You are on page 1of 4

CAMBIO CLIMÁTICO

Antes de comenzar o tema convén aclarar algúns aspectos:

1. Tempo e clima son termos diferentes que este verán faga dous
grados máis que o anterior non indica que haxa un
quentamento global, son os cambios continuados no tempo os
que transforman o clima.
2. O clima e un sistema moi complexo que depende de moitas
variables algunhas delas retroalimentacións, por exemplo o
desxeo trae unha disminución do albedo , aumenta a radiación
solar, sube a temperatura, máis desxeo. Deforestación do
Amazonas, disminúen as choivas, más secas, máis incendios…
volvemos a deforestación.
3. Descoñecemento dalgúns mecanismos como a circulación
termohalina.
4. Non podemos saber cómo serán os escenarios futuros, pois
dependen de moitas variables ( consumo, combustibles,
evolucións dos mercados), só traballamos con modelos.
5. O cambio climático é un problema real e a acción do homeo o
está acelerando, o catastrofismo e o negacionismo son posturas
perxudiciaispara resolver un problema mundial que institucións
como a ONU, o IPCC, etc, aclaman como prioritario e ao que
avalan todos os estudos científicos desenvolvimos ata o
momento.
( http://www.oei.es/decada/boletin034.htm).

De todas formas para facer fronte a un problema hai que coñecelo un


pouco, así que xa sabedes, a leer estos apuntes, entrar no blog e
compartir cos vosos compañeiros e compañeiras as vosas opinións
que sempre son importantes.

1.Evidencias do Cambio Climático

1.1 Retroceso dos glaciares . O proceso de desxeo dos glaciares esta


acelera´ndose ( lembrade o glaciar do Himalaya)

1.2. Incremento do nivel do mar: Por desxeo da Antártida e dos


glaciares do Polo Norte.

1.3 Aumento da temperatura global media, ata o momento de 0,9 º C.


Dependendo dos grados que aumente contemplamos diferentes
escenarios ( Vídeo National Geographic).

1.4 Fenómenos metereolóxicos extremos máis frecuentes e intensos (


El Niño).

1.5 Modificacións no funcionamiento dos ecosistemas ( floracións


anticipadas, migracións, cultivos atípicos ( viños ingleses), etc.)

1.6 Acidificación dos océanos. Estímase que os océanos absorberon


ao redor da metade de todo o CO2 xerado pola actividade humana
desde 1800 , pero , en exceso, na auga o CO2 convértese nunácido
carbónico débil que modifica o pH ( medida da acidez) causante da
desaparición dos arrecifes de coral e outros organismos mariños con
caparazónssde carbonato cálcico.

Cales son as causas dos Cambios Climáticos?

1- Causas externas.1.1 Variacións solares: Luminosidade,


variacións do campo magnético solar , manchas solares, vento solar.

1.2 Variacións orbitais. Períodos glaciares e interglaciares. Neste


momento estamos nun período interglacial.

1.3 Impactos de meteoritos: un efecto devastador sobre o clima ao


liberar grandes cantidades de CO2, po e cinzas á atmosfera debido a
quéima de grandes extensións boscosas ( aumento do albedo).

2. Causas internas

2.1 Deriva continental. A posición dos continentes fixa o


comportamento do clima durante millóns de anos. Hai dous aspectos
a ter en conta. Por unha banda, as latitudes nas que se concentra a
masa continental: se as masas continentais están situadas en
latitudes baixas haberá poucos glaciares continentais e, en xeral,
temperaturas medias menos extremas. Así mesmo, se os continentes
áchanse moi fragmentados haberá menos continentalidad.

2.3 Cambios no albedo. O albedo é unha medida da tendencia que


teñen as superficies a reflectir as radiacións que inflúen nela. O
albedo medio da Terra é do 30-32% da radiación que provén do Sol. A
neve e os xeos teñen un albedo elevado, así que o desxeo trae unha
disminución do albedo, co conseguinte quentamento global.

2.2 Cambios na composición atmosférica. Gases de efecto


invernadoiro ( dióxido de carbono, metano, vpor de auga, óxido
nitroso, ozono). A atmosfera ten unha composición que sigue un
delicado equilibrio. A nosa atmosfera non ten unha composición
constante; así, plantas e os ócéanos son os sumidoiros naturais de
CO2 , outrosfactores como as erupciónsvolcánicas aumentan a
concentración deste gas.

2.3 Cambios nas correntes mariñas. As correntes oceánicas, ou


mariñas, son un factor regulador do clima que actúa como
moderador, suavizando as temperaturas de rexións como Europa. O
exemplo máis claro é a corrente termohalina que, axudada pola
diferenza de temperaturas e de salinidade, afúndese no Atlántico
Norte. A circulación se produce por diferenzas de densidade, coas
masas máis densas tendendo a afundirse e as menos densas a
ascender. No caso das masas oceánicas as diferenzas de densidade
dependen de dous factores, a temperatura e a salinidade. A
densidade decrece cando aumenta a temperatura e crece coa
salinidade.

2.4 O campo magnético terrestre

Da mesma forma que o vento solar pode afectar ao clima de forma


directa, as variacións no campo magnético terrestre poden afectalo
de xeito indirecto xa que, segundo o seu estado, detén ou non as
partículas emitidas polo Sol.

2.5 Causas antropoxénicas

Son as causas debidas a acción do home sobre o planeta.

• Queima de combustibles fósiles ( gráficos de temperatura


desde a revolución industrial).
• A deforestación.
• Actividades agrícolas e gandeiras como algúns cultivos de
arroz, gandería intensiva, transporte…

Constitúeno único factor no que podemos influir directamente, de ahí


as diferentes medidas tomadas polos gobernos de todo o mundo .

3.Retroalimentacións e factores moderadores

O cambio climático e, en xeral tódolos aspectos relacionados co clima


son moi complexos e dependen de múltiples variables.

Ademáis algúnsse retroalimentan, por exemplo : No efecto albedo


( reflexión dos raios solares), un aumento da masa xeada incrementa
a reflexión da radiación directa e, por conseguinte, amplifica o
arrefriado, pero, tamén pode actuar á inversa, amplificando o
quentamento cando hai unha desaparición de masa xeada.

Por sorte tamén hai factores moderadores como o efecto da biosfera


e, máis concretamente, dos organismos fotosintéticos (fitoplancto,
algas e plantas) sobre o aumento do dióxido de carbono na
atmosfera.

Dise frecuentemente que os bosques e selvas son os "pulmóns da


Terra", aínda que isto recentemente púxose en dúbida xa que varios
estudos afirman que absorben a mesma cantidade de gas que emiten
por que quizá só serían meros intercambiadores deses gases. En
calquera caso, no proceso de creación destes grandes ecosistemas
forestais ocorre unha abundante fixación do carbono que si contribúe
apreciablemente á redución dos niveis atmosféricos de CO2

4-Unha historia coñecida…


No pasado houbo outros cambios climáticos. Se coñecen estudando
os rexistros fósiles, as acumulacións de sedimentos nos leitos
mariños, as burbullas de aire capturadas nos glaciares, as marcas
erosivas nas rocas e as marcas de crecemento das árbores. Con base
en todos estes datos púidose confeccionar unha historia climática
recente relativamente precisa, e unha historia climática prehistórica
con non tan boa precisión. A medida que se retrocede no tempo os
datos redúcense e chegado un punto a climatoloxía sérvese só de
modelos de predición futura e pasada.

Por exemplo no proterozoico unha baixada importante nos niveis de


CO2 atmosférico conduciu aos chamados episodios Terra bóla de
neve. Así mesmo aumentos importantes no CO2 conduciron no
período da extinción masiva do Pérmico-Triásico a un arrequecemento
excesivo da auga mariña o que levou á emisión do metano atrapado
nos depósitos de hidratos de metano que se achan nos fondos
mariños o que acelerou o proceso de arrequecemento ata o límite e
conduciu á Terra á peor extinción en masa que padeceu.

You might also like