You are on page 1of 3

TEMA 9. PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE A PREHISTORIA.

PAXS 156-157
1. Describe as diferenzas fíísicas entre un gorila e un ser humano, os factores que as
provocaron e que cambios culturais se derivaron delas.
un ser humano diferénciase dun gorila no seguintes rasgos: a súa fronte plana e non fuxidía; a súa
marcha bípede e non cuadrúpede; as súas mans liberadas do proceso de camiñar; o desenvolvemento
dun queixo; o maior volume cranial, a súa columna vertical recta e a súa pelve curta e robusta.
A posición vertical e a marcha bípede proporcionaron aos seres humanos un maior campo de
visión, facendo a súa columna recta e a súa pelve máis curta, e liberaron as mans, que puideron
usarse para manipular utensilios. O maior volume cranial debeuse, á a vez, ao mantemento da
cabeza en equilibrio sobre as costas, e implicou o desenvolvemento do cerebro. O uso das mans para
manipular os utensilios fixo diminuír o tamaño de mandíbulas e dentes, xa non tan necesarios para
abrandar os alimentos.
Os cambios físicos incrementaron a intelixencia dos seres humanos e a súa capacidade de
comunicación coa aparición da linguaxe. Dese modo, os humanos puideron crear instrumentos e
técnicas para dominar un medio hostil, colaborar en grupos para tarefas complexas de caza e
transmitir o coñecemento adquirido ás xeracións posteriores.
2. Que diferenza de capacidade craneal habíía entre os hominidos e o homo sapiens e
neanderthalensis.
Pasouse dunha capacidade cranial de aproximadamente de 400 cm 3,que tiñan os
Australopithecus a 1500 cm3 do Homo neanderthalensis, ou 1450 cm3 do Homo sapiens.
4. Cres que a evolucioí n foi un proceso lineal? Xustifica a resposta (pax 157).

PAXS 158-159
1. Con que material se fabricaba un biface e que caracteríísticas presentaba ?
2. Describe os pasos do proceso da suí a elaboracioí n.
3. Que utilidade tinñ a este instrumento?
1. Fabricábase con sílex, material moi duro que rompe en láminas y produce un gume afiado. que
corta por dous lados.
2. Primeiro golpeábase o bordo da pedra para darlle a forma apropiada. Despois utilizábase un
percutor duro de pedra para eliminar as lascas sobrantes e conseguir un perfil cortante por ambos os
dous lados. A última acción consistía en afiar o perfil do biface mediante un percutor brando para
facelo máis cortante.
3. Tiña diferentes usos: cortar madeira, despezar animais, perforar ósos, arrancar tubérculos, etc.
4. Observa a escena do Paleolíítico (pax 159) e explica onde se instalaban os campamentos,
cales eran as suas formas de habitat e as principais actividades cotias: como se elaboraban os
vestidos, que instrumentos se fabricaban (como e con que materiais), etc.
Instalábanse preto de fontes de auga. Protexíanse do frío e da calor habitando en abrigos
naturais e nas entradas das covas; tamén construían cabanas e tendas con paus, ramas e peles.
As súas principais actividades eran a caza, a pesca e a recolección de plantas para alimentarse.
Tamén se dedicaban á fabricación de ferramentas, ao secado do peixe e ao despezamento da caza, á
cocción de alimentos, á confección de vestidos e á elaboración de pinturas rupestres.
Elaboraban os seus vestidos con peles de animais raspadas e secadas ao Sol. Cosían con agullas
de óso e con fíos fabricados con tendóns de animais ou tiras de coiro.
Fabricaban frechas, lanzas e arpóns, que unían a paus de madeira para aumentar a súa eficacia
propulsiva. Tamén podían obter e dominar o lume, golpeando dúas pedras ou fregando dous paus.
5. Que diferenza hai entre utilizar e obter o lume? Que funcioí ns tinñ a o lume? Xustifica por que
o dominio do lume mudou de xeito considerable a vida dos homes e das mulleres do Paleolíítico.
A produción do lume supón a capacidade de empregalo cando sexa conveniente.
O lume era utilizado para quentarse, escorrentar os animais, iluminar as covas e, sobre todo,
para cociñar os alimentos, facéndoos máis dixeribles e nutritivos. O dominio do lume significou un
gran progreso para a vida dos humanos do Paleolítico.
1
6. Cal destas duí as imaxes eí un uí til prehistoí rico? (pax 159) Como o reconñ eciches? Cal eí o seu
nome? De que material estaí elaborado? Cal era a suí a utilidade?
É a da esquerda. Recoñécese polo seu perfil cortante e ás marcas do percutor. É un biface
elaborado con sílex, material moi duro que rompe en láminas unha vez golpeado. O biface resultaba
moi útil na Prehistoria porque servía para cortar madeira, despezar animais, perforar ósos, etc.
7. Cres que o feito de que os primeiros seres humanos se agrupasen en pequenas comunidades
e colaborasen nas suas tarefas foi decisivo para o seu progreso? Razoa a resposta.
PISTAS: caza, a fabricación de útiles, etc.
PAX 161
1. Como xurdiron a agricultura e gandaríía? Onde? En que eí poca? Como se espallaron ?
A agricultura xurdiu cando os homes e mais as mulleres da Prehistoria descubriron que as
sementes soterradas daban lugar a novas plantas. A gandaría naceu do exame do comportamento
dos animais, que permitiu a súa progresiva domesticación.
Xurdiron na zona de Oriente Próximo coñecida como Crecente Fértil, hai uns 10 000 anos.
Simultaneamente, tamén aparecen en zonas de Asia Oriental e de América. Expandíronse logo por
Europa a partir do VII milenio a.C. a través do Mediterráneo e polas rexións costeiras e polos ríos.
2. Que novos uí tiles apareceron no Neolíítico ? Cal era a suí a funcioí n?
Os novos útiles foron consecuencia das novas tarefas. Apareceu a fouce para segar, o muíño para
moer o gran, a aixada para cavar a terra e o machado para cortar as árbores. Tamén apareceron
útiles de cerámica, necesarios para almacenar, transportar e cocer os alimentos. Creáronse tamén os
fusos e teares para poder elaborar os tecidos e mais os vestidos.
3. Que significa a palabra Neolíítico ? Que relacioí n ten coa nova teí cnica de traballar a pedra?
A palabra Neolítico significa pedra nova. Esta palabra ten relación coa nova técnica de traballar
a pedra, que consistía en puír as súas rugosidades mediante unha pedra máis dura, chamada pulidor.
4. Observa a escena do Neolíítico e explica como eran as aldeas e as vivendas (pax 161).
As aldeas construíanse en sitios altos, próximos a cursos de auga, e protexíanse con muros ou
fosos. Á beira das vivendas, había silos para almacenar o gran e buracos para botar os residuos. As
aldeas adoitaban ser autosuficientes, aínda que existisen intercambios de obxectos. As vivendas
construíanse con adobe ou con ladrillos,e cubríanse con pólas e palla. Adoitaban ser de planta
circular ou rectangular. Servían de fogar e tamén para albergar os animais domesticados.
5. Describe tameí n as principais actividades cotias e os instrumentos que utilizaban. Que
funcioí n tinñ an os silos? Por que se impermeabilizaban?
As principais actividades cotiás eran a agricultura, a domesticación dos animais, a fabricación de
instrumentos e útiles e a confección de vestidos. Para cultivar a terra, empregábase a fouce, o muíño,
a aixada ou o machado. Tamén se utilizaban vasillas de cerámica, o fuso e o tear. Os silos servían
para almacenar o gran, e impermeabilizábanse para que o gran que contiñan non pudrise co tempo.
6. Que actividades realizaban as mulleres? Como contribuíían aí economíía domeí stica ?
A fabricación de vasillas de cerámica, a confección dos vestidos cos fusos e os teares, a
preparación do pan e a domesticación dalgúns animais. Contribuían de forma significativa á
economía doméstica, permitindo que os homes se dedicasen a outras tarefas, por exemplo, o traballo
agrícola ou a construción dos edificios da aldea.
7. Imaxina que es un arqueoí logo. Debuxa a estratigrafíía dunha escavacioí n dunha vivenda. No
estrato superior, situí a cinco obxectos do NeoLíítico e, no inferior, outros cinco do Paleolíítico.
Actividade persoal. A modo de exemplo, suxírese o seguinte: No debuxo da estratigrafía, os
obxectos que poderían representarse son:
Neolítico: pedra puída, vasillas de cerámica, muíños, fouce, fuso, machado, aixada, ladrillos, ósos
de animais domesticados, etc.
Paleolítico: biface, agullas de óso, ósos de animais salvaxes, lascas de sílex, frechas, lanzas,
arpóns, propulsores de madeira, etc.
PAX 163
1. Que metais se empezaron a usar a partir do ano 5000 a.C? Que diferentes utilidades se lie
deron a cada un deles?

2
Ademais do ouro e a plata, o cobre, o bronce, que é unha mestura de cobre e estaño, e finalmente
o ferro. O cobre trabállase ca forxa e mais ca fundición. Servía para fabricar xoias como colares,
brazaletes ou aneis, e para elaborar algunhas armas como frechas, machados ou puñais. O bronce, un
metal máis duro e cortante, serviu para fabricar armas destinadas a unha minoría con poder, como
dagas, puñais, coirazas ou espadas. Tamén se utilizaba para obxectos como fíbulas ou broches de
cinto. Co ferro fabricábanse ferramentas agrícolas como podadores, machados, aixadas, reixas para
os arados, tesoiras ou limas e tamén armas máis resistentes e duras que as de bronce.
2. Por que a metalurxia implicou unha maior especializacioí n do traballo? Que novos oficios
xurdiron? Que vantaxes presentaban os metais fronte aí pedra, a madeira e o oso?
Porque a elaboración dos metais era unha tarefa difícil que só podían desenvolver uns
especialistas. Os novos oficios que xurdiron a partir do desenvolvemento da metalurxia foron: os
artesáns espe cializados na elaboración dos metais; os comerciantes que se encargaban de
intercambiar os produtos con outros pobos a longa distancia; e os guerreiros que, liderados por un
rei ou un caudillo que exercía o seu poder sobre diferentes aldeas, tiñan que protexer as terras, os
rabaños e mais as propiedades. Os metais presentaban maior dureza e resistencia respecto a outros
materiais, como a madeira, a pedra ou o óso.
3. Describe, a partir do debuxo sobre a metalurxia, que pasos eran necesarios para conseguir
un uí til de bronce( PAX 163).
1. Fusión: tiña que mesturarse o cobre co estaño, quentándoos ata conseguir a súa fusión. O
bronce fundido recollíase, daquela, nun crisol. Como combustible empregábase carbón vexetal e
elevábase a temperatura cunha inxección de aire mediante un fol.
2. Moldeado: o metal líquido introducíase nun molde. Xa arrefriado, extraíase a peza do molde.
3. Extracción de impurezas: extraíanse as impurezas da peza a través dos golpes que se facían
cun martelo sobre unha zafra.
4. Afiado: o metal puíase e afiábase.
5. Enmangado: finalmente, o útil de bronce uníase a un pau mediante unha corda.
4. Por que alguí ns historiadores afirman que o uso do ferro implicou unha certa "demo-
cratizacioí n" da metalurxia prehistoí rica?
Porque por primeira vez unha maioría da poboación tivo acceso a instrumentos de metal que,
anteriormente, estaban reservados a unha minoría social con poder.

You might also like