You are on page 1of 3

Porto do Son, 21 xullo 2016

Sr. D. Romn Rodrguez


Concelleiro de Cultura, Educacin e Ordenacin Universitaria
Xunta de Galicia

Prezado Seor,
Estimado Concelleiro,

Dirxome a vostede como nai/pai de ---- escolares matriculados no CEIP Santa


Irene de Porto do Son, o nico centro educativo para os ciclos de Infantil e
Primaria que hai no casco urbano do noso Concello.
O motivo desta carta que lle remito transmitirlle a mia fonda indignacin a
causa da situacin actual dos cuartos de bao destinados a uso dos escolares
de Primaria do centro onde estudan os meus fillos. Desde hai varios cursos, as
familias, a ANPA e mais a Direccin do Centro reclamamos que se fagan
melloras e reformas que afecten salubridade deses aseos, deteriorados
inevitablemente desde a construcin do edificio a mediados do sculo pasado.
Como pode observar nas imaxes que axunto (quero incidir en que a realidade
mis cruel que a fotografa, e convdoo a que nos visite e o comprobe in situ), o
xido no chan, as baldosas rotas, os desaugues pestilentes, os perigosos puntos
de luz coas lmpadas de cristal en anacos, a escasa ventilacin e o deterioro
das pezas do bao fan que os escolares contean as sas necesidades e eviten
facer uso destes servicios durante o horario lectivo, aproveitando a hora do
recreo para poder utilizar os baos do andar inferior, que si foi reformado hai uns
anos a instancias da directiva da ANPA.
O deterioro destes baos a da de hoxe tal que, hai apenas unhas semanas,
unha traballadora municipal sufriu fortes contusins ao carenlle enriba varias
baldosas cando trataba de limpalas. inevitable pensar que este accidente, do
que foi informado o inspector da zona, D. Celso Currs, as como os
responsables do Concello, a quen se lles remitiu debidamente o parte mdico de
lesins, puido ter ocorrido uns das antes e ter sido a vtima un menor, e non un
adulto, co cal o dano haba ser sensiblemente maior. Quero insistir en que, se

non poemos remedio a esta lamentable situacin, un accidente similar, e


mesmo mis grave, poder ter lugar ao inicio do prximo curso, a primeiros do
mes de setembro, e vostedes han ser os responsables no caso de que iso
ocorra.
Se repasan as memorias enviadas polo centro nos ltimos anos han comprobar
que, en todas e cada unha delas, se insiste na urxencia da actualizacin dos
cuartos de bao do centro. De igual forma, a ANPA e a Direccin do Centro
remitiron hai uns meses, por escrito, unha solicitude de reforma dos baos
acompaada por un orzamento co custo estimado da obra. Cnstanos que por
parte do inspector valorouse positivamente a necesidade desta reforma, pero
precisamos que, tanto por parte do Xefe Territorial, D. Indalecio Cabana, como
pola parte da Concellera, se aceleren os trmites que permitan o inicio destas
obras maior brevidade posible. por iso que, a travs destas lias, quero
apelar directamente a vostede, D. Romn, como titular da Concellera de
Educacin e Ordenacin Universitaria. Prgolle que poa os medios ao seu
alcance para buscar unha pronta solucin a esta situacin e que, tal e como
corresponde ao seu cargo, cumpra coa obriga de manter nas mellores
condicins os centros educativos de titularidade pblica. Temos mes e medio por
diante, antes do comezo das aulas, para traballar neste sentido.
o dereito dos nosos escolares poder estudar en instalacins que conten coas
mximas condicins de salubridade e hixiene, as que, sen dbida, dispoen
vostedes mesmos nos edificios pblicos aos que acoden traballar a diario, ao
servicio dos

cidadns que confiamos no seu bo facer, profesionalidade e

motivacin polo ben comn.


Grazas de antemn polo seu interese neste particular.
Un cordial sado,

NOME/APELIDOS E DNI DA/O REMITENTE

ANEXO FOTOGRAFAS

You might also like