You are on page 1of 2

Xuntanza EU Platafomra Ventorrillo

Xoves, 24 Marzo 2011 22:10

Na mañá de hoxe desenvolveuse por espazo de máis de dous horas unha reunión entre o
consello comarcal de EU Coruña e a Plataforma Ventorrillo Desmantelamento de Penamoa.  

A delegación de EU estaba formada polo seu coordinador comarcal, Cesar Santiso, o


responsábel de organización, Jorge Gil Morabes, a responsábel de comunicación, Luz Ponte e
Jesús Liste.  A ampla delegación da platafora estaba encabezada pola súa presidenta, Ana
Oreiro. Logo dunha completa descrición da situación que se vive en Penamoa e o
Ventorrillo, avalada con material gráfico, a presidenta da plataforma
agradeceu profundamente a Esquerda Unida a súa vontade de dialogo e indicou que EU
foi a única forza de esquerdas que accedeu a reunirse coa plataforma.
 

César Santiso, indicou que a participación cidadá é unha das sinais de Esquerda Unida,
polo que as xuntanzas coa veciñanza son parte prioritaria de a súa acción política. “como
imos a desenvolver políticas para a veciñanza se non somos quen de escoitala. Nos queremos
facer política coa cidadanía, non para a cidadanía”.

Santiso afirmou que “o concello falta a realidade tanto cando valora o plan de
integración de modélico, como cando afirma que os problemas da veciñanza do
Ventorrilo están a rematar”. Así, denunciou que o plan de integración e unha cortina de fume
para esconder un problema creado polo propio concello cando nos anos 80 creou o gueto de
infravivendas, concentrando a chabolistas doutras zonas da cidade.

Para o coordinador comarcal de EU non se pode considerar como plan de integración o


mero feito de outorgar unha vivenda temporalmente, a integración supón outras moitas

1/2
Xuntanza EU Platafomra Ventorrillo
Xoves, 24 Marzo 2011 22:10

medidas de inclusión social , que neste caso brillan pola


súa ausencia.

Por outra banda, César Santiso, asegurou que o concello nunca tivo en conta a veciñanza
do Ventorrillo , abandonada a súa sorte entre
xiringas durante 30 anos ,
como o amosa o feito de que non comezou a desmantelar o Poboado, considerado como o
maior supermercado de droga do noroeste, até a construción da 3 rolda.

Xa que logo, o consello comarcal de EU Coruña denuncia a pasividade das institucións


diante do grave problema social, medioambiental e de saúde que se vive no poboado de
Penamoa.

2/2

You might also like