You are on page 1of 5

VOCABULARIO UNIDADES FINAIS

- Localización: espazo concreto sobre o que se asenta a cidade. Deende


das características do medio físico (topografía) e, sobre todo, da
función para que se creou a cidade (comerciais, defensivas,
industriais,…).
- Situación: posición relativa da cidade respecto a un contorno
xeográfico amplo. Está relacionada coa función da cidade respecto ao
contorno (control político, comercial, …).
- Hábitat Concentrado: Disposición da expresión física da ocupación
humana nun territorio, na que as viviendas se agrupan nun ou en
poucos núcleos de tamaño destacado, bastante distantes entre sí e
separados por espacios despoboados.
- Hábitat Disperso: Cando no medio rural a disposición das vivendas
salpica o espacio con casas ailladas ou formando pequenos
agrupamentos dunhas poucas casas.
- Hábitat Urbano: asentamento humano de carácter urbano que posee
unha serie de características definitorias que o distinguen dos
espazos rurais, como a sucesión de edificacións consolación de
continuidade, unha densa rede de transportes e comunicacións, unha
especialización de carácter productivo en torno ao sector secundario
e terciario…
- Hábitat Rural: conxunto de vivendas familiares e anexos existentes
no mundo rural. Por extensión, formas de vida que se desenvolven
neste ambiente, xeralmente realcionadas con tarefas agropecuarias
- Urbanización: progresiva concentración na cidade da población,
actividades económicas e das innovacións máis destacadas, así como á
difusión deses procesos cara o entorno.
- Área Periurbana: Área rural situada na periferia dunha cidade,
donde teñen lugar profundas transformacións dos aspectos
demográficos, económicos e sociais por efecto da expansión de
aquela, transformando tamén os seus usos rurais tradicionais.
- Función Urbana: Conxunto de actividades que levan a cabo os
habitantes dunha cidade. As funcións urbanas clasifícanse pola súa
proxección: actividades dirixidas a suministrar bens e servicios á
poboación exterior, e actividades que o fan ós seus residentes
(básicas e non básicas).
- Área de Influencia: Esta composta polas zonas jerarquizadas ou que
dependen económicamente dunha cidade maior. Esta xerarquización
das cidades dá lugar ao sistema de cidades, cuxa primeira teorización
correu a cargo de Christaller coa súa teoría dos lugares centrais a
base de malla hexagonais.
- Conurbación: Crecemento paralelo de dúas ou máis cidades ata
fundirse nunha única aglomeración urbana.
- Área Metropolitana: Conxunto formado por unha cidade e a zona
urbana que a rodea sen pertencer relamente a ela. Esta área
metropolitana soe estar formada por unha gran cidade o metrópole
que exerce a súa influencia urbana sobre otras cidades máis
pequenas, e nelas abundan a terciarización e as cidades dormitorio.
- Solo Urbano: aquel que está situado en zonas consolidadas pola
edificación, ou ben cuenta cunha serie de servizos urbanísticos
(acceso rodado, abastecimento de auga e sumidoiros e suministro de
electricidade).
- Solo Urbanizable: Terreos declarados como tal polo Plano Xeral de
Ordenación Urbana dun municipio, onde se poderá construir no
futuro; pode ser programado e non programado.
- Solo rural: o rústico, conxunto de terreos que deben ser protexidos
do proceso de urbanización.
- Rede Urbana: Conxunto xerarquizado de centros urbáns que asegura
os servicios a unha rexión, e está dominado por unha cidade máis
importante, a metrópoli rexional.
- Xerarquía Urbana: Diferenciación do poder de atracción duns
lugares a outros. Este concepto esta moi ligado á teoría dos lugares
centrais de Crhistaller ou os sistemas de cidades.
- Plano Urbano: é a representación gráfica das superficies edificadas
e das non edificadas (rúas, xardíns, prazas, etc.) dunha cidade

- Plano Ortogonal: Plano urbano no que as rúas se cruzan de forma


perpendicular cun aspecto de damero ou taboleiro de xadrez, e aparece en
todos os períodos da historia, ligado normalmente a actuacións planificadas.
- Plano Radioconcéntrico: Plano urbano formado por rúas que parten do
centro a modo de radios e outras que forman círculos concéntricos que as
cortan perpendicularmente. Típico da Idade Media.
- Cidade Histórica: ou casco antigo, núcleo histórico e monumental das
ciudades europeas anterior aos ensanches do S. XIX e inicios do XX.
- CBD: Distrito financeiro (en inglés, central business district ou
downtown) é o término xeral co que se designan as áreas centrais en que se
concentran comercios e oficinas, e onde abundan os edificios altos
(rañaceos) e que nas cidades europeas adoita coincidir co casco antigo e
algunhas zonas dos ensanches do século XIX. As súas rúas son as máis
frecuentadas e accesibles e os prezos das vivendas son altos, aínda que a
poboación residente en ocasións é escasa.
- Ensanche: Expansión planificada das cidades a partir do derrubo das
murallas a finais do XIX, adoptando xeralmente o plano en cuadrícula,
debido ao crecemento da poboación urbana e á demanda de vivenda pola
burguesía.
- Cidade Xardín: variedade de cidade satélite caracterizada por amosar
unha gran cantidade de espazos verdes, tódalas edificacións teñen o seu
xardín, unha baixa densidade de población e unha tipoloxía constructiva
pouco desenvolvida en altura.
- Cidade Dormitorio: Aquela na que unha gran parte dá súa poboación
dedícaa para vivir e durmir pero non para traballar. En España
desenvolvéronse a partir dos anos sesenta en torno ás gran urbes.
- Arrabalde: antigamente barrio situado extramuros dunha población,
na actualidade barrio periférico dunha cidade.
- Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM): Instrumento de
ordenación integral do territorio que clasifica o solo segundo o seu réxime
xurídico: solo urbán, solo urbanizable programado, solo urbanizable non
programado e solo non urbanizable.
- Contaminación Atmosférica: alteración da atmosfera terrestre pola
adición de gases, partículas sólidas ou líquidas en suspensión en proporcións
distintas ás naturais. Os principais mecanismos de contaminación
atmosférica son os procesos industriais que implican combustión, tanto en
industrias como en automóbiles e calefacciones residenciales.
- Contaminación Acústica: ruído (entendido como son excesivo e
molesto), provocado polas actividades humanas (tráfico, industrias, locais de
lecer, etc.), que produce efectos negativos sobre a saúde auditiva, física e
mental das persoas.
- Residuos Sólidos Urbanos: Desfeitos que proveñen de alguna
actividade humana (producción, consumo) que se encontran en estado sólido
e que é posible tratar e reciclar para evitar a súa acumulación masiva.
- Contaminación Industrial: emisión pola industria de calquera
sustancia ou forma de enerxía con potencial para provocar danos,
irreversibles ou non, no medio inicial.
- Chuvia Ácida: fórmase cando a humidade no aire combínase co óxido
de nitrógeno e o dióxido de azufre emitidos por fábricas, centrais
eléctricas e vehículos que queiman carbón ou produtos derivados do
petróleo. En interacción co vapor de auga, estes gases forman acedo
sulfúrico e acedos nítricos. Finalmente, estas sustancias químicas caen á
terra acompañando ás precipitacións, constituíndo a choiva aceda.
- Efecto Invernadoiro: fenómeno polo cal determinados gases,
compoñentes dunha atmosfera planetaria reteñen parte da enerxía que o
chan emite por ser quentado pola radiación solar. Afecta a todos os corpos
planetarios dotados de atmosfera. De acordo co actual consenso científico,
o efecto invernadero estase vendo acentuado na Terra pola emisión de
certos gases, como o dióxido de carbono e o metano, debida á actividade
económica humana.
- Deforestación: é o proceso de desaparición dos bosques ou masas
forestales, fundamentalmente causada pola actividade humana,
principalmente debido a tállalas realizadas pola industria maderera, así
como para a obtención de chan para cultivos agrícolas.
- Desertización: enténdese o proceso polo que un territorio que non posúe
as condicións climáticas dos desertos, principalmente unha zona árida,
semiárida ou subhúmeda seca, termina adquirindo as características destes.
Isto sucede como resultado da destrución da súa cuberta vegetal, da
erosión do chan e da falta de auga.
- Reciclaxe: Transformación de produtos de refugallo de diversas
actividades para poder ser reutilizados noutras actividades económicas e
evitar a acumulación de residuos improdutivos ou contaminantes.
- Municipio: Unidade territorial administrativa básica rexida por un
concello elexido democráticamente, en que se divide oficialmente o
territorio español. Normalmente, a capital coincide cun núcleo de poboación
concentrado mentras o resto dos núcleos están dispersos, como no caso de
Galicia.
- Parroquia: Territorio que abrangue a varios núcleos de poboación baixo
a xurisdicción moral dun sacerdote, de límites asumidos e coñecidos polos
moradores, pero non recoñecidos xurídicamente en Galicia.
- Rexión: é unha división territorial dun Estado determinada por
carácteres étnicos ou circunstancias especiais de clima, economía,
topografía, administración, goberno, etc.
- Provincia: entidade formada por unha agrupación de municipios. O seu
órgano de goberno é a Deputación, que ten como misión fomentar os
intereses provinciais e asegurar a prestación de servizos provinciais,
coordinar e cooperar cos municipios.
- Comunidade Autónoma: Unha comunidade autónoma é unha entidade
territorial que, dentro do ordenamiento constitucional do Reino de España,
está dotada de autonomía legislativa e competencias executivas, así como da
facultade de administrarse mediante as súas propios representantes
- UE: comunidade de vintesete estados europeos, establecida en 1993
para sustituir ás Comunidades Europeas, creadas nos anos cincuenta.
Caracterízase por un mesmo ordenamento xurídico, e a existencia e
funcionamento das súas propias intitucións comunitarias.

You might also like