You are on page 1of 8

ESPACIOS VECTORIAIS

DEFINICIÓN DE ESPACIO VECTORIAL REAL


Un conxunto V no que temos definida unha operación interna:

SUMA: V×V ⎯⎯⎯⎯⎯→ V


G G G G
( a , b ) ∼⎯⎯⎯→ a + b ∈ V

e unha operación externa sobre —:

PRODUCTO POR UN ESCALAR: —×V ⎯⎯⎯⎯⎯→ V


G G
(α, a ) ∼⎯⎯⎯→ α· a ∈ V

verificando as seguintes propiedades:


G G G G G G G G G
1. A suma ten a propiedade asociativa: a + b + c =( a + b )+ c = a +( b + c )
G G G G G G
2. Existe elemento neutro para a suma: 0 ⇒ a + 0 = 0 + a = a
G G G
3. Todo elemento a de V ten oposto para a suma: op( a )=– a
G G G G
4. A suma ten a propiedade conmutativa: a + b = b + a
(con estas catro propiedades dise que (V,+) é un grupo conmutativo)

G G G G
5. α( a + b )=α· a +α· b
G G G
6. (α+β)· a =α· a +β· a
G G
7. (α·β)· a =α·(β· a )
G G G G G
8. 1· a = a calquera que sexan α , β∈— e a , b , c ∈V

dise que é un espacio vectorial real. Fálase do espacio vectorial (V,+,·—).

Se as operacións se supoñen coñecidas tamén poderemos escribir que V é un espacio vectorial real.
Ós elementos de V chamarémoslles vectores e ós elementos de — escalares.

EXEMPLOS
• O conxunto dos polinomios con coeficientes reais (—[x]) coas operacións de
costume.
• O conxunto dos polinomios de grao menor ou igual a 3.
• O conxunto das funcións reais de variable real definidas nun certo intervalo
[a,b], coas operacións suma e producto por un escalar coñecidas.
• O conxunto das funcións continuas definidas nun certo intervalo [a,b], coas
operacións suma e producto por un escalar coñecidas.
• O conxunto dos vectores libres do plano coas operacións coñecidas.
• O conxunto dos vectores libres do espacio coas operacións coñecidas.
• O conxunto —2={(x,y) / x,y∈—} coas operacións usuais.
• O conxunto —3={(x,y,z) / x,y,z∈—} coas operacións usuais.
• O conxunto —n={(x1,x2,..., xn) / xi ∈—, i=1,2,...,n} coas operacións usuais.
• O conxunto dos números reais — tamén é un espacio vectorial sobre — coas
operacións suma e producto de números reais de costume.

Espacios vectoriais (MATEMÁTICAS 2) 1


SUBESPACIOS VECTORIAIS
Dado un espacio vectorial (V,+,·—) diremos que un subconxunto U de V é un subespacio vectorial
de V coas operacións inducidas (as mesmas que temos en V) se se verifica:
1. U é un subconxunto non baleiro de V.
2. A suma de dous elementos de U é un elemento de U.
3. O producto de calquera número real por un elemento de U é un elemento de U.
(as operacións son pechadas en U)

EXEMPLOS
• O espacio vectorial dos polinomios con coeficientes reais de grao menor ou
igual a 3 é un subespacio vectorial do espacio vectorial dos polinomios con
coeficientes reais.
• O espacio vectorial das funcións polinómicas definidas nun certo intervalo
[a,b] é un subespacio vectorial do espacio vectorial das funcións continuas
definidas nese intervalo [a,b].
• O espacio vectorial das funcións continuas definidas nun certo intervalo [a,b]
é un subespacio vectorial do espacio vectorial das funcións reais de variable
real definidas nese intervalo [a,b].
• O conxunto U1={(0,0,0)} ⊂ —3 é un subespacio vectorial de —3. É moi fácil
comprobalo.
G
• En xeral, se temos un espacio vectorial V, 0 ∈V, sempre se verifica que os
G
conxuntos U={ 0 } e U’=V son subespacios vectoriais de V.
• O espacio vectorial —2 NON É un subespacio vectorial de —3. Os elementos
de —2 non son elementos de —3.

Un subespacio vectorial non é máis que un espacio vectorial pensado dentro de outro espacio
vectorial.
TEOREMA DE CARACTERIZACIÓN DE SUBESPACIOS VECTORIAIS.
Dado un espacio vectorial (V,+,·—) verifícase que:
G G G G
Un subconx. U⊂V, U≠∅, é un subespacio vectorial de V ⇔ α a +β b ∈ U, ∀ a , b ∈ U, ∀ α,β∈—

COMBINACIÓN LINEAL DE VECTORES


G G G
Dado un conxunto de vectores { x1 , x2 ,..., xm }⊂V, unha combinación lineal deles será calquera
G G G G G
vector x que sexa da forma x = α1 x1 +α2 x2 +...+αm xm , onde αi∈— ∀ i=1,2,...,m.

EXEMPLOS
G
• O vector 0 ∈V é sempre combinación lineal de calquera conxunto de
G G G G
vectores de V, xa que sempre podemos escribir 0 =0 x1 +0 x2 +...+0 xm .
• O vector (2,5)∈—2 é unha combinación lineal dos vectores (1,3) e (0,–1), xa
que (2,5)=2·(1,3) + 1·(0,–1).
• Calquera expresión da forma α·(1,3) + β·(0,–1), con α e β∈—, será unha
combinación lineal dos vectores (1,3) e (0,–1). Por seren estes vectores
elementos de —2, calquera combinación lineal deles será tamén un vector de
—2.
• 3·(2,–1,0) + (–2)·(1,1,3) = 3·(2,–1,0) – 2·(1,1,3) = (4,–5,–6)∈—3 é unha
combinación lineal do conxunto de vectores {(2,–1,0),(1,1,3)}.
Se cambiamos os coeficientes da combinación lineal podemos obter infinitos
vectores que sexan combinación lineal dos vectores deste conxunto.

Espacios vectoriais (MATEMÁTICAS 2) 2


SUBESPACIO XERADO POR UN CONXUNTO DE VECTORES
G G G
Dado un conxunto S={ x1 , x2 ,..., xm }⊂V, o subespacio xerado por S será o subespacio de V
formado por tódolos vectores de V que sexan combinación lineal dos elementos de S. Denotarémolo
por 〈S〉.
É dicir:
G G G
〈S〉 = {α1 x1 +α2 x2 +...+αm xm / αi∈—, i=1,2,...,m}

EXEMPLOS
• Se S={(1,–1,2)} entón 〈S〉={(α,–α,2α)/α∈—}.
• Se S={(1,–1,2), (0,1,2)} entón 〈S〉={α(1,–1,2)+β(0,1,2)/α,β∈—}.
Serían vectores deste subespacio 〈S〉 por exemplo:
(1,–6,–8) α=1, β=–5
(1,–1,2) α=1, β=0
(0,1,2) α=0, β=1
(1,–2,0) α=1, β=–1
(0,0,0) α=0, β=0
...

DEPENDENCIA E INDEPENDENCIA LINEAL DE VECTORES


G G G
Dado un conxunto de vectores { x1 , x2 ,..., xm } dun espacio vectorial V diremos que son
linealmente dependentes se algún deles se pode escribir como combinación lineal dos demais.
En caso contrario diremos que son linealmente independentes.

Outra definición equivalente de dependencia e independencia lineal de vectores:


G G G
Dado un conxunto de vectores { x1 , x2 ,..., xm } dun espacio vectorial V diremos que son
G
linealmente independentes se a única maneira de consegui-lo vector 0 como combinación lineal
deles é con tódolos coeficiente iguais a 0.
G G G G G G G
{ x1 , x2 ,..., xm } son L.I. ⇔ [α1 x1 +α2 x2 +...+αm xm = 0 ⇒ αi=0 ∀ i=1,2,...,m]
Se hai outras posibilidades serían linealmente dependentes.
EXEMPLOS
• Se S={(1,–1,2)} evidentemente S será un conxunto de vectores linealmente
independentes.
• O conxunto {(1,–6,–8), (1,–1,2), (0,1,2)} é un conxunto de vectores
linealmente dependentes, xa que o primeiro é combinación lineal dos outros
dous, pois 1·(1,–1,2) – 5(0,1,2) = (1,–6,–8). Neste caso, calquera deles se
pode escribir como combinación lineal dos outros dous.
• O conxunto {(1,0,0), (0,1,0), (0,0,1)} é un conxunto de vectores linealmente
independentes xa que se verifica que:
α(1,0,0)+β(0,1,0)+γ(0,0,1)}=(0,0,0) ⇒ α=0, β=0, γ=0.
G
• Un conxunto de vectores no que estea o vector 0 será sempre un conxunto
de vectores linealmente dependentes.

SISTEMA DE XERADORES
G G G
Dado un conxunto de vectores S={ x1 , x2 ,..., xm } ⊂ V espacio vectorial, diremos que forman un
sistema de xeradores de V se calquera vector de V se pode escribir como combinación lineal dos
elementos de S. É dicir, 〈S〉=V.
EXEMPLO
• O conxunto {(1,0,0), (0,1,0), (0,0,1)} é un sistema de xeradores do espacio
vectorial —3, xa que (x,y,z)=x(1,0,0)+y(0,1,0)+z(0,0,1).

Espacios vectoriais (MATEMÁTICAS 2) 3


BASE DUN ESPACIO VECTORIAL
G G G
Un conxunto de vectores B ={ x1 , x2 ,..., xn } ⊂ V espacio vectorial, é unha base do espacio
vectorial V se se verifica que:
1. Son linealmente independentes.
2. Forman un sistema de xeradores.
™ Se a un conxunto de vectores que forman base lle engadimos un ou máis vectores seguirá
sendo un sistema de xeradores, pero deixan de ser linealmente independentes ⇒ unha base é
un conxunto maximal de vectores linealmente independentes.
™ Se dun conxunto de vectores que forman base suprimimos un ou máis vectores seguirán sendo
linealmente independentes, pero deixan de ser un sistema de xeradores ⇒ unha base é un
conxunto minimal de xeradores.
Pódese afirmar que:
Tódalas bases dun mesmo espacio vectorial teñen o mesmo número de elementos.

Unha vez que sabemos o número de vectores que forman unha base dun determinado espacio
vectorial bastará con comprobar unha das dúas condicións para saber se un determinado conxunto
de vectores é ou non é unha base dese espacio vectorial.
Ó número de elementos que forman unha base dun espacio vectorial V chamarémoslle dimensión
dese espacio vectorial.
G G G
Se B ={ x1 , x2 ,..., xn } é unha base de V entón dimV=n.

EXEMPLOS

• O espacio vectorial —3 ten dimensión 3, pois unha base de —3 é a formada


polos vectores (1,0,0), (0,1,0) e (0,0,1). (base canónica)
• Calquera conxunto de tres vectores linealmente independentes de —3 será
unha base de —3.
• O conxunto {(2,1,0), (3,–1,0), (1,0,1), (1,–2,–1)} non pode ser unha base de
—3 porque seguro que son linealmente dependentes, pois o seu número é
superior á dimensión de —3.
• O conxunto {(2,1,0), (3,–1,0)} non pode ser unha base de —3 porque seguro
que non forman un sistema de xeradores, pois o seu número é menor ca
dimensión de —3.
• O conxunto {(2,1,0), (3,–1,0)} é unha base do subespacio de —3 xerado
polos dous vectores, xa que son linealmente independentes (un non é múltiplo
do outro).
• B ={(1,0,...,0), (0,1,...,0),...,(0,0,...,1)}⊂—n é unha base de —n ⇒ dim—n=n
• Se a dimensión de —n é n ⇒ Calquera conxunto de n vectores linealmente
independentes de —n será unha base de —n.
• Se V2 é o espacio vectorial dos vectores libres do plano, unha base de V2
está formada por dous vectores non nulos que teñan distinta dirección
(L.I.), o que implica que a dimensión de V2 é 2.
• Se V3 é o espacio vectorial dos vectores libres do espacio verifícase que:
G
Un vector distinto de 0 sempre é linealmente independente.
Dous vectores coa mesma dirección serán linealmente dependentes,
mentres que se teñen distinta dirección serán linealmente indep.
Tres vectores serán linealmente dependentes se están nun mesmo
plano (neste caso dise que son coplanarios). En caso contrario serán
linealmente independentes.
Catro ou máis vectores serán sempre L.D. ⇒ con tres vectores non
coplanarios (L.I.) podemos conseguir calquera vector libre do espacio. O
número máximo de vectores L.I. que podemos considerar no espacio é 3
⇒ dimV3=3.
Unha base de V3 estará formada por 3 vectores non coplanarios.

Espacios vectoriais (MATEMÁTICAS 2) 4


RANGO DUN CONXUNTO DE VECTORES
G G G
Dado un conxunto de vectores S={ x1 , x2 ,..., xm }⊂V esp. vect., o rango de S será o número
máximo de vectores linealmente independentes que podamos considerar en S.

O rango de S coincide coa dimensión do subespacio xerado por S: rango de S = dimensión de 〈S〉.

COORDENADAS DUN VECTOR RESPECTO DUNHA BASE


G G G G
Dada unha base B ={ x1 , x2 ,..., xn } dun espacio vectorial V (dimV=n), calquera vector x ∈V se
poderá escribir como combinación lineal dos elementos da base (os vectores da base forman un
sistema de xeradores). É dicir:
G G G G
x = α1 x1 +α2 x2 +...+αn xn , onde αi∈— ∀ i=1,2,...,n.
Estes coeficientes (α1, α2, ... , αn) ,dados no mesmo orde que os vectores que forman a base, son
G
as coordenadas do vector x respecto de base B .

EXEMPLOS
• Sabemos que B ={(1,0,0), (0,1,0),(0,0,1)}⊂—3 é a base canónica de —3,
chámaselle así porque ten a característica de que as coordenadas de
calquera vector respecto dela coinciden coas compoñentes dese vector:
(x,y,z) = x(1,0,0)+y(0,1,0)+z(0,0,1) ⇒ (x,y,z) son as coordenadas do vector
(x,y,z) respecto da base canónica de —3.
• O conxunto B ={(1,1,1), (0,1,1),(–1,0,1)}⊂—3 é unha base de —3, pois son
tres vectores de —3 linealmente independentes (podes comprobalo).
As coordenadas do vector (3,3,2) respecto desta base son (2,1,–1) porque
se verifica que (3,3,2) = 2(1,1,1) + 1(0,1,1) +(–1)(–1,0,1).
As coordenadas do vector (0,0,0) respecto desta base son (0,0,0) porque
se verifica que (0,0,0) = 0(1,1,1) + 0(0,1,1) +0(–1,0,1).
G
O vector 0 sempre ten tódalas coordenadas iguais a cero, pois ó seren
linealmente independentes os vectores da base a única forma de consegui-lo
G
vector 0 é se tódolos coeficientes da combinación lineal son cero.
As coordenadas do vector (1,1,1) respecto desta base son (1,0,0) porque
se verifica que (1,1,1) = 1(1,1,1) + 0(0,1,1) +0(–1,0,1).

TEOREMA DA UNICIDADE DAS COORDENADAS DUN VECTOR RESPECTO DUNHA BASE

As coordenadas dun vector respecto dunha base son únicas.

Demostración
G G G
Consideremos unha base B ={ x1 , x2 ,..., xn } do espacio vectorial V (dimV=n). Supoñamos que un vector
G
x ∈V se pode escribir como combinación lineal dos elementos da base de dúas maneiras distintas, é dicir:
G G G G
x = α1 x1 +α2 x2 +...+αn xn
G G G G
x = β1 x1 +β2 x2 +...+βn xn
G G G G
restando: 0 = (α1–β1) x1 + (α2–β2) x2 +...+ (αn–βn) xn
Como os vectores que forman a base son linealmente independentes, a única maneira de poder conseguir
G
o vector 0 é se tódolos coeficientes da combinación lineal son iguais a 0 ⇒
⇒ α1–β1=0 ⇔ α1=β1 , α2–β2=0 ⇔ α2=β2, ..., αn–βn=0 ⇔ αn=βn
⇒ As coordenadas dun vector respecto dunha base son únicas.

Dous vectores distintos respecto dunha mesma base teñen coordenadas distintas.
As coordenadas dunha suma de vectores é a suma das coordenadas destes vectores.
As coordenadas do producto dun número real por un vector serán o número polas coordenadas do
vector.

Espacios vectoriais (MATEMÁTICAS 2) 5


EXERCICIOS PROPOSTOS
G G G
1. Supoñemos que a, b, c ∈ V (espacio vectorial) son linealmente dependentes. ¿Podes
G
afirmar que a é combinación lineal dos outros dous? Razoa a resposta.

2. Se é posible, pon un exemplo de catro vectores de —3 que sexan linealmente


independentes e que formen un sistema de xeradores. Razoa a resposta.
G
3. ¿Para que valores de α son independentes os seguintes vectores de —2 : u =(α, α−1) e
G
v =(2+3α,α−4)?
G
4. Sexa A = { v = (x,y,z) ∈ —3 / 3x=2z}. Demostra que A é un subespacio vectorial de —3, e
indica unha base de A.

5. ¿Existe algún vector que sexa combinación lineal de calquera conxunto de vectores?.
Razoa a resposta.

6. ¿É certo que un vector é combinación lineal de si mesmo?. Pon un exemplo.

7. Indica, razoando as respostas, se son certas as seguintes afirmacións:


a) Tres vectores calquera de —3 , son independentes.
b) En —3 o máximo número de vectores linealmente independentes é tres.
G G G G
8. Sexan u , v e 2 u − v vectores dun espacio vectorial V; razoa se son linealmente
dependentes.
G G G
9. Sexan { u , v , w }base dun espacio vectorial V. ¿Pódese afirmar que os vectores
G G G G G G G G G G G
u + v − w , 2 u − v + w , u + v +2 w , e u −2 v , son dependentes?

10. Determina a e b para que o vector (1,4,a,b) sexa combinación lineal dos vectores
(1,2,−1,2) e (0,1,2,1).

11. Calcula o vector (a,b,c) sabendo que é combinación lineal dos vectores (0,1,1) e (0,2,3)
e ademais a−b+c=2 e b+c=12.

12. Sexa o espacio vectorial —2. ¿Cales dos seguintes subconxuntos son subespacios
vectoriais de —2 coas operacións inducidas?:
a) A={(x,y)/x−y=0}
b) B={(x,y)/x+y=1}
c) C={(x,y)/x=1}
d) D={(x,y)/x·y=0}.

13. Demostra que os vectores (1,1,0), (1,0,1) e (0,1,1) forman base de —3, e calcula as
coordenadas de cada un dos vectores da base canónica respecto desta base.

14. Indica para que valores de t os vectores (1,1,1), (2,2,t) e (t,0,0) non forman unha base
de —3.
G G
15. Dados os vectores u =(1,2,3) e v =(1−1,1), pídese:
a) ¿Son linealmente independentes?
G
b) Escribe w , tal que os tres sexan independentes.
G
c) Escribe w , tal que os tres formen un conxunto ligado.

Espacios vectoriais (MATEMÁTICAS 2) 6


G
16. Determina os valores de α para que sexan dependentes os vectores u =(3,α,−6)
G G
v =(−2,1,α+3) w =(1,α+2,4). Escribe o primeiro como combinación lineal dos outros
dous sendo α un dos valores calculados.

17. Escribe dous vectores non nulos que sexan combinación lineal dos vectores (2,−3,5,1) e
(−1,2,1,1) e tales que a súa segunda compoñente sexa nula.

18. Estudia a dependencia lineal dos seguintes conxuntos de vectores:


a) {(3,3, 2),(2,2,3), (1,1,−1)}
b) {(1,2,3), (2,1,3), (1,0,1)}
G G
19. Atopa os valores de m e n para que os seguintes vectores u =(1,1,0,m), v =(3,−1,n,−1)
G
e w =(−3,5,m,−4) sexan independentes.
G G G
20. ¿Para que valores de k, os vectores u = (1,1,1), v = (2,2,k) e w =(k,0,0) non forman
unha base de —3?

21. Escribe 5 bases distintas do subespacio vectorial de —3 xerado polo conxunto S={(1,0,1),
(2,−1,3), (2,0,2)}.

22. Determina k para que os vectores (k,−3,2), (2,3,k) e (4,6,−4) xeren un subespacio de —3
de dimensión 1.

23. ¿É certo que (2,1,−3,7) pertence o subespacio xerado por S={(1,3,3,0), (2,1,5,2)?.

24. Atopa o valor de t para o que o vector (3,8,t) estea no subespacio xerado por S={(1,2,3),
(1,3,−1)}

25. Sexa F o espacio vectorial das función reais de variable real. Investiga cales dos seguintes
conxuntos son subespacios vectoriais de F:
a) A={ f∈F / f(−x)=f(x), x∈—}
b) B={ f∈F / f(0)=f(2)}
c) C={ f∈F / f(1)=1+ f(0)}
d) D={ f∈F / f continua en —}

26. O subconxunto S={ (x,y,z) ∈ R3 / x+y+z=0, x=y} ¿é un subespacio vectorial de —3?.

27. No espacio vectorial Ρ2(x) (polinomios de grao menor ou igual que 2), expresa o polinomio
x2−5x+1 como combinación lineal dos polinomios 1, 1+x, 1+x+x2.
G G G G
28. No espacio —3 danse os vectores a =(1,2,3), b =(2,–1,1), c =(1,0,1) e d =(0,1,1);
G G
G G
demostra que o subespacio xerado por a e b é o mesmo que o xerado por c e d .

29. Determina λ e ρ de xeito que o vector (λ,ρ,−37,−3) pertenza o subespacio xerado por
(1,2,−5,3) e (2,−1,4,7).
K G
30. Sexa V un espacio vectorial sobre R. Sexa { u , v } unha base de V. Pídese:
a) Demostra que a súa suma e a súa diferencia tamén constitúen unha base.
G G G
b) Expresa o vector w = 3 u − 5 v en función da base do exercicio anterior.

Espacios vectoriais (MATEMÁTICAS 2) 7


SOLUCIÓNS
G G
1. Non, xa que se b e c son linealmente 15. a) Si, porque ningún deles é combinación
G lineal do outro.
dependentes, pode que a non se poda
b) Por exemplo (2,1,0)
escribir como combinación lineal deles. G G
c) Por exemplo (2,1,4) = u + v
2. Non, 4 vectores de —3 pode que formen un
sistema de xeradores, pero non poderán ser 16. α=−2 ou α=6
L.I. xa que a dimensión de —3 é 3. (non pode Se α=−2
haber máis de tres vectores linealmente ⇒ (3,−2,6)=−2(−2,1,1)−1(1,0,4)
independentes, nin menos de tres que sexan Se α=6
xeradores). ⇒ (3,6,−6)= − 18
17
(−2,1,9)+ 15
17
(1,8,4).
3. Para calquera valor de α que sexa distinto de 17. (1,0,13,5) e calquera múltiplo dese vector.
−2 e de 1/2.
18. a) Son linealmente dependentes.
4. Basta con comprobar que A≠∅ ( por exemplo b) Son linealmente dependentes.
o (0,0,0) é un elemento de A) e que as
operacións son pechadas en A (a suma de 19. Son linealmente independentes se m≠−2 ou
elementos de A está en A, e o producto dun sendo m=−2 n≠1. É dicir, só son linealmente
número real por un elemento de A é outro dependentes no caso de que m=−2 e n=1.
elemento de A). Unha base de A estaría 20. Este exercicio é igual que o 14. Para k=0 ou
formada por calquera par (dimA=2) de para k=2.
vectores linealmente independentes que
estivesen en A, por exemplo: 21. B1={(1,0,1),(2,−1,3)};
{(2,1,3),(2,0,3)}. B2={(1,0,1), (0,−1,1)};
G Calquera outro par de vectores múltiplos
5. Si, o vector 0 ; basta con poñer tódolos respectivamente deses dous exemplos tamén
coeficientes iguais a 0. serven.
6. Evidentemente. Unha das propiedades
G G G
dun 22. O valor de k debe ser −2.
espacio vectorial V, é que 1. x = x ∀ x ∈V.
23. Non, porque non é posible expresalo como
Polo tanto, esto cúmprese para calquera
combinación lineal deles.
vector de calquera espacio vectorial.
24. Sendo t=1, obtemos
7. a) Non é unha afirmación (3,8,1)=(1,2,3)+2(1,3,−1)
b) É certa, xa que dim—3=3.
G G 25. Todos agás C.
8. Evidente, xa que 2 u − vG , é Gunha
combinación lineal de u e v . 26. Si o é, pois calquera combinación lineal de
G G G elementos de S, é un elemento de S, é dicir,
9. Si, xa que se { u , v , w } é unha base, esto a primeira e a segunda coordenadas
indica que dimV=3 e polo tanto 4 ou máis coinciden, e a suma das tres dá cero.
vectores de V serán sempre linealmente
dependentes. 27. x2−5x+1= 6·1−6(1+x)+(1+x+x2).
10. a=3 e b=4. 28. Facendo as combinacións lineais deles,
observamos que os elementos do espacio
11. (a,b,c)=(0,5,7)=1(0,1,1)+2(0,2,3) G G
xerado por a e b son da forma {(x, y, z) /
12. Só A é subespacio vectorial de — . 2
x+y=z}, que é a mesma que a que cumpren
13. Se temos en conta que dim—3=3 bastará con os elementos do espacio xerado polos outros
comprobar que o rango deste conxunto de dous.
vectores é 3. 5 620
rango{(1,1,0),(1,0,1),(0,1,1)}= 29. λ= − ρ=
47 47
⎛1 1 0⎞ 1 1 0

=rang 1

0 1 =3 ⇔ 1 0 1 ≠ 0 , que é
30. a) Si. Basta ver que son linealmente
⎜⎜ ⎟ independentes, pois o seren dous, como este
⎝0 1 1 ⎟⎠ 0 1 1
é o nº de elementos dunha base, xa serían un
certo. conxunto maximal de vect. linealmente
(1,0,0)=α(1,1,0)+β(1,0,1)+λ(0,1,1) ⇒ α=1/ independentes.
2, β=1/2, λ=−1/2 b) α=−1 e β=4:
⇒ (1,0,0)=(1/2,1/2,−1/2)B. Analogamente: G G G G
(3,5)=−1( u + v )+4( u − v )
(0,1,0)=(1/2,−1/2,1/2)B e
(0,0,1)=(−1/2,1/2,1/2)B
14. Para t=0 ou para t=2.

Espacios vectoriais (MATEMÁTICAS 2) 8

You might also like