You are on page 1of 8

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DA RECLAMACIÓN SOBRE DA

DECISIÓN DO CONSELLO DO 10.09.2010 REFERIDA AO PUNTO


3º (MUNICIPAIS 2011. MODIFICACIÓNS CENSO MILITANTES:
ALTAS E OUTRAS), PRESENTADA JÉSSICA FERNÁNDEZ POLO E
OUTROS/AS CATRO MEMBROS DO CONSELLO COMARCAL DE
FERROLTERRA.

I.- ANTECEDENTES

• O día 26 de agosto ten lugar a Asemblea Local de Mugardos, na


que, entre outros asuntos, dáse conta de 9 solicitudes de alta,
que son tramitadas pola Responsábel Local ao Consello
Comarcal. O clima da meritada reunión foi tenso.

• Dende o día 27 de agosto ate o 6 de setembro recóllense novas


solicitudes de alta en Mugardos que son avaladas, todas elas,
polos Responsábeis de Finanzas (Gloria Fornos) e de
Propaganda (Xosé X. Roca).

• O día 3 de setembro a Responsábel Local de Mugardos


comunica ao seus compañeiros -entre eles a Responsábel de
Finanzas- que non vai estar presente ate o día 10, pero que o
seu telefone estará operativo as 24 horas. Non se fala das
solicitudes de alta que xa estaban recollidas.

• O día 6 de setembro reúnese a Executiva Comarcal; non se


comenta nada sobre do Consello Comarcal do día 10 nin da
situación organizativa de Mugardos.

• Entre os días 7, 8 e 9 de setembro os Responsábeis de Finanzas


e de Propaganda do Consello Local de Mugardos contactan co
compañeiro que fora nomeado Vicerresponsábel Local nunha
Asemblea no mes de xuño –nomeamento que non foi
comunicado á Comarca-, coa intención de convocar un Consello
Local Extraordinario. O Vicerresponsábel, despois de asinar un
recibín da solicitude, tenta contactar coa Responsábel Local sen
éxito, e non accede á convocatoria, o que comunica, vía
telefone, ao Responsábel de Propaganda.

1
• O día 8 de setembro, ás 11:12 horas, a Responsábel Local de
Mugardos ponse en contacto, vía telefone, con Bouza,
concelleiro do BNG e membro do Consello Comarcal, para tratar
temas municipais. Durante a conversa non se comenta nada
sobre das novas solicitudes de alta nin sobre da petición dun
Consello Local.

• O día 9 de setembro, ás 20:00 horas, os Responsábeis de


Finanzas (Gloria Fornos) e de Propaganda (Xosé X. Roca)
celebran unha xuntanza, no nome do Consello Local de
Mugardos, da que levantan acta, para analizar as peticións de
novas altas, acordando aceptalas e envialas ao Consello
Comarcal do día 10 de setembro.

• O día 10 de setembro pola mañá, a Responsábel Local e


concelleira do BNG achégase ao Concello. Os seus compañeiros
e compañeiras de goberno e do Consello Local non lle
comentan nada sobre do acontecido nesa semana; a
compañeira Gloria Fornos (Responsábel de Finanzas), cando é
preguntada, contesta que “todo coma sempre”. Ten
información do sucedido polo ex-Responsábel Local.

• No Consello Comarcal do mesmo día 10 de setembro, no seu


punto 3º (Municipais 2011. Modificacións Censo Militantes: Altas
e Outras), a Responsábel Comarcal de Organización presenta,
entre outras, un total de 30 solicitudes de alta en Mugardos,
das que 9 correspondían coas da Asemblea Local do 26 de
agosto. A Responsábel Local de Mugardos manifesta
descoñecer as 21 restantes, feito que é corroborado polo
Secretario do Consello Local e membro do Consello Comarcal, e
refutado por outro membro (Bouza), tamén compañeiro de
goberno municipal da Responsábel Local. A Responsábel
Comarcal de Organización afirma telas revisado e defende a
validez da tramitación que considera conforme a Estatutos;
tamén fai entrega, nese momento, ao Responsábel Comarcal
dos tres documentos referidos á petición da convocatoria de
Consello Local que se achegan coa reclamación. O Portavoz
Comarcal, tendo en conta os antecedentes, decide someter a
votación a situación das meritadas solicitudes, co seguinte
resultado: 1 voto a favor, 9 votos en contra, e o resto

2
abstencións, entre as que se contabilizan as dos recorrentes
que manifestan a súa posición contraria ao procedemento.

• O día 13 de setembro, ás 08:06 horas, o Responsábel Comarcal,


solicita, vía correo electrónico, das áreas comarcais de
Organización e Municipal que, previa a súa coordinación, se
dirixan á Responsábel Local de Mugardos coa finalidade de
convocar un Consello Local, de carácter extraordinario e
urxente, á maior brevidade posíbel, para a análise da situación
interna, sesión á que asistirían, ademais dos representantes
comarcais, o Alcalde. En dita reunión trataríanse as altas de
afiliación pendentes do Consello Comarcal do venres 10 de
setembro.

• O día 14 de setembro, ás 12:41 horas, a Secretaria Nacional de


Organización comunica ao Responsábel Comarcal a
presentación dunha reclamación remitida á Executiva Nacional,
que achega, en relación coa decisión sobre solicitudes de
alta adoptada na comarca, reclamación que a Executiva
Nacional do BNG, reunida o día 13 de setembro, acordou
trasladar ao Consello comarcal para a súa resolución conforme
ao disposto nos Estatutos do BNG, fixando un prazo para dispor
dunha resolución xustificada a esta reclamación, de xeito que
poda ser tratada na reunión ordinaria deste órgano prevista
para o luns 27 de setembro.

• O día 15 de setembro ten lugar o Consello Local de Mugardos,


ao que asisten 4 dos seus 5 membros (o Vicerresponsábel
desculpa a non asistencia por motivos de traballo), o Alcalde, o
Responsábel Comarcal e os Responsábeis Comarcais de
Municipal e Organización. Realízase unha rolda de
intervencións, algunhas delas son entregadas por escrito, e
dous membros do Consello – o Secretario e o Vicerresponsábel-
manifestan a súa intención de renunciar ás súas
responsabilidades locais como consecuencia de todo o proceso.
Ao respecto das altas, son presentadas, de novo, pola
Responsábel Comarcal de Organización (nun total de só 19 que
non foi posto de manifesto durante a reunión, e que a
Responsábel Comarcal de Organización xustificou
posteriormente ao indicar que as outras 2 correspondíanse coas

3
aprobadas na Asemblea do 26 de agosto); diante do
descoñecemento da Responsábel Local e do Secretario –que
tamén é manifestado polo Alcalde- o Responsábel de
Propaganda explica que se trata de votantes do BNG, entre
outras informacións. A Responsábel Local e o Secretario
manteñen o mesmo posicionamento que no Consello Comarcal.
O Responsábel Comarcal faise cargo da documentación.

II.- CONSIDERANDOS

A. Nos seus Estatutos o BNG reafirma ás comarcas e as


localidades como base da estrutura territorial ( 8. DA
ESTRUTURA TERRITORIAL), e estabelece como máximos
órganos de dirección e organización básica dentro dos
meritados ámbitos territoriais aos Consellos Comarcais ( 8D. DO
CONSELLO COMARCAL) e ás Asembleas (8E. DA ASEMBLEA
LOCAL) e Consellos Locais (8F. DO CONSELLO LOCAL).

B. O/A Responsábel Local, elixido/a pola Asemblea Local, é a


persoa representante da localidade no Consello Comarcal ( 8.E.
DA ASEMBLEA LOCAL, e F. DO CONSELLO LOCAL), función que
se lle impide desenvolver cando, como é o caso, se lle oculta
información e se tentan menoscabas as súas funcións: a
previsión dun novo Consello Local antes do Comarcal do día 10
de setembro puido ser comunicada á Responsable Local o
mesmo día da Asemblea (26 de agosto), ou na reunión do día 3
de setembro na que está presente, cando menos, unha das
persoas que xa levaban avalado, ate dita data, un mínimo de
14, ou na conversa telefónica que mantén co compañeiro de
goberno e do Consello Comarcal o día 8 de setembro, ou o
mesmo día 10 no Concello de Mugardos. A Responsábel
Comarcal de Organización, que non recibiu as solicitudes de
alta da Responsábel Local, tampouco lle comunica nada, nin
sequera instantes antes do Consello Comarcal. Sen facer
intento algún de contacto, non só nas oportunidades xa
comentadas, senón tamén en calquera outro instante vía
telefone, presionan ao que eles entenden Vicerresponsábel
Local (cargo non oficial por non terse cumprido o estabelecido
estatutariamente no

4
apartado 11. DA TOMA DE DECISIÓNS E O FUNCIONAMENTO
DOS ÓRGANOS EN XERAL, punto 4: “Todos os Organismos de
Dirección do BNG ....... deberán informar por escrito
puntualmente dos cambios que se produciren na súa
composición e reparto de responsabilidades” ), quen entende,
de acordo cos Estatutos ( 8C. DA ASEMBLEA COMARCAL:
“….Vicerresponsábel Portavoz encargado de axudar o/a
Responsábel Portavoz Comarcal no exercicio das súas funcións
e de o/a relevar cando for preciso.” , e E. DA ASEMBLEA LOCAL:
“….As súas funcións e composición serán as mesmas que as da
Asemblea Comarcal, circunscritas ao ámbito territorial da
Asemblea Local…..”), que non tiña esa competencia neses
momentos, e intenta, tamén en cumprimento dos Estatutos,
contactar coa Responsábel Local.

C. A ampliación da base militante do BNG é, de sempre, un


obxectivo fixado polos órganos de dirección nacional, como ven
de ser o último requirimento de aumento cara ao 25 de xullo –
que no caso de Ferrolterra non foi acadado, nin no conxunto nin
nas localidades, incluída Mugardos, que pasou dos 24 membros
en xuño de 2009 aos 26 en xullo de 2010-. Máis dito proceso
non se pode desenvolver de xeito mecánico; debe ser
planificado, serio, rigoroso, como sempre foi, é, e deberá ser no
BNG. E así o evidencia o feito de estar regulado nos Estatutos,
que determinan non só o como, senón tamén quen pode
afiliarse e de quen é a responsabilidade formal de facelo.
Poderá afiliarse ao BNG calquera nacionalista que acepte os
principios e a disciplina internos, previa presentación da súa
solicitude (1. DA AFILIACIÓN); a admisión formal farase polo
Consello Comarcal (1.2. DAS ALTAS E BAIXAS E A SÚA
TRAMITACIÓN, punto 1.2.1), quen ten entre as súas funcións
específicas (8.13) a de aprobar, se proceder -condicional, non
obrigatorio-, as peticións de alta no BNG ( 8.13.6.),
responsabilidade que debe ser entendida no marco das regras
do funcionamento democrático do BNG, o único compatíbel cos
seus obxectivos, e no que se garante, a todos os níveis:
información, debate, toma de decisións e xestión ( 0.
PRINCIPIOS ORGANIZATIVOS; 0.1. DEMOCRACIA), dereito
recoñecido no apartado 1.1 (DOS DEREITOS E DEBERES DA
AFILIACIÓN), punto 1.1.2.b (“Son dereitos dos afiliados e das

5
afiliadas do BNG: participaren na toma de decisións .... ”), e 11
(DA TOMA DE DECISIÓNS E O FUNCIONAMENTO DOS ÓRGANOS
EN XERAL: “Todas as decisións dos diversos órganos do BNG
serán adoptadas por maioría simple dos presentes....”),
condicións que se avalan no apartado 1.2. DAS ALTAS E BAIXAS
E A SÚA TRAMITACIÓN, punto 1.2.3 ao afirmar que “En calquera
caso as peticións de alta no BNG serán tratadas e resoltas .... ”,
afirmación que refuta, máis unha vez, o caracter automático e
mecánico manifestado polos/as recorrentes no seu escrito. No
mesmo senso se manifesta o Regulamento do Consello
Comarcal que no seu TÍTULO III (Da convocatoria e réxime de
sesións), Artigo 9º manifesta que “A Mesa estabelecerá tantas
quendas pechadas de debate con limitación do tempo de
intervención como considere oportuno. Os acordos serán
tomados por maioría simple dos/as presentes mediante
votación a man alzada.....”

D. A necesidade de información, debate e toma de decisión nas


solicitudes de alta volta a confirmarse nos propios Estatutos
cando admiten a posibilidade de entrevistas previas cos/as
solicitantes “ ... en cada caso que considere preciso ” (1.2.2). O
requirimento de información previa á toma de decisión sobre da
solicitude de alta polo Consello Comarcal é susceptíbel de
cumprirse, ademais de pola entrevista, pola análise nos órganos
locais (8.E. DA ASEMBLEA LOCAL: “….As súas funcións e
composición serán as mesmas que as da Asemblea Comarcal,
circunscritas ao ámbito territorial da Asemblea Local…..” ) e
posterior tramitación diante do Consello Comarcal polo/a
Responsábel Local, como garante da aptitude da solicitude, o
que non se ten producido no caso que nos ocupa. Dito
procedemento non especificado nos Estatutos -o que non
implica o seu incumprimento como pretenden os/as
recorrentes- ven confirmado pola insistencia de dous dos cinco
membros do Consello Local de Mugardos -os que avalan todas
as solicitudes- en convocar unha sesión extraordinaria e
urxente de dito órgano para, segundo consta nos seus escritos,
tratar as novas altas, insistencia que os leva a incumprir os
meritados Estatutos en varios dos seus apartados, entre outros:
1 (DA AFILIACIÓN), punto 1.1.3.a (“Son deberes dos afiliados e
das afiliadas do BNG: Actuaren de conformidade co

6
estabelecido nos principios políticos e ordenamento estatutario
do BNG”); apartado 11 (DA TOMA DE DECISIÓNS E O
FUNCIONAMENTO DOS ÓRGANOS EN XERAL: “O quórum de
constitución para considerar válidos os acordos dos distintos
órganos de dirección será o da metade máis un dos seus
membros......”), punto 11.1 (“As reunións de todos os órganos
do BNG deben ser convocadas por escrito e deberán incluír na
convocatoria a Orde do Día.”).

E. Ademais dos requirimentos estatutarios procedimentais xa


comentados, as solicitudes de alta deben cumprir uns
requirimentos formais que sustenten a condición ineludíbel de
nacionalista, entre eles o de teren unha práctica lingüística
coherente coa defensa da normalización do uso social do
galego (1.1. DOS DEREITOS E DEBERES DA AFILIACIÓN; 1.1.3.d ).

F. Por último, e en relación ao procedemento utilizado polos


recorrentes para a tramitación, débese subliñar o estabelecido
polo Regulamento da Executiva Comarcal de Ferrolterra no seu
Artigo 9º referido á visión colectiva e colexiada do traballo do
meritado órgano, condición que non foi respectada no proceso
que nos ocupa, ao cursar dita reclamación dende un cargo de
responsabilidade comarcal, ademais de ser asinada por dous
dos seus membros, sen ter en consideración ao resto da
Executiva.

Por todo o exposto con anterioridade, proponse ao Consello Comarcal


de Ferrolterra aprobar as seguintes

III.- RESOLUCIÓNS

1. Considerar que a reclamación presentada por Jéssica Fernández


Polo e outros/as catro membros do Consello Comarcal de
Ferrolterra referida á decisión do Consello Comarcal relativa ás
21 solicitudes de alta na Asemblea Local de Mugardos está
baseada en datos e consideracións inexactos tendo en conta a
lectura dos Estatutos do BNG e os datos aportados neste
proceso,

7
nomeadamente no Consello Local do BNG de Mugardos
celebrado o pasado 15 de setembro, aos que se fai mención nos
anteriores considerandos.

2. Considerar que, dado que as peticións foron presentadas en


tempo perante o Consello Comarcal, procede aprobar 13 das
solicitudes de alta na Asemblea Local de Mugardos (numeradas
dende o 01 ate o 13) e propor a súa inclusión no censo de
militantes para o proceso de elección das candidaturas ás
municipais de 2011, unha vez cumpridos os requirimentos
procedimentais e formais.

3. Rexeitar 6 das solicitudes de alta na Asemblea Local de


Mugardos (numeradas dende o 14 ate o 19) por incumprimento
formal grave, nomeadamente o relativo á práctica lingüística
coherente coa defensa da normalización do uso social do
galego.

4. Declarar non presentadas 2 das solicitudes de alta na Asemblea


Local de Mugardos por erro na comprobación por parte da
Responsábel Comarcal de Organización.

Ferrolterra, 22 de setembro de 2010

O RESPONSÁBEL-PORTAVOZ COMARCAL

Asdo.: Francisco da Silva Bello

You might also like