You are on page 1of 2

Orixe do Entroido :

Moitos estudiosos tentaron descubrir sen éxito a orixe exacta do termo


Entroido. Algúns afirman que provén de carnelevarium, a palabra latina
que definía a prohibición relixiosa do consumo de carne durante a
Coresma, mentres que outros o relacionan co “carrus navalis” (barco
sobre rodas) que o sacerdote do deus Baco conducía durante as bacanais
romanas.

Os investigadores coinciden en definir esta celebración como unha festa


pagá previa ao Cristianismo, cuxos ritos e costumes foron asimilados máis
tarde polos pobos que adoptaron esta relixión. Independentemente da
súa etimoloxía, os expertos afirman que se trataba dunhas festas nas que
se ía en contra das normas e esixencias sociais preestablecidas,
converténdose na expresión da liberdade, a alegría e o desenfreo.

Entroido de Tenerife no tempo.


Foi no século XVI cando chegou a Tenerife da man de españois e
portugueses, que facían escala na Illa nas súas viaxes cara ao Novo
Continente e as súas colonias americanas.

Durante o século XIX apareceron novos tipos de actos, ademais do xa


tradicional baile. Tamén se estendeu entón o costume das tapadeiras,
mulleres de clase alta que se mesturaban nas rúas coa xente, grazas ao
misterio das máscaras.

Nas primeiras décadas do século XX prodúcese un incremento da chegada


de turistas atraídos polo Entroido. A prosperidade dos anos 20 favorece
esta celebración ata o punto de crearse, en 1925, o primeiro programa das
festas do Entroido polo Concello de Santa Cruz de Tenerife.

A Guerra Civil española e a posterior ditadura frea a celebración destas


festas, xa profundamente arraigadas na sociedade tinerfeña. A pesar da
represión, empezan a organizarse festas clandestinas na intimidade das
casas.
En 1961 volve aceptarse oficialmente a celebración do Entroido baixo a
denominación de Festas de Inverno, declaradas en 1967 como Festa de
Interese Turístico Nacional. Tras a chegada da democracia, o Entroido
recupera o seu nome e convértese aos poucos na festa popular por
excelencia de Santa Cruz de Tenerife ata chegar a ser declarado, en 1980,
Festa de Interese Turístico Internacional.

Icono do Entroido de Tenerife.A Raíña do Entroido.


Os brillos dos abelorios, as plumas, as cores, a textura das teas dos traxes
e moi vistosa,a enorme estrutura que envolve ás candidatas é
impresionante e cada fantasía paréceche sacada dun conto. A beleza e a
desenvoltura de todas fan aínda máis difícil elixir o teu deseño favorito.
Ese é o obxectivo do espectáculo, escoller á mellor representante da
alegría e a paixón dos tinerfeños por estas festas: a Raíña do Entroido.

A luz, os sons, os grupos do entroido e as candidatas a raíña redondean un


evento que é seguido con interese en vivo e polas televisións que o
retransmiten, e que acaba coa designación da Raíña do Entroido de
Tenerife, que será a embaixadora da illa e da festa durante todo un ano.

You might also like