You are on page 1of 14

UNIDADE 11.

- O TRATAMENTO DAS AUGAS E A


XESTIÓN DOS RESIDUOS.-
AS IMPUREZAS DAS AUGAS NATURAIS
1.- TRATAMENTO E
DEPURACIÓN DE AUGAS
RESIDUAIS.
1.1.- A POTABILIZACIÓN DAS
AUGAS.-

A auga natural posúe unhas


características físicas, químicas e
biolóxicas que impiden o seu uso
directo polo que debe ser sometida,
antes do seu consumo, a unha serie de
tratamentos e procesos que a convertan en potable, é dicir carente de microorganismos, de
substancias tóxica, de turbidez e con olor, cor e sabor non desagradables.

E.T.A.P. DE SAN FRANCISCO

A potabilización realízase nas chamadas ETAP (Estacións de Tratamento de auga Potable). Nestas
plantas lévanse a cabo varios tipos de procesos:
• TRATAMENTOS GLOBAIS: que consisten en aplicar diferentes procesos físicos (decantación
e filtrado) que permitan separar ás partículas presentes na auga polo seu tamaño, e sedimentar; e
tamén procesos químicos como a coagulación ou a floculación que empregan sales minerais
para formar agregados de partículas que permitan a súa posterior precipitación.
69
• TRATAMENTOS DE DESINFECCIÓN: realízanse de dous xeitos diferentes:
 Cloración: método consistente en engadirlle ao auga cloro que polo seu poder
oxidante e desinfectante constitúe un método fácil, rápido e barato de esterilizar a auga.
Ten o problema de que lle da a auga un sabor desagradable.
 Ozonización e radiacións con ultravioletas: eficaces e que non afecta ás propiedades
da auga, pero caros.
• TRATAMENTOS DE AFINE: que consisten en neutralizar a acidez da auga mediante
bases e tamén o abrandamento da auga par reducir a dureza da auga e evitar a precipitación
calcaria nas conduccións de auga potable.
En Ourense a ETAP está situada no barrio de San Francisco. Na lámina da páxina seguinte tes un
esquema destas instalacións.

1.2.- A DEPURACIÓN DAS AUGAS RESIDUAIS.-

As augas, trala súa utilización polo home, deben ser devoltas ao medio natural coas características
físicas, químicas e biolóxicas máis semellantes posible ás que posúen no seu estado natural, ou polo
menos coas características que permitan aos sistemas de autodepuración das augas recuperar as
características naturais. É por iso que as augas, antes do seu vertido, son sometidas a distintos
procesos de depuración.

1.2.1.-Sistemas de depuración natural ou branda.-

Baséanse na reproducción dos sistemas de autodepuración natural para as augas residuais. O


método máis común é o chamado lagunaxe, que consiste na construcción de lagoas artificiais que se
enchen coas augas obxecto da depuración. A auga permanece nestas lagoas durante meses onde
sofre un proceso de sedimentación dos materias sólidos, e de degradación aerobia ou anaerobia da
materia orgánica.

1.2.2.- Sistemas de depuración tecnolóxica ou dura.-

Realízanse nas chamadas EDAR, é dicir, nas estacións depuradoras de augas residuais nas que se
utilizan unha serie de procesos físicos, químicos ou biolóxicos que permitan eliminar os elementos
contaminantes presentes na auga residual para que esta poda ser devolta ao medio con alteracións
mínimas. Nunha EDAR convencional podemos diferenciar as seguintes liñas:
• Liña de augas: sería o percorrido da auga desde a chegada á EDAR ata o seu vertido final.
• Liña de fangos e lodos: é o resultado de concentrar todos os contaminantes presentes na auga
residual que son extraídos dela e que sofren distintos tratamentos.
• Liña de gas: que é o proceso que segue o biogás xerado nos dixestores dos lodos ou fangos.

A LIÑA DE AUGAS.-

• Pretratamento: consiste na separación de sólidos de gran tamaño e densidade (trapos, paos,


follas, plásticos, areas, pedras e certas graxas), cuxa presencia na auga podería ocasionar danos
nas conduccións ou bombas doutras fases do tratamento. Adoitase inxectar osíxeno, durante
estes procesos, para evitar os cheiros desagradables que se producen neles. Este pretratamento
pódese dividir nas seguintes fases:
 Desbaste ou retención, en rexas grosas ou finas, dos materias máis voluminosos. Os
sólidos retidos son logo transportados mediante unha cinta aos bidóns que se levan aos
vertedoiros ou incineradoras.
 Desareado: mediante un proceso que consiste en facer circular a auga a distintas
velocidades para producir a sedimentación das areas.

70
 Desengraxado: trátase de eliminar graxas e aceites, e tamén outras materias flotantes
como fibras ou pelos. O procedemento é semellante ao anterior consiste en facer pasar
a auga por conduccións a distintas velocidades e eliminar as partículas que, por flotar,
quedan en superficie.

• Tratamento primario: pretende a separación de sólidos en suspensión e materiais flotantes que


non foron retidos no pretratamento. Faise por decantación (depósito por sedimentación das
partículas máis pesadas) nos denominados decantadores primarios, uns tanques de forma
circular ou rectangular cun dispositivo para o arrastre e extracción dos fangos decantados. O
proceso se completa coa floculación mediante floculantes (ións, sales metálicas, etc.) que
forman agregados de maior tamaño cos sólidos en suspensión. O proceso remata coa
neutralización do pH para facer máis doados tratamentos posteriores.
• Tratamento secundario: consiste nun conxunto de procesos biolóxicos completados cun proceso
de decantación secundario cuxa finalidade é eliminar a materia orgánica presente na auga
residual. Existen basicamento dous procesos de tratamento biolóxico:
 Os lodos activos: O proceso máis común consiste en colocar a auga residual en depósitos de
grandes dimensións en condicións aerobias de tal xeito que as bacterias presentes na auga
oxiden a materia orgánica. Para elo cómpre inxectar osíxeno o que se fai mediante turbinas
ou difusores. O producto deste proceso (restos de materia orgánica, lodos e bacterias) é
eliminado nos decantadores secundarios.
 Leitos ou filtros bacterianos: son depósitos de material inerte poroso (areas silíceas,
fragmentos sintéticos) ao que se adhiren os microorganismos. A auga residual faise pasar
polo filtro en forma de chuvia e os microorganismos degradan a materia orgánica. A auga
depurada recóllese na parte inferior
• Tratamento terciario e desinfección: son tratamentos que non se realizan en todas as estacións
de depuración. O tratamento terciario pretende eliminar a materia orgánica e os compostos de
fósforo ou nitróxeno que aínda poden permanecer nas augas. A desinfección realízase para
71
matar microorganismos patóxenos que poden ter resistidos os procesos anteriores e faise por
procedementos de cloración ou ozonización.

Tras estes procesos a augas son analizadas e, se cumpren cos parámetros establecidos, son vertidas
ao medio natural. Durante as distintas fases dos tratamentos na liña de auga tense producido os
chamados fangos ou lodos que deben ser tamén tratados na chamada liña de fangos.

LIÑA DE FANGOS OU BIOSÓLIDOS.- Comprende os seguintes procesos:

• Espesamento dos fangos: a súa finalidade é reducir o volume dos mesmos eliminando a maior
parte da auga que conteñen, o que facilita o seu manexo e rendementos en procesos posteriores.
Utilízanse os espesadores que realizan este proceso por gravidade ou flotación.
• Estabilización dos fangos, normalmente realizada en procesos de dixestión anaerobia que
degradan a materia orgánica ceibando unha mestura de gases (metano e dióxido de carbono) que
constitúen o chamado biogás que pode ser utilizado como combustible para o funcionamento da
propia depuradora. O gas non utilizado adoitase queimar nun facho que teñen as estacións
depuradoras.
• Acondicionamento químico e deshidratación (secado): conxunto de procesos que pretenden
eliminar a auga que aínda queda entre
E.D.A.R. REZA.
os lodos para reducir ao máximo o seu
volume. Primeiro engádese compostos
que faciliten a coagulación dos sólidos.
A eliminación da auga lévase a cabo
mediante secado, filtrado, prensado ou
centrifugado. Os fangos secos son
trasladados aos vertedoiros ou son
utilizados para a fabricación de
compost para a súa posterior aplicación
na agricultura.

1.2.3.- Os filtros verdes.- Técnica para a


depuración de cantidades non moi grandes
de augas residuais, aínda en fase de
experimentación, que consiste na utilización do solo como filtro desas augas.
Un filtro verde é unha superficie de terreo parcelada na que se plantan árbores de crecemento rápido
(normalmente chopos), que se regan con augas residuais sometidas a pretratamento (desbaste,
desareado e desengraxado) facendo o solo o traballo de depuración por tres mecanismos:
 O propio solo depura as augas residuais en procesos
de precipitación química ou de intercambio iónico
 As raíces de vexetais filtran os residuos ao absorber a
auga
 Os microorganismos metabolizan a materia orgánica
en procesos de aerobios ou anaerobios

2.- OS RESIDUOS.-
Denominamos residuos aos refugallos xerados nas
actividades de producción ou consumo que son destinados ao
abandono xa que non posúen valor económico porque non
existe tecnoloxía para o seu aproveitamento ou pola
inexistencia dun mercado para os productos a recuperar. Porcentaxes de residuos producidos
Centraremos o noso estudio neste tema nos residuos sólidos.

72
2.1.- TIPOS DE RESIDUOS.- Atendendo a súa procedencia, podemos clasificar aos residuos nos
seguintes grupos:
A) .- RESÍDUOS DO SECTOR PRODUCTIVO PRIMARIO: é dicir , procedentes das actividades
agrícolas, gandeiras, forestais ou mineiras.
• Residuos de biomasa: constituídos sobre todo por materia orgánica de orixe animal e vexetal
procedente das actividades agrícolas, gandeiras e forestais: tallos, follas, pallas, esterco, xurros,
restos de madeiras, viruxes, serraduras, etc.
• Residuos mineiros: procedentes das chamadas actividades extractivas e que son normalmente
inertes.
B).- RESIDUOS DO SECTOR PRODUCTIVO SECUNDARIO: é dicir residuos procedentes das
actividades industrias de transformación. Clasifícanse segundo a súa actividade en:
• Inertes: que non presentan actividade física, química ou biolóxica: áridos, cascallos, escorias ou
chatarras.
• Perigosos: que producen contaminación química acusada. Proceden dun número alto de
actividades industriais.
• Radioactivos: producen contaminación radioactiva e son indestructibles. Proceden das centrais
nucleares ou tamén de centros hospitalarios ou de investigación (neste caso pertencería ao sector
productivo terciario).
C).- RESIDUOS DO SECTOR PRODUCTIVO TERCIARIO: proceden da actividade doméstica,
comercial e da construcción., etc. Son os que seguen:

• Residuos sólidos urbanos (R.S.U.): Composición dos Residuos Sólidos Urbanos


procedentes da actividade doméstica e tamén
da actividade comercial e da construcción e
son de características moi variadas: papel,
materia orgánica, vidro, restos de mobiliario
e electrodomésticos, envases, bolsas,
ladrillos, madeiras, cascallos
• Residuos sanitarios: moitos son
cualificados como bioperigosos ou químico-
sanitario perigosos, tamén residuos
radioactivos e anatómicos. Existen tamén
residuos sanitarios asimilables aos urbanos..

73
2.2.- OS RESIDUOS DAS ACTIVIDADES PRIMARIAS.-

2.2.1.- Residuos agrícolas, gandeiros e forestais: os residuos de biomasa.

Están constituídos por restos orgánicos de orixe animal ou vexetal que son aproveitados “in situ”
como abonos tralo proceso de compostaxe, ou tamén como combustible de biomasa. Vexamos
os máis importantes:
• De orixe agrícola: normalmente os restos das podas, pallas, follas, salvado, etc. que se utilizan
como combustibles de biomasa, fertilizantes ou para a alimentación animal.
• De orixe gandeira: xurros, estercos, restos, oruxos, etc. utilizados como abonos, para pensos na
alimentación animal ou para a producción do combustible de biomasa chamado biogás.
• De orixe forestal: proceden sobre todo das actividades de silvicultura e da limpeza dos bosques.
Os principais productos son pólas, follas, cortiza ou os serraduras procedentes de aserradeiros.
Xa se comentou a utilidade destes residuos para as instalacións enerxéticas de biomasa.
Tamén para compostaxe na producción de abonos.

En España o consumo de biomasa no ano 1996 para a producción enerxética foi de 3,6 Tep/ano o
que supón case a metade da enerxía renovable producida en España.

2.2.2.- Residuos das actividades extractivas.-

Proceden fundamentalmente da actividade mineira e son residuos inertes, é dicir sen actividade
química ou biolóxica. Producen xeralmente fortes impactos paisaxísticos, e ás veces, a súa
concentración en metais pesados producen contaminación importante das augas superficiais e
subterráneo.Utilízanse como materias na construcción.

2.3.- RESIDUOS INDUSTRIAIS

2.3.1.- Residuos inertes.-

Son aqueles que non teñen actividade física- química nin biolóxica. Podémolos clasificar en dous
grupos:
• Cascallos, escorias e materias residuais: teñen tan só un impacto paisaxístico e de cotío
reutilízanse como materiais de construcción sobre todo en firmes das estradas.
• Chatarras: con certa concentración de elementos metálicos. É aconsellable a recuperación dos
metais que conteñen para a súa reutilización polo que supón de aforro nestes recursos
minerais e tamén de aforro enerxético e de diminución do impacto paisaxístico.

2.3.2.- Residuos perigosos.-

Antigamente denominados RTP (residuos tóxicos e perigosos) son aqueles que supoñen unha
ameaza grave para o home. Entendemos por RTP os materias sólidos, pastosos ou líquidos, así
como os gasosos contidos en recipientes que se destinen ao abandono e que contiñan substancias en
concentracións que representen perigo para a saúde humana ou para o medio ambiente, por ter
algunha das seguintes características:
• Ser inflamables: presentan riscos de combustión
• Ser corrosivos: disolven substancias ou destrúen tecidos biolóxicos.
• Ser reactivos: reaccionan espontaneamente coa auga ou co aire producindo explosións ou
ceibando gases tóxicos.
• Ser tóxicos: é dicir producir enfermidades, irritacións ou danos pola súa inhalación.
• Ser mutáxeno: é dicir ter efectos canceríxenos ou producir mutacións.

74
A xestión destes residuos varía desde o depósito baixo terra, a recuperación, a incineración, os
tratamentos físico-químicos ou a descarga no mar.

2.3.3.- Residuo radioactivo.-

Un residuo radioactivo (RR), é todo material que conteña ou estea contaminado con núcleos
radioactivos en concentracións ou niveis de actividade superior aos establecidos. A súa orixe é
múltiple: residuos de centrais nucleares, hospitais (medicina nuclear e radiodiagnóstico),
investigación, etc. Poden ser clasificado segundo distintos criterios:
• A súa velocidade de desintegración: poden ser de vida curta (período de
semidesintegración, é dicir, tempo en reducirse a metade, de menos de trinta anos; ou de
vida longa, con períodos de desintegracións superiores aos trinta anos.
• A intensidade da súa actividade: de alta actividade , que emiten radiación alfa, e son os
procedentes dos combustibles das centrais nucleares ou do armamento nuclear; de baixa e
media actividade, que emiten radiacións beta ou gamma, onde incluímos o material
utilizado nas centrais nucleares que non son combustibles, e tamén o material hospitalario
e dos laboratorios de investigación.
A xestión destes residuos en realizado pola Empresa Nacional de Residuos Radioactivos
(ENRESA) E depende da intensidade da súa actividade e da súa velocidade de desintegración.
O almacenamento constitúe o único sistema aplicable aos residuos radioactivos que non
poden ser destruídos de ningún xeito. Os residuos de media e baixa actividade almacénanse
en depósitos de formigón. Os de alta actividade en formacións xeolóxicos profundos ou
sometidos a procesos de vitrificación ou introducidos en rochas sintéticas.

2.4.- RESIDUOS DO SECTOR TERCIARIO.-

2.4.1.- Residuos sanitarios.

Son os xerados en hospitais, clínicas ou laboratorios farmacéuticos. Clasifícanse en:


• Residuos asimilables aos urbanos, producidos en actividades non estrictamente sanitarias
(cafeterías, oficinas, xardíns, etc.)
• Residuos asimilables aos urbanos producidos en actividades sanitarias, pero sen risco de
contaminación biolóxica: sondas, catéteres, escaiolas, vendas sen contacto con feridas, etc.
• Residuos biosanitarios perigosos que posúen axentes contaxiosos polo que antes de ser
recollidos polos servicios municipais é obrigatorio sometelos a procesos de desinfección:
vendas, agullas, hemoderivados, etc. Os sistemas de desinfección pode ser mediante autoclaves,
microondas ou sistemas de desinfección química.
• Residuos químico-sanitarios perigosos por posuír substancias químicas tóxicas ou
contaminantes. Debe ser tratados polo propio centro que debe ter un Plan Xeral de Xestión
Interna de Residuos aprobado pola Consellería de Sanidade.
• Residuos radioactivos de baixa ou media actividade procedente de departamentos de radioloxía
ou radioterapia, e que son recollidos pola Empresa Nacional de Residuos Radioactivos
(ENRESA).

2.4.2.- Residuos sólidos urbanos (R.S.U.).

Sono os xerados nas actividades realizadas nos núcleos urbanos ou nas súas áreas de influencia.
Vexamos os máis importantes:
• Residuos domiciliarios, orixinados nos domicilios particulares como resultado das actividades
domésticas. Inclúense neles tamén os de grande tamaño como mobles, electrodomésticos,
automóbiles, etc.

75
• Residuos comerciais e de servicios: xerados en oficinas, centros de ensino, comercios, etc., que
son moi semellantes aos domiciliarios.
• Residuos da limpeza de rúas, zoas verdes, mercados, etc.
• Residuos de construccións, demolicións e obras de reparacións de vivendas e aos que se lles
adoita nomear como cascallos.

A cantidade destes residuos depende moito do grao de desenvolvemento do país, ou das


características das zonas. En xeral os países máis desenvolvidos xeran máis recursos que os
subdesenvolvidos, e as zonas urbanas máis que as rurais. En cuanto á composición varía moito duns
países a outros (ver cadro) e é moi heteroxénea, pois están constituídos por materiais moi diversos
que se agrupan, segundo a súa natureza (grao de humidade, capacidade calórica, etc.) que vai a
determinar as posibilidades de tratamento en:

XERARQUÍA NA • Inertes: dos que non é posible extraer enerxía


XESTIÓN DE RESIDUOS calorífica: vidro, escouras, etc.
• Fermentables: materia orgánica.
• Combustibles: papel, cartón, plásticos,etc.
REDUCIÓN
2.5.- A XESTIÓN DOS RESIDUOS SÓLIDOS
URBANOS (R.S.U.).-

REUTILIZACIÓN Os residuos constitúen un dos máis graves problemas da


nosa sociedade que recentemente ten tomado consciencia
da súa magnitude. Esta crecente preocupación
medioambiental produciu un cambio no tratamento
RECICLAXE tradicional do lixo, segundo o cal a maioría dos productos
de refugallo depositábanse directamente no chan o se
vertían ao aire ou as augas con total despreocupación
COMPOSTAXE polos posibles impactos. Logo a tendencia foi a de
situalos en vertedoiros controlados ou da incineración.
Mais na actualidade tense introducido nos países máis
VALORACIÓN desenvolvido un cambio na filosofía da xestión de R.S.U
cara a modelos máis sostibles, na que os vertedoiros
ENERXÉTICA controlados ou a incineración (con ou sen valoración
enerxética) son sistemas que se utilizan só como últimas
formas de tratamento, fronte a medidas que tenden a
reducir o volume dos residuos ou de proceder á súa
ICINERACIÓN SEN reutilización ou reciclaxe (ver cadro de prioridades). Para
VALAORACIÓN explicalo de xeito sinxelo: trátase de aplicar a chamada
regra dos tres erres: reducir a súa producción en orixe;
proceder a reutilización de todos aqueles residuos que
poidan aproveitarse e levar a cabo o reciclado dos
VERTEDOIRO materiais nos que sexa posible. Para poder aplicar estas
medidas é fundamental a recollida selectiva dos residuos,
CONTROLADO procedendo previamente a unha separación selectiva dos
residuos no propio domicilio dos cidadáns e depositalos
en contedores específicos para cada tipo de residuo.
En todo caso, a xestión actual dos residuos pasa por
VERTEDOIRO aplicar as medidas que seguen que veremos máis polo
INCONTROLADO miúdo:

76
• Reducción dos residuos: ben en orixe, ben pola reducción do seu volume ou por medidas de
recuperación e reciclaxe.
• Transformación de residuos orgánicos: co fin de obter enerxía ou de productos finais como o
compost.
• Eliminación de residuos por incineración (con ou sen valoración enerxética, e dicir, producindo
enerxía eléctrica a partir da incineración ou sen producila).
• Acumulación nos vertedoiros controlados e con outros sistemas de almacenamento.

2.5.1.- A Reducción dos residuos.-

As técnicas de minimización dos residuos serían:


• Reducción
 En orixe: implica o desenvolvemento de tecnoloxía de fabricación “limpas” tendentes a:
aforrar materias primas, aproveitando os residuos serrados e reducción da producción dos
residuos.
 Do volume: por procedementos de redución física do volume por sistemas como
compactación, secado, etc.
• Reutilización dos productos trala súa recollida sen sometelos procesos de transformación.
• Recuperación e reciclaxe. Consiste en utilizar os residuos como materias primas noutros
procesos de transformación. A recuperación consiste en el emprego dos residuos en procesos
diferentes aos da súa formación. A reciclaxe: consiste no seu emprego nos mesmos procesos
que na súa producción. Estas técnicas de recuperación e reciclaxe son empregadas tanto na
industria como na vida doméstica xa que en case todas as cidades xa se procede á recollida
selectiva dalgúns residuos como cartón, vidro, metais, pilas, etc. Vexamos:
 RECICLAXE DE VIDROS.- Ademais de reutilizar as botellas pódese tamén fundir o vidro
para elaborar novos envases. Isto suporía un aforro de materias primas e ademais de auga e
de enerxía.
 RECICLAXE DE PAPEL.- A nivel mundial recíclase a cuarta parte do papel que
consumimos, anque no estado español acada porcentaxes próximos ao 40 %. A parte do
aforro en consumo de madeiras o reciclado de papel supón un importante aforro
enerxético, unha diminución da emisións de CO2 e outros productos contaminantes e de
vertidos sólidos.
 RECICLAXE DE PLÁSTICOS E METAIS.- Os plásticos poden reciclarse, e aínda máis, o
seu alto contido en cloro nos PVC converte a reciclaxe nunha necesidade. O mesmo
diriamos do aceiro, das latas de aluminio e as pillas e pillas botón que conteñen altas
cantidades de mercurio, litio, prata, cinc e outros metais altamente tóxicos.

2.5.2.- A transformación dos residuos orgánicos: compostaxe.-

O compostaxe é un sistema de tratamento dos residuos de materia orgánica que consiste na


degradación desta materia orgánica mediante a acción dos microorganismos presentes nos mesmos
ata formar un composto estable denominado compost. O proceso pode realizar por vía aerobia ou
anaerobia anque é esta última a máis empregada. Este proceso iníciase cunha primeira etapa de
desenvolvemento dos microorganismos que dura de dous a catro días seguida dunha etapa de gran
actividade bacteriana onde a temperatura sobre por encima dos 50ºC (etapa termofila) e que se
prolonga durante semanas. Ao final unha etapa de maduración remata a producción do compost. O
compost debe ser analizado e tratado antes da súa utilización porque algúns compost poder ter
efectos prexudiciais sobre o solo, como ocorre co compost de lixo sen selección previa ou co obtido
dos lodos das depuradoras. Sen embargo o obtido exclusivamente de materia orgánica pódese
utilizar como abono na agricultura.

2.5.3.- A eliminación de residuos por incineración.-

77
É un método de eliminación dos residuos que consiste nun proceso de combustión térmica
controlada que produce cinzas, CO2 e auga. A presencia nos residuos de plásticos, PVC e outros
elementos produce a emisión na incineración de productos altamente tóxicos como dioxinas e
furanos. Por todo iso a incineración de residuos e unha práctica de certo impacto medioambiental
que debería ser reducida ao mínimo como sistema de eliminación de residuos. Ademais as plantas
PLANTA DE ICINERACIÓN DE RESIDUOS incineradoras debe ter sistemas
de depuración dos gases que
eliminan á atmosfera e reducir
de xeito brusco a temperatura
acadada na combustión para
evitar a síntese das dioxinas e
dos furanos. A enerxía da
combustión dos RSU utilízase na
producción de electricidade.
Aínda que ás veces a
incineración faise sen
aproveitamento da enerxía
calorífica obtida na produción de
enerxía eléctrica, hoxe en día a
tendencia e a utilización desta
enerxía para a produción de
electricidade (valoración
enerxética) ata tal punto que os R.S.U comezan a ser unha fonte enerxética a ter en conta. Tense
criticado moito a alternativa da incineración con valoración enerxética que se está xeneralizando
como substitución aos vertedoiros (Plan SOGAMA) para productos de reciclaxe imposible ou non
rendible, debido a emisión de compostos contaminantes de aire que xa temos nomeados como son
as dioxinas, os PCB, os óxidos de xofre e de nitróxenos, os hidrocarburos os PAN, etc. y o aporte
de CO2 ata tal punto que as incineradoras de R.S.U son instalacións a ter en conta nas cotas de
emisión contempladas por Kioto.

2.5.4. Novas tecnoloxías na icineración de residuos.

Nos últimos tempos esta xeneralizándose novos sistemas de xestión de residuos que consiste en
sometelos a altas temperaturas que os gasifica, deixando os produtos non gasificados convertidos en
masas inertes. A total destrución das moléculas debido a alta temperatura impide a formación dos
perigosos COV. Estes procesos permiten o tratamento de calquera tipo de residuo. Dentro destas
novas tecnoloxías destacan:
 A gasificación dos residuos que permite formar un gas combustible inertizando o resto.
 A tecnoloxía nomeada Gasificación e Vitrificación por Arco de Plasma, tanto para o
tratamento de residuos urbanos ou industriais a gran escala, como para a eliminación de
residuos sanitarios a unha escala menor. Trátase dun proceso que supera a temperatura de
gasificación clásica (nunca supera os 1700ºC) grazas a utilización a un arco ou facho de
plasma. Os residuos transfórmanse basicamente nun gas de síntese, formado por dióxido de
carbono, auga, hidróxeno e carbón activo; e o resto convértese nunha lava fluída que ao
arrefriar convértese nun vidro inerte. Consíguese asemade, deste xeito, reducir un 95% os
produtos das combustións, co que se aforra espazo nos vertedoiros, ofrecendo a posibilidade
de reutilizar o subproducto proporcionando un beneficio medioambiental a longo prazo. Este
sistema é capaz de procesar calquera tipo de residuos: punzantes, plásticos, líquidos, papel,
roupa, madeira, produtos farmacéuticos e residuos químicos terapéuticos

78
2.5.5.- A acumulación en vertedoiros controlados.

Cada vez menos utilizados polos impactos negativos destas instalacións. Hoxe en día estase a
producir o peche de moitos deles e a recuperación para parques e lugares de lecer. Os efectos máis
comúns provocados polos vertedoiros de RSU son:
Contaminación de augas superficiillas
• Cheiros desagradables provocados pola (a) ou subterráneas (B) polos
descomposición da materia orgánica. lixiviados dun vertedoriro
• Riscos para a saúde se acumulan de
forma incontrolada e favorecen a
proliferación de animais posibles
portadores da enfermidade: ratas,
moscas, etc.
• Contaminación do solo e das augas
superficiais o subterráneas polos
lixiviados cando as augas de chuvia
arrastran as substancias.
• Contaminación do aire por
combustións controladas e
incontroladas.
• Degradación da paisaxe.

Por todo elo, os vertedoiros controlados deben


Recubrimento con capas de terra do lixo do vertedoiro
para evitar o impacto estético ser instalados en lugares de condicións
seguras que eviten a contaminación de auga e
solo, e ser sometidos a intensos programas de
vixilancia. Especial importancia teñen as
condicións xeolóxicas do terreo que debe ser
impermeable ou ser impermeabilizado para
evitar a contaminación por lixiviado das augas
subterráneas; ademais debe ter unha pendente
que permita a recollida das augas superficiais
en balsas de recollida. Os vertedoiros deben
ser sometidos a recubrimentos con capas de
terra que permitan o medre da vexetación, diminuíndo deste xeito o impacto estético, e deben ser
instalados puntos de saída dos gases que se producen como consecuencia da descomposición dos
residuos.

Absolutamente indefendible é o costume de instalación de vertedoiros incontrolados que aos efectos


negativos dos controlados suma a imposibilidade de diminución dos impactos coas medidas
protectoras que citamos, a elección da ubicación máis racional ou a imposibilidade de control dos
impactos.

2.6.- A SITUACIÓN DOS R.S.U EN GALICIA.-

2.6.1.- A xestión dos R.S.U. en Galicia: introducción

Na actualidade Galicia e a comunidade autónoma que menos lixo produce por habitante (332
kg/hab.ano, fronte aos 524 media estatal). Producimos ao ano mais de un millón de toneladas de
lixo domestico que se diferencia do lixo do resto do estado en que temos unha menor proporción de
fracción organiza (restos de comida). Dese lixo, mais dun 22% e organizo fronte a un 19% de papel

79
e un 11% de plásticos. A porcentaxe de vidros e dun 6% e hai outro 3% de materias moi variados.
Descoñecemos a composición de mais dun 38% de lixo domestico que producimos.

Indicamos de seguido as principais instalacións para a xestión de residuos en Galicia:

 A meirande parte dos residuos sólidos urbanos producidos en Galicia son tratados no
complexo medioambiental que SOGAMA ten en Cerceda (A Coruña). Alí acaban case un
millón de Tn de lixo que concellos de toda Galicia non son quen de reciclar para ser
queimados para producir enerxía. SOGAMA xestiona o lixo de Ourense.
 O concello da Coruña ten unha planta en Nostian baseada na separación e o compostaxe na
que tratan o lixo de natureza orgánica recollendo o biogas producido na compostaxe para a
producción de electricidade. Aquí acaba o lixo do Concello de A Coruña e algúns concellos
limítrofes
 A comarca de Barbanza teñen en Lousame (Noia) nunha planta de tratamento de lixo
baseada na reciclaxe e a compostaxe
 A comarca do Morrazo, ten, preto de Cangas, unha planta de tratamento de lixo baseada na
reciclaxe e na compostaxe.
 Galicia acumula na actualidade case 2 millóns de toneladas de lixo sen tratamento que se
acumulan en vertedoiros en Cerceda e Nostian, ante a incapacidade destas plantas de tratar
todo o lixo que lles chega
 Calculase tamén que hai mais de 50000 toneladas de lixo repartidas por numerosos
vertedoiros incontrolados espallados por toda Galicia

2.6.2.- O plan SOGAMA.-

Durante moitos anos, Galicia padeceu un grave problema por carecer dun sistema idóneo para trata-
los seus RSU; consecuencia disto son os danos causados ó medio ambiente e os riscos provocados
para a saúde humana. A partir do ano 2000, a aplicación do Plano de Xestión de Residuos Sólidos
Urbanos de Galicia e a creación de SOGAMA, veñen a pór termo a esa situación e a abrir unha nova
época na no tratamento en Galicia dos RSU. O plan SOGAMA, ao que os axuntamentos se asocian
voluntariamente, ten producido unha certa polémica debido ao papel que xoga a incineración dos
residuos que moitos grupos ecoloxistas critica, anque os avances con respecto a situación anterior
son evidentes. Vexamos algunhas das súas características:

• Clausura e selado dos vertedoiros.- A progresiva posta en marcha de SOGAMA supón, entre
outros efectos, que os concellos poidan acceder ó Plan de Selado e Clausura de vertedoiros
incontrolados e puntos negros posto en marcha pola Consellería de Medio Ambiente, a
rexeneración dos correspondentes espacios degradados e a solución para aqueles vertedoiros
próximos a quedar saturados. Tal acontece co vertedoiro ourensán de Vilar das Tres que está
sendo selado e recuperado como espacio de lecer.
• Separación do lixo en orixe.- O iglú verde para os vidros, o recipiente azul para os papeis e
cartóns, o amarelo para envases de plástico, latas e bricks e un minicontedor verde para as pilas,
permite que os residuos saian das cidades xa separados en orixe.
• Recuperación e reciclaxe.- O plan de residuos de SOGAMA supón a recuperación e a
reciclaxe de aquelo de valor que existe nos RSU, evitando así a súa destrucción e
reincorporándoo como materia básica ó proceso de producción: Vidro, plástico, metais, papel e
cartón. O resto é utilizado como combustible para xerar enerxía eléctrica.
• As ecoplantas.- Dado o carácter GLOBAL do Plan de RSU de Galicia, as dificultades
xeográficas e de dispersión dos núcleos urbanos, así como a centralización dos RSU recollidos
como "todo un" nun único punto (Cerceda - A Coruña), é necesaria a instalación dunha rede de
estacións de transferencia ou Ecoplantas (as coñecidas e cuestionadas “empacadoras”). A
función das Ecoplantas é transvasa-los residuos recollidos nos domicilios a bidóns máis

80
axeitados e de maior capacidade co obxectivo de optimiza-lo transporte ata o Complexo
Medioambiental de Cerceda. Así mesmo, as Ecoplantas serven como base de transferencia para
o resto de materiais reciclables separados polos cidadáns (papel, cartón, vidro) e que son
recollidos polos recicladores. Nestas instalacións non se producen tratamento ningún dos RSU.
A localización da ecoplanta que recolle os residuos de Ourense está situada en San Cibrán das
Viñas.
• O complexo de Cerceda.- O Complexo Medioambiental está situado no Concello de Cerceda,
na provincia de A Coruña, e constitúe o punto arredor do cal xira todo o Plan de RSU de
Galicia. Nel procederase a unha separación previa de RSU reciclables -que terán tratamento
diferenciado e singular por cada tipo de RSU- e facilitarase a entrega ós recicladores dos
materiais que cada cidadán separou no seu domicilio, para proceder posteriormente á
incineración (valoración enerxética) dos non aproveitables coa finalidade de producir enerxía
eléctrica. Moitas
organizacións ecoloxistas
teñen criticado a
importancia da incineración
destes residuos
preconizando o reutilización
destes residuos e a
producción de compost.
Este complexo consta dunha
serie de instalacións industriais:
 Planta de Reciclaxe: que separa os residuos, os clasifica e os envías ás recicladoras
 a Planta de Elaboración de Combustible Derivado de Residuos (PRTE), que prepara os
residuos para súa incineración..
 Planta Termoeléctrica (PT)., onde se produce a combustión dos RSU non reciclabes para
producir enerxía eléctrica
 Planta de Coxeneración: alimentada con gas natural, produce enerxía eléctrica para o
funcionamento da planta e calor para o secado dos residuos.

2.6.3.- A planta de Nostian (unha alternativa a icineracion).-

Unha das críticas se fai ao sistema de xestión dos


residuos orgánicas da planta de Cerceda e o recurso á
icineración, que produce emisión de CO2, co
correspondente consumo de cota de emisión, e,
asemade, a liberación á atmosfera dos perigosos COV.
O Concello da Coruña, na súa planta de xestión de
residuos orgánicos, recorre ás dúas técnicas de
tratamento de orgánicos que citamos agora.
 A DIXESTIÓN ANAEROBIA: consiste na
biometanización, é dicir, a degradación
anaerobia destes restos orgánicos. Esta
tecnoloxía permite obter deste proceso biogás,
unha mestura de gases moi rica en metano que
se pode empregar para a producción de
electricidade. Este tratamento permite ademais evitar os malos olores, esixe menos espazo e
brinda un fertilizante de mellor calidade.
 COMPOSTAXE AEROBIO: Ata hai dez anos, a compostaxe aerobia era a única tecnoloxía
dispoñible para o tratamento dos restos orgánicos do lixo. Varios problemas, non obstante,
gravaban a súa aplicación: a xeración de olores durante a descomposición, a necesidade de
amplo espazo e as dificultades de comercialización do abono resultante cando o material de

81
partida non estaba axeitadamente seleccionado. Sen embargo, na planta de Nostián ao
introducir a dixestión anaerobia previa, reduce considerablemente estes impactos.

2.6.4.- Presente e futuro da xestión de residuos en Galicia.-

Nos cadros de abaixo indicamos os aspectos positivos e negativos da xestión de lixo en Galicia
en comparación con resto das comunidades autónomas de España.

Somos a comunidade que menos recicla e composta (14%  Somos os que menos
fronte a unha media estatal do 31%) residuos xeramos por
Somos a cuarta pola cola que menos compost produce. habitante

Ocupamos o antepenultimo lugar na reciclaxe de envases  Somos as primeiras en


biometanizacion dos residuos
(plasticos, brick, aluminio)
(producion de biogas)
Somos septima comunidade pola cola en reciclaxe  Somos a sexta en reciclaxe
Somos os segundos que mais icineramos os residuos de aceiro
(valoracion enerxetica)
 Ocupamos a sexta posicion
Ocupamos a cuarta posicion en toneladas de lixo en en recollida e reciclaxe de
vertedoiros incontrolados vidros

Existe na actualidade un plan para tentar modificar a situación da xestión de residuos que
pasaría por los seguintes eixes:

Creación dunha nova sociedade de xestión medioambiental que abranguería as seguintes plantas

 COMPLEXO DE CERCEDA
 PLANTA DE NOSTIAN
 PLANTA DE CANGAS (O
MORRAZO)
 PLANTA DE LOUSAME
(BARBANZA)
 NOVA PLANTA PARA O EIXE
VIGO/OURENSE (CARBALLEDA DE
AVIA/RIBEIRO)
 NOVA PLANTA PARA O NORTE DE
LUGO
 NOVA PLANTA DE SELECCIÓN DE
RESIDUOS EN RIBADUMIA
(PONEVEDRA)

A modificación das liñas de actuación na


xestión de residuos nos seguintes aspectos

 Cuadriplicar as toneladas de residuos que


se recicla
 Reducir as toneladas de residuos que se incineran
 Potenciación de producción de biogás, ecodiesel e outros carburantes a partir dos residuos.
 Utilización das novas tecnoloxías de tratamento de residuos

82

You might also like