You are on page 1of 2

Traballo sobre a Expresión Escrita

O Subliñado:

Subliñar consiste en pasar una raia horizontal por debaixo dun escrito para chamar a
atención sobre o mesmo.Mediante esta técnica resáltanse aquelas palabras clave ou
frases que expresan as ideas principais dun texto.

¿Qué hai que subliñar?

-Os títulos,os epígrafes e os apartados.

-As ideas centrais

-Os detalles importantes.

Texto 1:

“Os barcos Terán que levar emisores que escorrenten os golfiños”

O Parlamento Europeo(PE) pediu onte axudas comunitarias para que os pescadores


merquen emisores de ultrasóns co fin de escorrentar os cetáceos(mamíferos
mariños,como os golfiños) e evitar a súa captura accidental.O Pleno da Eurocámara
aprobou onte una proposta comunitaria que prevé medidas contra a pesca fortuíta de
cetáceos,como a instalación obrigatoria nos barcos dos ditos dispositivos acústicos co
fin de aterrecer os animais que caian nas redes.

A proposta de regulación propón que os barcos leven os aparellos se pescan nas


zonas onde os cetáceos son numerosos.

Os eurodeputados apoiaron un informe do alemán Heinz Kinderman (PSE) acerca da


dita proposta,no que resaltan que é conveniente que os pescadores reciban o apoio
comunitario pola instalación dos emisores.Esta medida custa entre 2500 e 10000 €.

(Galicia Hoxe,11 de Febreiro de


2004)
Texto 2:

“Flora do Courel”

O Courel é un área de confluencia da vexetación eurosiberiana,atlántica e


mediterránea,pois o Lor,o río courelao por antonomasia e que atravesa toda a
comarca,nace no frío e alto Cebreiro. E desemboca no Sil,alá pola cálido val de
Quiroga.

As diferenzas de máis de mil metros entre os cumes e as zonas baixas tamén


colaboran na diversidade da flora.E as vetas de calcaria presentes nestas montañas
provocan a aparición de especies raras en Galicia,onde abunda moi pouco este tipo de
solo.

Deste xeito,non ten nada de estraño que no Courel se atope o corenta por cento da
flora galega,una verdadeira marca para unha comarca non demasiado grande e que
encerra espazos tan valiosos como a devesa de Rogueira.[…]

A árbore atlántica máis destacada-por rara no resto do país galego-é a faia,que forma
parte dalgunhas devesas xunto con bidueiros,carballos ,abeleiras e ,ás veces,teixos e
acivros.Os soutos de enormes castiñeiros rodean case todas as aldeas e forman una
das paisaxes máis suxestivas e características do Courel.As aciñeiras e sobreiras son
propias do bosque mediterráneo;as primeiras non son raras sobre a calcaría e as
segundas só aparecen nalgúns enclaves.

O especialista e mesmo o diletante poderían atopar moitas outras plantas e flores de


grande interese no Courel,que tería que estar protexido para conservar intacto o seu
tesouro botánico.

(Xurxo de Vivero:Un ano no Courel,Edicións Xerais)

1-Subliña as ideas principais do Texto 1

2-Subliña a idea clave de cada parágrafo do texto 2 dunha cor e ,doutra,os datos que
che parezas importantes(lugares,nomes,…).

3-Localiza no Diccionario e escribe o significado que máis se axeite.

You might also like