You are on page 1of 19

O R I E N TA C I N S E R E S P O S TA S E D U C AT I V A S

Alumnado con
sobredotacin intelectual
E D I TA
Xunta de Galicia
Consellera de Educacin
e Ordenacin Universitaria

ILUSTRACINS
David Chns
davidchansmartinez@hotmail.com

D.L.
0000000000
P R E S E N TA C I N

A
s necesidades educativas especficas son consecuencia dun
principio inherente a calquera realidade social: a diversida-
de. Como tal est presente nos centros educativos e
manifstase de diferentes modos e en distintos graos en
tdolos elementos da comunidade educativa. O alumnado
con sobredotacin unha manifestacin mis desa realidade
diversa que se pode dar nas nosas escolas e que require aten-
cin e respostas axeitadas.

Precisamente para facilitar esa resposta nace esta pequena


gua. A sa finalidade , nica e exclusivamente, divulgativa.
Pretende alonxarse dos discursos tcnicos e, cunha linguaxe
sinxela, tenta dar resposta s preguntas mis comns que
preocupan, en moitas ocasins, s familias e profesorado
ordinario dos centros, desexosos de saber se realmente estn
dando s seus fillos e fillas e seu alumnado a educacin que
realmente precisan.

Consonte cos principios de calidade que establece a Lei Org-


nica 10/2002, de Calidade da Educacin, e conscientes do
dereito bsico do alumnado a recibir unha educacin integral
que colabore no desenvolvemento da sa personalidade,
confiamos que esta publicacin facilite o avance nas axudas e
na atencin axeitada alumnado con necesidades educativas
especficas desde un contorno escolar normalizado.

Por ltimo, quero agraceder expresamente a colaboracin


prestada pola Escola de Arte Pablo Picasso, que nos dedicou
o seu tempo e esforzo, e s que se lles debe o coidado e cre-
ativo formato desta publicacin.

Celso Currs Fernndez


CONSELLEIRO DE EDUCACIN E
ORDENACIN UNIVERSITARIA
NDICE

SOBREDOTACIN
Que quere dicir que unha
persoa sobredotada? 9

INDICADORES
Como se pode saber se
unha persoa tn sobredotacin? 13

IDENTIFICACIN
E VALORACIN
Quen e como se leva a cabo? 19

RESPOSTA EDUCATIVA
Que podemos facer nos
centros educativos? 23

BUSCANDO AXUDA
Por onde empezo? 27

PAPEL DAS FAMILIAS


Que mis podemos
facelos pais? 31

PARA SABER MIS 33


S O B R E D O TA C I N
Que quere dicir que unha
persoa sobredotada?

Entndese que unha persoa tn sobredotacin cando nela se dan


as seguintes caractersticas: unha capacidade intelectual moi supe-
rior esperada para a sa idade, unha alta creatividade e un alto
grao de motivacin e perseverancia.

Cando se fala da habilidade intelectual hai que ter en conta que


esta non debera ser s considerada como o resultado dunha serie
de puntuacins nunha proba intelectual. Os expertos na educacin
de nenos e nenas sobredotados insisten en que o mellor indicador
da evolucin do seu potencial cognitivo descansa na evidencia dun
alto rendemento no colexio durante un perodo de tempo, xunto
cos resultados das probas acadmicas.

No que se refire creatividade, considrase que a capacidade


de producir contidos mentais (ideas, realizacins persoais) novedo-
sos ou sorprendentes. Resulta da interrelacin de moitos factores,
entre eles a personalidade, os procesos intelectuais, o contexto e,
incluso, a motivacin. Os ltimos estudios inciden en que a creati-
vidade non producto dun momento de inspiracin, senn que
mis ben froito do esforzo e do traballo.

Por ltimo, a perseverancia un dos rasgos inherentes maiora


das definicins de sobredotacin, entendida como afn de logro,
persistencia e entusiasmo en tarefas especficas. Esta a caracters-
tica sobre a que hai menos controversia hora de identificar unha
sobredotacin. comn que este alumnado dedique unha gran
cantidade de enerxa a resolver un problema concreto ou unha
actividade especfica, sen abandonar, ata conseguilos seus fins
cando estes son do seu interese.
10
Estas tres caractersticas relacinanse entre si e co ambiente socio-
cultural no que se desenvolven: tamn teen un peso especfico
importante os factores ambientais como a familia e a escola, que
son elementos fundamentais para o desenvolvemento das sas
capacidades.

Unha definicin de consenso sera a que considera s persoas


sobredotadas como aquelas cunha intelixencia superior da media
da poboacin da sa mesma idade, as como unha serie de deter-
minadas caractersticas ou rasgos. Deste xeito admitimos que a
persoa intelixente nace e faise, as que podemos dicir que a inte-
lixencia tn dous compoentes: o innato (as distintas aptitudes) e o
adquirido (adquisicin de coecementos e adestramento).

Respecto incidencia da sobredotacin, nos diversos estudios apa-


recen importantes discrepancias sobre o volume desta poboacin,
anda que a maior parte deles coinciden en situala no intervalo que
vai do 1 3% da poboacin escolar.

Estas diferencias dbense fundamentalmente a problemas na sa


identificacin unida a unha certa controversia terminolxica. Pare-
ce que consideracins sociais de xnero, de clase social e incluso de
etnia inflen no encubrimento de parte desta poboacin, o que
nos fai considerala necesidade de afinalos mtodos de identifica-
cin nos colectivos sinalados.
INDICADORES
Como se pode saber se unha
persoa tn sobredotacin?

Anda que cada neno e cada nena sobredotados son diferentes,


moitos comparten certas caractersticas. importante este particu-
lar porque os estudios demostran que cando o profesorado e as
familias empregan os mesmos indicadores para a sa identifica-
cin, esta moito mis exitosa.

A continuacin monos referir s indicadores mis comns pero,


como lxico, non podemos esperar que ningn neno ou nena os
vaia posur todos, do mesmo xeito que aqu non se esgotan tdalas
caractersticas que os fan peculiares. Tase en conta que as persoas
sobredotadas supoen un conxunto de poboacin tan diverso como
calquera outro grupo humano. Non conforman un grupo homox-
neo, polo que hai que ter coidado no manexo dos tpicos sobre eles.

Imos referir estes indicadores s caractersticas que antes contem-


plamos cando tratabamos de definila sobredotacin: as que fan
referencia s capacidades intelectuais, as referidas creatividade e
as que fan referencia motivacin.

INDICADORES DA CAPACIDADE
INTELECTUAL XERAL
Adquiren aprendizaxes tempers e sen axuda.
Teen unha grande facilidade para adquirir
novas aprendizaxes.
Son rpidos na comprensin de informacin e
conceptos novos.
14
Establecen facilmente conexins entre
conceptos diferentes.
Posen un elevado nivel de indagacin.
Elaboran conceptos verbais con facilidade.
Utilizan con axilidade novos coecementos na
resolucin de problemas tericos e prcticos.
Formulan principios e establecen xeralizacins por
transferencia de aprendizaxes.
Destacan na habilidade para argumentar,
preguntar e razonar.
Denotan unha enorme curiosidade intelectual.
Manifestan interese e gran preocupacin polos
problemas do mundo.
Con frecuencia manifestan capacidade de liderazgo
e unha alta sensibilidade social.

INDICADORES DA CAPACIDADE
INTELECTUAL ESPECFICA
Logros importantes en determinadas reas.
Vocabulario amplo e rico, cunha excelente
capacidade para utilizalo con propiedade.
Gusto pola lectura.
Memoria, retencin fcil e evocacin rpida
e precisa.
Profundizacin no coecemento de temas do
seu interese.
16 17
Manifestacins do talento matemtico: Facilidade para aplicar coecementos dunha
gusto polos nmeros, rapidez na comprensin e materia ou situacin a outra.
solucin de problemas, solucins simples, directas,
Manifestacin de opinins contrarias s habituais.
abreviadas, elegantes, precisin e axilidade no
razoamento matemtico, uso de criterios
sofisticados para clasificar, seriar e agrupar. INDICADORES DA CAPACIDADE
Manifestacins especficas de talento musical. DE AUTOMOTIVACIN E PERSEVERANCIA

Rendemento excepcional nalgunha


Capacidade de aprendizaxe autodirixida.
rama deportiva. Concentracin nas tarefas, perseverancia e
motivacin en relacin a reas do seu interese.
Escasa fatiga, sempre que a tarefa non sexa
INDICADORES DA repetitiva ou rotinaria.
CAPACIDADE CREATIVA
Tendencia a traballar de xeito independente. Anda
Orixinalidade. que a sa autonoma os leva a ser creativos, hai que
Imaxinacin e fantasa na utilizacin de recursos. estimulalos para que aprendan a traballar en equipo
e compartan os seus coecementos.
Invencin e construccin de aparatos con
materiais sinxelos. Motvanse especialmente cando as tarefas son
complicadas e novidosas.
Creacin de ideas e procesos novidosos.
Proban cousas novas, disfrutan cos cambios e
Solucin creativa a problemas mediante a utilizacin aceptan os desafos que supoen as novidades.
de recursos e materiais comns.
Teen grandes expectativas tanto con respecto a si
Composicin e adaptacin de xogos, mesmos como con respecto s demais, o que fai que
de msica, etc. tean metas elevadas. A parte negativa que poden
Especial sentido do humor, s veces desconcertante. sentirse presionados e ansiosos debido s esixencias
do contorno (familiares, escolares, sociais).
Tendencia natural a explorar ideas,
con formulacins pouco correntes.
Independencia de pensamento.
Capacidade de iniciativa.
IDENTIFICACIN
E VALORACIN
Quen e como se leva a cabo?

A idea de que un neno ou nena, simplemente por seren sobredota-


dos, van ter mellores logros cs demais de maneira espontnea e
non precisan de atencin, errnea. Cando non se identifica e non
se lle proporciona unha resposta educativa axeitada, fcil que tra-
balle sen motivacin, posible que rinda por debaixo das sas
posibilidades e doadamente poden xurdir problemas de integra-
cin e de conflictividade.

O factor clave para a identificacin que se usen tdalas fontes


de informacin dispoibles, conscientes de que todas elas teen
os seus puntos fortes e os seu puntos dbiles, pero sen esquecer
que o que realmente interesa non a identificacin da sobredota-
cin en si mesma, senn a identificacin (e a valoracin) das sas
necesidades educativas. Polo tanto, a identificacin individual debe
levarse a cabo en funcin de que a resposta educativa estea sendo
axeitada ou non e debe realizarse unicamente cando existen indi-
cios suficientes dunha posible sobredotacin.

As, ademais de avaliala sa competencia curricular valoraranse


tamn as sas capacidades intelectuais, aptitudes especficas, inte-
reses, creatividade, motivacin, perseverancia nas tarefas, adapta-
cin socioemocional ou calquera outro dato que poida resultar de
interese.

Hai que ter coidado no uso dun coeficiente intelectual numrico,


non s polas discrepancias que existen na comunidade cientfica
arredor del, senn porque anda que houbese consenso neste
aspecto, o uso dun referente numrico non deixara de ser unha
linde artificial que separase a un alumno sobredotado doutro que
non o .
20
No mbito educativo na identificacin teen un papel fundamental
o profesorado, as familias e os compaeiros, xunto coa accin
especializada dos profesionais da orientacin.

A variedade de instrumentos utilizados amplsima. Aqu simple-


mente faremos unha descricin xenrica dos mesmos.

PROBAS ESTANDARIZADAS

Este tipo de probas precisan da aplicacin e valoracin por parte dun


profesional especializado. Son importantes para contrastala valo-
racin realizada pola familia, polo profesorado e polos compaeiros.
Habitualmente os departamentos de orientacin e os especialistas
dos equipos de orientacin especficos empregan, entre outros,
recursos psicomtricos de tres tipos: tests de intelixencia, de creativi-
dade e de aptitudes especficas.

PROBAS INFORMAIS
DE IDENTIFICACIN

A informacin proporcionada polos profesores e pais apiase nor-


malmente en escalas de observacin e para obter informacin
dos compaeiros e compaeiras normalmente recrrese s nomi-
nacins. Estes ltimos ofrecen unha informacin distinta e com-
plementaria aportada polos adultos. As investigacins apoian a
idea de que os compaeiros acostuman ser bos elementos detecto-
res de sobredotacin entre iguais.

Con respecto s informacins aportadas polos pais, deben ser


tomadas con certa precaucin, dado que poden manifestar unha
alta subxectividade. A realidade dinos que estes casos son pouco
frecuentes, e que en xeral os pais agradecen a oportunidade de
expresalas sas opinins. As vantaxes de contar coa sa visin
supera con moito os perigos de non tela en conta. Destaca sobre
todo a informacin que aportan sobre:
R E S P O S TA E D U C AT I V A
Que podemos facer nos
22 centros educativos?
O desenvolvemento evolutivo do seu fillo ou filla e
o seu ritmo de crecemento.
A adquisicin das primeiras aprendizaxes.
O desenvolvento da linguaxe.
As relacins cos restantes elementos da familia e
coas persoas do contorno.
As situacins e as actividades que prefiren e polas Axustala resposta educativa para este alumnado supn ter claro
que manifestan mis interese. cales son as necesidades educativas que presentan. Pdese afirmar
que, en xeral:
Por ltimo, a informacin aportada polo profesorado soe sela
mis rica en contido e matices, e polo tanto constite unha infor- Precisan dunha ensinanza adaptada, cun enfoque
macin especialmente relevante. A pesar diso, poden sentirse inse- multidisciplinar nun contexto educativo
guros nestas circunstancias porque tenden a considerar que o uso enriquecido e dinmico, estimulante para o
de escalas pode conducir a tpicos e estereotipos. Xa que logo, seu desenvolvemento.
precisan do apoio mis especializado que lle pode proporcionalo
Requiren do acceso a recursos e materiais adicionais,
departamento de orientacin ou o equipo de orientacin especfi-
que deben ser planificados especificamente.
co, sobre todo para a sa interpretacin. Existen mltiples escalas
de observacin. As mis tiles son as que recollen listas especficas Cmprelles flexibilidade no seu horario e nas sas
que detallan reas curriculares determinadas. actividades, deixndoos, cando sexa posible, que
continen co traballo ata que estean seguros e
satisfeitos coa tarefa realizada.
Precisan participar moi activamente no proceso de
ensinanzaaprendizaxe e tela oportunidade de
poer en prctica as sas habilidades.
lles imprescindible un contorno no que se valoren
as ideas creativas e orixinais, mis c repeticin
dos contidos.
Cmprelles un clima social no que se sintan
aceptados e precisan de orientacin no manexo
das relacins interpersoais e sociais.
24 25
En consecuencia, a sobredotacin require, por un lado, dunha res- Na elaboracin das adaptacins curriculares individuais do
posta diferenciada e diversificada, con estratexias de ensinanza- alumnado con sobredotacin o mis frecuente o uso de
aprendizaxe consonantes cos recursos intelectuais que manexan as dous tipos de estratexias:
persoas que a manifestan. Pero, por outro lado, tamn precisa que
As adaptacins curriculares de ampliacin ou
esa resposta diferenciada sexa consecuencia dun continuo de
enriquecemento vertical: Consisten en
medidas graduais que teen o seu inicio nas medidas de atencin
aumentala cantidade de contidos a aprender
diversidade recollidas nos documentos institucionais do centro. As
nunha ou varias reas.
estratexias empregadas con maior frecuencia son as seguintes:
A ampliacin curricular de enriquecemento
horizontal: O aumento cuantitativo de contidos
MEDIDAS DE ENRIQUECEMENTO queda nun segundo lugar, prevalecendo a
profundizacin e a realizacin de interconexins
Estas medidas basanse na individualizacin da ensinanza e
entre os contidos que se aprenden.
consisten en desear programas axustados s caractersticas
de cada alumno ou alumna, tempo que se manteen co
seu grupo de clase. Teen a vantaxe evidente de non produ-
AGRUPAMENTOS
cir consecuencias negativas na sa socializacin.
Baixo este epgrafe englbanse unha gran cantidade de
En ocasins o enriquecemento tense entendido como a ela-
medidas cun denominador comn: a formacin de grupos
boracin de programas paralelos s ordinarios, que se apli-
de alumnado con sobredotacin nalgn momento do hora-
can de xeito simultneo a eles e que non tian conexin
rio escolar, para tratar de atender mellor o desenvolvemento
coas actividades que realizaba o resto da clase. Hoxe en da
das sas capacidades.
recomndase optar por axustes no programa ordinario,
dicir, por adaptacins do currculo que se acomoden s sas Hai que manexar esta opcin con certo cuidado, xa que
necesidades concretas de aprendizaxe e desenvolvemento e podera provocar desintegracin.
que sern tanto mis significativas canto maiores sexan esas
necesidades educativas.
MEDIDAS DE ACELERACIN
Como tdalas medidas de adaptacin curricular, deben ser
establecidas como un continuo que vai desde as medidas Supoen unha flexibilizacin do perodo de escolarizacin.
mis xerais nos documentos do centro, pasando polas adap- Esta medida excepcional basase fundamentalmente na
tacins inespecficas de aula (na metodoloxa, nos materiais, competencia curricular e poderase adoptar cando os obxec-
nos agrupamentos, etc.) ata chegar adaptacin curricular tivos do curso seguinte estean xa conseguidos, pero tendo
individualizada (ACI), que est suxeita a unha regulacin en conta tamn se unha medida axeitada con respecto s
especfica establecida nesa normativa. restantes facetas do seu desenvolvemento persoal.
BUSCANDO AXUDA
26 Por onde empezo?
unha medida que aparece recollida na nosa lexislacin con
das posibilidades:
Por un lado, a posibilidade de anticipar s cinco
anos o inicio da escolaridade obrigatoria.
Por outro, reducila duracin total da
escolaridade obrigatoria. O inicio do procedemento de identificacin prodcese no momen-
to no que, ben desde o contorno familiar ou desde o escolar, se
Estas medidas de aceleracin deben ir acompaadas de
manifestan indicios de que un neno ou nena ten unha capacidade
adaptacins curriculares para que non se traduzan sen mis
por riba do que cabe esperar para a sa idade.
nun simple adianto de curso. Imponse unha avaliacin con-
tinuada do proceso, que debe poder ser revocado en cal- Nos centros educativos son os titores quen lle solicitan departa-
quera momento de comprobarse que non se cumpren as mento de orientacin do centro que valore a pertinencia dunha
condicins previstas. condicin de obrigado cumprimento avaliacin psicopedagxica individual do alumno ou alumna, ini-
a existencia dunha avaliacin psicopedagxica realizada cindose as o proceso de recollida de informacin cara a unha
polos correspondentes especialistas para que se materialice valoracin e resposta educativa.
a flexibilizacin.
En tdolos casos, o primeiro referente para os pais e nais no caso
Esta resposta educativa s aconsellable se, trala aplicacin de ter fillos escolarizados, o centro educativo. mesmo tempo,
doutras medidas de atencin menos excepcionais, o alumno os centros tamn poden contar coa colaboracin dos equipos de
ou alumna conta coa axeitada madurez emocional e social, orientacin especficos que dispoen de personal especializado
xa que do contrario pode aumentala disonancia entre os en cada provincia para atender a este alumnado:
dous aspectos.
Equipo de orientacin
especfico de A CORUA
Ra Pepn Rivero, s/n
15011 A Corua
Tel. 981 251 403 981 251 406

Equipo de orientacin
especfico de LUGO
Ra Dr. Yez Rebolo, 31
27004 Lugo
Tel. 982 251 126
28
Equipo de orientacin
especfico de OURENSE
Ra da Universidade, s/n
32005 Ourense
Tel. 988 246 261

Equipo de orientacin
especfico de PONTEVEDRA
Paseo de Montero Ros, s/n
36001 Pontevedra
Tel. 986 805 937
PA P E L D A S FA M I L I A S
Que mis podemos facelos pais?

Fundamentalmente, apoialo desenvolvemento das capacidades


do noso fillo ou filla:

Sen transmitirlle presin ou un excesivo nivel de


esixencia, e sen expectativas previas sobre as
sas consecucins.
Favorecendo a sa crianza nun ambiente variado en
estmulos, consonte coas sas capacidades e cos
seus intereses. Nese ambiente inclense tamn eles
mesmos, xa que as sas actitudes e os seus intereses
(pola lectura, polas actividades artsticas ou
deportivas, etc.), son tamn un estmulo e un
referente para os fillos.
Propiciando un ambiente estimular rico,
o que non supn descoidar outros aspectos do
desenvolvemento persoal e social:
hai que evitalo seu illamento, fomentando as
relacins e as actividades ldicas cos iguais.
Vixiando as actitudes prepotentes ou de
superioridade que manifesten cara outras
persoas como consecuencia de comparacins
indebidas referidas s sas capacidades.
Debe aprender a aceptar e valorar s demais
do mesmo xeito que os demais deben aceptalo a el
sen considerar que os seus niveis de logro o
convirten nun bicho raro.
32 PA R A S A B E R M I S
Mitigando o seu excesivo perfeccionismo e a
autocrtica. Est ben ter esprito de superacin,
pero na sa xusta medida.
REFERENCIAS LEXISLATIVAS
Reaccionando con mesura ante as sas demandas.
posible que con frecuencia faga preguntas Orde do 6 de outubro de 1995 (DOG do 7 de novembro),
pola que se regulan as adaptacins do currculo
complicadas ou excesivamente profundas para a nas ensinanzas de rxime xeral.
sa idade. Cmpre ante elas respostalas con
Decreto 320/1996, do 26 de xullo (DOG do 6 de agosto),
sinxeleza, sen mostrar sorpresa excesiva e sen darlle de ordenacin da educacin de alumnos e
mis importancia. alumnas con necesidades educativas especiais.
Orde do 28 de outubro de 1996 (DOG do 28 de
novembro), pola que se regulan as condicins
e o procedemento para flexibilizala duracin
do perodo de escolarizacin obrigatoiro dos
alumnos con necesidades educativas asociadas a
condicins persoais de sobredotacin intelectual.
34 35
Orde do 31 de outubro de 1996 (DOG DO 19 de REFERENCIAS BIBLIOGRFICAS
decembro), pola que se regula a avaliacin
psicopedagxica dos alumnos e alumnas con ACEREDA, A. (2000). Nios sobredotados.
necesidades educativas especiais que cursan as Pirmide. Madrid.
ensinanzas de rxime xeral, e se establece o LVAREZ GONZLEZ, B. (2001). Alumnos de altas
procedemento e os criterios para a realizacin do capacidades. Identificacin e intervencin
dictame de escolarizacin. educativa. Bruo. Madrid.
Decreto 120/1998, do 23 de abril (DOG do 27 de abril), CASTELL, A. (2001). Inteligencias. Una integracin
polo que se regula a orientacin educativa e multifdisciplinar. Masson. Barcelona.
profesional na Comunidade Autnoma de Galicia.
NODA RODRIGUEZ, M. (2002).
Orde do 24 de xullo de 1998 (DOG do 31 de xullo), Alumnos altamente capacitados:
pola que se establece a organizacin e esos marginados del sistema educativo, en
funcionamento da orientacin educativa e http://www.pntic.mec.es/inforjoven/cridi/educaci/s
profesional na Comunidade Autnoma de Galicia, uperd.htm (Consulta xullo 2003)
regulada polo Decreto 120/1998
PREZ L. e outros (2000). Educar hijos inteligentes.
Orde do 27 de decembro de 2002 (DOG do 30 de xaneiro Superdotacin, familia y escuela. Ed. CCS. Madrid.
de 2003), pola que se establecen as condicins e
PREZ, L. e outros (1998). El desarrollo de los ms
criterios para a escolarizacin en centros sostidos
capaces. Gua para educadores. Centro de
con fondos pblicos da alumnado de ensino non
Publicaciones del MEC. Madrid.
universitario con necesidades educativas especiais.
PRIETO, M.D. e outros (1997). La identificacin,
Lei Orgnica 10/2002, do 23 de decembro (BOE do 24 de evaluacin y atencin a la diversidad del
decembro), de Calidade da Educacin. superdotado. Aljibe. Mlaga.
Real Decreto 943/2003, do 18 de julio, polo que PRIETO, M.D. e HERVS, R. M. (2000): Estrategias de
se regulan as condicins para flexiblilizala identificacin y asesoramiento de los alumnos
duracin dos diversos niveis e etapas do superdotados. Diego Martn Editor. Murcia.
sistema educativo para os alumnos
superdotados intelectualmente. REBAL, M.V. (coord.) (2002). Respuesta educativa al
alumnado con sobredotacin intelectual. Direccin
General de Promocin Educativa. Madrid.
STEMBERG, A. (1998). Estilos de pensamiento.
Paids. Barcelona.
VERHAARTEN, R. (1991). Educacin de los alumnos
superdotados. Una introduccin a sus
caractersticas, necesidades educativas y a las
adaptaciones curriculares que precisan.
MEC.Madrid.

You might also like