You are on page 1of 4

La forma que piensa.

Tentativas en torno al cine-ensayo


Gobierno de Navarra, 2007
Direccin: Antonio Weinrichter (Coleccin Punto de vista, Festival Internacional de cine
documental de Navarra).
_______________________

Un concepto fugitivo (Weinrichter). Natas a rodap por P.C.


Querer sumerxirnos na bsqueda dunha definicin de cine-ensaio non tarefa doada,
partindo do feito de que significara aspirar a apreixar unha categora que non est acotada
e que se mistura con outras terminoloxas como non ficcin, videocreacin, cine
experimental... que requeriran sa vez dunha longa reflexin co obxectivo de perfilalas
axeitadamente. Semella mis pertinente esbozar algunhas caractersticas que toda
proposta que fose susceptbel de introducirse no campo do cine ensastico, debera
respectar. Para elo atenderemos proposta que, plantexada coma unha hiptese de
traballo, Antonio Weinrichter lanza na introduccin publicacin La forma que piensa.
Tentativas en torno al cine-ensayo, publicada co gallo da celebracin do Festival
Internacional de Cine Documental de Navarra do 2007. Wienrichter plantexa que unha obra
audiovisual pode devir ensastica cando cumpra os seguintes requisitos:

- non se propn unha mera representacin do mundo histrico senn unha reflexin
sobre o mesmo, creando polo camio o seu propio obxecto (non se limita ao
seguimento dunha realidade preexistente);
- privilexia a presenza dunha subxectividade pensante (debe existir unha voz
recoecible) e emprega unha mestura de materiais e recursos heteroxneos
(comentario, metraxe de arquivo, entrevistas, intervencin do autor) que rematan por
crear unha forma propia. 1

de importancia prestar atencin a esta ltima idea. Crear unha forma propia leva a centrar
o peso da categora cine-ensaio nunha suposta primaca da forma, de tal xeito que
podemos considerar un troco de roles: o peso pasa de estar no contido a estar na forma.
Mis ben a forma xera o propio contido: a maneira de dispor os recursos do medio
audiovisual xera o propio discurso, a propia mensaxe. E, neste realizarse, neste
discursivizarse, adivase a propia visin do autor como visin situada.

O seu complexo estatuto xenrico ven motivado polo dilogo que establece entre o
documental performativo, a vena autobiogrfica do cine de vangarda, o emprego alegrico
de material de arquivo Como dica Montaigne, cando estableceu o concepto dos seus
Essais fai xa mis de catro sculos, coa sa opinin quera declarar a medida da mia
visin, non a medida das cousas.

Existen dous lmites ou roces que establece o film-ensaio con outros dous xneros moi
prximos: o cine experimental, caso por exemplo do film-diario de Jonas Mekas, unha forma
autobiogrfica do ensaio plasmada nos diversos volumes de Diaries, Notes and Sketches

1
Px 13 de La forma que piensa
(1968-1985); ou videoartistas como Sophie Calle (No Sex Last Night, 1992) ou Hito Steyerl
(November, 2004), por por dous exemplos. Estes dous lmites implican, como ben recoece
Weinrichter, unha tensin entre disciplinas pero tamn entre institucins (neste caso a
cinematogrfica e a artstica) o que en ocasins implica unha ubicacin anda mis
dificultosa do cine-ensaio.

Hai que ter en conta, asemade, que non ata os anos 80 cando aparece a nocin actual de
film-ensaio a partir dunha serie de ttulos emblemticos de Godard, Marker e Farocki2. A
partir de a, podemos destacar como fitos bibliogrficos a publicacin no 1992 da antoloxa
de Christa Blmlinger e Constantin Wulff Schereiben Bilder Sprechen: Texte zum
essayistischen film, co gallo dun simposio celebrado un ano antes en Viena. Este texto
marcar as lias que seguir toda a exploracin posterior. Cabe destacar, asemade, que
moitas reflexins arredor do cine-ensaio se fan dende a anlise dunha obra ou autor en
concreto, caso que sucede coa figura de Godard, reflexins centradas sobretodo nas
publicacins de Histoire(s) du cinma, nas que se aborda o concepto de ensayismo. En
todo caso, sinalamos na bibliografa unha escolma de publicacins arredor do concepto
cine-ensaio que permiten trazar unha visin xeral do intento por aproximarse
conceptualizacin do termo.

Pero , que entn cine-ensaio?


Parecera que fora preciso unha madureza do cinema para unha autorreflexin sobre si
mesmo como disciplina formal. Nese punto, interrogarase, de novo, da sa posibilidade
como xerador de coecemento. Unha vocacin reprimida do medio que soamente pode
aflorar unha vez se ten un completo dominio das sas posibilidades, un voltar a atoparse
coa fascinacin polas posibilidades desta linguaxe. O ensayismo como culme da madureza
audiovisual?

Sexa como for, diferentes autores e autoras aventurronse a unha definicion do termo.
Quero recoller de seguido algunhas especialmente interesantes para este proxecto:

Sexan cales sexan os riscos secundarios que poida ter o ensaio como xnero, o risco
bsico que permanece que precisamente non un xnero., pois loita por liberarse de toda
restriccin formal, conceptual e social 3 O ensaio resiste toda clusura, a sa
argumentacin non lial e abertamente persoal [...]; e os seus dous rasgos prncipais
seran a autorreflexividade e o uso equvoco de imaxes obxectivas para establecer un
discurso subxectivo4. Nora Alter

Christina Scherer desglosa deste xeito as caractersticas do ensio: visin subxectiva


(relacionada cos soos, a imaxinacine a memoria), posta en suestin da posibilidade de
representar a realidade, afirmacins indecisas, narrativa non lial fragmentada e con niveis
de sentido mltiples, estilo hbrido e emprego de diferentes medios e formas5.

2
Ibid, px 20
3
Alter, The political Im/perceptible in the Essay Film, p. 171.
4
Alter, Projecting History. German NonFiction Cinema 1967-2000, n. 17, pp. 7-8
5
Christina Scherer, Ivens, Marker, Godard, Jarman. Erinnerung im Essayfilm, Introduccin, passim.
Catherine Russell lanza a intrigante nocin de etnografa experimental6, unha ambiciosa
denominacin para unha prctica cultural radical que conxuga o interese pola innovacin
esttica e a observacin social.

Di Alain Bergala: Que un film-essai? unha pelcula que non obedece a ningunha das
regras que rixen polo xeral o cine como institucin: xnero, duracin stndard, imperativo
social. unha pelcula libre no sentido de que debe inventar, cada vez, a sa propia
forma, que s lle valer a ela. O documental, polo xeral, ten un tema, unha pelcula
sobre... E ese tema, polo xeral, preexiste como tal no imaxinario colectivo da poca. [....] O
film-essai xorde cando algun ensaia pensar, coas sas propias forzas, sen as garantas
dun saber propio, un tema que el mesmo constite como tema ao facer esa pelcula. Para o
ensayista cinematogrfico, cada tema esxelle reconstrur a realidade. O que vemos na
pantalla, anda que se traten de segmentos da realidade moi reais, s existe polo feito de ter
sido pensado por algun7. E vai mis ala ao indicar que un verdadeiro ensaio non marca
soamente a sa forma e o seu tema, senn tamn, e isto o mis importante: o seu
referente: a diferencia do documental, que filma e organiza o mundo, o ensaio constiteo.
(LIGAZON CON TERRA HEIDEGGER E MUNDO)

O que est claro que o traballo que se realiza coa imaxe nunha proposta ensaystica,
alnxase da maneira de abordar o discurso audiovisual. Non se busca unha imaxe que
narre, senn unha imaxe que . Non se crea unha continuidade espazo-temporal, senn
unha continuidade discursiva. E, para tal fin, o traballo de montaxe alnxase da montaxe
tradicional. Hai que volver mirar a imaxe non en canto ao que representa, senn
propiamente como representacin8. Por iso o xogo con distintos materiais (arquivo,
entrevistas, representacins) a mellor mostra deste tipo de tratamento: aqu as imaxes
son proposicins e a montaxe montaxe de proposicins. Por este motivo, como ben nos
recorda Weinrichter, moitas veces trabllase con imaxes alleas ou establcese unha
relacin deste tipo coas imaxes propias, interpondo a suficiente distancia como para velas
coma oracins que se esamblarn ao servizo dun discurso posterior.

E, como ese discurso, un discurso que emana tanto do posicionamento do autor, como do
propio tratamento visual do material? Ursula Le Guinn9 establece unha metfora que o
ilustra con total claridade. Indica que por un lado teriamos o discurso paternalista, a
lingua-pai, que se asocia co poder social e econmico (historia, poltica a linguaxe
racional que busca ser obxectiva), este discurso xera unha distancia irreductible entre o eu
e o outro; por outro lado atoparamos o discurso materno ou lingua-nai, o discurso dos
contos antes de durmir, trivial e sen pretensins, que ofrece a experiencia como nica
verdade; por ltimo atopariamos o terceiro discurso, onde se funden os dous anteriores,
unha voz ntima e clara que mestura o mbito ntimo co pblico, sendo capaz de ofrecer
unha reflexin ao outro, pero sen impoela,a voz do ensayista.

6
Experimental Etnography
7
e film-essai: identification dun genre,
Alain bergala, Quest-ce quun film -essai?, en Astric (ed.), L
p.14.
8
Ibid p. 28
9
Ideas de Le Guinn recollidas por Susan Dermody en The pressure of the Unconscious upon the
Image: The Subjective Voice in Documentary, pp. 299-301.
Para rematar esta breve introduccin prctica audiovisual ensaystica, preguntarmonos
sobre o termo video-ensaio. En primeiro lugar, neste caso estamos falando doutra
institucin, a artstica. Por outro lado, estariamos falando doutro soporte, o video, anda que
actualmente o medio empregado por moitos ineastas pola asequibilidade da produccin e
a mellora de calidade do mesmo. rsula Biemann considera o video-ensaio como unha
fusin ou ponte entre arte, teora e crtica prctica10. De novo, atoparamonos ante unha
situacin de intermedio, entre o documental e o videoarte neste caso. Non obstante, segue
a situarse a peza Sans Soleil de Marker como un fito do video-ensaio, polo cal os referentes
acurtan distancia achegando os dous conceptos.

10
Ibid p.45

You might also like