You are on page 1of 2

TEMA 1. XEOGRAFÍA E HISTORIA. 1º ESO.

O PLANETA TERRA
1. A TERRA, UN PLANETA DO SISTEMA SOLAR
A Terra é un planeta do Sistema Solar. O Sol é unha estrela dunha galaxia chamada Vía Láctea, unha
das moitas galaxias do Universo.
• 0 UNIVERSO
Conxunto de todos os corpos celestes que hai no espazo: galaxias, estrelas, planetas, satélites,
asteroides, cometas...
Os científicos din que se orixinou hai uns 14000 millóns de anos, cando unha pequena bola explotou
e deu lugar a millóns de pequenas partículas que comezaron a espallarse polo espazo e fixeron que o
Universo comezase a súa expansión. A esta gran explosión chámaselle BIG BANG
• A NOSA GALAXIA, A VÍA LÁCTEA
No Universo existen millóns de galaxias. Unha galaxia é un grupo de estrelas, nubes de gas, planetas,
polvo cósmico...
A Vía Láctea é o nome que recibe a galaxia onde se atopan o Sol e a Terra. Está formada por millóns
de estrelas, astros de diferentes tamaños con luz e calor propios.
• 0 SISTEMA SOLAR E OS SEUS PLANETAS
O Sistema Solar está composto por todos os astros que viran ao redor do Sol. Ademáis do sol hai oito
grandes planetas, varios planetas enanos e outros corpos celestes (satélites, asteroides, cometas...).
O sol é unha estrela de composición gasosa cunha temperatura moi elevada. A luz e mais a calor que
desprende fan posible a vida no noso planeta.
Os planetas son corpos celestes sen luz propia que xiran ao redor do Sol nun percorrido que
chamamos órbita planetaria.
Os planetas principáis son oito: Mercurio, Venus, a Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.
Os planetas enanos son Ceres, Plutón, Haumea, Makemake y Eris.
Os satélites son corpos celestes que xiran ao redor dos planetas. Non teñen luz propia. A Lúa é o
único satélite que ten o noso planeta.
2. O PLANETA TERRA: FORMA, DIMENSIÓNS E MOVEMENTO.
Os intentos de coñecer a forma e as dimensións da Terra inícianse na antigüidade cós pobos
sumerio, exipcio e grego entre outros…
Ata o século XVII pensábase que a terra era plana, aínda que xa dende os gregos había quen
afirmaba que era esférica.
Na actualidade, os satélites artificiais que viran ao redor dela permiten obter información moi
precisa sobre a súa forma e dimensións.
• A FORMA E AS DIMENSIÓNS DA TERRA.
A Terra non é unha esfera perfecta, porque está achatada nos polos e ten mais diámetro na parte do
ecuador que de polo a polo. A circunferencia da Terra pola súa parte máis ancha, é dicir polo Ecuador, mide
aproximadamente 40000 km e o diámetro por esta mesma parte é de 12756 km, mentras que o diámetro
polar mide 12714 km. Isto demostra que a forma esférica da Terra non é perfecta. A superficie total da
Terra é de 510000000 km2, aproximadamente 1000 veces a superficie de España.
Se a cortamos pola metade, queda dividida en dous hemisferios iguais:
• O Norte ou continental, contén a meirande proporción de terras emerxidas : Asia, Europa, gran
parte de África e case a metade de América.
• No Sur, hemisferio marítimo, están os grandes océanos, e o resto de terras emerxidas.
•OS MOVEMENTOS DA TERRA
O noso planeta móvese ao redor do Sol, (movemento de traslación) e tarda pouco máis dun ano en
percorrer esta distancia. Este movemento da lugar ás estacións do ano. Tamén xira sobre si mesmo, ao
redor do seu eixe (movemento de rotación) e tarda aproximadamente 24 h en dar unha volta completa.
Este movemento de explica a sucesión dos días e das noites.
• OS FUSOS HORARIOS
Debido ao movemento de rotación da Terra, amence primeiro nos lugares situados cara ao leste,
por onde sae o Sol. Para organizar os horarios da Terra os xeógrafos dividiron esta en 24 partes chamadas
fusos horarios. Os fusos están situados entre cada dous meridianos.
Todos os fusos horarios teñen como referencia o meridiano de Greenwich (meridiano 0). A partir
deste meridiano, ao pasar dun fuso o seguinte cara o leste sumamos unha hora e ao pasar dun fuso o
seguinte cara o oeste restamos unha hora.

1
3. A REPRESENTACIÓN DA TERRA.
A mellor modo de representar a Terra é con forma de globo. Así poden verse mellor as coodenadas
xeográficas, estudar os movementos de rotación e translación e comprender a sucesión do día e da noite ou
as estacións do ano. Sen embargo, para estudar a Terra con detalle deberíamos dispor dun globo enorme;
por iso os cartógrafos, persoas especializadas na realización de mapas, idearon as proxeccións
cartográficas e os mapas.
•AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
As coordenadas xeográficas son un sistema para localizar puntos sobre a superficie terrestre. Para
isto usamos unhas referencias que chamamos latitude y lonxitude e unhas liñas imaxinarias (meridianos e
paralelos) que se trazan sobre un globo da terra e se cruzan no punto que queremos sinalar. Os paralelos
son as liñas que rodean a Terra e son paralelas ao Ecuador, paralelo principal. Hai outros cuatro paralelos
destacables: Círculo polar ártico ,Trópico de Cáncer, Trópico de Capricornio, e o Círculo polar antártico.
Os meridianos son liñas trazadas de Norte a Sur, de polo a polo.
A latitude é a distancia de calquera punto ao Ecuador. Mídese en graos, minutos e segundos, e
indícase se ese punto se atopa ao Norte ou ao Sur do Ecuador.
A lonxitude é a distancia de calquera punto ao meridiano 0°(de Greenwich). Tamén se mide en
graos, minutos e segundos e indica se ese punto está ao Leste ou ao Oeste do meridiano 0°.
•AS PROXECCIÓNS CARTOGRÁFICAS.
Son formas diferentes de representar unha superficie esférica de maneira plana.
Algúns tipos de proxeccións
Existen diversos tipos de proxeccións segundo a superficie xeométrica escollida:
• A proxección cilíndrica, que debuxa os meridianos e paralelos da esfera sobre un cilindro.
• A proxección cónica, que consiste en levar cada punto da esfera terrestre sobre un cono.
• A proxección plana ou cenital, que consiste en proxectar os meridianos e os paralelos sobre un
plano tanxente ao polo.
•OS MAPAS.
Un mapa é unha representación gráfica da superficie terrestre, en dúas dimensións, no cal hay que
seleccionar e simplificar as informacións para que se entendan. A ciencia que se encarga de elaborar os
mapas chámaselle Cartografía e a un conxunto de mapas de diferentes tipos, habitualmente encuadernados
chámaselle Atlas.
Os mapas son instrumentos imprescindibles para para localizar lugares, para identificar e seguir un
itinerario, para transmitir informacións, etc.
Tipos de mapas
Hay moitos tipos de mapas:
1. Según a información que nos déan:
• Climáticos. Informan sobre os tipos de climas, as temperaturas, precipitacións, etc.
• Físicos: representan os elementos físicos do território: montes, ríos, lagos, mares...
• Políticos. Inclúen os límites de países, capitais e outras poboacións.
• Económicos. Informan sobre a agricultura, pesca, minaría, gandaría, industria, turismo...
• Demográficos. Tratan sobre a poboación: a densidade, as migracións, a natalidade...
2. Según a superficie:
• Planisferio, de un continente, un país, unha provincia, unha ciudad (plano)…
A escala dos mapas.
A escala é a proporción (relación matemática) que existe entre una lonxitude medida no mapa e a
lonxitude correspondente na realidade. Pode expresarse de modos distintos:
— Escala numérica. Exprésase cunha fracción que indica a proporción que hai entre o mapa e o
territorio. 1/50 000 o 1:50 000.
Esta proporción soe indicarse en centímetros (cm). A fracción do exemplo significa que a 1 cm do
mapa lle corresponden 50 000 cm (500 m o 0,5 km) na realidade.
— Escala gráfica. É un segmento graduado que indica a proporción existente entre a distancia real e
a distancia medida no mapa. Xeralmente esta proporción indícase en kilómetros (km).

Segundo o exemplo, cada 1 cm no mapa equivale a 1 km=1000m=100000cm na superfície real.

You might also like