You are on page 1of 16

Experiencia levada a cabo cos alumnos e alumnas de 4º de Educación

Primaria do CPI de Mondariz .

Como nos sentimos?

Na nosa clase levamos dende o inicio do curso abordando as emocións e os


sentimentos . Ao principio , dun xeito meramente intuitivo e aproveitando calquera
circunstancia que nos ofrecera a oportunidade de traballar na clase este tema . Falando ,
sobre todo , de cómo nos sentiamos ante , por exemplo , un enfado , ante un conflito
tralo patio ou cando algún neno se atopaba triste ou incluso a prole .
Traballar a educación emocional na aula é unha labor moi difícil , tendo en conta
a falta de preparación, a falta de costume e a falta de tempo , pero aínda así decidimos
intentalo. E digo , decidimos , porque , xa que era un tema que lles concernía de pleno e
necesitaba a súa enteira colaboración , foi unha decisión consensuada por todos .
Iniciamos así a nosa andaina , primeiramente investigándonos a nos mesmos ,
coñecéndonos , para iso foinos de grande utilidade uns materiais que nos cedeu o
CEFORE . Nestes había unhas máquinas autodescritivas , onde en base a dez
adxectivos nos describiamos nunha escala de : moito , bastante, pouco e moi pouco .
Como na clase de lingua castelá e lingua tamén estabamos traballando as descricións e
a identificación de sustantivos e adxectivos , os sinónimos e os antónimos , o outro
material que utilizamos viunos moi ben , porque tiña vinte fichas sobre calidades
persoais tanto positivas coma negativas , nunha cara a positiva e na outra a negativa ( co
cal reforzabamos os antónimos ) e en cada unha das calidades que nomeaban axuntaban
dous sinónimos .
Ademais disto , aprendemos moitas mais palabras sobre como expresar os nosos
estados de ánimo , a través do Bingo das Emocións . Con este recurso , aprendemos
xogando a expresar sentimentos , a contar situacións pasadas nas que vivenciaramos
algún estado de ánimo presente no xogo . É un material moi visual que da pe a facer
xogos de mímica facial para representar os estados de ánimo .

Tamén lemos sobre as emocións , eliximos unha serie de contos da colección de


Violeta Monreal e traballámolos por grupos , cada un dos grupos tiña que ler o seu

1
conto e despois tratar de explicarlles ao resto dos seus compañeiros o sentimento ou a
emoción da que falaba en cada caso , pero non so usando as palabras senón que podían
utilizar as imaxes . Non había ningún límite , cada grupo podía facer o que suxerise o
seu conto .

2
3
Despois de levar a cabo esta pequena experiencia , démonos de conta do difícil que
resultaba expresar de forma gráfica o que sentiamos , podiamos xa , dun xeito bastante
coherente facelo de forma oral , pero a hora de poñelo nun debuxo , non eramos capaces
de representalo .
De todos modos non desistimos , e o seguinte paso foi , sempre traballando en grupo ,
plasmar un estado de ánimo, utilizando materiais de refugallo que tiñamos na clase . O
formato elixido foi un follaxe . Fixemos seis grupos : MEDO ,
CALMA,AMOR,ALEGRIA,NERVIOSISMO e TRISTEZA .
E estes foron os resultados :

MEDO

4
5
Este grupo entendeu o “medo” como un neno que chora ante algo , non me souberon
explicar ante que choraba , me impactaron as bágoas , tan grandes , e as formas tan
desfeitas que o rodean .

CALMA

6
Este grupo entendeu a “calma” coma , estar relaxados , a non ter presa , e asócioo a
auga , unha das nenas dixo : A praia reláxame , a auga , o sol … , así que representaron
un atardecer en calma.

7
NERVIOSISMO

8
Este grupo entendeu o nerviosismo como un estado de tensión , onde se apertan os
dentes , moi marcado na figura , suase , ábrense moito os ollos , como a espera

TRISTEZA

9
10
O grupo encargado de plasmar a “tristeza” , dirixiu o seu traballo cara a soidade . Unha
das nenas dixo que ela estaba triste cando estaba soa , logo por aí levaron a actividade .
Plasmaron a un neno so , chorando , moi triste nun día de chuvia .

AMOR

11
12
O grupo encargado de traballar o amor foi , tal vez , o que o tivo mais fácil , nin
sequera o dubidaron un momento , para eles o amor so de podía representar con moitos
corazóns , porque o amor séntese co corazón , como ben dixo unha das nenas deste
grupo .

ALEGRIA

13
14
A alegría foi entendida coma un día de primavera onde o sol loce , as flores e a
natureza están con todo o seu esplendor . Unha das nenas comentaba que ela era moi
feliz cando ía bo día , cando facía calor , porque iso a facía sentir moi ben .

15
MURAL ONDE EXPUXEÑOS TODOS OS TRABALLOS NA AULA

16

You might also like