You are on page 1of 3

TEMA 13.

ROMA E O SEU IMPERIO


1. 0 NACEMENTO DA CIDADE DE ROMA:
• A LENDA SOBRE A ORIXE (EXPLICACIÓN POR MEDIO DE MITOS)
As lendas contan que a orixe de Roma ten que ver co héroe de Troia Eneas, fillo da deusa
Venus, que se instalou no Lacio, despois de fuxir de Troia, e fundou alí a cidade de Lavinio.
Algúns séculos despois, dunha descendente de Eneas chamada Rea Silvia e do deus Marte
naceron os xemelgos Rómulo e Remo. Estes foron abandonados no río Tíber, salvados por unha
loba, e criados por un pastor. Logo, decidiron fundar unha cidade no lugar onde a loba os salvara,
no monte Palatino,. Os irmáns pelexaron, e Remo foi asasinado por Rómulo, que fundou a cidade
de Roma, no ano 753 a. C, converténdose no seu primeiro rei.
• AS EVIDENCIAS ( PROBAS) HISTÓRICAS DA ORIXE DE ROMA.
No primeiro milenio a. C, a península itálica estaba ocupada por diferentes pobos
indoeuropeos e non indoeuropeos: latinos, sabinos,etruscos, gregos e outros.
Os restos arqueolóxicos (cabanas, ferramentas, cerámica etc.) atopados en Roma mostran
que no século VIII a.C latinos e sabinos se agruparon ás beiras do río Tíber dando lugar a cidade
de Roma,que estivo controlada polos etruscos ata finais do século VI.
2. PERIODOS DA HISTORIA DE ROMA
A. A CIDADE NA ÉPOCA DA MONARQUÍA (753-509).
As orixes e o desenvolvemento da monarquía da Roma antiga son imprecisos.
Cóntase que Roma tivo sete reis: catro de orixe latina, e tres etruscos.
O rei tiña os poderes xudicial, militar e relixioso e gobernaba coa axuda de homes ricos.
A economía baseábase na agricultura, a gandaría, artesanía e algo de comercio.
B. A ROMA REPUBLICANA (509- 27 a. C).
O termo República proven de res publica ("asuntos públicos" en latín). Significa que a
política xa non pertencía a un rei senón ao pobo e mais ao Senado de Roma. As siglas SPQR ( O
Senado e pobo romano) constituían o lema de Roma.
Neste periodo empezou unha loita entre os patricios e plebeos. Os primeiros, membros de
familias ricas, controlaban o goberno da República e os segundos, campesinos, artesáns e
comerciantes… carecían de dereitos e non participaban para nada nese goberno. Pouco e pouco
foron logrando dereitos ata conseguir no século III a. C os mismos cos patricios.
INSTITUCIÓNS DO GOBERNO REPUBLICANO(LEE A PÁXINA 241 DO LIBRO DO TEXTO)
Durante a República houbo tres institucións fundamentáis:
•O Senado era o centro da vida política e debía ser consultado en todos os asuntos
•Os maxistrados ( cónsules, pretores, censores…) encargábanse do goberno.
•Os comicios eran asembleas de cidadáns para votar as leis e elixir os maxistrados.
Non participaban no poder político as mulleres, os estranxeiros e os escravos.
A EXPANSIÓN TERRITORIAL DE ROMA.
A República romana realizou unha enorme expansión territorial en distintas fases e con
moitas dificultades, xa que tivo que enfrontarse a pobos en Italia e fora dela. Entre o século V a. C e
o século e I d.C conquistou a península itálica, o mar Mediterráneo occidental, o Mediterráneo
oriental, a Galia, Britania e parte de Europa central.
A CRISE DA REPÚBLICA
As conquistas achegaron a Roma grandes riquezas, pero orixinaron enormes desigualdades
sociais, que provocaron conflitos. Para calar as protestas e controlar un territorio tan inmenso, o
Senado e mais os maxistrados entregáronlles o poder a xefes militares, que acabaron
enfrontándose entre eles e dando lugar a unha serie de guerras civís.
C. O IMPERIO ROMANO ( l - V d . C . ) .
Ó morrer César, o seu fillo adoptivo Octavio venceu os seus rivais e no 27 a.C, o Senado
outorgoulle o título de Augusto, que significa "elixido polos deuses". Tamén foi nomeado xefe do
exército, co título de emperador, e gran pontífice, converténdose na primeira autoridade relixiosa.
Augusto inaugurou un novo sistema de goberno: o Imperio.

1
UNHA ETAPA DE PROSPERIDADE (SÉCULOS I- II D. C.)
Neste período, coñecido como a pax romana, apenas houbo guerras exteriores. Foi tamén
unha época de prosperidade económica e escasos conflitos sociais. Construiuse unha rede de
calzadas por todo o Imperio que permitiu a difusión da cultura romana ( modo de vida, língua,
arte…). Tamén se lles concedeu a cidadanía romana a maioría dos habitantes do Imperio no ano
212, por obra do emperador Caracalla.
3. OS HABITANTES DO IMPERIO.
A sociedade romana, malia a desigualdade, era aberta e permitía o ascenso social.

4. POR QUE CAUSAS SE PRODUCIU A CAIDA DO IMPERIO E CANDO SE


INICIOU ?
O Imperio romano inicia a súa caída en torno o século III d. C polas seguintes causas:
POLÍTICAS E TERRITORIAIS: A autoridade imperial debilitouse e resultaron frecuentes os
asasinatos de emperadores. O exército controla todo.
O imperio faise ingobernable polo seu gran tamaño e empezan a darse os primeiros ataques
dos pobos xermánicos: suevos, vándalos, alanos, visigodos, etc.
ECONÓMICAS: Falta de escravos, descenso da produción agrícola e mineira e do comercio.
Esto provocou un empobrecemento do Estado.
SOCIAIS:
Todos os factores citados e a expansión do cristianismo, entre os séculos I e III d.C ,
provocaron unha fonda crise social. Os deuses e as crenzas existentes parecían non servir e
vivíase nun periodo de confusión e pobreza.
A. O DESMEMBRAMENTO DO IMPERIO.
A fináis do século IV, (ano 395) o emperador Teodosio converteu o cristianismo en relixión
oficial do Imperio e dividiu este entre os seus dous fillos: Arcadio e Honorio. A partir dése
momento quedaron separados o Imperio romano de Occidente e o Imperio romano de Oriente
(coñecido como Bizancio).
No ano 476, Odoacro, un xefe bárbaro, destituíu Rómulo Augústulo, un neno de 10 anos,
que foi o derradeiro emperador romano de Occidente.
En Europa iniciouse unha nova época: A Idade Media.

2
CADRO RESUMO DA HISTORIA DE ROMA

NOTA: Mira ben este cadro cronolóxico da historia de Roma para estar orientado ó estudar.
( Está na primeira páxina do tema)
Para estudar mellor o tema debes consultar os mapas das páxinas 238, 242 e 253. Tamén
podes consultar o libro para ampliar o contido deste resumo.

You might also like