You are on page 1of 73

Plan de fuga

alberto lema

poesa

Alberto Lema, Estaleiro Editora, 2007 Asociacin Cultural Estaleiro estaleiroeditora@gmail.com www.estaleiroeditora.org Revisin e correccin: Isaac Lourido Deseo e maquetacin: Nadina Brtolo

ISBN : 978-84-612-0879-1 Depsito Legal: S xxxx-2008 Impresin: Publidisa

Esta licenza permite copiar, distribur, exhibir os textos e imaxes deste libro sempre que se cumpran as seguintes condicins. Autora e atribucin: Deber respectarse a autora indicando o nome do autor e da editora. Non derivados: Non se pode alterar, transformar, modicar ou reconstrur os textos nin as imaxes. Non comercial: Non pode empregarse este traballo con ns comerciais

Plan de fuga
Alberto Lema

poesa

pica da experiencia (Eles tamn escriben poesa)

Alberto Lema entrou na mia vida dando un portazo, ao modo no que outros poderan sar. Poeta tia que ser. E virtuoso, que o sabe case todo de abrir e pechar portas. Neste libro leredes, entre outros versos maiores, un que est situado moito antes da invencin das chaves. Con Lema aprendemos que a escrita ten que ver coa propiedade, e que as mellores chaves, no poema e no karate, son sempre as que nos deixan indefensos. A poesa, en realidade, faise contra si mesma. Contra o seu. Nunha das primeiras conversas que tivemos, o autor empregou a palabra honestidade. Pareceume, daquela, unha palabra tan inoportuna a propsito da poesa pois diso era do que estabamos a tratar: de poesa- como hoxe me resulta a palabra articio. Por sorte, e a pesar dos libros de autoaxuda, a evolucin persoal existe. Igual que sempre existiu o progreso, anda que os posmodernos teimasen en renegar da historia moitas mis de tres veces. Lema ten pouco de posmoderno. At onde sei, leu con especial aproveitamento o cerne da poesa moderna en lingua inglesa, que como dicir a modernidade toda. Sonlle ben coecidos e estimados poetas como cummings, Auden, Hughes, Stevens ou Eliot este ltimo moito mis que Pound, anda que, se cadra, el pensa que ao contrario. Persoalmente, estoulle ben agradecida por me descubrir a ecacia da Bishop, que funcionou como espello de contencin nun momento no que os meus versos corran o perigo de medrar mis ao ancho que ao longo. Este limiar cativo mal pode dar pagada a mia dbeda. A poesa non ten por que berrar. E o autor ten os odos ben atentos ao xeito que a lingua elixe cando quere falar en voz moi baixa. Os poetas saben mis do que din e os libros, segundo nos indicara aquel verso do Manuel Outeirio, son paixn polas distancias. O problema da posmodernidade que quixo substitur distancia por

cinismo e estraeza por desorientacin. E as non se d feito. Certo que non hai intelixencia sen suspensin, sequera momentnea, do xuzo. Pero est claro que toda a vida en suspenso tampouco hai quen aguante. Os versos deste libro son fondos e son limpos. A poesa, s veces, quere casar connosco anda que non tea roupa. Non falo da poesa pura, e menos anda espida, por favor. Acdenme memoria, fatalmente, aqueles nais erticos (e neurticos) de Juan Ramn Jimnez, autor dun dos peores versos da poesa espaola que se me fue, que se me fue el atardecer. Ou cousa as. Non era un chiste. Lema milita, pola contra, na impureza, no centro dun lugar que non Espaa. Un lugar onde unha perna tapa a outra. E para vir a xunta min. E que me dixo teu pai. A orquestra toca ao fondo msica popular e, sen desconcentrarse, Lema escribe como un poeta clsico. Porque tivo o bo gusto de elixir a vangarda para a vida. Miguel Mosquera resumiuno nunha imaxe aada: pica da experiencia. Estou de acordo. Haba, cando eu era pequena, un anuncio de colonia no que prognosticaban: Vuelve el hombre. Espaa , verdadeiramente, a periferia. Pero se cadra a poesa galega de hoxe est facendo real, dende outro idioma, aquela profeca. Este poeta un dos mellores lectores da poesa das mulleres que se fai en Galicia. O que quere dicir: un lector crtico. E sobre todo crtico coa crtica (e canonizacin, se cadra prematura) da poesa das mulleres. Porque non todos son iguais. E porque non todas eramos diferentes. Contra a desigualdade, unha pregunta: Podemos ser amigos? El respondeu que si. Desculpade que dende entn non queira ser neutral. As que longa vida a este libro, e pouco mis. Que a poesa de Alberto Lema quede por moitos anos onda ns, lectores e lectoras que aspiramos construcin dunha esquerda real. Tamn na poesa. Mara do Cebreiro

Co mundo comezou unha guerra que debe rematar co mundo; a guerra do home contra a natureza, do esprito contra a materia, da liberdade contra o destino. A Historia non mis que o relato desa loita interminable. Michelet

mia irm

Na cidade

Tratarei de non ser claro falarei da derrota como se lle pasase a outros hai moito tempo, como se os mortos comprendesen que todo foi en balde e decidisen descansar por n en paz, tratarei de non ser claro, de non citar as antigas cidades arrasadas os fugaces menceres nesta noite demasiado longa, os deuses e as linguas vencidas lentamente polo mar incesante, falarei na antiga lingua dos poetas cegos, e patria chamareille Atlntida.

En Territorio Inimigo Observa compaeiro o exrcito inimigo, conta os innmeros soldados as espadas, as lanzas, os satlites, (e algn dos teus tamn est con eles) observa, e comprende que a vitoria imposible. Ters que aprender a vivir entre eles agochando todo o que te poida delatar porque non houbo batalla, compaeiro, nin vencidos, e levamos toda a vida vivindo en territorio inimigo.

Atlantic City A noite cubre a cidade como unha maldicin demasiado antiga para ser tomada en conta, e hai botellas de plstico e sereas mortas abandonadas polo mar nas praias sen la, manequns nos faiados como estatuas de deuses esquecidos que anda poderan falar en soos a quen soubera preguntarlles, adolescentes nas pontes mis altas que xa renunciaron sa pequena variacin do que todos sabemos, follas de papel nos portais dispostas polo Concello para unha mala imitacin do inverno, bocas latexando nos ltimos bares por unha sede que non ten remedio, luces brancas, fro, televisores acesos e un trapecista sen s no chan que se deixa abrazar polo reso.

20

As mortes pequenas Non che valer de nada agardar unha hora mis, pedir outra copa, fumar un ltimo cigarro, non entrar por esa porta quen ti sabes. O vento vai confundindo as marcas que deixas para orientarte e a noite pasada percorriches en balde todos os bares desta cidade, porque non hai ningun contigo no teu labirinto, Seor Lpez, moitas veces os amantes non chegan a toparse nunca. Cumpras dezaoito aquela noite, non? vestida case completamente de negro, e da muller-muller que anda non eras, quixen mirarte como se non importase como se puidese deixar de facelo en calquera momento. Na Ra Esmirna ofrecen os corpos travests tracios, ninfas de Moscova, bacantes de Tiro, mulatas dominicanas. E penso en calquera cousa por non pensar en ti, como se fose posible, como se houbese, unha vida sen ti despois de ti, e dime entn que se lle pode facer, que remedio para este n que se aperta a cada paso,

22

que pas habitable mis al do lugar onde acaba o teu nome. E que non fose capaz de dicirche, que non fose capaz de vencer o medo, e mirar agora este corpo que anda non naceu, que non delata mis que os anos pasados matando a espera con xantares excesivos, porque a covarda tamn deixou as sas marcas no corpo no sono que non chega, e no mal alento de todas as palabras sen dicir podrecendo no cuspe. Como te chamas? Jssica. De onde es? De Tebas. Hotel Parthenos cincuenta denarios a noite. E despois de media hora son dous corpos que se retiran en silencio e sen mirar atrs coma os cmplices dun asasinato.

23

A Casa das Paredes Brandas Na area do patio debuxan os tolos mapas minuciosos de cidades descoecidas rosman palabras nalgunha lingua estraa e miran cara atrs desconados. Pero eu estiven al o ltimo da cando fusilaron o mencer ao mencer, (non quixo a venda, por certo, aceptou as balas cos ollos abertos) e despois de soterralo ben, borraron o seu nome dos mapas e dos libros, destruron as pontes e asolagaron os tneles, que levaban ao Outro Lado, sementaron sal naquela terra e prohibiron coa morte a mencin do seu nome.

24

Moloch Dispoemos de grandes medios para manterte perpendicular base permitindo s pequenas oscilacins laterais completamente inocuas para a estabilidade xeral do sistema, pesadas prensas que irn achanzando malformacins non desexadas e aadas coitelas para mutilar excesivas desviacins da media.

26

Os Pais Todo o que xemos por ti, a ta educacin na Escola Superior de Autmatas, os avs, tan caros, os verns en Dj-Vu, a difcil reescritura das nefandas lias das tas mans, a casa no nmero catro do sector corenta da ra vinte e nove o teu traballo no Departamento de Administracin de Danos. Todo o que xemos por ti, deberas estarnos agradecido.

28

E o Espellio Mxico foi torturado at que confesou que este o mellor dos sistemas posibles en horario de mxima audiencia, mentres as enquisas de opinin amosaban que o pobo era favorable intervencin en Nevermore, e deposicin de Peter Pan, o seu cruel ditador, por ter violado a Lei de Gravidade e a de Maiora de Idade.

30

Vello Amigo Eu vin nacer a luz antes do comezo, cando o espazo e o tempo eran anda dous [rapaces a gatear curiosos polos corredores da nada, eu bebn das augas do Leteo mentres o barqueiro cobraba as sas das moedas de ouro nas cuncas dos meus ollos de morto, e as mesmas que advertiron a Macbeth en balde dixeron de min que sera o ltimo da estirpe dos homes sen medo a non volver. Vello amigo, taca o inferno; o fogar, a cadea, e todo o que nos aprenderon a temer de nenos, non mis que unha maldicin vestida co engado dunha voz familiar.

32

Aprendizaxe Agora aprenders o nome dos seus deuses, Seor Lpez, e chamaraslle amor descoecida que che toque, e vida a esta sucesin de das concntricos, chamaraslle mellor amigo ao estrao que senta a sa soidade ta beira, e fala de calquera cousa como se puidera calar a desesperacin na ponta da lingua, agora aprenders o nome dos seus deuses, Seor Lpez, e chamaraslle fogar a este deserto de neve entre a ta pel e a deles.

34

Os das que non viviches escribirn o teu epitao, Seor Lpez, medirn a distancia entre os feitos e os soos como quen mide o ancho da ferida e proclama o total co canto dun neno na lotara do nadal. Cento cincuenta mil derrotas. Os das que non viviches teen o rostro da descoecida que deixaches pasar unha vez, os seus ollos, o mesmo sorriso e unha manchea de palabras sen dicir como quen garda area un da de vento. Os das que non viviches son o peso exacto da ta alma Seor Lpez, e no outro prato da balanza a mis leve pluma decidir canto sobra e canto falta.

36

A Morte dun Burcrata O solpor estrcase sobre o mar como unha amante despois do amor mentres os turistas en parellas se esforzan en conmoverse. Pensei que aprendera a esquecerte como aprendn a non crer nos milagres ou a saber que anda que o pareza a muller do cadro non me est mirando. De que me serviron se non todos estes anos de luns que van dar ao domingo que es el morir, e longas noites sen sono e sen desexo, se unha tarde descobres unha vella carta e te preguntas que tera pasado anda que saibas de sobra a resposta. Entn, decides vir beira do mar e es capaz de vencer o medo mentres pensas nos amores que non comezaron, e no entanto doen.

38

Ves como non era tan difcil? s hai que esforzarse un pouco en deixarse levar, e xa vers qu ben te apaas neste novo nico Mundo Posible, porque o show debe continuar, compaeiros, e hai un papel reservado para ti con das frases e un mutis elegante.

40

Wen-Tzu

No Senado O vello tribuno Wen-Tzu non sabe lucir o peplum, pero as sas lentas palabras anda provocan silencio: O mar non o inimigo, a nosa vella Illa acumula mis cousas das precisas e convenientes para o peso que poden soportar os piares. Deberiamos volver nosa vida sinxela de antes, na que cadaqun dispua do preciso e ningun se afanaba no lucro. (silencio, leves apupos) Resposta o patricio Johnson co sorriso detrs dos lentes: Son sabias as palabras do honorable tribuno Wen-Tzu, pero el naceu no tempo da primeira dinasta Chou, e talvez estea algo desfasado na nosa era ciberntica; de seguir os seus consellos os nosos pais anda estariamos nas cavernas. (risos e aplausos no lado da dereita)

44

A Crnica de Wen-Tzu I Eu nacn na illa dos primeiros atlantes, dos que vivan a carn do chan, e coecan dos seus ollos a verdade, moito antes da invencin das chaves. Daquela, anda non haba leis escritas, os homes saban ser pai, labrador, soldado, e resolvan os preitos os mis sabios do lugar. Aqueles homes fortes e rexos marcharan do Vello Mundo para fundar un novo sen os vellos vicios, e honraban a xenerosidade de Neptuno co sacricio de cen bois o da do solsticio.

46

II Despois, os tempos foron mudando, inventronse as chaves, a escritura, e foron esquecendo o tributo, Neptuno, pensaron, est morto ou non pode vencernos. Levantaron muros mis altos c vento e dispuxeron gardas nas portas e nas torres, (talvez venceran o inimigo, pero non o medo) tras longas deliberacins pactaron as tboas da lei cun deus estranxeiro, dividiron a xente en castas, concedronlles o dereito compra e xa non puideron predicar os sabios a honra da pobreza. Despois dunha longa seca declarronlle a guerra ao da e un soldado exhausto proclamou a sorte no Foro: Nenikekamen! Nenikekamen! A celebracin durou tres noites, e as cabezas dos trescentos que gardaban as ltimas portas advertan en trescentas estacas do camio cara a cova na que o sol foi recludo.

47

III Os desertores daquela guerra fundaron Erehwon ao Outro Lado, aboliron os valados e as bandeiras,

estableceron unha severa medida para o pouco e o demasiado, xeron as paces co mar con mil amantes facendo o amor antes de subir a marea, e repatriaron os rebeldes, regresaron SittinBull, Peter Pan e Paul Lafargue, e un mencer que sobrevivira gran matanza, e os brbaros de Kavas ouveando polos bares.

48

IV Non tardou en saberse da sa existencia, non tardaron en proclamar o seu perigo, non tardou en comezar a ltima gran guerra, e os sete mil xinetes de SittinBull cargaron por ltima vez sobre a delicada epiderme das innitas autoestradas que se fundiron e se abran en feridas de sangue negro por onde brotaron as primeiras herbas en tanto tempo. Pero a batalla acabou na sa derrota e a n da historia. Din que aquela carga durou mil anos din que anda se escoitan os cascos dun cabalo nos semforos do centro.

49

O Canto de SittinBull Tan pouco ferro non chegar pra fender o meu peito espido, aade ben os coitelos, Fillos da Noite, que a mia carne non perde o xenio nin s portas do inferno. Eu son SittinBull, as aprendeu a chamarme o voso medo, eu son SittinBull, en armas contra os vosos muros ao noso vento, e detrs de min, a mia raza, que loita coa forza dos elementos, a forza do sangue anda quente do cervo nunha cruz sobre a fronte dos nosos nenos, e da herba que nos viste de verde, e da dor que nos chama polo nome. Dicide, Fillos da Noite, desde que bnker no sochao premer un botn a vosa covarda por non coecer a cor dos meus ollos?

50

ltima noite da Atlntida

Non teas medo, Lucrecio, nin dor dos inocentes, a vida non nos pertence, e s podemos cumprir co destino at o noso ltimo alento. Onte foi o tempo das razns e as disputas tericas, hoxe chegou a hora da loita.

54

Monlogo de Lucrecio Lembrar o que un da non soubemos, pero custa tanto non saber, non contar os pasos e dicir qu tempio temos. Da nosa crtica s cordas farn outras que nos aten mellor, talvez deberiamos calar ante o estmulo resposta e que nos consideren idiotas. E tamn os brbaros foron asimilados ou recludos no exotismo, os mesmos que deberan matarnos soan os nosos soos e piden permiso para entrar, o brbaro que levabamos dentro o que se deixaba tentar polos abismos e caa dentro, xa non existe. A uns comprronnos cun espello aos mis fortes con auga de lume, tardaron s unha vida en asimilar o concepto de propiedade. E as volvemos para a casa, sen escudo e sen derrota, como se houbera algo do que falar, algo que celebrar nas tabernas despois de catro copas e unha cancin nostlxica.

56

Synposium Na casa do Prncipe as festas poden durar semanas; hai vio de Rodas mesturado con mel das Antas, homes e mulleres dispostos para o pracer, nctar, caviar, champagne, e coca sen cortar. O poeta favorito do Prncipe trae un rastro de lama nos ps, a roupa sucia, a mirada dura, Aqu chegou o noso home, anuncia, parece que vs dalgunha batalla, Lucrecio. Veo dos diques. Muda a expresin do Prncipe. E como estn as cousas por al? Contesta Lucrecio co silencio. Pois se as cousas estaban tan mal, por que non quedaches al con eles, carrexando sacos e reparando os diques? Pero vea, vello amigo, deixa esas teimas para outro da, enche a ta copa e dnos os teus versos de namorar deusas, porque a vida curta, Lucrecio, os praceres longos, e ma ser outra noite.

58

DELENDA EST (arenga de Lucrecio no ventre do cabalo) Ns, os lextimos herdeiros dos ltimos vencidos, anda sabemos lembrar o que un da soubemos: a verdade detrs das sas palabras, a herba hmida nas mans, o soo destrudo en Erehwon, o home antes da sa carreira de sacos cara [ao baleiro, ns, os lextimos herdeiros, veremos caer os muros de McDonalds, compaeiros, veremos un fungo devorar o seu chaleco antibalas, e a lenta ferruxe chantar os dentes no corazn de ferro de [occidente. Ns veremos o caer os muros de McDonalds, compaeiros, abrirmoslle as portas ao mar para que nos invada en silencio, e trazaremos unha perpendicular para o iceberg na sa cega procura do Titanic que nos leva. E esta vez non podemos perder: seremos o cancro na pel do cancro.

60

E cando os cans calan e a la se garda os homes de Lucrecio acoden s portas entreteen os gardas, e axdanlle ao mar a entrar sen alarmas. Moi pronto chegaron as augas porta das casas mis altas e a foi cando comezou o pnico: foi convocado de urxencia o consello de sabios, e chegaron conclusin de que non haba nada previsto. Dispuxeron grandes bombas no Foro, mobilizaron a garda nacional e os ilotas, tamn falaron cos ltimos dos vencidos e [respondronlles que xa se veran no inferno. O da, claro est, o da, haba que liberar o sol, a luz, a claridade. Talvez fose un erro, talvez se pasaran con eles. Acudiron al coas chaves na man, pero o sol, na soidade da sa prisin, esquecera a fala ou a voz. Entn os mis avisados comezaron a pensar nos barcos, debe quedar algn lugar anda sobre o mar.

62

No asolagado saln do reino o Prncipe non quere conclur a festa; que pasa? onde estn os msicos? quen apagou as luces? Marcharon todos, Meu Seor, e o el criado apunta cara ao balcn. Contempla estarrecido o Prncipe a cidade somerxida, os farois anda acesos trazando un camio baixo as augas, e un incendio ao fondo. Atlantis, Atlantis, orgullosa cidade das tebras! seora do mar e da terra! dubida un pouco, alza a copa: brindo pola ta derrota!

64

Ship of Fools Canto tempo hai que esperamos? desde o da que partimos cara ao leste, porque hai un lugar, ten que habelo, cantos anos pasaron? Ningun o sabe. E agora, mentres o mar se paira neste lugar sen vento e sen corrente, preguntmonos cantas veces viviron outros momentos as neste mesmo barco, e morreron pouco despois da sa esperanza sen ter ouvido nunca, terra vista! anda que non fose a prometida.

66

Alborada Agora os vencidos son os herois, deslan polo arco do triunfo, asinan autgrafos, scanlles fotos. Piden perdn a SittinBull agora que non pode erguerse, len os seus libros, celebran as sas derrotas, pensan qu tera pasado, pensan que ao mellor.

68

ndice
Prlogo [5] NA CIDADE Tratarei de non ser claro [5] En territorio inimigo [7] Atlantic City [9] As mortes pequenas [2] A Casa das Paredes Brandas [23] Moloch [25] Os Pais [27] E o Espellio Mxico foi torturado [29] Vello Amigo [3] Aprendizaxe [33] Os das que non viviches [35] A Morte dun Burcrata [37] Ves como non era tan difcil? [39]

WEN-TZU No Senado [43] A Crnica de Wen-Tzu [45] O canto de SittinBull [49]

LTIMA NOITE DA ATLNTIDA Non teas medo, Lucrecio [53] Monlogo de Lucrecio [55] Synposium [57]
DELENDA EST [59]

E cando os cans calan e a la se garda [6] No asolagado saln do reino o Prncipe [63] Ship of Fools [65] Alborada [67]

Tirronse 00 copias de Plan de fuga, de Alberto Lema, primeiro nmero da serie de poesa de Estaleiro editora, compostos en Minion Pro 0/3, en xaneiro de 2008

Alberto Lema milita na impureza, no centro dun lugar que non Espaa. Un lugar onde unha perna tapa a outra. E para vir a xunta min. E que me dixo teu pai. A orquestra toca ao fondo msica popular e, sen desconcentrarse, Lema escribe como un poeta clsico. Porque tivo o bo gusto de elixir a vangarda para a vida. Miguel Mosquera resumiuno nunha imaxe aada: pica da experiencia. Estou de acordo. (Mara do Cebreiro)

Alberto Lema naceu en Bamiro, Vimianzo, en 1975. Licenciado en Filoloxa Inglesa, o ttulo abrulle moitas portas no mercado laboral. Traballou de mozo de almacn, fregapratos, camareiro ou chfer de camin. No 2003, na era post-prestige e plan Galicia que ests en los cielos, emigrou a Canarias cumprindo co destino familiar e nacional.Comprobou como Europa tenta en balde varrer frica para debaixo da alfombra, e que a morria algo mis que un delirio dos poetas telricos. Desde 2005, nesta Galiza postindustrial, sen fase industrial precedente, segue a gaar o aluguer como pode.

You might also like