You are on page 1of 2

MARIA ALEJANDRA RIAL FERRERIA.

COMENTARIO SOBRE O TERREMOTO DE XAPON :

A causa dos terremotos e os tsunamis que poden asociarse a eles , ten a súa explicación na
teoría xeolóxica da tectónica de placas, que explica a forma na que se encontra estruturada a
litosfera, é dicir, a parte máis fría e ríxida da Terra. A superficie da Terra encóntrase dividida
nunha serie de placas que se desprazan sobre unha parte fluída chamado manto terrestre,
segun determinadas direccións, interaccionando entre si e dando lugar as cadeas montañosas
aos terremotos, os volcáns e as fosas submarinas que se sitúan xunto a illas e continentes.

O desprazamento das placas realízanse en diferentes direccións, dando lugar, entre outros, a
movementos de diverxencia, é dicir, en direccións opostas e de movementos de converxencia
cando polo contrario colisionan entre elas.Nas rexións do planeta nos que se produce a
converxencia unha das placas subduce.

O terremoto do 11 de marzo de 2011 foi o de maior magnitude ocorrido en Xapón nos


últimos 140 anos. O epicentro do tremor foi na costa do este de Honshü. A magnitude de 8.9 o
converteu no terremoto máis potente sufrido en Xapón ata a data.

Dende 1973 a zona onde se orixinou o terremoto, a zona de subducción denominada como
Fosa de Xapón (onde a Placa do Pacífico subduce baixo a Placa continental eurasiática),
experimentou 9 eventos sísmicos de magnitude 7 ou superior

Tras o sismo xenerouse unha alerta de maremoto . A alerta de maremoto emitida por Xapón
foi a máis grave na súa escala local de alerta. É un evento complexo que da lugar a ondas de
gran enerxía e de tamaño variable.

A enerxía dun tsunami depende da amplitude da onda e da súa velocidade. É frecuente que un
maremoto que viaxa grandes distancias, diminúa a altura das súas ondas, pero manteña a súa
velocidade, sendo unha masa de auga de pouca altura que arrasa con todo ao seu paso hacia o
interior.

Existe unha larga lista de tsunamis: de eles pódese citar o ocorrido en Lisboa o 1 de novembro
de 1775 ao que se atribuíu unha magnitude de 9 na escala de Richter e tivo o seu epicentro na
falla de Azores. Ademais de destruír Lisboa e facer tremer o chan de media Europa, o
terremoto produciu un gran maremoto que afectou a todas as costas atlánticas.

Volvendo o terremoto de Xapón, tralo maremoto, a ameaza nuclear. Unha explosión rexistrada
na planta número 1 da central atómica de Fukushima, debido a problemas de refrixeración,
desatou o pánico e obrigou a evacuar a unhas 140.000 persoas nun perímetro de 20 km
arredor das instalacións, situadas uns 250 km ao norte de Tokío.

Trala explosión, motivada por unha acumulación excesiva de vapor de auga, os niveis de
radioactividade en torno a central disparáronse, pero o reactor non se viu afectado pola
deflagración.

Por último, dicir que as cifras que se din tanto nos periódicos coma na televisión son
sorprendentes. Fálase de 3.400 vivendas derruídas, de 200 incendios, de 300.000 evacuados,
sen contar os traslados forzosos pola alarma nuclear. Ante esta situación, non sería estraño que
os mortos dispararanse a varios miles.

Eu penso que os periodistas si se refiren correctamente tanto a magnitude coma a intensidade


do sismo porque estes periodistas téñense que documentar da noticia antes de dala e isto
implica tamén saber vocabulario referente a noticia.

You might also like