You are on page 1of 5

Gato

Na Galipedia, a W ikipedia en galego.


O gato, micho[2] ou mico[3] (Felis silvestris catus ou Felis catus) é un mamífero Gato
doméstico da familia dos felinos, con unllas retráctiles, carnívoro, de pelaxe
espesa e suave. Crese que o gato salvaxe africano (Felis silvestris lybica) é o seu
antergo máis inmediato.[4]

Índice
Características
Taxonomía e evolución
Domesticación Estado de conservación
Historia e mitoloxía
Domesticado
Clasificación científica
Galería de imaxes
Reino: Animalia
Notas
Filo: Chordata
Véxase tamén
Bibliografía Clase: Mammalia
Outros artigos Orde: Carnivora
Familia: Felidae
Xénero: Felis
Características Especie: F. catus
O gato doméstico (Felis silvestris domesticus) oscila normalmente entre os 3 e os
Nome binomial
'Felis catus'
8 kg de peso. Algúns gatos, coma os da raza ragdoll, poden pesar máis de 8 kg. Os
Linnaeus , 1758
gatos domésticos viven uns 15 anos se reciben bos coidados . Non obstante, o gato Sinonimia
máis lonxevo documentado viviu 34 anos. Na rúa, suxeitos a presións pola
Felis silvestris catus (sinónimo subxectivo)
comida, o territorio e as enfermidades, os gatos non acostuman vivir máis de dous
Felis catus domestica (sinónimo inválido)[1]
anos.

Os gatos teñen unha gran variedade de pelaxes e cores, aínda que a grandes trazos adoita facerse a distinción entre razas de pelaxe
longa e de pelaxe curta. Como curiosidade, a razasphinx non ten pelo. A meirande parte de gatos no mundo (99%) son de raza mixta,
e o 1% restante son de raza pura [Cómpre referencia]. Algúns destes últimos participan nas innumerábeis exposicións de gatos que se
realizan en diversos lugares.

O rabo serve para manter o equilibrio, e pode variar moito en tamaño. Nos gatos da raza manx é inexistente. Os seus dentes e poutas
están adaptados ao seu estilo de vida carnívoro.

As femias están preñadas 55 días e paren entre 2 e 6 crías, ás que dan de mamar entre 3 e 4 semanas. Os gatiños nacen cos ollos
pechados, e así permanecen os primeiros días de vida.

Conforme ao seu tamaño, os gatos ben poden ser o mellor dos depredadores cunha taxa de éxito que rolda o 90%. O gato ten unha
arquitectura corporal que lle dá enorme flexibilidade, resistencia e forza. Pode cazar e comer máis de cen especies distintas, e utiliza
as técnicas de depredación dos demais felinos: axexar con paciencia, turrar con rapidez e propinar unha trabada certeira á caluga da
presa que lle crebe a medula espiñal ou a asfixie.[5] and roughly 20,000 genes.[6]
Taxonomía e evolución
Os félidos son unha familia de mamíferos que compartiron un antecesor común hai
10/15 millóns de anos,[7] e ademais dos gatos inclúen os leóns, tigres, pumas e
moitos outros. Dentro desta familia os gatos domésticos (Felis catus) forman parte
do xénero Felis, que é un grupo de pequenos gatos que engloba aproximadamente
sete especies ( o número depende do sistema de clasificación)[8] e conta cunha
distribución mundial, entre as especies están o Felis chaus do sur de Asia, o gato
bravo (F. silvestris silvestris) propio de Europa , o (Felis silvestris lybica) do norte
de África, o Felis bieti, do leste da China e o Felis margarita), que habita en
desertos de África e Asia.[9]
O gato bravo, Felis silvestris, é o
Todos os gatos, membros deste xénero, compartiron un antecesor común que viviu predecesor do gato doméstico
hai 6 ou 7 millóns de anos en Asia[10]. Non se coñece exactamente as relacións entre
os membros do xénero, aínda que son moi achegadas[11][12], así o Felis bieti, ás
veces clasifícase como unha subespecie do gato bravo, co nome de Felis silvestris bieti[4][11]. Os gatos domésticos presentan pouca
alteración en relación cos gatos bravos, e poden facilmente cruzarse, esta hibridación presenta o perigo de esluír a integridade
xenética das poboacións de gato bravo, especialmente enEscocia e Hungría, e posiblemente tamén napenínsula Ibérica.[13]

O gato doméstico foi primeiro denominado Felis catus por Carolus Linnaeus na décima edición da súa obra Systema Naturae, de
1758[14] Johann Christian Daniel von Schreber chamou Felis silvestris ao gato bravo en 1775. Hoxe sábese, porén, que é unha das
subespecies do gato bravo. Johann Christian Polycarp Erxleben chamou Felis domesticus ao gato doméstico nas súas obras
Anfangsgründe der Naturlehre (Razóns iniciais para estudar a natureza), de 1772, e Systema regni animalis, de 1777. Este nome, e
tamén as súas variantesFelis catus domesticuse Felis silvestris domesticus, son vistos acotío, pero non son nomes científicos válidos
baixo as regras do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica e só en moi raras ocasións teñen uso na literatura científica [15].
Na opinión Nº 2027, publicada no Volume 60 (Parte I) do Bulletin of Zoological Nomenclature (31 de marzo de 2003), a Comisión
Internacional de Nomenclatura Zoolóxica confirmou a utilización de F. silvestris para denominar ao gato bravo e F. silvestris catus
para as subespecies domésticas[16].

Domesticación
Como animal de compañía, é unha das mascotas máis populares en todo o mundo. Debido a que a súa domesticación é relativamente
recente, poden vivir en ambientes silvestres formando pequenas colonias relacionándose con outros gatos monteses onde os seres
humanos non controlan a subministración de alimentos nin a cría. A asociación do gato cos humanos levouno a figurar
prominentemente na mitoloxía e en lendas de diferentes culturas, incluíndo ás civilizacións exipcia, xaponesa, chinesa e escandinava.

Obsérvase un efecto relativamente modesto da domesticación no xenoma do gato baseado na súa recente diverxencia cos gatos
monteses, a mestura continua entre gatos domésticos e monteses e as escasas diferenzas morfolóxicas, sendo excepcións, as
diferenzas de comportamento dos gatos monteses en relación coa docilidade, a gracilidade e a pigmentación.

O proceso de domesticación postula que os trazos morfolóxicos e fisiolóxicos modificados pola domesticación dos gatos se explican
polas consecuencias directas e indirectas dos déficits de células dacrista neural durante o desenvolvemento embrionarioe propón que
os cambios nestes xenes da crista neural están relacionados coa docilidade. Isto suxire que a selección para a docilidade, como
resultado de afacerse ós seres humanos para obter recompensas de comida, é a principal forza que alterou os primeiros xenomas do
gato doméstico.

É un animal instintivamente cazador. Os gatos en liberdade viven de forma semisalvaxe e cazan ratos e ratas, entre outras especies,
que doutro xeito comerían importantes cantidades de gran. Os domésticos capturan insectos, ratos e pequenos paxaros
instintivamente, aínda que xeralmente non os consumen. Incluso, as presas poden ser utilizadas como obsequio para o dono.
Son preferidos polos seus hábitos de limpeza, polo seu baixo nivel de atención e coidados requiridos para a súa manutención.
Segundo un estudio publicado na edición da revista Nature correspondente á cuarta semana do mes de xuño de 2007, os devanceiros
dos actuais gatos domésticos comezaron a separarse das liñas salvaxes hai entre 130.000 a 100.000 anos; outro publicado na revista
Science confirmaba este dato, indicando que os gatos domésticos actuais descenden dun grupo de cinco gatos salvaxes africanos que
se asociaron ao ser humano enOriente Medio hai 131.000 anos.

Os devanceiros directos dos gatos domésticos terían abandonando gradualmente a vida silvestre para convivir coa especie humana
atraídos polos roedores que parasitaban ás comunidades humanas. Actualmente os gatos domésticos atópanse agrupados en diversos
clades (ou grupos xenéticos), atopándose no rastreo do ADN mitocondrial cinco femia ancestrais para todas as subespecies gatunas;
os mesmos rastreos xenéticos sinalan unha procedencia directa dos gatos domésticos actuais cos gatos salvaxes do Medio Oriente,
non atopándose a mesma proximidade nin cos gatos salvaxes africanosFelis
( silvestris lybica), nin cos gatos salvaxes europeos F
( elis
silvestris silvestris).

As evidencias arqueolóxicas indicarían que un dos primeiros lugares de domesticación dos gatos foi a illa de Chipre hai uns 9.500
anos, e que pouco tempo despois estes felinos eran comúns entre as culturas da Crecente Fértil. Despois, fai quizais uns 3.500 anos, e
probablemente a través de comerciantes fenicios, o gato foi introducido enEuropa continental dende o Antigo Exipto.

Historia e mitoloxía
Non se sabe exactamente cal foi a primeira cultura en domesticalos, aínda que sempre se asociou a súa domesticación aos exipcios,
os asirios ou algunha cultura predecesora a partir do gato salvaxe africano. Descubríronse restos de domesticación de F. silvestris en
Chipre que datan de hai 9.500 anos. Crese que os exipcios empezaron a domesticalos ao redor do ano 4000 a.C. para manter as ratas e
ratos fora dos seus graneiros. Para os exipcios eran animais sagrados e, como tales, o castigo por matar un destes era a morte. A deusa
Bastet era representada con cabeza de gato. Cando un morría, as veces era momificado.

Porén, durante a Idade Media, pensábase que eran familiares das bruxas. Ás veces eran queimados vivos o se tiraban dende o cumio
de edificios altos durante as festividades. No mundo occidental é común a creza de asociar ao gato negro coa mala sorte (aínda que
hai excepcións, por exemplo, no Reino Unido). Para as persoas supersticiosas, que se cruce un gato negro de súpeto é augurio de
infortunios. De feito, deuse o caso de culpar aos gatos de transmitir a peste bubónica, co que foron exterminados en masa en pobos e
cidades (contribuíndo a que se multiplicara a poboación de ratas, auténticos propagadores da praga).

Nos tempos actuais a Igrexa católica declarou tamén como santos patróns dos gatos a San Antón Abade, San Francisco de Asís e San
Martiño de Porres, incluíndo a este felino cos demais animais domésticos, ao igual que os antigos exipcios sen importar a raza e a cor
.

É un dos doce animais do ciclo de 12 anos do zodíaco vietnamita, relacionado co calendario chinés (neste último, o signo zodiacal é o
coello ou tamén o gato).

No Tíbet son considerados dende tempos inmemoriais gardiáns de reliquias e templos posiblemente pola robustez ostensible e
intelixencia atribuídas á variante siamesa que alí se desenvolve. Animal sagrado, venerado e ás veces mimado excesivamente, no seo
do budismo tibetano é considerado acompañante no tránsito obituario, e, nos soños lúcidos, o subconsciente do que soña (ou viaxa) é
representado por un gato xigante, obeso, mudo e bonachón.

Galería de imaxes
Gato en Barraña, Boiro Gato en Mandaio, Oza- Gato en Mandaio. Gato en Cuntis
Cesuras

Gatos en Mandaio. Gato en Barraña, Boiro Gato en Malpica de


Bergantiños

Notas
1. "ITIS Standard Report Page: Felis catus domestica" . ITIS Online Database. Consultado o 14 December 2011.
2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega(http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/micho)e no Portal
das Palabras (http://portaldaspalabras.gal/dicionario/procura/micho)para micho.
3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega(http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/mico)e no Portal
das Palabras (http://portaldaspalabras.gal/dicionario/procura/mico)para mico.
4. Driscoll, C. A.; MacDonald, D. W.; O'Brien, Stephen J. (2009). "In the Light of Evolution III: Two Centuries of Darwin
Sackler Colloquium: From Wild Animals to Domestic Pets – An Evolutionary iew V of Domestication". Proceedings of
the National Academy of Science of the United States106 (S1): 9971–9978. Bibcode:2009PNAS..106.9971D.
PMC 2702791. PMID 19528637. doi:10.1073/pnas.0901586106.
5. Nie, W.; Wang, J.; O'Brien, P. C. (2002). "The Genome Phylogeny of Domestic Cat, Red Panda and Five Mustelid
Species Revealed by Comparative Chromosome Painting and G-banding". Chromosome Research10 (3): 209–222.
PMID 12067210. doi:10.1023/A:1015292005631.
6. Pontius, J. U.; Mullikin, J. C.; Smith, D. R.;et. al (2007). "Initial Sequence and Comparative Analysis of the Cat
Genome". Genome Research 17 (11): 1675–89. PMC 2045150. PMID 17975172. doi:10.1101/gr.6380007.
7. Johnson, Warren e O'Brien, Stephen J. (1997). "Phylogenetic Reconstruction of the Felidae Using 16S rRNA and
NADH-5 Mitochondrial Genes".Journal of Molecular Evolution44 (0). pp. S98–S116. PMID 9071018.
doi:10.1007/PL00000060.
8. ITIS Online Database (ed.)."ITIS Standard Report Page: Felis". Consultado o 14 de decembro 2011.
9. Stefoff, Rebecca (Novembro de 2003). Benchmark Books, ed. Cats. Nova York. p. 34. ISBN 0-7614-1577-7.
10. Johnson, Warren E., Eizirik, E., Pecon-Slattery, J., Murhpy, W.J., Antunes, A. Teeling, E. e O'Brien, Stephen, J.
(2006). "The Late Miocene Radiation of Modern Felidae: A Genetic Assessment". Science 311 (5757). pp. 73–77.
Bibcode:2006Sci...311...73J. PMID 16400146. doi:10.1126/science.1122277.
11. Mattern, Michelle Y.; McLennan, Deborah A. (2000). "Phylogeny and Speciation of Felids". Cladistics 16 (2). pp. 232–
253. doi:10.1111/j.1096-0031.2000.tb00354.x.
12. Masuda, R.,Lopez, J. V., Slattery, J. P., Yuhki, N. e O'Brien, Stephen J. (1996). "Molecular Phylogeny of
Mitochondrial Cytochrome b and 12S rRNA Sequences in the Felidae: Ocelot and Domestic Cat Lineages".
Molecular Phylogenetics and Evolution6 (3). pp. 351–365. PMID 8975691. doi:10.1006/mpev.1996.0085.
13. Oliveira, R., Godinho, R., Randi, E. e Alves, P . C. (2008). "Hybridization Versus Conservation: Are Domestic Cats
Threatening the Genetic Integrity of Wildcats Felis
( silvestris silvestris) in Iberian Peninsula?".Philos. Trans. R. Soc.
Lond., B, Biol. Sci. 363 (1505). p. 295329861.PMC 2606743. PMID 18522917. doi:10.1098/rstb.2008.0052.
14. Linnaeus, Carolus (1766). Holmiae (Laurentii Salvii), ed.Systema naturae per regna tria naturae: secundum classes,
ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis
1 (12th ed.). p. 62. Consultado o 2 de abril
2008.
15. Vella, Carolyn M.e Shelton, Lorraine M., McGonagle, John J. e Stanglein, Terry W. (1999). Butterworth-Heinemann,
ed. Robinson's Genetics for Cat Breeders and Veterinarians (4th ed.). p. 3. ISBN 0-7506-4069-3.
16. International Commission on Zoological Nomenclature(ICZN), ed. (2003). "Opinion 2027". Bulletin of Zoological
Nomenclature 60. Arquivado dende o orixinal o 9 de xuño de 2011.

Véxase tamén
Wikispecies posúe unha
Bibliografía páxina sobre: Gato

Frédéric Vitoux, Dictionnaire amoureux des Chats. Plon/Fayard. París,


Wikimedia Commons ten
2008. ISBN 978-2-259-20686-0.
máis contidos multimedia
Enciclopedia del gato. Aniwa Publishing. París, 2002.
na categoría: Gato

Outros artigos
Gato de ollo impar
Ronrón

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gato&oldid=4674672


"

A última edición desta páxina foi o 14 de marzo de 2018 ás 10:17.

Todo o texto está dispoñible baixo alicenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0; pódense aplicar
termos adicionais. Consulte ostermos de uso para obter máis información.
Wikipedia® é unha marca rexistrada daWikimedia Foundation, Inc., unha organización sen fins lucrativos.

You might also like