha páxina a maioría dos usuarios saben como
interactuar: se ven un enlace saben que é para ir a outra páxina, coñecen que
deben pulsar un botón para realizar unha acción ou, nun formulario, saben
como seleccionar elementos mediante botóns de opción, casillas de
verificación, etc. Nas novas aplicacións, a interacción é moito maior, pero os
usuarios non teñen un modelo mental claro do seu funcionamento.
Introdúcense novidades que lles poden xerar problemas. Non son intuitivas e
non seguen as convenciones actuais, polo que non está abofé que deben facer
os usuarios para interactuar, o que lles esixe un proceso de aprendizaxe, que
pode ser difícil para algúns.
Diante dun dos mapas interactivos de Google o usuario pode non saber como
interactuar, non darse conta que pulsando o ratón e manténdoo pulsado sobre
un punto do mapa e arrastrándoo pode desprazarse polo mapa.
Principios das aplicacións Web 2.0:
1. A web é a plataforma, que é gratuita.
2. Son contornos fáciles para o usuario.
3. Cada vez empréganse máis debido aos efectos da rede que facilitan a
participación.
4. A innovación xorde de características distribuídas por usuarios
independentes.

Chema Aguilera, 23/01/11

You might also like