You are on page 1of 2

Ola, Miguel:

Como continuación á restauración dos muíños de Couso, e o posterior sendeiro


conxunto con Cans, Picoña e San Xurxo, estamos pensando noutro proxecto para
presentar á convocatoria de proxectos dinamizadores da Xunta. A idea é utilizar os
edificios restaurados dos muíños, que non teñen a maquinaria recuperada para facer
distintos centros de interpretación:

No muíño Novo (o primeiro desde Cans): CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO


SENDEIRO POLOS MONTES DE SAN CIBRÁN. O primeiro problema é que este
muíño é especialmente húmido. Ocúrreseme facer paneis verticais de cada tramo (tipo
guías do Camiño de Santiago) de xeito que permita reseñar brevemente todos os
atractivos de cada tramo situándoos no mapa. Neste momento hai un panel grande sobre
natureza, que ocupa case toda unha parede, a outra ten a porta e aínda hai unha con
ventanuco. Habería que aproveitar ao máximo os ocos, xa que temos unha parede
enteira (4-5 paneis de diferentes tamaños porque a parede é máis alta dun lado que do
outro), outra (a do ventanuco) na que poderían poñerse tres paneis verticais ben
organizados, e unha parece onde podería colocarse un panel. Outra opción sería facer
unha maqueta do recorrido, pero parece difícil organizalo dado a liñalidade Norte-Sur
do recorrido.

No muíño Vello (o terceiro desde Cans): CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO


MONTE COMUNAL DE COUSO. Couso ten monte propio, e a maqueta non sería de
toda a parroquia senón do propio monte de Couso que, aproximadamente coincide co
rectángulo amarelo discontínuo do mapa que te achego. Aquí faríamos unha maqueta do
monte (se pode ser con luces para localizar os distintos lugares) na que se inclúa toda a
microtoponimia que sexa posible (se esta fai engorrasa a maqueta, podería acompañarse
esta dun panel cun mapa con toda a microtoponimia). A maqueta iría sobre a mó do
muíño e contra a esquina, lixeiramente levantado de atrás para que se vexa
correctamente. O resto das actuacións comprendería a descripción das árbores
cultivadas no monte mediante tocóns dos diferentes árbores, as súas follas, froitos,
parásitos,... pero non dibuxados senón en vivo ou reproduccións en escaiola. Tamén
referencia a outros usos (canteiras, cogumelos,...) e un panel para as posibilidades do
futuro (experiencias interesantes doutras CMVMC, animais, muíños de vento, ...). Aquí
temos xa un panel (creo recordar que sobre o patrimonio inmaterial) que ocupa boa
parte dunha parede, polo que quedan dúas enteiras (non hai ventanuco) e o que se poida
aproveitar da que ten o panel.

Finalmente, no muíño de Arriba (o primeiro río abaixo da Molinera): CENTRO DE


INTERPRETACIÓN DOS MUÍÑOS DE COUSO. Aquí as protagonistas serían dúas
maquetas (dunha acea como a Molinera e dun muíño de rodicio como o muíño do
Pontillón) o máis parecidas á realidade posible. Irían tamén apoiadas nunha mesa sobre
a mó e contra unha esquina (tamén poderían ir nun estante na parede, dependendo do
tamaño). Completaríase con material propio do uso dos muíños: un saco dos antigos, de
levar o gran, unha trampa para ratos, varios tipos de candís, escoba de xesta,... Un
muíño ambientado como nos anos 50. Tamén algún panel explicativo. Agora xa hai un
panel sobre o cultivo dos cereais, que ocupa parte dunha parede. Hai outra parede con
ventanuco e a parede do fondo enteira. Neste caso podería aproveitarse bastante da
parede onde está a porta.
Temos o problema da luz. Agora mesmo non hai luz nos muíños. Cando os restauramos
deixamos unha mangueira para poder darlle luz a todos, pero dependemos de que a
canteira nos deixe a luz ou, no seu defecto, a colocación dalgún tipo de sistema solar
(podería valorarse incluilo neste proxecto tamén). Agora mesmo estanse visitando con
linterna moderna tipo imitación candil.

Os muíños están recén restaurado e só requirirían medidas para combatir a humidade


que, lóxicamente é moita, especialmente no muíño Novo no que corre a auga (da
condensación) polo panel que temos alí.

Necesitaría o orzamento separado por muíños e, se te animas, unha parte coa


implantación de placas solares para darlle luz. Se isto último complica moito a cousa o
deixaríamos para proxectos posteriores.

Se queres mirar os muíños por dentro chámame cando che veña ben e os miramos.

Todo isto para entregar antes do 22 de febreiro que remata o prazo de presentación de
solicitudes a proxectos dinamizadores. Hai que contemplar tamén o posible traballo en
especies para facer os traballos co mínimo gasto posible (a cuestión económica está moi
mal). Se che interesa enviarnos un orzamento avísame.

Un saúdo,

--
José Luis Gómez Reboiro

You might also like