You are on page 1of 4

Identificación das partes do Mbot

BATERÍA
Proporciónalle a enerxía precisa á placa mCore, cando o robot esté desconectado
do PC, permitíndolle funcionar de forma autónoma. Cárgase a traves do porto USB de dita
placa.

CHASIS
Armadura metálica sobre a que se sosteñen o resto das partes do robot.

CABLES
DESAPARAFUSADOR E PARAFUSOS

MANDO A DISTANCIA
Permítenos controlar os movementos e accións do noso robot, sen a necesidade
de cables, sempre dende unha distancia limitada.

MÓDULO BLUETOOTH
Está situado na placa controladora mCore e permítenos controlar o robot de forma
inalámbrica dende unha tablet, un movil ou un PC, que estén conectados a internet.
MOTORES CON REDUTORA E RODAS
O Mbot conta con dous motores, os que se lles unimos ás rodas, permiten que se
desprace. Ditos motores, proporcionanlle un ángulo xiratorio de 360º.

PLACA CONTROLADORA mCORE


É a encargada de dar vida ó noso robot. A ela van conectadas todas e cada unha
das partes que o compoñen. Unha vez programada será a encargada de enviarlle as
ordes ó robot, para que se mova e realice accións concretas.

SENSOR DE LIÑA
Ten a capacidade de detectar unha liña negra sobre un fondo blanco ou viceversa.
Isto permite que podamos diseñar circuitos, ca finalidade de que o mBot segua o camiño
marcado.
SENSOR DE ULTRASON
Aporta o noso robot a capacidade de percibir se un obxecto está preto del,
calculando mediante ondas a distancia que hai dende o robot ata o obstáculo.

You might also like