You are on page 1of 2

XORNADA: DIÁLOGO UNIVERSIDADE E SOCIEDADE: LINGUA, ESTIGMA E EXCLUSIÓN SOCIAL

A xornada “Diálogo universidade e sociedade: Lingua, estigma e exclusión social” responde ó


interese por acadar un achegamento entre a investigación social que se leva a cabo no ámbito
académico e aqueles colectivos e persoas involucradas nas problemáticas abordadas polas
devanditas investigacións. Deste xeito, procúrase vencellar universidade e sociedade,
especificamente, a partir do diálogo arredor dos aspectos lingüísticos inseridos nos procesos
sociais de estigmatización, marxinación, e exclusión. Fronte á instrumentalización neoliberal do
ámbito da investigación pública, que supedita as necesidades sociais á lóxica da rendibilidade
económica, trátase de abrir un espazo de confluencia onde sexa posible poñer en común as
inquedanzas, os coñecementos e as experiencias derivadas das investigacións de carácter crítico
e comprometido, por unha banda, e aquelas propias dos colectivos e persoas que participan nas
realidades estudadas, pola outra. Para tal fin, contarase con representantes de ámbalas dúas
esferas.

Detrás da organización da xornada, atópase persoal docente e investigador da Universidade de


Vigo: Laura Rodríguez Salgado, Susana Rodríguez Barcia, Fernando Ramallo Fernández e Rubén
Moralejo Silva. Co obxectivo de que sexa o máis inclusiva posíbel, esta terá lugar no Edificio
Cambón, situado no Casco Vello, en pleno centro da cidade de Vigo, e celebrarase o sábado día
17 de outubro a portas abertas, polo que se anima a acudir non só ós membros da comunidade
universitaria e dos colectivos implicados, senón tamén a todas aquelas persoas interesadas. A
xornada estruturarase en catro mesas, cada unha delas coordinada por unha das persoas
integrantes da organización:

- A primeira mesa co título “Discurso e inmigración” estará moderada por Laura


Rodríguez Salgado (Universidade de Vigo), e contará ca participación de Carme Junyent
(Universitat de Barcelona) e Marlene Ventin (vicepresidenta da Asociación de
Integración Brasileira).

- A segunda, dirixida por Susana Rodríguez Barcia (Universidade de Vigo), xirará arredor
da “Lingua e construción de estereotipos na comunidade xitana”. Participarán no
diálogo Ivo Buzek (Universidad Masaryk de Brno, República Checa) e unha persoa
representante da Fundación Secretariado Gitano.

- Seguidamente, Fernando Ramallo (Universidade de Vigo) coordinará a mesa “Discurso,


educación e control social”, na que participarán Xabier Arzoz (Universidad del País
Vasco) e Luís Domínguez.

- Finalmente, Fernando Lores Masip (Universidad Complutense de Madrid) e ----


dialogarán en torno da “Psicoloxización no discurso das políticas públicas orientadas á
saúde”, mesa coordinada por Rubén Moralejo Silva (Universidade de Vigo).
Xornada: Diálogo universidade e sociedade: Lingua, estigma e exclusión social

Data: 17 de outubro de 2015

Lugar: Edificio Cambón (Rúa Palma, 4. Vigo).

Horario:

10:00h – 11:30h Discurso e inmigración


12:00h – 13:30h Lingua e construción de estereotipos na comunidade xitana
16:30h – 18:00h Discurso, educación e control social
18:30h – 20:00h Psicoloxización no discurso das políticas públicas orientadas á saúde

You might also like